Fotos

As fotos expostas aquí son todas da Brea, as Abesadas. Todos estes lugares desaparecerán ou veránse gravemente “perxudicados” por o polígono ese do carallo. Non son fotos profesionales. Son meramente documentales. Espero que vos gusten e vos indignen. Os veciños deste lugar, choramos o mesmo ca Rosalía de castro cando escribeu o poema que agora eu tomo prestado para acompañar as imaxes.

Apertas para todos

Adios, ríos

Adiós fontes

Adiós, regatos pequenos

Adiós, vista dos meus ollos

non sei cando nos veremos

Miña terra, miña terra / terra donde me eu criei

hortiña que quero tanto

figueiriñas que prantei

prados, ríos, arboredas

pinares que move o vento

paxariños piadores

casiña do meu contento,

Muiño dos castañares (de Maduro)

noites craras de luar

Esta lúa estaba o outro día na miña ventana

carmiña sulfatando

A gran maioria das viñas, teñen estes depósitos para aproveitar a auga da chuva e preparar o sulfato.

O pozo da Mafoma, aproveita a auga da chuva para regar as veigas do arredor

Hai moitas viñas. As que acabades de ver son só un pequeno exemplo

Estes son vimbieiros, tamén hai moitos por aquí porque se usan para atar as vides da viña

Tamén hai moitos canavales, as canas, unha ver ergalladas, úsanse para soster as vides

Estas son as patacas da Galeana

O millo da Abellona

A horta de Concha

O home da Maña sempre planta un pouco de todo

preparando a terra para plantar o millo

Este animal sabe mais ca moitos homes, esconde a cara para que non o recoñeza o alcalde

Para plantar herba da semente hai que pensar primeiro:

enrique

Esta foto é de Armando, que nos dí o seguinte:

Los que dicen ser “ecologistas” (Bloque Nacionalista Galego) y sus marionetas (PSdeG-PSOE) nos quieren cambiar este hermoso pinar, estas viñas (todo próximo a las casas)… por asfalto, pabellones, contaminación, ruidos, etc. ¡ESTO ES INCREIBLE! ¡¡¡EN QUÉ MANOS ESTAMOS!!!
O muíño da Torre

O lavadeiro da Torre, aínda hai mulleres que lavan nel a diario

Este remanso está perto do abelendo, eu téñome bañado aqui e os meus fillos tamén, os meus netos non poderán

As troitas do loira están ben boas

Lavadeiro de Soaxe. Esta moza dí que lle encanta lavar mentras os fillos están na escola. Cando teñamos polígono a auga non vai estar para moitos lavados

O muiño da Correxedeira, perto de Loira

Desembocadura do río Loira, na praia. É unha pena que na foto non se aprecien os peixes

Estes patos de Loira, non saben o que lle espera

A brea agora:

poner-ahora-brea

Despois:

obras-poligono

Un polígono industrial, xustifícase cando se fai para o ben público, cando cumpre unha serie de requisitos:

Estar lonxe das casas. Danar o menos posible a ecoloxía da zona. Favorecer a creación de postos de traballo. Xenerar riqueza para o lugar onde se ubica.
Desgraciadamente, na Brea vaise provocar o efecto contrario: Será un minipolígono que non vai xenerar traballo nin riqueza. Vai destruír toda unha zona paisaxística. E sobre todo, vai converter nun inferno a vida dos veciños.
A miña casa, e moitas outras, van estar a menos de dez metros de todas as excavacións coma as que podedes ver na foto anterior. ¿Imaxinades o polvo, o ruído, as vibracións…todo o que nos espera?
Cada vez que o penso, invádenme pensamentos que non me gustan.
Saudiños

breaseixo

————————————————————————————

2ª concentración reivindicativa Polígono na Brea NON

Os que non cabían dentro, escoitaban dende as escaleiras

Como diría Hamlet: “Algo cheira a podre neste concello”

:” ¡PERO POR DIOS! ¿ESTE ES EL TERRENO QUE VA A SOLUCIONAR EL PROBLEMA DE LA UBICACION DE LAS EMPRESAS DE MARIN?” Esta foto e comentario, mandounos Armando, para que vos deades unha idea do que vai ser o noso polígono.

——————————————————————

Cotián / Cotidiano

Agosto 18, 2008

Terra
Todo o meu ser está leigado á terra,
sábeme a terra todo na memoria,
terra o camiño, terra a miña historia,
terra esta voz que no deserto berra.

Celso Emilio Ferreiro

Tierra

Todo mi ser está ligado a la tierra,
me sabe a tierra todo en la memoria,
tierra el camino, tierra mi historia,
tierra esta voz que en el desierto clama.

18 de agosto de 2008

O cotián acóllenos e danos a vida mentres agardamos. O cotián envólvenos, arrólanos e danos forzas para ir tirando.

O millo está a punto

As uvas a madurar

As mazás agardan o becho

Os kiwis a engordar

Os primeiros figos

ameixas 2

Non hai coma unha ameixa recén collida da árbore

pexegos

Ou un pexego no seu punto

amorodos

E que me decides dos amorodos silvestres?

Esta pequena natureza da brea segue o seu proceso, sin saber que tal vez dentro de pouco, as escavadoras van arrasar con todo…

jard

Esta nogueira é filla dunha que prantou a miña avoa fai moitos anos. A min estas noces sábenme a cariño, a familia, a loita por manter viva a memoria dos meus antergos. Esta nogueira non é unha árbore calquera. Ten nome, chámase Amalia do Carteiro.

Estas fotos non están sacadas ó azar. A veiga de millo, a viña, as maceiras, a figueira, os kiwis, a nogueira, etc, van desaparecer porque por estas veigas, vai pasar a carretera de acceso ó polígono e unha gran rotonda. O desexo dos políticos que nos gobernan é meter a escavadora e arrasar todo en nome do que eles lle chaman progreso…. Progreso trinta naves para almacenar as chatarras do porto?. Non sei a quen pretenden enganar esa pandilla de mangantes.
Tendes que saber, estimados visitantes deste blog, que para nós, os da Brea, as nosas veigas son importantes. Nosos avós combatiron a fame co millo e coas patacas destas terras. Nós heredamos algo mais que un anaco de terra. Somos herdeiros da memoria. E para honrar a memoria loitamos.
Pero o mais duro, o que mais doi, é que o noso enemigo teña que ser o BNG, partido nacionalista, que tería que ser quen mais nos defendera, pero demostra o seu amor pola terra cada vez que nos asoballa ó mais puro estilo feudal, e coa complicidade dun PSOE palanquín e incapaz.
breaseixo

Este nogal es hijo de uno que plantó mi abuela hace muchos años. A mí estas nueces me saben a cariño, a familia, a lucha por mantener viva la memoria de mis antepasados. Este nogal no es un árbol cualquiera, tiene nombre, se llama Amalia do Carteiro.

Estas fotos no están sacadas al azar. La finca de maíz, la viña, las manzanas, los kiwis, las higueras, el nogal etc, van a desaparecer porque por aquí tiene que pasar la carretera y rotonda que dará acceso al polígono. El deseo de nuestros gobernantes es que las excavadoras arrasen todo en nombre del progreso. Ellos llaman progreso a veinte naves almacén para las chatarras del puerto, y quieren hacernos creer que van a dar puestos de trabajo. ¿A quién quieren engañar?.
Queremos que sepais, estimados visitantes de este blog, que para nosotros, los de A Brea, nuestras fincas son importantes. Nuestros abuelos combatieron el hambre con las patatas y el maiz que plantaban aquí. Nosotros heredamos algo más que un pedazo de tierra. Somos herederos de la memoria . Y para honrar la memoria luchamos.
Pero lo más duro, lo que más duele es que nuestro enemigo tenga que ser el BNG, partido nacionalista, que presume de amor a la tierra, y lo demuestra abasallándonos al más puro estilo feudal, con la complicidad de un PSOE holgazán e incapaz.
Saludos
breaseixo

¿Haberá esperanza para nós?

000_0531

000_05371

Veñen nubes moi negras

100_0523

Pero loitaremos…

100_04703

100_0495

hai algo que lle cheira mal ó meu bichiño

100_04151

100_0419

Maica tampouco é partidaria

100_0431

Nunca se sabe o que pensa a policía municipal

100_0437

A oposición non ten medo de falar cós veciños

100_0435

Pontevedra, delegación da presidencia da Xunta:

100_04391

Somos os primeiros, agardamos pola Táboas, a poli toma nota

100_0440

veñen mais

no-porto-de-marin1

No porto de Marín

yo-voy-a-la-manifa

Se hai que ir, vaise…

miluca

Ao mal tempo, boa cara

ninos-en-manifestacion1

cansadas

verde

Educación para a ciudadanía

Na sección SOLIDARIEDADE podes ver mais fotos.
Para ver as fotos da manifestación, na parte direita da páxina principal hai un recuadro onde pon categorías, e entre os títulos das categorías está  fotos da manifestación
Saúdos


24 Responses to Fotos

  1. amalia dice:

    emocionante hai que dicirlle os politicos que levanten o cú do asento e den unha voltiña pola Brea ¡Meu Deus! nas mans de quen estamos

  2. Fernando dice:

    A nosa resposta xa esta na papeleta. Xa nos tocará decidir.
    Increible que un partido Nacionalista faga tamaña aberración

  3. amalia dice:

    A Brea non ten nada que envexarlle ó Allariz de Anxo Quintana

  4. breaseixo dice:

    Tes toda a razón, Fernado. parece mentira. Un nunca espera iso dun partido nacionalista.
    Se Castelao levantara a cabeza, dáballe unhas boas patadas no cu a esta pandilla de lacazáns, sinvergonzas, que andan sempre coa nariz preparada por se cheiran comisións.
    breaseixo

  5. breaseixo dice:

    E ti Amalia, ahí falaches, Anxo Quintana deixou Allariz coma un primor. Pero, aquí en Marín,desgraciadamente, nin Ruibal ten o amor pola terra coma Quintana, nin o alcalde ten o talante de Zapatero
    breaseixo

  6. sonia dice:

    pareceme moi ben o que estade facendo,hai que loitar contra os politicos corruptos que hai no concello e que nos queren arrebatar as nosas leiras

  7. breaseixo dice:

    Graciñas Sonia polos teus ánimos. Fainos moita falta o apoio da xente coma tí nestes momentos difíciles. E agradecémolo de corazón

  8. Damián dice:

    É unha magoa que nos queiran quitar os poucos recursos naturais que temos. Isto só pasa aquí. Se fora noutro concello potenciaríanse ditos recursos e non se faría semellante trapallada.

  9. jou dice:

    hola si pasamos por esta estamos jodidos,ante eses q ivan de salvadores da patria e o adlatere de santiago q sempre presume q e de seixo e agora quere destruila,movilicemonos todos ante semexante barvarie,quizas unha ruta pola zona de todos colectivos q queiran asistir e logo un xantar popular non vendria mal para escomenzar entre todos a reinvindicar e dar o noso apoio a xente do lugar e a nos mesmos veciños de MARIN.CONTRA OS CAPRICHITOS DOS Q NON SABEN NIN O Q QUEREN

  10. breaseixo dice:

    Graciñas jou polo teu apoio . Haiche cada político de pacotilla!!. Pero a Brea non se vende

  11. LANDEIRA dice:

    Estrofa de una canción popular gallega (perdonad mi ortografía en galego):

    TEÑO UNHA SILVA NA PORTA, NIN ME PICA NIN ME PRENDE, TEÑO UNHA MA LA VECIÑA QUE SIN DIÑEIRO ME VENDE. (RUIBAL & CIA).

  12. breaseixo dice:

    Ja ja ja, mecajo nesas malas veciñas. As silvas dan unhas moras riquísimas, pero as malas veciñas non dan mais ca disjustos.

  13. dani portabales dice:

    SI MI ABUELO SE ENTERA DE ESTO ES CAPAZ DE RESUCITAR Y CORRERLES A BOINAZOS A ESTOS INCOMPETENTES CON LA CARETA DE ECOLOGISTAS Y DEFENSORES DEL PUEBLO ! AY PERDON ¡ DE SUS BOLSILLOSY DE SUS INTERESES

  14. dani dice:

    MEJOR SERIA QUE DEDICARAN SU TIEMPO A ADECENTAR LAS ACERAS QUE ESTAN COMO HACE 30 AÑOS, SI UN MINUSVALIDO QUIERE PASAR TIENE QUE SALIR A LA CARRETERA O UN COCHE DE NIÑOS,PUES LAS FAROLAS ESTAN EN LA MITAD Y ES IMPOSIBLE PASAR

  15. breaseixo dice:

    Si, Dani, Seixo está coas aceras rotas dende fai moitos anos, primeiro non as arreglaban porque iso era competencia da COTOP. Agora non as arreglan porque disque lle teñen medo ós veciños de Seixo, que protestan por todo e non deixan facer nada.
    Seixo foi un pobo que sempre estuvo caladiño, pero xa é hora de espertar. Temos que reclamar o que nos corresponde. Nós pagamos os mesmos impostos que a xente de Marín. Tamén temos dereitos.
    Benvido ó noso blog, Dani.

  16. Noa dice:

    O que me fai gracia das aceras de Seixo (aceras, que é iso?) é que cando chove non podes abrir o paraugas porque as farolas están atravesadas, ademais, medran herbas de toda clase, dentro de pouco ata se construira un invernadeiro… como leves un pouco de tacon xa se te engancha nas baldosas que están todas rotas, pero o mellor de todo é que cando estas baldosas desaparecen, en vez de cambialas, bótanlle cemento por riba e lle pintan uns cadradiños, quen vai notar a diferencia!

    Habería que mandar unha reportaxe ó CQC, por que a política de rural e urbanismo é tan desastrosa?

    É que da vergonza… Pero nada, como chanten os ridiculominipoligonos Marín dentro de pouco non se diferenciará de “Las Vegas”. Por que non poñer un casino ao lado do bricoking? asi terian a excusa perfecta para explicar porque non teñen cartos…

  17. breaseixo dice:

    Eu xa lle dixen o outro día a Lucía que o das aceras de Seixo é para chorar. Fai vintecinco anos que agardamos que as arreglen, a este paso, seguiremos esperando a que sexan tan vellas que non poderán nin tocarlle porque serán patrimonio histórico, coma as murallas romanas.
    Neste momento o interese dos políticos está nos polígonos. E o pobo de Seixo xa non será un pobo. Será unha travesía. A carretera será unha vía rápida. Non haberá aparcamentos e os comercios terán que cerrar.
    Non importa!!, xa iremos comprar ó Carrefur, Bricokin, Corte Inglés etc do polígono.
    E de paso, se Noa monta un casino, estupendo. As calderillas que nos sobren de facer a compra, gastarémolas nas máquinas tragaperras.
    Que guai!!

  18. pirrikacho pekeno dice:

    boas tardes veciños,eu preguntome se haberia algunha maneira de facer de seixo un concello…xa q eu sempre digo que son de seixo e non de marin…
    ////////////////////////////////////SEIXO INDEPENDIENTE\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\

  19. breaseixo dice:

    jajaja, Pirrikacho pequeno, benvido ó meu blog.
    A maioría dos de Seixo sentimos o mesmo ca ti.
    O malo é que para soster un concello hai que ter moitos cartos porque solamente pagar a recollida de basura supon un montón de millóns. Hai que pagar barrendeiros, electricistas que manteñan as farolas da rúa, mantemento do alcantarillado,etc. O que dixen é solamente un pequeno exemplo dos moitos gastos que ten un concello.
    Para que Seixo fora independente de Marín habería que subir tanto os impostos, que non nos ía compensar. Non nos vai quedar mais remedio ca agantar o que temos.
    Iso sí, os de Marín xa saben que Seixo non se vende. Aquí non somos parvos
    Saudiños

  20. galicianacion dice:

    Tenemos un paraiso, no se como no lo ven, malditos cabrones.

  21. maría dice:

    a min encantaríame ter un concello propio VIVA SEIXO¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

  22. Cereixo dice:

    Un político dice a un miembro de la prensa: – Soy enemigo de hacer promesas electorales. – ¿De verdad? – Te lo prometo.

  23. Lugareño dice:

    Tengo la suerte de ser de Seixo pero por desgracia este pertenece a Marin (eso dicen )

  24. Jesus Enmanuel Rodriguez dice:

    Desde fuerteventura todo el apoyo de la familia Rodriguez Cabrera pa que ese entrañable rincon de Galicia continue intocable por los siglos de los siglos, y un fuerte grito con acento canario que dice, Poligono na brea NON, abrazo pa la jefa famosa y otro pa mi querido y apreciado Capitan, Abrazos, Enmanuel

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: