O botafumeiro

febrero 2, 2009

Na Edade Media, os pelegrins que chegaban ata a catedral de Santiago durmian alí mesmo, no chan do templo, e agardaban a que se fixera de día para asistir ás Misas.
Era tanta a cantidade de xente que se concentraba cansa e sudorosa, que o cheiro era insoportable. Así que inventaron un gran artiluxio expendedor de incienso para aliviar un pouco os fedores:
O botafumeiro.
No Concello de Marín tamén temos botafumeiro. Aínda que nos gustaría, este non pende dunha corda, nin o vemos voar de parede a parede.
Este é un simple inciensario parlanchin, con patas e garabata.
Cada vez que abre a boca, sae fume perfumado. Pero o seu alcance é curto.
Temos que acadar un alcance maior…
Tal vez se pendera dunha corda…

alcalde
Pastoriza ten valor paisaxístico. O Pituco non?

———————————————–

Haiche cada matrimonio…!!

alcalde-2

Minte cando di que este matrimonio é ben avenido.
Minte cando di que o goberno local non está lonxe dos veciños.
Minte cando di que a porta do Concello sigue aberta e que o acceso ó pleno é libre.
Se votades unha ollada ás fotos dos últimos plenos, cando incluso atrancaron un banco na porta para que foramos entrando de un en un ata chegar a sesenta e o resto quedaron fora. Se ledes as noticias que falan dos últimos plenos, as queixas etc, veredes que minte.
E minte cando culpa a Louzán de que a aceras de San Xulián non estean feitas. Todos sabemos que a Diputación está a esperar a que Mr. Botafumeiro teña os terrenos listos.

En fin… Vanitas vanitatum, et omnia vanitas   Vanidad de vanidades y todo vanidad

—————————————————

E mentras el pensa que “progresa adecuadamente”, as notas din que “Necesita mellorar”

acima

————————————–

Nota de prensa

Despois de ler na prensa a entrevista que lle fixeron a Francisco Veiga e foi publicada o domingo 1 de febreiro, os veciños de

Seixo- A Brea, pensamos que o cinismo do noso  alcalde non ten límites.
Despois de repetir as vaguedades de sempre con respecto ao PXOM, e sin engadir nada de proveito, lanzouse a decir que

1-Non se pode facer un polígono industrial en Pastoriza porque o responsable de evaluación ambiental da Xunta, díxolle de palabra (E sin facer ningún estudio previo) que Pastoriza ten “moitos peros”, entre eles o “Paisaxístico”. Sin embargo é viable facelo no Pituco. Cando todos sabemos que o Pituco é un monte protexido, e que ten a denominación de Montes do Morrazo, e ademais conta con xacementos arqueolóxicos e un gran valor histórico, e tamén, como non, tan paisaxístico coma o outro. E o seu valor ecolóxico está sendo defendido pola mismísima Asociación Pola Defensa da Ría, que presentou unha alegación en contra e publicou varios artigos na prensa.

2- Dixo o noso alcalde con toda a boca chea, que non é certo que as medidas que tomou o goberno local molesten ós veciños, pois “a porta do Concello sigue aberta e o acceso ó Pleno é libre”.
Coma se non correran ríos de tinta nos últimos tempos sobre a xente que ten que quedar fora coa porta pechada a cal e canto e con toda a policía municipal a controlar ós veciños.
3- Conta o Señor Veiga que a actitude do presidente da Diputación está sendo “moi lesiva para os marinenses”. ¿É que acaso non sabemos todos que a culpa de que non haixa aceras en San Xulián é do noso equipo de goberno?
E o mais sorprendente é que se toma a liberdade de criticar a mala actitude da oposición.

A resposta dos veciños da Brea é:
O alcalde de Marín, coa súa actitude represiva, autoritaria e intransixente, está cada día mais lonxe dos veciños.
A política do noso equipo de goberno está a ser pouco intelixente, perxudicial e moi lonxe dos intereses de Marín.
A actitude mentireira e cobarde que está a manter o Sr. Veiga, culpando a Louzán, aos veciños e á propia oposición de todas as cousas que lle saen mal, avergónzanos a todos.

Nós continuaremos coa nosa loita en contra dos famosos “Polígonos escaparate” dos que tanto presume o alcalde. E persistiremos en denunciar públicamente a política totalitaria e desvergonzada do equipo de goberno.