Boa nova

diciembre 27, 2009

Sin duda unha das mellores noticias que lemos na prensa estes días pasados foi que o grupo Marín-In vai continuar na política.
É boa cousa para a Democracia, boa cousa para Marín, boa cousa para todos nós.
Felicidades a Marín-In.
Dende este blog queremos amosarlle a gratitude dos veciños de todas as parroquias do Concello, porque somos conscientes do gran esforzo que fai este grupo de personas para seguir na brecha.
Levan tres anos duros traballando dende a oposición, con dous concelleiros, loitando dende unha minoría que para outros sería un obstáculo insalvable pero para eles, vellos loitadores inasequibles ó desalento, é un reto ilusionante.
É importante que Marín-In exista. É importante ter un grupo que aglutine a todos eses votantes que non se consideran de dereitas pero que non están contentos co que nos oferecen as esquerdas.
Marín-In é un partido municipal, sin outras aspiracións ca traballar por Marín.
Marín-In é o partido dos detalles, esas pequenas cousas nas que pouca xente repara.
Traballan con cordura, con intelixencia sin ceder ante as presións dun equipo de goberno prepotente e dictador.
Marín-In aporta o equilibrio na balanza. Os que asistimos ós plenos, sabémolo.
Moito ánimo
Que a forza vos acompañe!!


Novas do 19 de xuño de 2008 pola mañá

junio 19, 2008

Son as nove e media da mañá e acábanme de chamar de radio Voz, para que exprese a miña opinión sobre a concentración que imos ter esta tarde ás oito diante do Concello de Marín. Antes de que falara eu, puxeron unha grabación que tiñan do noso alcalde expoñendo o seu punto de vista, ese punto de vista extraterrestre mais alá das galaxias que ten o Sr. Veiga pola mañanciña; debe ser que lle dan colacau para almolzar.
Decia o Sr. Veiga que os veciños estamos equivocados nas nosas sospeitas, pois o polígono da Brea vai ser Empresarial e comercial e vai ter uns accesos maravillosos e peatonales, para que a xente poida ir a pé a facer as compras, e de paso, dar unha voltiña polas inmediacións do río Loira, que vai ser un vergel despois de que eles lle metan a man. Que este polígono vai ser similar ó do vao, esi de pequeniño e xeitosiño (dito con outras palabras, claro). E cando chegou o meu turno de falar, eu respondín “Qué carallo fai un pobo de 26.000 habitantes coma Marín, e cun Porto declarado de Interés Nacional, cun polígono tan pequeniño e xeitosiño” Equi o que fai falla é un Polígono mais ben grande.(con outras palabras, por suposto)
E por ahí discorreu o meu discurso, decindo o de sempre, o que todos sabedes, e invitando a todo o pobo de Marín e parte do estranxeiro a que acuda á nosa concentración reivindicativa dun polígono en condicións para Marín, e a marcha atrás desta teima caprichosa do noso equipo de goberno.

Espérobos a todos esta tarde. Apertas

BNG / PSOE
Rectificade ¡Xa!


Novas do outro día

junio 18, 2008

casi me esquezo de poñer esta noticia que mirei o outro día na Voz de Galicia

Os de Seixo, de vez en cando sorprendemos ó mundo, calquera día salimos no telediario


Novas da actualidade. Segunda

mayo 30, 2008

  E nisto chegou o venres día vintetrés, e alá nos fomos coas nosas pancartas.

Estabamos a tremer. Eran as once da mañá e a maioría da xente estaba a traballar e non podia acompañarnos.
¿E se ó final non eramos máis ca catro gatos?… E inda porriba chovía a baldes!.
Pero todo foi ben. Eramos unhas duascentas persoas e outros tantos paraguas.
Os que disque gobernan, non estaban, seica tiñan cusas mais importantes non sei onde.
Dos concelleiros, eu só vin a Isabel Martinez, que nos amosou o apoio do seu partido (graciñas!), non sei se había alguén máis.
Acudeu a prensa, o radio e a TVG; fixemos declaracións e amosamos as pancartas.
Aquela misma tarde, Radio Pontevedra intentou que o alcalde saíra en antena ao mesmo tempo ca un dos nosos portavoces, para contrastar as opinións, pero estaba ocupadísimo coas innumerables tarefas que teñen os alcaldes os venres ás oito da tarde.
Pero voltemos ás doce da mañá, cando se nos ocorreu coller un impreso de instancia, desas que hai que escribir para solicitar cousas, cubrímola e fíxemos trescentas fotocopias. Repartímolas entre toda a xente que estaba alí e todo o mundo firmou. Mais tarde, fixemos outras tantas copias e todo o mundo levou para a casa.
Hoxe xa hai entregadas mais de 500. A xente respondeu tan ben que estamos encantados!.
Os papeliños estes andan por todo Seixo e a xente firma encantada de participar neste proxecto.
Se ainda non firmache e queres facelo, só tes que ir ao concello e no mostrador de Información, coller unha destas solicitudes e cubrilas. Non sabes cómo se fai?, pois nesta páxina, no apartado que di INSTANCIAS, hai un par de modelos para que copies o que máis che guste. Só tes que poñer o teu nome, dirección,DNI, firmar e entregalo alí mesmo.
Graciñas e paravens a tod@s.

Manifesto que lemos nas escaleiras do Concello

Veciños:

Estamos hoxe aquí para manifestar o noso desacordo con que se poña no chan da Brea o Polígono “Industrial”, “Empresarial”, ou como queiran chamarlle esas persoas que nos complican a vida.

Viñemos para decirlle ós do Equipo de Goberno deste concello, que están equivocados cando insisten na sua teima de facer micropolígonos que non van solucionar nada.

Queremos facérllelo ver. O polígono na Brea sería unha aberración, por os motivos mil veces repetidos:

1) É unha zona rodeada de poboación e está nun entorno ecolóxico e etnográfico de moito valor, á beira do río Loira e un dos seus afluintes, con moitos muiños.
2) limitaría a zona de crecemento e expansión da parroquia de Seixo, pois coas actuales leis, tan só pode medrar para este entorno.
3) En base ao anterior consideramos que é unha zona máis apropiada para un desenvolvemento turístico e residencial, complementando o das praias e non só para o vran.
4)Non daría cabida ás industrias e moitos talleres de Marín que neste momento precisan chan Industrial.
5)Hai outras zonas máis idóneas no concello, que reúnen os requisitos de extensión e separación das áreas residenciais.

Por se estes argumentos non fosen suficientes, reseñamos o que dixo o Vicepresidente da Xunta o pasado 11 de maio en Cangas, na presentación de 1.526.000m cadrados de chan Industrial na zona de Bueu-Cangas:…”Había que superar a política caprichosa de sementar Galicia de pequenos parques sen ningunha utilidade”.

Polo que se ve, a Marín non lle chegou ainda a superación da política caprichosa, nin a política de grandes superficies industriais que o BNG pon en práctica noutros concellos, a pesar de que somos o concello da comarca do Morrazo que mais contribuimos a xerar chan industrial.

Nós pensamos que Marín merece que este proxecto se faga ben.
Marín espera que os seus gobernantes actúen con rigor, pensando no futuro, e que rectifiquen os seus erros caprichosos.

 Vñemos hoxe, e voltaremos todas as veces que sexan necesarias ata que rectifiquen.
Graciñas a todos
Marín, 23/4/ 2008


Novas da actualidade. Primeira

mayo 30, 2008

  Que tal amigos/as!

Despois de casi dous anos, continuamos coa nosa loita, e agora sí que temos que ir a por todas.
O pasado día 9 de maio, tivemos unha xuntanza con todos os veciños, na Casa de Cultura de Seixo, para ver se nos espabilamos un pouco, e acordamos que o mellor era que a comisión de persoas afectadas polo Polígono foran falar coa comisión de seguemento do PXOM.
O venres 16 recibeunos o Sr alcalde e tres dos ediles do PSOE. Polo visto foi imposible reunir a comisión do PXOM porque todos andan “ocupadísimos” con eses asuntos tan importantes polos que cobran mais do que merecen.
Despois de un par de horas de moito discutir e rifi-rafe a conclusión é a seguinte:
Nosa postura
1)A Brea non é a solución para Marín porque a superficie aproveitable son 80.000m cadrados e aqui non caben tódolos empresarios de Marín, diversos talleres e outras empresas que precisan
2)É unha zona rodeada de poboación e nun entorno ecolóxico e etnográfico de moito valor,á beira do río Loira e un dos seus afluintes, con moitos muiños que merecen ser restaurados.
3)Limitaría a zona de crecementoe expansión da parroquia de Seixo, pois coas actuais leis, tan só pode medrar para ese entorno.
4) En base ó anterior consideramos que é unha zona mais apropiada para o desenvolvemento turístico e residencial, complementando o das praias.
5) Hai outras zonas no concello mais apropiadas, que reúnenos requisitos indispensables en canto a extensión, separación de zonas residenciales etc… Pastoriza
6)A gran maioría dos veciños rexeitan o polígono e prefiren traballar as súas veigas.
7) ¿Por qué a comisión de seguimento do PXOM decideu eliminar a zona do Campo e deixar a da Brea?

Postura do alcalde:
1) “Non vos preocupedes por nada, este polígono vai ser unha maravilla. A parte industrial vai estar no Pituco, e a parte empresarial e comercial estará na Brea. Ali ubicaranse Bricokings, supermercados, Iteuves de coches, concesionarios das mais diversas cousas etc” (Manda carallo, só nos falta o Corte Ingles).
2)A zona do Campo foi eliminada por motivos “agrolóxicos”, pero os da Brea tendes que apandar có que vos toque.
3)Polo río non hai problema porque vai ser respetado, a masa forestal vai ser respetada e as casas van ser respetadas. -(Eu penso que ó final aqui non caben nin os pitufos)

A nosa resposta foi:
Pois vostedes os do PSOE, respetarán moito as casas e o río, pero non respetaron nadiña a opinión dos seus votantes, que confiaron nas promesas electorais de non poñer o polígono na Brea, parece mentira que traicioaran desa maneira ós seus electores.
Punto e final

 Cando saímos do Concello, desencantados e tristes, decidimos facer a primeira concentración alí mesmo, ás portas do Concello ó cabo dunha semana. sabemos que non podemos confiar nun equipo de goberno que minte unha e outra vez, que manten os seus proxectos en segredo, sin avisar á vecindade, e que traiciona as promesas electorais. Da tropa do BNG podemos esperar calquera cousa porque eses xa fai tempo que perderon o Norte e son capaces de meter a zoca ata o cu, con tal de demostrar que agora mandan eles. Pero ós do PSOE, tan prometedores, tan “parches porosos” cando piden o voto, a eses non lles perdoamos na vida a súa traizón. Hai moita xente aqui na Brea que confiou neles, e agora, deixannos asi, a velas vir.