Os pelmas

mayo 3, 2009

hoxe-1

hoxe-dos

Amig@s: A min paréceme que xa está ben de tanta parvada.
Coño!, que estes impresentables levan xa demasiado tempo a revolver na merda e cada vez cheiran peor.
Os veciños estamos fartos de ler sempre o mesmo, e o mesmo, e o mesmo, pero non lle poñen solución.
Que están despostos a retirar os micropolígonos?
Pois que os retiren e punto.
Se o ouberan feito fai un par de anos o PXOM xa estaría aprobado.
Que deixen de unha vez de confundir ós veciños con números falsos de alegacións e con maiorías ficticias.
Que mais da catromil alegacións ca duasmiltrescentasepico?
Todos temos que saber que unha sola alegación ben sustentada pode botar abaixo un PXOM.

Mensaxe para os membros do grupo municipal do BNG, os que dan a cara e os que están por detrás, os que teñen voz e voto e os simpatizantes, curas manipuladores, sindicalistas e outros:
¿Queredes un PXOM?…téndelo fácil
Non hai mais ca retirar os micropolígonos…agora mesmo, sin perder un minuto…despois facedes unha nova exposición e listo.
“Cosa más fácil, válgame Dios, área del círculo pi erre dos”
O pobo de Marín váivolo agradecer e eu poderei, por fin, esquecerme das vosas caretas
Saúdos.

Anuncios

De pactos e de tercos 2

marzo 29, 2009

arregladoe

grande

O “Duelo al sol” polo PXOM continúa.
veñen tres a cabalo, uns din que son xerifs porque traen unha estrela vermella cravada no peito, outros din que son foraxidos. Pretenden cazar gaivotas con lazo.
A maioría dos veciños escóndense nas súas casas e non queren saber nada da pelexa.
Outros saen a ver que pasa, póñense diante dos cabalos, enfréntanse ós lazos.
O PXOM é unha escusa.
A verdadeira loita é para non perder un poder que se amosa escurridizo.
Deus nos colla confesados porque o fabricante de cadaleitos anda polas rúas coa cinta métrica na man.

Faro de Vigo

Domingo, 29 de marzo de 2009

bloque-faro

Díxolle a sartén ó cazo:”Vaite dahí que me emborrallas”

bloque-diario

———————————————-

Unha veciña da Brea mándalle unha carta ós do BNG:

Carta aberta ó BNG de Marín
Señores concelleiros do BNG de Marín:
Como muller progresista, de esquerdas, censada no Concello de  Marín, natural de Seixo e veciña da Brea, pídovos que deixedes xa de facer o ridículo.
Os veciños estamos cansados de ler  unha e outra vez na prensa as vosas parvadas.
Parece coma que estades a xogar co PXOM coma se fora unha pelota nunha pachanguita de futbolistas veteranos, e xa está ben.
Cando lemos nos periódicos todas esas acusacións, reproches e parvadas varias, os cidadans sentimos nauseas.
Esta cartas, señores, é para intentar parar dunha vez tanto despropósito.
Os veciños de Marín non queremos oír falar de lexislaturas pasadas, nin acusacións rencorosas os que estiveron antes, nin que continuamente esteades a culpar a outros dos vosos erros.
A realidade que estamos a vivir é que Marín necesita un PXOM urxentemente.  A realidade é que o que o proxecto que o BNG e mais o PSOE fixeron público non convence a casi ninguén. A realidade é que o día 13 de decembro hubo unha manifestación con mais de mil veciños que se declararon en contra dos vosos caprichos.. A realidade é que hai mais de tres mil alegacións. A realidade é que dende fai dez meses os veciños do rural están a asistir ós plenos para manifestar o seu desacordo coas vosas propostas. A realidade é que somos moitos os que vos pedimos que rectifiquedes. A realidade é que este PXOM podería saír adiante se non fora pola terquedade dos nacionalistas.
En fin, señor@s do Bloque. Que mais podo decirvos que non sepades?
As eleccións autonómicas non as gañou un PP tramposo, como dixestes. Perdéstelas vós por non saber aproveitar unha ocasión histórica de facer algo por Galicia.
Esquecestes que o Pobo nunca perdoa as traicións dos que considera “os seus”.
E agora, no Concello de Marín, o único que a xente vos pide é un pouco de humildade.
Se a maioría dos veciños nos opoñemos ós Micropolígonos, anuládeos e deixade de facer acusacións que ninguén cree.
Acaso a Democracia non se fundamenta no poder do pobo? Ou é que a vós a Democracia non vos interesa?.
Os veciños decimos Basta xa!
Os veciños pedimos que pensedes en nós. E non nos vale que digades que estades a facer o mellor para Marín, porque todos sabemos que iso non é certo.
E se dentro de dous anos non queredes levar unha tunda electoral coma a que levastes o outro día, o único que tendes que facer é recoñecer os erros, rectificar e purgar as vosas culpas escoitando o que todos pedimos a gritos:
Democracia e liberdade.
E se non valedes para a política, dedicádevos a outra cousa.

M. Del Carmen Santos Piñeiro

Faro de Vigo

Martes 31 de marzo de 2009

carta

O que nace torpiño, torpiño morrerá. O que pensas os veciños parece que lles importa un pemento a esta xente e antes de rectificar prefiren afundirse con barco e todo. Despois de catro días da carta que unha veciña da Brea lles escribeu,a resposta é esta que vedes aquí: Silencio para a Brea e mais do mesmo para a oposición:

erre

Unha vez mais, mais alto e mais forte, seguiremos proclamando o mesmo ca fai meses…Erre que erre

erre-qu-erre


A Penitencia

marzo 3, 2009

Faro de Vigo

cruzt1

La Voz de galicia

reigosa

O Señor Touriño, nun arranque de digidade, dimiteu. Agora o PSOE tería que plantexarse votar fora uns cantos aproveitados coma Pepiño Blanco, que non serven para nada e quítanlle credibilidade ao partido.
O Señor Quintana tamén tería que dimitir ainda que iso supoña que ten que renunciar a pasear en iate con ricachóns. Todos damos por suposto que o importante é o partido ¿non?, pois ala, os que xa cumpriron o seu cometido que se larguen. E por suposto, que leven consigo os remolques coma Bieito Lobeira, que nunca traballou na súa vida e xa vai sendo hora que se incorpore á vida laboral. Se non sabe onde queda a oficina do INEM, podémosllo decir nós.
Toda Galicia sabe que no BNG hai unha gran división interna entre a xente loitadora (eses que se chaman irmandiños), e os aproveitados que levan as rendas sin ter enconta a ninguén mais ca eles mesmos.. Agora é o momento de aclarar as cousas.

dimito

Faro de Vigo

j-santos

julio-2

Diario de Pontevedra

O Diario de Pontevedra fai unha reportaxe sobre temas que estaban en conflicto co goberno bipartito en toda a provincia, tales coma: a mellora da PO-308, Os realoxos do Vao, , o tema do conflicto do Litoral, o plan de vivenda, os micropolígonos de Marín etc e pregunta a todas as plataformas cales van ser os seus plans a partires de agora.
No noso caso:

nos

E por suposto, amig@s, a nosa loita aínda non rematou. temos que continuar porque os nosos xestores mantéñense erre que erre na súa teima, Hai que ter cara:

veiga

Alcalde, eu xa solo teño unha esperanza, que cando toquen as municipales, teña vostede a mesma dignidae ca Touriño, e dimita, aínda que sexa tarde.

El país

pais


100_0437


A colonización de Tambo

diciembre 15, 2008

breaseixo-a-otear

Estaredes a preguntarvos que pinta aquí esta foto e que é o que vixía breaseixo.
Aínda non vos enterastes?
Parece ser que o noso equipo de goberno acordou invadir a illa de Tambo, coma se de un Perexil se tratara.
O que non sei é en que pleno se acordou semellante cousa, porque eu non escoitei nada. Claro, como os veciños non facemos mais ca berrar, ó final non nos enteramos do que se aproba por maioría “progresista”.
Menos mal que lin o Informe de Sostenibilidade Ambiental (ISA) onde di que as praias Area da Illa e A Dreira pertecen ao municipio de Marín (pxna 29) e tamén que “O municipio de Marín conta con 36´7 Km2 de superficie, que se distribúen entre unha parte continental e a illa de Tambo, de 28 Ha.” (Pxna 26)
O que non sei é a opinión dos políticos de Poio. Pero moito me temo que estean a preparar un zafarrancho de combate. E a ver que pasa.

E tamén, na páxina 111 do mesmo ISA, falan do Plan Director de Portos Deportivos, que pretende ampliar o porto de Aguete.
Cando resulta que fai xa tempo que estas previsións foron contundentemente rechazadas polos veciños, e o Concello de Marín , no seu día, tomou un posicionamento oficial solicitando que se rechace ese plan de obras previstas, xa que a praia de Aguete corre perigo de morte.
E logo que?… Fiámonos ou non do que di o alcalde?

E xa que o panorama se pon tan interesante, eu non me quero perder detalle.
Aqui me tendes, en primeira línea de buques, a vixiar. Non vou perder de vista a Illa de Tambo por se hai un desembarque bélico e podo captar unha foto de Ruibal a espichar unha bandeira nacionalista (con estrela azul) na praia da illa.
Coidadiño Sr. Ruibal, non se vaia atopar con algún nativo violento e lle zoupe nunha orella co cinto, como lle pasou ós de Xestur cando viñeron colonizar A Brea.

Tamén pode pasar que veña Touriño a inaugurar unha pedra no Chilreu.
Facédeme caso, non perdades de vista a zona marítima, hai alerta laranxa.
breaseixo


O que di a xente / Lo que dice la gente

junio 22, 2008

breaseixo di:

Amig@s deste blog: A estas alturas unha gran parte da xente que nos está a seguir neste embarullado asunto do polígono na Brea ten un cacao mental que non dá aclarado, e agora mesmo vou intentar explicalo. Este venres, ó día seguinte da nosa concentración no Concello, o Sr. Ruibal falou no programa de radio “La opinión”, e dixo mais ou menos que a xente da Brea está enganando a todo o mundo cando di que o polígono vai ser industrial, pois en realidade, vai ser empresarial, para uso comercial etc.
E eu digo que os que enganan á poboación son eles e agora mesmo vouno demostrar.
Non me cabe duda que as intencións deste equipo de goberno son de facer unha cousiña de nada, coma o polígono do Vao, catro naves a cagar entre o millo e listo. Iso sabémolo todos. Pero o problema está nos documentos, e os documentos din que a denominación do polígono da Brea é INDUSTRIAL, esí, con todas as letras. E qué vai pasar ó cabo de dous ou tres ou catro anos?, pois que van empezar a chegar empresas industriais, esí, pouquiño a pouco, coma quen non quere a cousa. E como non van caber, o polígono vaise ir arrimando hacia o río, e vaise ir extendendo hacia Castro e logo hacia o Campo, que eses tampouco se libran, eles pensan que sí, pero non.
E os veciños imos empezar a poñer denuncias que non van servir para nada, porque estes empresarios presentarán papeles e os papeles vanlle dar a razón . Queredes velo?. Poi equi vos presento unha fotocopia que fixen cando o PXOM estaba exposto e empezamos coas primeiras alegacións (A propósito, quixera saber que fixeron con elas). Esta é unha das follas do estudio que Xestur fixo sobre os posibles parques industriais nesta zona.

Espero que poidades ver ben a parte subrallada na que dí que A Brea e o campo son Industriais. Os do concello din que foi un erro de imprenta e que na realidade non vai ser así.Claro que este estudo fíxose en decembro de 2005, e dende entón, e gracias á nosa loita, as cousas cambiaron un pouco, pero de momento non se sabe se existe outro estudio correxido. O que temos que facer agora é estar moi pendentes cando salga o PXOM e comprobar se ese erro foi correxido ou segue no mesmo sitio.
O que quero deixar ben clariño é que a xente da Brea non minte cando fala de “polígono industrial”

Amig@s de este blog: A estas alturas, una gran parte de la gente que nos sigue, tiene un cacao mental con este asunto tan embarullado de nuestro polígono, ¿es industrial, es empresarial, es pequeño, es grande etc?.

Al día siguiente de nuestra concentración en el ayuntamiento, el Sr. Ruibal, habló en un programa de radio llamado “La opinión” y dijo más o menos, que la gente de A Brea, estamos engañando a la población cuando llamamos polígono industrial a lo que no va a ser más que Empresarial y con uso comercial.
Lo que yo digo es que quienes engañan a la población son ellos y ahora mismo lo voi a demostrar. A mí no me cabe la menor duda que lo que esta corporación va a hacer es una minimierda muy parecida a la del Vao, o sea, cuatro naves de nada que no les comprometan mucho y les salga barato. Pero el problema no está ahí…el problema está en que en los documentos, A Brea consta como polígono INDUSTRIAL y dentro de dos, tres o cuatro años, aparecerá una nave industrial y luego otra, y como no van a caber, la siguiente se arrimará un poco más al río, y la otra hacia la zona de Castro, y las siguientes se extenderán hacia el Campo. Los vecinos pondremos denuncias, pero se desestimarán, porque los empresarios alegarán que tienen todo en regla y presentarán el documento que dice “Zona industrial”. Y los vecinos tendremos que aguantarnos nuestra rabia; en el ayuntamiento quizá para entonces haya otros gobernantes mejores, pero que no podrán hacer nada porque todo está atado desde antes. Esta hoja que está impresa más arriba, es parte del estudio que Xestur hizo en diciembre de 2005 sobre posibles polígonos industriales en la zona. Espero que podais apreciar la parte subrallada donde dice “Industrial”, tanto en la Brea como en el Campo. En el ayuntamiento dicen que es un error de imprenta, pero de momento aún no se ha “corregido”. Lo que tenemos que hacer es estar muy atentos cuando salga el PXOM a la luz pública y comprobarlo.