PO-313 (actualizado)

junio 30, 2009

Os veciños afectados polo pintado desta carretera levan arrastando este problema dende o mes de febreiro.
Lembro perfectamente cómo no pleno de ese mes o alcalde respondeu a unha pregunta da oposición, decindo que ese tema xa estaba controlado porque o Concello de Marín estaba en contacto coa Xunta e o Goberno autonómico ía solucionar este tema nuns poucos días.
Xa pasaron catro meses, o goberno da Xunta cambiou de partido e o asunto aínda está sin solucionar.
Tan difícil é correxir o trazado dunhas líneas e deixalas como estiveron toda a vida?
De quen é a culpa? Por que ninguén é quén de solucionalo?
Son as cousas da política que eu nunca entenderei.
E por se fora pouco, agora aparece o inefable Bieito Lobeira, ese experto na ciencia demagóxica para pedirlle explicacións ó Goberno do PP, despois de estar caladiño e despistado mentras este tema o leveba o bipartito. O de sempre. O cinismo dos sinvergonzas.
Lembrade que esta é a mesma carretera afectada polo plan Vigo Íntegra, contra o que Bieito nunca se queixou, que eu sepa.
Os veciños de Marín que quedaron atrapados neste atasco, sin duda son os que non se enteran de nada, pois os manifestantes estiveron toda a semana avisando do que ían facer e cando o ían facer, tanto nos periódicos coma na radio..

Diario de Pontevedra

mani 1
mani2

Faro de Vigo

mani 3

La Voz de Galicia

mani 4

Varios conductores foron identificados pola policía.
Esta vez no saleu o alcalde en mangas de camisa para enfrentarse á policía, estes veciños deben ser de segunda, aínda que os responsables do noso concello teñan unha parte de culpa en todo o que está a pasar.

En fin, amigos, esperemos que esta nova visita de Tourís sirva de algo e por unha vez o noso alcalde sexa capaz de negociar porque xa estamos fartos de velo fotografiado na prensa, presentando proxectos que acaban convertíndose en fume.

ma

Catro días despois…

po 1

po 2

po 3

Un grupo de veciños comunicáronme onte o seu desacordo pola maneira de proceder do equipo de goberno, que non deixou entrar a ningún membro da oposición na reunión mantida con Tourís no Concello.
Estes veciños queren deixar ben claro que se todo este asunto chegou a un bo acordo foi gracias ás súas movilizacións e as xestións mantidas por María Ramallo na Xunta de Galicia. As malas artes do alcalde deixando de porta afora ós concelleiros do PP e de Marín In estiveron moi mal.
Queda dito

————————————

Mirando atrás:

po1

po2

po3

po3b

po4

po5

p6

po7

po9