Por que loitamos

Non trunfan na historia
os pobos sumisos.
Augas represadas
non moven muiños.

Nunca serán libres
os pobos sofridos.
Con augas paradas
non roda o rodicio.

(Celso Emilio Ferreiro)

-A quen se lle ocurre poñer un polígono industrial no fondo dun val?
-A quen se lle ocurre poñer un polígono industrial a escasos metros das vivendas?
-A quen se lle ocurre poñer un polígono industrial á beiradun río con mais de cincuenta muiños?
-A quen se lle ocurre poñer un polígono industrial nun solo do que se aproveitan menos de 100.000 m2?
-A quen se lle ocurre poñer un polígono industrial nunha zona ideal para o turismo rural?
-A quen se ocurre poñer un polígono industrial nun lugar de alto valor ecolóxico, con gran variedade de aves, con nutrias e troitas no río?
-A quen se lle ocurre ignorar os estudios dos expertos que foron totalmente negativos para a ubicación dun polígono neste lugar?
-A quen se ocurre ignorar os centos de alegacións dos veciños de Seixo e Marín en contra do devandito polígono?
Hai que ter mais sentidiño oh!

Un bo día, os veciños de Seixo despertamos e dixemos: Meu Deus, na man de quen estamos!! Menudapandilla de sinvergonzas que nos gobernan. E por iso loitamos.

Manifesto dos afectados polo chan industrial da Brea

A comisión de afectados polo Polígono Industrial/Empresarial da Brea, queremos comunicarlle a todo o mundo os nosos temores.
-Estamos asustados pola actitude caprichosa e irresponsable do BNG, que se empeña en poñernos un Polígono, con métodos caciquiles e absolutistas, ignorando totalmente a vontade dos veciños, moitos deles votantes do seu mesmo partido. Non sabemos que intereses esconden, pero deben ser moi suculentos.
– Estamos decepcionados pola irresponsabilidade do alcalde e dos ediles do PSOE, que esqueceron as promesas electorais que nos fixeron de que na Brea nunca se poñería un polígono. E agora fan o contrario do que prometeron.

Os motivos polos que non queremos o chan industrial na Brea son os seguintes:
1) É unha zona rodeada de poboación, nun entorno de gran valor ecolóxico e etnográfico; á beira do río Loira e un dos seus afluintes, con varios muiños.
2) Limitaría a zona de crecementoe expansión da parroquia de Seixo, pois coas leis de costas actuales, só pode medrar para este entorno.
3) É unha zona apropiada para un desenvolvemento turístico-residencial, en complemento có das praias.
4) Aqui non caben nin a mitade das industrias de Marín que neste momento precisan chan industrial, e que pasará dentro duns anos? Poñemos outro minipolígono nun lugar inverosimil, coma este?
5) Hai outras zonas do concello mais idóneas.
Queremos reseñar aqui o que dixo o Sr Quintana, vicepresidente da Xunta de Galicia e representante do BNG, o pasado 11 de maio de 2008, na presentación de 1.526.000m2`de chan industrial na zona de Bueu-Cangas: … “Había que superar a política caprichosa de sementar Galiza de pequenos parques sen ningunha utilidade”.
Polo que vemos, a Marín aínda non lle chegou a superación da política caprichosa, nin a política de grandes superficies industriais que os do BNG levan postos en práctica noutros concellos. A pesares que Marín é o municipio do Morrazo que mais chan idustrial xenera, pois o noso porto é un dos mais importantes das Rías Baixas.

Polígono Industrial na brea non!, Caprichos políticos non!

¿ Por qué luchamos?

Luchamos porque tenemos dignidad, porque nos sobran agallas y porque estamos hartos de que, ante la desidia de un pueblo de señoritos como es Marín; desde hace décadas, los distintos equipos de gobierno de nuestro ayuntamiento estén trabajando lo mínimo posible, haciendo como que hacen, acomodados en su sillón.
Mientras todos los municipios del Morrazo se ponían las pilas y luchaban por prosperar, Marín seguía estancado, durmiendo la siesta de los benditos.
Y así un año tras otro, los ciudadanos vemos como Bueu, Cangas etc van creciendo y se convierten en lugares donde los turistas disfrutan, los empresarios tienen polígonos industriales y los vecinos se enorgullecen de su pueblo.
Aquí el turismo va a menos porque no tiene servicios adecuados, los vecinos cierran los ojos para no ver lo que pasa y los empresarios parecen conformarse con lo que hay. Parece más fácil mandar a los hombres al Gran Sol, que ofrecerles un puesto de trabajo en tierra. “In mare fortuna nostra” dice en nuestro escudo, pero lo cierto es que la fortuna del puerto se va a otros lugares.
Necesitamos un Polígono industrial urgentemente, ¿y qué hace la gente que nos gobierna?, pues, como es evidente que detestan el trabajo duro, van a lo fácil: Eligen un lugar como la Brea, que está a dos pasos de
Marín, usurpan los terrenos a sus propietarios, los accesos salen baratísimos, y montan un “Minipolígono” en 89.000m2 en el que caben la cuarta parte de los empresarios que lo necesitan.
Ni siquiera se plantean que estos terrenos están al lado de las viviendas. Que están en el fondo de un valle y los ruídos se propagan como si hubiera altavoces, los humos quedarían estancados y habria una niebla permanente, destrozarían el mejor río de Marín, con más de cincuenta molinos y esto no contentaría a nadie. El alcantarillado al que pretenden enganchar todas las naves del polígono ya es insuficiente ahora para las casas, imaginense lo que pasará cuando esté en marcha todo el proyecto.
Y lo que es peor: Los jóvenes que esperan encontrar trabajo aquí, se van a llevar un chasco, porque las pocas empresas que puedan venír, ya están consolidadas y tienen a sus trabajadores de siempre.
Resumen:
1- No dará trabajo a la juventud.
2- Destrozará en rïo Loira y su desembocadura en la playa estará llena de mierda.
3- La mayoría de los empresarios tendrán que irse a otros municipios como Bueu, Poio etc
4- El pueblo de Seixo no podrá crecer, pues con las leyes actuales ya no se podrá edificar a menos de 500m de la playa.
A cambio tendremos desguaces de chatarra, camiones entrando y saliendo las 24h del día, humo constante y ruídos ensordecedores.
Pero lo que es peor, este polígono supondrá la ruína de Marín, pues si se van los empresarios también se van los trabajadores. Yo creo que habría que cambiar el lema del escudo y poner: “in emigración fortuna nostra”.
Habrá que erigirle una estatua en la alameda al Sr. Ruibal, paladín de los minipolígonos.

Y lo peor de todo es que nadie mueve el culo … ¿Dónde están los vecinos de Marín, que nose movilizan, que no se indignan, que no protestan?. Pues lo que yo digo, un pueblo de señoritos venido a menos. Al final serán los de Seixo los que tengan que hacer la revolución.
¡Estámosche vos!
La solución está en Pastoriza y todos lo sabemos. Pero Claro, ¡eso de hacer gestiones en la Xunta y donde haga falta para conseguir el dinero, es tan trabajoso!, y los nuestros no están acostumbrados a tantos excesos.
Mª del Carmen Santos
Vecina de Seixo, sufridora de Marín, habitante de la Brea

10 de junio de 2008

Estimados lectores, as persoas da Brea, Abesadas e Seixo, implicadas nesta loita, non militamos en ningún partido político, nin estamos manipulados por ninguén.
Entre nos hai votantes do PSOE, In-Marín, BNG e PP; hay xente que non vota e outros que votan en branco. Aquí cada un é libre de facer o que quere, faltaría mais.
A nosa pelexa non é contra partidos políticos, senon contra uns concelleiros concretos que nos están facendo a vida imposible, e de paso están deixando en ridículo ós partidos nos que militan. Evidentemente, o Sr. Veiga non ten nada que ver con Zapatero, e o Sr. Ruibal non lle semella nadiña a Anxo Quintana.
Se tendes algunha duda, podedes mandarnos unha mensaxe e preguntar o que queirades.
Saudiños

Estimados lectores, las personas de A Brea, Abesadas y Seixo, implicadas en esta lucha, no militamos en ningún partido político, ni estamos manipulados por nadie.
Entre nosotros hay votantes del PSOE, IN-Marín, BNG y PP; hay gente que no vota e incluso votos en blanco. cada uno hace uso de su libertad, faltaría más.
Nuestra pelea no es contra unos partidos políticos, sino contra unos concejales concretos que nos están haciendo la vida imposible, y de paso, dejan en ridículo a los partidos donde militan.
Evidentemente, el Sr. Veiga no tiene el talante de Zapatero, y el Sr. Ruibal, no se parece nadita a Anxo Quintana.
Si teneis alguna duda, enviad un mensaje y os será aclarada.
Saludos cordiales

a-nosa-xente

——————————————————————————————–

ESCRITOS

Escrito presentado no Concello para todos os partidos políticos:

Moi Sres nosos:

As persoas afectadas pola delimitación S.U.D.P.M.I.-1 na área da Brea-Abesadas, delimitación de terreo acotada na planimetría dos traballos de eleboración do PXOU de Marín, queremos expoñer o seguinte:

Araiz duns incidentes, certamente graves, acontecidos de forma azarosa, enterámonos da intención de ubicar un polígono de uso industrial coa denominación antes indicada e asentado entre as parroquias de Seixo e O Campo. Reunidos para tratar este a sunto a maioría dos propietarios implicados (na reunión había unhas 176 persoas), chegamos ás seguintes conclusións das que vos queremos facer sabedores e, se é posible, partícipes.

“A necesidade de contarmos en Marín con un plantexamento urbanístico que dea solución á problemática que hai nesta área é asumida por todos nós. Un pleneamento que vai configurar o futuro mais inmediato, pero que xa vai sentar as bases do futuro a máis longo prazo, polo que debería contar, na medida do posible, coa participación da maioría dos veciños e veciñas de Marín.

Tendo en conta o anterior nós prantexamos que, en xeral todo o rural de Marín, e en particular as parroquias de Mogor, Seixo, Campo, Santoé e Ardán, dispoñen duns encantos naturais privilexiados que as fan óptimas para conformar unha oferta turística de calidade, dependendo do tratamento que teñan no Plan de Ordenación, estes recursos naturais poden ser potenciados ou poden ser diminuidos, cando non anulados.

Non imos describir a nosa liña de litoral por ser archicoñecida de todos polos seus innumerabeis atractivos. Imos intentar resumir brevemente a mais descoñecida pero non menos atractiva zona do interior, singularmente a que foi traballada durante milenios polo río Neivó-Loira e os seus afluintes conformando un espazo natural único e no que a man dos seus habitantes ao longo da historia foi poñendo o resto.

Empezando polas igrexas centenarias do Campo, Santomé e Ardán, seguindo cós 54 moíños dende Allaríz ata Loira, e mais dunha ducia nos regatos de Ardán; sen esquecer as moitas fontes, presas de regar e pozos de ceibar, dentro do campo da enxeñería hidráulica coa que se foron dotando os que nos precederon. Todos estes ingredientes debidamente tratados e desenvolvidos a través do PXOU dotaría ao noso concello no futuro dunha oferta turística de calidade que non tería que sernecesariamente estacional por ser complementaria coa praia, onde os primeiros beneficiados seriamos os veciños e veciñas de Marín e por suposto as economías que dependen do sector turístico.

Polo exposto concluímos que a ubicación de parques industriais nestes enclaves é un grave erro que nos vai traer mais privacións que beneficios, sobre todo dispoñendo doutros lugares no noso concello onde a súa ubicación sería menos lesiva para outros sectores económicos, polo que solicitamos de vostedes que o polígono industrial antes mencionado non sexa contempladono planeamento urbanístico de Marín.”

Asinado en nome do colectivo de afectados:

XXXXXXXXXX

Marín, 28 de agosto de 2006

———————————————————————————-

Nota de prensa da COMISIÓN DE AFECTADOS DO POLÍGONO DE
BREA /AS ABESADAS

Seixo, 9 de setembro de 2006

Os afectados polo polígono Industrial da Brea que figura no avance do Plan Xeral de Ordenación Urbana do noso concello, estamos sorprendidos e preocupados polas manifestacións públicas que están facendo os representantes do Bloque Nacionalista Galego en relación con este problema. Por unha parte, o delegadode Vivenda e Solo, Eudosio Álvarez, di que é un erro a paralización das medidas das parcelas que se estaban levando a cabo, e por outro, o portavoz municipal do BNG, Manuel Ruibal, insiste en que ese polígono vai ser beneficioso para o 90% dos empresarios e vai traer traballo para esta zona.

Contrasta esta actitude coa cautela e precaución que os demais partidos políticos da Corporación adoptaron no asunto a raiz das demandas dos afectados. Hai que recordarlle ao Sr. Eudosio Álvarez que o problema xurdiu cando unha empresa entrou a saco nas nosas propiedades, sen contar có noso consentimento e amenazándonos se non lle permitiamos a súa medición.

A través do Xerente de Xestur en Pontevedra, Sr. Quintillán, tamén do BNG, enterámonos de que ese polígono Industrial, que eles din Empresarial, non solucionará os problemas que teñen os empresarios da zona, de forma que co polígono feito, moitos deles teríanse que ir fora de Marín para poñer as industrias que teñen eiquí.

O Sr. Ruibal quere endulzarnos a situación decindo que vai ser para naves empresariais que non contaminan, e nós, afectados e veciños do entorno, queremoslle lembrar ao Sr. Ruibal que en Caldas de Reis unha empresa de almacenamento de materiais acaba de provocar unha catástrofe no río Umia.
Nós non queremos que iso pase no Río Loira, moito mais pequeno e vulnerable.

No porto de Marín pode haber empresas de almacenamento que teñan interés en ter unha nave neste futuro polígono. Preguntámoslle ó Sr. Ruibal se sabe que elgunha desas naves almacena productos considerados nocivos e perigosos para a saúde das persoas.

As casas actuales da Brea van quedar a moito menos dos trescentos metros legais dese polígono e as que prevé este PXOU van lindar con él. Sabe o SR. Ruibal que no concello de Marín temos terreos suficientes para ubicar un polígono mais grande ca este, que estaría a mais de cincocentos metros da casa mais cercana e no que poderían instalarse as empresas dos empresarios de Seixo e Marín que realmente teñen problemas hoxe en día?

E ao Sr. Eudosio Álvarez querémoslle puntualizar que cando a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Seixo propuxo o polígono na Brea, era para entrar todos, non para deixar á metade fora, como queren facer agora.
Com. de afectados do polígono A Brea/ Abesadas

————————————————————————————–

NOTA PARA OS EMPRESARIOS

15 de setembro de 2006

Os afectados polo polígono industrial da Brea- Abesadas dirixímonos a ti como empresario para expoñerche o seguinte:

Fai tempo un grupo de empresarios da zona de Ardán, Campo, Santomé e Seixo, prantexaron a creación dun chan industrial ante a grave problemática pola que estaba pasando unha empresa de Ardán, que ó final tivo que pechar, e tamén pola precariedade de algunhas empresas ante a falta de lugares urbanísticamente apropiados para a súa ubicación. Parece ser que naqueles momentos propúxose como posible lugar idóneo a zona da Brea-Abesadas, que aparece recollida, xunto con outros posibles lugares do noso concello, como futuro chan industrial e/ou comercial.
Como xa terás coñecemento, nós, os afectados por esta ubicación, opoñémonos a que esta zona figure no PXOU de Marín con esa calificación basándonos nos seguintes argumentos:
1. Entendemos que toda a conca do río Loira é un privilrxio da natureza que, explotada turísticamentede forma racional sería un complemento ó turismo de costa. Se este plantexamento urbanístico fixera un ordenamento neste sentido, estamos seguros de que se iría consolidando en toda esta zona un potente sector turístico. Polo tanto non cabe un parque desas características nesta zona.
2. Nunha reunión có xerente de Xestur manifestou que nese futuro parque da Brea-Abesadas, non poderían instalarse as empresas das nosas parroquias que neste momento están nunha situación mais precaria, referíase aos aserradeiros de pedra; é mais, dixo que terían que irse a outro concello.

Ante esta situación nós, xunto con algúns empresarios que coñecen este asunto, entendemos que o mais racional é facer un parque ou polígono industrial noutro lugar do concello onde sí teñan cabida tamén estas empresas, e que non teñan que irse de Marín. Pensamos que esta alternativa beneficia a todos. Por unha banda, abarataría costes de construcción do polígono, repercutindo positivamente no empresario, e pola outra, beneficiaría ao usuario pois atoparía máis servicios concentrados nun só lugar.
Por todo isto pedímosche que te unas a nósnesta demandae entre todos poder conseguir un verdadeiro parque industrial para Marín.

Recibe un atento saúdo

No apartado HISTORIA, capítulo10 están os resultados

————————————————————————————–

En maio de 2008 solicitamos unha reunión coa comisión do PXOM, pero fomos reciobidos polo alcalde e tres concelleiros do PSOE.
Ó día seguinte escribimos este manifesto:

17 de maio de 2008
manifiesto-de-mayo-de-2008

——————————————————————–

Alegación ao PXOM

abril de 2007

Resposta á nosa alegación

18 de setembro de 2008

resposta-a-alegacion-ano-2007-1

resposta-alegacion-2007-2

resposta-alegacion-2007-3

————————————————

Mais de 500 instancias coma esta foron entregadas no concello entre maio e agosto de 2008

instancia-al-ayuntamiento1

———————————————-

1.217 firmas enviadas á Xunta de galicia

foto-firmas

Nota de prensa dos afectados polo polígono Empresarial/industrial da Brea

Nota de prensa

Septiembre 19, 2008

Nota de prensa dos afectados polo Parque Industrial na Brea:

RECOLLIDA SINATURAS CONTRA A INSTALACIÓN DESTE PARQUE DIRIXIDAS AO SR. PRESIDENTE DA XUNTA E Á SRA. CONSELLEIRA DE VIVENDA E SOLO

Durante a tempada de vran os afectados polo Parque industrial da Brea, saímos á recollida de sinaturas polo entorno do río Loira, recorrendo toda a parroquia de Seixo e lugares doutras parroquias veciñas limítrofes co río: A Torre, Cernello (Santomé); Ameal, Currás e Rúanova (Campo); Con, Moledo e Vilaseca (Ardán); Loira, Montecelo, Aguete, Soaxe, Vexa, Castro… (Seixo), nuns casos indo directamente porta a porta e noutros deixando en lugares públicos escritos para a recolida de sinaturas. O número de persoas que nos apoiaron sobrepasou con moito o que tiñamos estimado nun principio; quedamos sorprendidos do rechazo xeralizado que esta pretendida área industrial ten entre os que habitamos neste entorno xeográfico. Polo tanto queremos agradecer públicamente as mostras de solidariedade recibidas de todas estas persoas, que coa súa sinatura se mostraron en contra da ubicación do parque industrial na Brea. Dentro deste agradecemento público non nos podemos resistir a comentar dúas anécdotas que nos aconteceron, certamente significativas e que teñen a súa gracia: unha foi a rotura dun escrito xa cheo de sinaturas, por parte dun egrexio sindicalista, noutrora defensor das causas do pobo, e, ao que se ve, contrario a esta causa tan popular e xusta, polo menos, como as que el defendía; a outra foi enterarnos, neste casa a casa, que un ministro da Santa Madre Iglesia dunha parroquia veciña é un aceirado defensor deste parque industrial, asunto este que lle causa certas contradicións a crentes do noso colectivo, pois chegan a pensar que na intermediación co Sumo Facedor poden ter ó raposo a gardar o galiñeiro, por usar un dito popular; vaia tamen para eles o noso recoñecemento á contribución que nos fan.

Anécdotas ou síntomas aparte, o colectivo de afectados reafirmase no seu agradecemento ás máis de 1200 persoas que nos apoian, e que testemuñan a aberración que supón ubicar un parque industrial nun zona tan privilexiada, contribuíndo á desfeita dun entorno tan sensible como o río Loira e os seus afluíntes, cortando o futuro desenvolvemento urbanístico de Seixo, hipotecando o futuro da mellor zona turística de Marín, desvertebrando e rachizando o concello de Marín con miniparques que non aportan nada á solución da problemática industrial e, en definitiva, non solucionando os serios problemas que teñen os empresarios de Marín.

O que imos facer a continuación é entregar estas sinaturas dirixidas ao Sr. Presidente da Xunta e á Sra. Conselleira de Vivenda e Solo para que teñan constancia do repudio popular que ten esta pretendida ubicación de parque industrial no entorno do río Loira.

Este acto está enmarcado, coma todos os que levamos facendo, na loita por sensibilizar ás veciñas e veciños de Marín contra o capricho, a prepotencia e a irracionalidade dos políticos do BNG e do PSOE de Marín, que incapaces e incompetentes para esixirlle ó goberno da Xunta unha infraestructura como Marín necesita, onde se poidan asentar as empresas que hai agora e as que veñan no futuro, pretenden enganarnos con miniparques que eles mesmos recoñecen que foron un erro no pasado e que non aportan nada ó futuro deste pais.

Seguiremos traballando nesta liña de denuncia ata conquerir que desapareza do proxecto do PXOM de Marín esa calificación de chan industrial-empresarial na Brea, e dende esta nota reiteramonos no agradecemento a todos aqueles que nos apoiaron, aos que lle seguimos demandándo a colaboración nos futuros actos de denuncia que levaremos a cabo.

En nome do colectivo: María do Carmen Santos Piñeiro

Milagritos
Armando
Lola
Eva
Paquita
O voso traballo é impagable. Moitas gracias en nome de todos os afectados.

——————–

Escrito que lle entregamos á conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, aproveitando unha visita que fixo a Pontevedra:

escrito-para-a-taboas

img231-foto-taboas2

————————————

Alegación para a segunda exposición do PXOM
presentada o 30 de nadal de 2008:

alegacion-folla1

alegacion-folla2

alegac-folla31

alegacion-folla-4

alegacion-folla5

alegacion-folla-6

alegacion-folla-7

alegacion-7b

alegacion-8

—————————————————–

300 alegacións resumidas, individuais, de veciños de Seixo

individual

———————————————————————-

https://i1.wp.com/www.inopia.net/parkito/media/imagenes/humor/hielopesas.jpg

Amigos, como ben sabedes, o Titanic era un barco que simbolizaba o poder, a prepotencia e a vaidade. Os seus constructores decían que nin siquera Deus era quen de botalo ó fondo. Pero aquela xente tan arrogante non contaba cos icebergs.
Na imaxe, vemos un cubiño de xeo que está facendo pesas para chegar a ser un iceberg.
O lema en inglés di “Se o podes soñar, pódelo conseguir”.
Nós somos ese cubiño de xeo, nós podémolo conseguir. Pero temos que facer moitas pesas.
Amigos, facede pesas. Loitemos e soñemos.
Se o podemos soñar, podémolo conseguir.
Imos fundir o Titanic da prepotencia.
Xuntos imos vencer
Polígono na Brea Non!!
Saúdos
breaseixo

Amigos, como sabeis, el Titanic era un barco que simbolizaba el poder, la prepotencia y la vanidad.Sus constructores decían que ni siquiera Dios podría hundirlo. Pero aquella gente tan arrogante no contaba con los icebergs.
En la imagen vemos un cubito de hielo haciendo pesas para ser un iceberg.
El lema, en inglés, dice: ” Si lo puedes soñar, lo puedes conseguir”.
Nosotros somos ese cubito de hielo, nosotros lo vamos a conseguir. Pero antes hay que hacer muchas pesas.
Amigos, hagamos pesas. Luchemos y soñemos.
Si lo podemos soñar, lo podremos conseguir.
Vamos a hundir el Titanic de la prepotencia.
Venceremos.
¡¡Polígono en la brea No!!
Saludos
breaseixo

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: