Pavillón de Seixo

octubre 8, 2009

O hipotético pavillón de Seixo ten a súa historia.
Todo empezou a finais dos anos oitenta cando Pierres era alcalde.
Daquela o Concello recibeu unha partida de cartos que non sei se viñan da Xunta ou do Goberno Central, para invertir en pistas cubertas en colexios de primaria.
Pierres decideu que o colexio de Seixo merecía unha desas pistas cubertas.
O Director do colexio, D. José Luis Ameijeiras estaba en contra desta idea e así o manifestou no Concello escolar e mais nunha reunión coas APAS.
O seu argumento era que esa pista ía ocupar casi todo o patio de recreo e os alumnos íanse ver perxudicados porque unha vez construída a pista terían dereito a disfrutala persoas alleas ó colexio, e iso obligaba a ter o portal aberto todo o día, de tal maneira que os nenos de preescolar poderían salir nun despiste da maestra e ser atropelados por un coche. E tamén que no colexio poderían entrar gamberros de todas clases coa escusa de ir ó pavillón.
Daquela no colexio había 800 alumnos xa que aínda funcionaba a EGB e mais o BUP e os alumnos estaban no colexio ata rematar octavo.
As nais e pais foron convencidos polo director, e cando chegaron as escavadoras non as deixaron entrar no recinto do colexio.
Formouse unha gran trifulca entre o Concello e as APAS.
Pierres decía que a Asociación de Pais estaba manipulada por tres nais do BNG que eran as que gobernaban todo.
Os pais e nais culpaban ó Concello de invasión.
Os maestros eran os que dirixían ás nais na sombra pero non actuaban por medo a represalias.
Ó final hubo un acordo. Iso hai que recoñecerllo a Pierres, neste caso sempre estivo aberto ó diálogo.
Para os pais e nais os terreos do patio eran sagrados.
Para Pierres era moi importante conseguir unha obra recoñecida por todos de cara ás eleccións.
A Asociación de Pais (debo decir de nais, neste caso), tivo a idea de que o Concello podía construir esa pista deportiva nas veigas lindantes co colexio pola parte de abaixo. Eran terreos sin camiño que valían moi pouco e os veciños estarían dispostos a vendelos por poucos cartos. Así se fixo. O Concello foi comprando cachiño a cachiño… coa axuda da APA que falaba cos propietarios.
Menos un. Houbo un propietario que non quixo vender e así quedou o asunto, totalmente parado.
Os cartos marcharon para o colexio Carballal.

Tempo mais tarde, fai catro ou cinco anos, cando Epi era concelleiro, volveuse a retomar esta idea e, agora sí, púdose comprar o terreno que faltaba.
Este novo proxecto tamén tivo que pasar polo Consello Escolar para levar o Visto Bo, porque tiña que coller un par de metros (non sei exactamente) dunha zona do patio escolar. As circunstancias xa non eran as mesmas ca na primeira vez porque o colexio agora tiña 200 alumnos e sobraba terreno por todas partes.
O Consello Escolar, formado por profesores que non eran de Seixo e por nais de alumnos das que un par delas eran inmigrantes e xa non están aquí, dixo Non.
Así que o proxecto volveu ós archivos do Concello.
Moitas nais e pais de alumnos votaron as á cabeza cando, tarde, superon o que pasara, pero xa non había remedio.
Iso pasa por non acudir ás reunións das APAS e por non facer caso das cousas que pasan no colexio.
Por que estimo que este pavillón é unha reclamación xusta?
1-Porque Seixo é o segundo casco urbano do Concello de Marín.
Se xuntamos os habitantes de Seixo, Loira, Aguete, San Blas, Castro, O Campo, San Tomé, Ardán, xuntamos mais de 4000 persoas.
2-Dende hai anos, Asociacións coma: A. Cultural Ronsel, AA. V.V de Seixo, ANPAS do Colexio de Seixo, Asociación Chilreu e algunhas outras veñen reivindicando este pavillón.
3- Os terreos necesarios xa están comprados polo Concello.
4- O Centro de Marín xa conta con instalacións públicas deportivas na Raña, Sequelo, A Laxe, A Cañota etc.
5-Se votamos unha ollada aos programas electorais de todos os partidos nos últimos vinte anos, atopamos que este pavillón é unha reivindicación reiterada.

—————————————————–
Agora os políticos volven a retomar o asunto por terceira vez.
Por que?
Porque as pistas de San Pedro non reúnen as condicións idóneas para que os atletas poidan entrenar.
Cando a primeiros de ano Ruibal nos prometía ese Estadio Polideportivo que nos iba sufragar o Bipartito e tal e cual, os atletas de Marín botáronse a rir e dixeron que era unha pena malgastar os euros nunhas pistas nas que non se iba poder entrenar:

aaa

Parece que a nova Xunta dóuse conta deste detalle e prefire non invertir demasiados cartos nunhas pistas que non van servir para nada e invertilas en algo novo.
A ver se é verdade.
A ver se non é fume isto tamén.
Saudiños para tod@s de breaseixo

—————————————————

q

Anuncios