A olimpiada de Ruibal 5 (cables de “alta traición”)

octubre 24, 2009

Sempre pensamos que Ruibal era un inepto para o cargo que desempeña.
Agora empezamos a sospeitar que ademais é gafe
As torretas. As famosas torretas nas que tanto tempo leva insistindo o concelleiro Miguel Suárez Briones en todos os plenos. “Coidado coas torretas!”.
Pois xa pasou o que tiña que pasar, algo explotou PUM!
O cableado era provisional e coas primeiras chuvas queimouse. Seguiría sendo provisional durante anos se non pasara nada. Unha obra chapuceira. Agora puxeron outro cableado tan provisional coma o anterior e así seguirá ata que alguén poña unha denuncia.
Incluso eu que non son electricista, sei que para unha potencia determinada, hai que instalar unha sección de cables determinada. Se a potencia é moita, os cables teñen que ter a sección adecuada para esa potencia. E sobre todo, os cableados exteriores ou soterrados teñen que estar sempre moi ben aislados. Hai unha normativa exhaustiva para todo isto, como ben sabemos os veciños particulares que temos que cumplila.
O que pasa é que estas torretas non teñen a ubicación definitiva. Están postas de calquera maneira. Incluso hai zonas do campo que quedan a escuras. Os deportistas están fartos de queixarse sin que ninguén lles faga caso. E por se fora pouco, agora expóñense a quedar electrocutadospor culpa dos cables de “alta traición”, como diría Gila.
Non foi un atentado nin unha broma de mal gusto. Foi a chapuza de sempre.
Ruibal é un globo que se desinfla.
Unha pompa de xabón que fai pluf e non ten nada no seu interior.
Unha eterna chapuza.
Un concelleiro que nunca debeu estar ahí.
Mañá ou pasado sairá a facer declaracióńs votándolle a culpa os electricistas, á Xunta de Galicia e mais á Deputación. xa veredes.

torretas

————————————

Pasaron 24 horas dende que publiquei esta entrada. Agora actualízoa coas noticias de hoxe que son as seguintes:

ruibal 1

María Ramallo fai referencia a unhas declaracións feitas por Ruibal a semana pasada que son estas:

ruibal 2

——————————————–

Esta entrada tituleina cables de alta traición en homenaxe a M. Gila, un dos grandes humoristas deste país no que fala dos cables de alta tensión e que tantas veces nos fixo rir en momentos difíciles da dictadura. Adícolle este vídeo a todos os marinenses que non perden o sentido do humor a pesar da pandilla de incompetenetes que nos gobernan.


A olimpiada de Ruibal 4 (Ruibal contra os elementos)

octubre 12, 2009

Unha vez mais, falemos de Ruibal, especialista en contar contos imposibles e “mentirijillas sin importancia”, ese mago da palabra, capaz de enfervorizar ás masas.
Claro que para ser un moinante destas características é preciso contar cun escudo protector que dea a cara por el cada vez que mete a pata. Esa función cúmplea Fran Veiga ás mil maravillas.
O alcalde, fiel compañeiro de fotografías na prensa, tapadeira indispensable, alcahuete resignado.
Somos moitos os que reclamamos a destitución de Ruibal: Deportistas, empresarios, Asociacións, grupos políticos, veciños.
O Campo de fútbol de San Pedro é un motivo constante de debate dende fai varios meses, pola gran cantidade de cartos que se levan “mal invertidos”, torretas da luz que se colocaron mal e agora hai zonas do campo que quedan na escuridade, o arreglo das famosas pistas, os asientos das gradas que non se daban posto, os vestuarios etc.
Despois veu a famosa pista de tenis, tantas veces denunciada por Marín-In e a Asociación de veciños de San Xulián antes de que se construíra porque unha parte da pista iba quedar feita sobre un terreno que está destinado para ser un vial. E a resposta de Ruibal foi que cando se faga o vial quítase a pista e faise noutra parte (estas noticias xa as publiquei no seu momento).
Agora é o pavillón da raña, cheo de goteiras dende fai tempo e que provocou un escándalo coa caída dun árbitro e posterior multa ó equipo Peixe Fresco.
Ruibal para todo ten excusa, sempre encontra un culpable; cando non é a Deputación é a Xunta de Galicia ou algún “veciño aillado” que lle quere mal. Esta vez foron os elementos, ese vento do norte que non se esperaba, esa chuva coa que ninguén contaba.
Todo o mundo sabe que non é normal que chova ou que vente en Galicia. Non si, señor Ruibal?

Estas son as noticias dos últimos tres ou catro días sobre as xestións deportivas de Ruibal:

R 3

R 4

Para ver a foto da pista de tenis, podedes acudir a http://www.colectivonacionalista.wordpress.com

R1

R5

R6
R7


A olimpiada de Ruibal 3

octubre 6, 2009

pinocho1

Son tantas as veces que pillamos a Ruibal en mentiras que xa nos parece a cousa mais natural do mundo.
Lembrades aquela entrada titulada Planos, mentiras e cintas de audio?. E a partir desa viñeron outras moitas veces.
Incontables veces.
É increíble cómo aínda queda xente que tome en serio a un tipo coma este. É increíble cómo pode haber quen lle da creto as súas palabras. É increíble cómo non hai quen o poida cesar do seu cargo, xa que ten tanta cara dura que nin se lle ocurre dimitir despois der cachado tantas e tantas veces en mentiras. E non vou falar das malas xestións porque non vos quero aburrir.

O 17 de setembro apareceron na prensa as declaracións de Ruibal (escoltado polo alcalde), acusando á Xunta de incumplir o convenio que había co bipartito para arreglar as pistas de San Pedro.
O delegado da Xunta afirmaba que el non tiña constancia de ningún acordo nin presuposto para Marín. Ruibal cabreadísimo decía que sí e que a Xunta minte e que el tiña documentos.
O alcalde aproveitou para afirmar que a Xunta como é do PP non quere saber nada de Marín. O da Xunta, a pesar das afirmacións dos nosos ineptos, veu mirar as pistas.


Resulta que onte, lunes 5 de outubro, José Ramón Lete, tivo unha reunión no Concello de Marín cos nosos políticos para demostrar a súa vontade de diálogo e de facer cousas polo noso concello. Despois de demostrar  con documentos que Ruibal minteu unha e outra vez, o secretario xeral para o deporte, demostrou a súa  intención de estudar a remodelación  das dichosas pistas de San Pedro e ademais “Facer todo o posible para financiar o pavillón de Seixo”.
Hai quen dea mais?
Hai quen se atreva a decir que a Xunta non ten boa disposición para Marín?
Amigos, non nos merecemos estes políticos municipales. Non nos merecemos isto.
Se a Marín chega algunha partida de cartos para facer cousas non é gracias ó noso equipo de goberno, senón a pesar do noso equipo de goberno
Mentireiros indecentes!!

pistas 2

c

———————————————–

É esta a Xunta que non quere saber nada de Marín?
É esta a Xunta que se nega a mandar cartos para Marín?
A min non mo parece

f1

f2


A olimpiada de Ruibal 2

septiembre 23, 2009

Non sei se lembrades unha entrada que escribin en febreiro que se chamaba As olimpiadas de Ruibal, comentando a noticia electoralistísima que salía na prensa aqueles días:
“Deportes invertirá 680.000 Euros en la renovación de las pìstas de San Pedro”
Agora, sete meses despois, a noticia é a seguinte:
“El gobierno local acusa a la Xunta de incumplir el convenio para reformar las pistas de San Pedro”.
Resulta que Ruibal e mais Veiga, tiñan “apalabrado” este contrato coa Xunta anterior e xa daban por feito que os cartos estaban no bote. Pero os outros non firmaron nada e as palabras levounas o vento. Agora a culpa, coma sempre, seica a ten o PP.
Eu non lle creo nada a este par de impresentables.
Por que non lle creo nada?
Porque minten sempre. Minten cando nos venden fume: centro de ocio, auditorio, proxecto arela, pistas de atletismo, aceras na Brea, aceras en San Xulián… E minten cando despois culpan á Deputación e á Xunta porque todo sale mal.
Minten cando afirman na prensa que a Xunta non quere recibir a Fran Veiga e despois, olvídanse do que dixeron antes e volven a facer declaracións decindo: “En la reunión que acabamos de tener en Santiago…” En que quedamos entón? Recibenos en Santiago sí ou non?… Pois parece que sí.
E volven a mentir cando despois de ser recibidos na Xunta e alí lle confirman clarísimamente que o bipartito non deixou nada firmado nin ningún documento que acredite que tiñan intención de mandarnos cartos para as pistas de San Pedro, este par de “pájaros” manda publicar nos periódicos:
“El gobierno local acusa a la Xunta de incumplir el convenio de reformar las pistas de san pedro”.
Que convenio?… Se non había convenio. O que había era unha promesa electoral que non se pode cumplir porque quen a fixo xa non está no poder

O actual secretario xeral para o deporte, despois de recibilos e contarlle o que había, comprometeuse a vir a Marín para ver a situación na que están as pistas. O pago que recibeu por parte dos nosos ediles foron estas declaracións acusatorias e culpatorias.
E que imos esperar deste par de parvos?

Así son as cousas e así volas conto
Saudiños

pistas 2

pistas 3

pistas 1

a

———————————————–

Dende marinenses.com:

Publicado: Mie Sep 23, 2009 6:29 pm

Erasmo

PUNTUALIZACIONES AL TENIENTE DE ALCALDE

Desde siempre he tenido un aprecio personal por Manuel Ruibal con el que he compartido muchas veces en nuestra juventud y no solo en la juventud largas charlas de café, a solas o en compañía de otros amigos. De sobra sabe cómo pienso y lo que pienso sobre determinados temas. Él sabe quién es Erasmo porque yo se lo he dicho personalmente hace poco más de un año –cuando comencé esta aventura epistolar en el foro- en un desayuno matinal. Puso cara de sorpresa y salió escopetado, como si le chamuscara un rayo, sacando la excusa de que tenía que ir a trabajar.

Hablamos de política y cómo no de los famosos polígonos industriales. No era la primera vez que lo hacíamos, incluso antes de que el estuviera metido en el Ayuntamiento de Marín y antes incluso de que fuera concejal. En ese encuentro le dije que su postura y la del Bloque me parecían equivocadas y un error para el futuro desarrollo económico de Marín. Desde el encuentro del año pasado no he vuelto a hablar con él aunque me gustaría hacer un “brainstorming” como los que hacíamos antaño. Manolo siempre ha sido un hombre con prisas por eso tengo la impresión de que nuestros encuentros son conversaciones inacabadas que no estériles. Aunque diferimos profundamente en la visión política y económica sobre Marín tengo que reconocer públicamente que nunca me ha faltado al respeto –todo lo contrario- ni me ha torcido el gesto y cuando hemos hablado, la impresión que guardo en mi retina es la de su sonrisa más que la de su semblante serio, que también lo tiene. Estoy convencido de que él quiere lo mejor para Marín, como también lo quiero yo.

Este largo preámbulo me sirve para sentar las bases de lo que voy a decir a continuación para que no haya malos entendidos. Sé perfectamente que este foro lo leen políticos de Marín y otros que no son de Marín, como también sé que tiene lectores nacidos en Marín pero que no viven en Marín y lectores que nos siguen desde otros lugares de España y que tampoco son nacidos en Marín. Todo esto es gracias a la globalización y si me apuran a lo “glocalize” del que un día ya les hablé. Por si les sirve de algo cuando les digo que los políticos de Marín nos siguen es porque leen este foro para ver qué se cuece en él. Y serían poco inteligentes si no lo hicieran. Otra cosa es que intervengan directamente.

Pues bien, nuestro teniente de alcalde, Manuel Ruibal, se descuelga hoy con unas declaraciones en la prensa que, desde mi punto de vista, no hacen más que acrecentar su desprestigio político y desde luego rozan el ridículo. Como sucede en tantas ocasiones, en esas declaraciones Ruibal confunde la parte con el todo. En mi artículo anterior señalé al respecto que las obras en San Pedro no estaban presupuestadas por el gobierno bipartito de la Xunta, lo cual es rigurosamente cierto. Como también dije que, de haberlo, era un compromiso verbal, no documental. Dicho de otra manera para que se entienda mejor. La anterior conselleira de Cultura y Deportes, Anxela Bugallo, nunca firmó nada. Si algo hubo fue una declaración de intenciones, pero nada más porque el dinero del proyecto (más de 600.000 euros) nunca estuvo a disposición ni en el gobierno anterior ni en el actual.

Independientemente de todo esto, el pasado año el Ayuntamiento de Marín alcanzó un acuerdo plenario, con la unanimidad de todos los grupos, para que el proyecto se elevara a la Xunta, cosa que el mismo teniente alcalde explica en la prensa. Si lo envió o no es cosa suya. Vamos a pensar que sí. Pero de ahí a que se ejecute va un largo trecho. Insisto, lo que ha habido es una declaración de intenciones y ya se sabe que del dicho al hecho… Si se quiere un proyecto similar hay que volver a empezar que es lo que comenté en el artículo anterior. Y si esto es así, como es obvio, flaco favor hace el concejal nacionalista enfrentándose a la Xunta y diciendo cosas que no son ciertas después de que él y el alcalde fueran recibidos en Santiago por el director general de Deportes. La desconfianza en estos casos no es práctica ni recomendable y el camino del enfrentamiento no es muy político que digamos.

Pero ahora vayamos a la cuestión de fondo. Las obras de San Pedro son una chapuza, sí, una chapuza, en donde se ha tirado dinero a la basura, mucho dinero, del que ahora nadie se quiere responsabilizar. Si hoy el estadio tiene un campo de hierba sintética rodeado de unas pistas de atletismo inservibles para la práctica de este deporte se debe al gobierno del ex alcalde Toneco, Muradas y demás. El campo sintético está, además, muy mal cuidado y requiere de unas atenciones en su mantenimiento que dejan hoy por hoy mucho que desear. Fue un error monumental quitar la hierba natural como fue un error monumental diseñar unas pistas de atletismo equivocadas en la distancia que lo hacían inservible para cualquier competición oficial.

Además, todo hay que decirlo, los pocos atletas que hay en Marín han criticado esta obra y los dos clubs de fútbol, Marín y Sporting, también. En Marín no hay ningún club de atletismo y el que había, el “San Miguel”, está desgraciadamente desaparecido. Yo mismo pertenecí a él, con el que gané alguna que otra medalla en competiciones oficiales gracias a los buenos consejos de mi entrenador Méndez. Aún hoy, su hijo, también destacado deportista marinense, no se corta un pelo en sus declaraciones críticas a lo que se hizo en San Pedro. En Marín, el único sitio donde se hace atletismo y de verdad es en el Colegio San Narciso en donde este deporte goza de una gran tradición que se remonta a varias décadas como muchos ex alumnos como yo podemos atestiguar.

Pero no todo son malas noticias. En Seixo, al parecer, se van a terminar las obras al menos las que están iniciadas ya. Todo ello se va a hacer bajo el argumento de necesidad imperiosa. Es de justicia para los vecinos de la zona y para todos los que utilizan esa carretera, que no tienen por qué pagar las penas que sufre el grupo Martínez Núñez, encargado de la obra y ahora en suspensión de pagos. Me cuentan que este grupo empresarial ha sido muy poco serio, pero no aquí sino también en Castilla-León, Madrid y otras zonas de Galicia que es donde trabajaba. La nueva empresa que terminará la obra de las zanjas levantadas, la más incómoda actualmente, es de la comarca del Salnés. Para el resto de la obra, que no se ha comenzado todavía, se tendrá que convocar nuevamente un concurso público y adjudicarle presupuesto.

Termino con el PXOM. Este proyecto está parado porque el equipo redactor no ha enviado todavía las modificaciones y la comisión de seguimiento sigue sin reunirse desde el verano. Ahora que empieza el nuevo curso le pedimos al alcalde que haga un esfuerzo por agilizar los trámites. Nuestro futuro económico depende de ello.



A olimpiada de Ruibal

febrero 6, 2009

Naqueles tempos, cando aínda Manolo Escobar non perdera o carro, miña nai dábame unhas pesetas para os meus asuntos propios e decíame con cara moi seria: “A ver en que as gastas porque non hai mais ata a semana que ven”. Así aprendin a medir os meus gastos e a ser a única responsable dos meus despilfarros.
Por desgracia, en política, os cartos circulan alegremente de man en man e de peto en peto ata que lle perdemos a pista. A maioría das veces, as obras que se anunciaron con toda pompa e boato, quédanse en chapuciñas que non serven para nada, e o peor de todo é que non hai quen lle pida responsabilidades ó político inepto que en vez de buscar a axuda de quen entendía mais ca él, deixou escapar os millóns alegremente, nalgún bolsillo oportuno.
Algunhas veces penso que as finanzas do noso Concello debían ser levadas por unha Comisión de Amas de Casa, que parece que son as únicas que saben controlar os gastos neste tempo de crisis.

as-olimp

olimp-3

olimp