Polígono de Castiñeiras

enero 2, 2009

Os que estudiastes economía ou xestión de empresa, podedes sacarme desta duda que teño:
É certo que non existe o término medio?
É certo que as cousas son MICRO ou MACRO e non hai mais?
Na mismísima península do Morrazo paréceme ver un claro exemplo:
Mentras en Marín nos meten cinco micropolígonos, entre Bueu e Cangas meten un macropolígono cunha superficie equivalente a 150 campos de futbol, que vai arrasar con todo un ecosistema. Se queredes podedes facer clic en “A outra cara dos polígonos” onde aparece unha fotomontaxe de como vai quedar.
Outra duda que teño é:
Tanto no caso dos micropolígonos coma dos macropolígonos, quén se encarga de facer eses informes de Sustentabilidade Ambiental?. En que universidade lle deron o título? Ou é que para facer eses estudios o único título que se esixe é o mismo ca para ser político?
Por favor, que alguén me axude a resolver estas dúbidas.
O outro día, un afiliado do PSOE chamoume ignorante, pero cando lle pedín que fixera todo o posible por sacarme da miña ignorancia e me dera un cursiño de algunhas horas sobre polígonos industriais e empresariais: Datos económicos, ecolóxicos, utilidades prácticas para os cidadáns, estética paisaxística das naves, repercusións na cidadanía, datos xurídicos que confirmen que cando un polígono está establecido non predomina sobre as casas, podendo, se é necesario que o polígono se expanda, expropiar as casas colindantes etc. Que eu estaba disposta a pagarlle o que fixera falta con tal de aprender un pouco; o que fixo foi dar media volta e largarse do meu lado.
Non me dou tempo de preguntarlle se algunha vez na historia dos polígonos, se sabe de algún que estea ubicado no fondo dun Val, como vai pasar có da Brea.
A min gustaríame falar con algún experto deses que fan os estudios de sustentabilidade ambiental, para que me puxera ó tanto de cómo se propagan o ruídos nun val. E xa non falemos de todo o demais, que non quero amargarvos o comezo do ano 2009.
Eu recoméndovos que fagadis clic en “Frases memorables”. na parte da vosa direita da pantalla  (recuadriño de categorías). xa veredes como non hai maneira de acadar a sabiduría obxetiva. Será que todo é relativo e cruel?.
breaseixo

—————————————-

anduxia-y-el-poligono-de-castineiras

castineiras-1

castineiras-2

castineiras-3

castineiras-4

—————————————————————–

La Voz de Galicia

18 de enero de 2009

la-voz-18-de-enero