Eses teimudos tan molestos

junio 12, 2009

Hoxe, venres 12 de xuño de 2009, os veciños da Brea estaremos ás oito da tarde no Pleno do Concello, coma cada mes.
Nada cambiou a pesar das noticias que sairon na prensa en días pasados.
Os micropilígonos, de momento aínda siguen vixentes no documento do PXOM.
A loita continúa.
Por outra banda , quérovos avisar que mañá sábado ás 20:30, vai haber unha xuntanza para informar a todos os afectados da Brea de cómo está a cousa.

———————————————–

O alcalde danos coa porta nos fuciños

pleno 1

Porque somos antiestéticos e danamos a súa imaxe
Para Fran Veiga nós somos “eses teimudos tan molestos”

pleno a 2



A veces llegan cartas

junio 8, 2009

Ultimamente o noso alcalde ten correspondencia bastante activa co valedor do Pobo.
Non son cartas de amor precisamente.
Somos moitos os que nos queixamos polos malos tratos de Fran Veiga. O valedor pideu responsabilidades no Concello, pero os maltratadores saben buscar excusas. Disque se nos tratan mal é porque o merecemos.
Lembrades que nos últimos meses fomos moitos os que lle mandamos un escrito ó valedor para queixarnos porque non nos deixaban entrar nos plenos?
Podedes ler mais abaixo a resposta que lle da Fran Veiga ó Valedor.
A Fran non lle gustan as críticas.
A Fran o que lle encanta é que lle aplaudan.
Fran non quere que os veciños protestóns enchan a sala e limítanos o aforo. É o caso dos afectados polos micropolígonos.
En cambio cando hai aplausos deixa entrar a quen faga falta. Que llo digan ós veciños afectados pola lei de costas que no pleno extraordinario do outro día non tiveron límites nin controles. Había xente de pe e polos pasillos.
Claro que eses iban para aplaudir.

Solo lles faltou facer a ola.
Resolverá Fran os seus problemas ou venderálles fume?
Opinade vós mesmos.
Mentras tanto o mellor é escoitar a Raphael, que amenaza con vir este ano ás Peregrinas

a

valedor 2

valedor3


Todos somos iguais ante a lei?

mayo 14, 2009

restriccións

Os veciños da Brea queremos agradecer este detalle de Marín-In.
Pensamos que non hai direito a que o alcalde cometa estes abusos. Estamos nun oaís democrático e gobernados por un bipartito supostamente progresista.
Lembrades que o mes pasado inviteivos a todos a que mandarades os vosos escritos ó valedor do Pobo para amosar o voso desacordo por non poder entrar nos Plenos?
A entrada chamábase valedor do Pobo e está etiquetada en protestas
Pois as respostas xa chegaron.
vinteoito lectores deste blog escribíronme para amosar a súa satisfacción pola pronta resposta do valedor.
Aquí vos mando unha resposta, todas son iguais.


valedor


Resposta do Valedor do Pobo

mayo 4, 2009

Este venres, se o alcalde non acorda outra cousa, vai ser o Pleno do mes de maio.
A estas alturas descoñezo os puntos que van tratar na orde do día. O que sí sei é que o acceso vai estar limitado a sesenta persoas, coma sempre, e que moitos veciños van quedar ás portas do Concello sin poder entrar.
Lembrades que o mes pasado inviteivos a todos a que mandarades os vosos escritos ó valedor do Pobo para amosar o voso desacordo por non poder entrar nos Plenos?
A entrada chamábase valedor do Pobo e está etiquetada en protestas
Pois as respostas xa chegaron.
Moitos amigos deste blog escribíronme para amosar a súa satisfacción pola pronta resposta do valedor.
Aquí vos mando a resposta, todas son iguais.


valedor


Valedor do Pobo

abril 3, 2009

Estimados veciños:
De todos é coñecido que moitos de nós estamos a sufrir nas nosas carnes a falta de liberdade e o recorte dos nosos direitos coma cidadáns.
Dende fai varios meses o noso alcalde limita o aforo á sesión Plenaria, de maneira que é moita a xente que se atopa coa porta pechada e varios policías custodiando a entrada do Concello. Algunhas persoas optan por agardar fora pero outras dan media volta e vanse ás súas casas coa sensación de que estamos a vivir tempos escuros.
Non debe ser así.
Hai que demostrar quen manda.
Estamos en Democracia e todos somos iguais ante a lei. Aínda que neste momento teñades a sensación de que uns son mais iguais ca outros e que ninguén vos fai facer caso, sabede que non é así.
O pasado día 13 de marzo foi a gota que colmou o vaso cando despois de ler na prensa as declaracións de Fran Veiga decindo que a porta do Concello está aberta para todos, atopámonos con reforzos policiais e a porta tan pechada coma sempre:

fora-07

Por iso tomamos a determinación de escribirlle ó Valedor do Pobo.
Aquí vos poño un modelo de escrito para os que tivestes que quedar fora. Soio tendes que copialo, poñer os vosos datos e entrar nesta dirección:

http://www.valedordopobo.com

………………………………………… con DNI ………………………………, veciño de Marín e domiciliado na rúa …………………………………………………………………, expón:
O pasado venres día 13 de marzo había pleno ordinario no Concello de Marín, convocado como é habitual para as 8 horas da tarde. Cando cheguei á casa do Concello coa intención de asistir á sesión plenaria, atopeime con un grupo de viciños ás portas do edificio que me indicaron que a policía local non lles deixaba entrar, acto seguido dirixínme cara a dentro do edificio coa intención de asistir ao pleno pero un policía municipal impideume o paso xa na porta, indicándome que tiña orde do alcalde de non dedixar pasar a máis de 60, persoas e dado que este aforo xa fora completado non permitían que pasara nadie máis; pedínlle que me mostrara o escrito onde figuraba esa orde e contestoume que era unha orde verbal que a el lla trasnmitira o seu superior, polo que me vin imposibilitado de presenciar esta sesión plenaria ordinaria da institución municipal.
Este feito que relato lévase producindo alomenos nos tres últimos plenos ordinarios aos que intentei asistir.
Considero que se están vulnernado os meus dereitos, pois estáse restrinxindo o carácter público dun acto que o é por lei, polo que a través deste escrito póñoo no seu coñecemento para que se tomen as medidas oportunas que impidan que se me conculquen os meus dereitos como cidadán.

————————————————-

Os que pudestes ter acceso á sala de Plenos, tamén podedes manifestar o voso rechazo modificando o escrito. Aqui tendes un exemplo:


………………………………………… con DNI ………………………………, veciño de Marín e domiciliado na rúa …………………………………………………………………, expón:
Como veciño/a do Concello de Marín, acóllome cada mes ao meu dereito de asistir á Sesión Plenaria, convocada o segundo venres de mes ás oito da tarde.
Dende fai varios meses, o alcalde: Francisco Veiga, limítanos o aforo a 60 persoas e varios policías locais gardan a porta do Concello para que non poidan entrar mais.
Son moitas as persoas que teñen que quedar fora.
Eu para poder estar dentro tiven que chegar casi unha hora antes do Pleno para gardar a vez.
Este escrito que lle mando é para solidarizarme cos meus viciños que tiveron que quedar na rua inxustamente, xa que considero que o Concello é de todos e sempre que se cumpran as reglas de urbanidade e boa educación, todos os temos o mesmo dereito a estar dentro aínda que sexa de pé.
A través de este escrito poño no seu coñecemento que se están a vulnerar os dereitos democráticos dos cidadáns de Marín, e rogo que se tomen as medidas oportunas para que isto non volva a pasar.
Atentamente
(Firma)

————————————————-

E por suposto, todos os que non asistides ós plenos pero queredes solidarizarvos, podedes facer o voso escrito e mandalo.
Graciñas a tod@s

——————————————

valedor


Afundimento do Titanic

marzo 11, 2009

https://i1.wp.com/www.inopia.net/parkito/media/imagenes/humor/hielopesas.jpg

Amigos, como ben sabedes, o Titanic era un barco que simbolizaba o poder, a prepotencia e a vaidade. Os seus constructores decían que nin siquera Deus era quen de botalo ó fondo. Pero aquela xente tan arrogante non contaba cos icebergs.
Na imaxe, vemos un cubiño de xeo que está facendo pesas para chegar a ser un iceberg.
O lema en inglés di “Se o podes soñar, pódelo conseguir”.
Nós somos ese cubiño de xeo, nós podémolo conseguir. Pero temos que facer moitas pesas.
Amigos, facede pesas. Loitemos e soñemos.
Se o podemos soñar, podémolo conseguir.
Imos fundir o Titanic da prepotencia.
Xuntos imos vencer
Polígono na Brea Non!!

———————————————————

Lembrades o cubiño de xeo?
Fai moitos meses que o publiquei. Naquel momento todo parecía imposible.
Agora casi o temos conseguido.
A loita continúa. Este venres hai pleno no Concello ás oito da tarde.
Temos que seguir a loita.
Todos ó Concello !
Imos fundir o Titanic!!



Deus nos dea Ira…

febrero 27, 2009

“Deus che dea Ira, que pacencia tes dabondo”

Celso E. Ferreiro

Unha vez mais, reitérome en que a xente que protesta contra o BNG, non estamos manipulados por ningún partido político. Somos votantes diversos, aínda que, despois de tanto tempo en loita, moito me temo que os que eran simpatizantes do Bloque xa non van querer saber nada deles.
Iso non quere decir que todos vaian pasarse ao PP
En Galicia, hai outros partidos coma FPG, IU, UPD etc
Na miña opinión, o BNG, en vez de despotricar tanto contra a oposición e os veciños, e buscar conspiracións, o que ten que facer é un exame de conciencia sobre as cousas que está a facer mal. E sobre todo, pensar por que se lle dou por apartarse da xente.
E por certo,a todos os que vos deixedes enganar con ese conto que contan Ruiball Vilaboa e CIA, de que somos uns fachas, eu recoméndovos que vos informedes mellor buscando outras fontes menos “interesadas”
breaseixo