fotos manifestación

diciembre 18, 2008

Para que yo pueda ser he de ser otro,
salir de mí, buscarme entre los otros.
Los otros, que no son si yo no existo…
Los otros, que me dan plena existencia.

Octavio Paz

Xente de aquí e de alá:

os-primeirosos-primeiros-na-manif

Xente contenta:

esteb1

Xente con ollos de tristura:

tristeza-20

Xente que lle pon ó mal tempo boa cara:

miluca1

Xente que enreda con tixeiras:unai1

Nenas que empezan e vellos que rematan:

educacion-para-a1

Xente de domingo:

glamour-19

Xente de cotío:

xente-corriente-15

Xente loitadora:

xente-corriente-14

Xente que camiña xunta:

caminando-xuntos-17

numero-441

xuntos

Xente que busca Ítaca:

comenzamos-a-caminar-11

foto-6foto-9

Xente da Terra Media:

xente-que-ben-conecedes

Xente con media terra:

xente-con-media-terra

Xente cabreada:

pancarta-2

pancarta-3

pancartas-1

varias-pancartas-juntas-10

integra

Xente daquí e de acolá

principal-51

Xente baixo a chuva:

chove-211

Xente en familia:

chove-23

Xente comprometida:

vilas

Xente que avanza a través da noite:

maria

Xente que agarda:

xente-con-julio

Xente que chega:

chegada-2

Xente que escoita:

a-escoita
Palabras de todos, palabras para todos:

a-libertade-existe-porque-existe-a-palabra

O futuro esperanzador:

ninos-en-manifestacion2

Xente que vota e que non. Xente de pensamentos dispares. Xente para todos os gustos…

Xente.

———————————————————–

Allí están todos, y tú los estás mirando pasar.
¡Ah, sí, allí, cómo quisieras mezclarte y reconocerte!


Y entonces en un último esfuerzo te decides. Sí, pasan.
Todos están pasando. Hay niños, mujeres. Hombres serios.
Luto cierto, miradas.
Y una masa sola, un único ser, reconcentradamente desfila.
Y tú, con el corazón apretado, convulso de tu solitario
dolor, en un último esfuerzo te sumas.
Sí, al fin, ¡cómo te encuentras y hallas!
Allí serenamente en la ola te entregas. Quedamente derivas.
Y vas acunadamente empujado, como mecido, ablandado.
Y oyes un rumor denso, como un cántico ensordecido.
Son miles de corazones que hacen un único corazón que te lleva.

Vicente Aleixandre




Manifestación en Marín

diciembre 14, 2008

Sábado 13 de Nadal, día de Santa Lucía.
Señor alcalde: a vista é importantísima, pero a “claridade” é esencial para o cargo que vostede ocupa. Refírome á claridade de ideas, claro.
Os ollos sirven para ver, para mirar, para contemplar un panorama. Pero a claridade ven de mais adentro, alá do fondo.
San Agustín escribeu que hai que manter ben abertos os ollos do corazón. Moito mais tarde, Antoine de Saint Exupery, copioulle a idea e escribeu “Somentes se ve ben co corazón, o esencial é invisible para os ollos”. (O principiño).
Alcalde, nós, sinceiramente, desexámoslle unha boa vista, pero ansiamos que algún día acade a claridade, esa que sae de dentro.

E como todo se sabe, hoxe, os rumores que circulaban por Seixo decían que algúns concelleiros, deses que se teñen por progresistas, onte estaban a rezar para que chovera. Proviños…que cortos de miras, precisamente no día de Sta Lucía.
A xente que veu á manifestación, moita ou pouca, según se mire, viría igual se chovera ou ventara.
Afortunadamente, a chuvia respetounos. sabedes por que?
Porque Deus non escoita as oracións dos fariseos. Deus prefere un ateo sincero a un falso progresista. Oístes, bloquistas de Santomé?. Non importa que a vosa iglesia sexa do século XII. Non importa que teñades cura con voz e voto no partido. Non importa que ateos de toda a vida estean agora reconvertidos e leven flores a María. Simplemente… non choveu. E se chovera daba o mesmo. Capicci?.

Nos próximos días vou publicar unhas cantas fotos que fixo Silvia, unha “urbanita de Marín” que nos quere ben ós do rural. Hoxe aínda non as teño. Tamén imos colgar o vídeo.
De momento vou poñer as noticias da prensa para que a xente que está lonxe poida saber cómo foi a manifestación.
Unha cousa curiosa que vos vai sorprender:
A xente que andaba polas rúas de Marín parábase a mirar a manifestación e preguntaba por que se facía, preguntaba que era iso dos micropolígonos e preguntaba onde está A Brea. Non teñen nin idea a maioría dos marinenses da realidade que os rodea e que tanto lles vai afectar. E que non len a prensa?. Porque mira que ultimamente os noticieiros non paran de falar de nós.
En fin, Marín, pobo anestesiado.

Quero mandar unha aperta moi forte para Armando, Mª José, Lola e familia, que non puderon vir á manifestación porque asistiron ó enterro dun familiar.
Nos nosos corazóns estaban os homes do mar e tamén Erasmo, en Madrid, e todos os amigos de Euskadi, Barcelona, París, Suiza e argentina.
Gracias e parabéns a todos
breaseixo

————————————————————

La Voz de Galicia

encabezamento-da-manif1

manifestacion-el-la-voz

—————————————————–

manifestacion-faro-de-vigo-13-diciembre-n1

manifestacion-en-el-faro13-de-diciembre2

—————————————————-

manifest-en-el-diario-1-diario

manifestacion-en-el-diario-2-13-de-decembro

—————————————————————

Manifesto:

Permitirme que escomence esta lectura con unha pregunta:

Se alguén dos eiqui presentes aspirara a funcionario/a do concello de Marín e nas probas de exame contestara que as praias Area da Illa e A Dreira pertecen ao municipio de Marín, qué puntuación recibiría do tribunal?, se a continuación engadira: O municipio de Marín conta con 36,7 km2 de superfecie, que se distribúen entre unha parte continental e a illa de Tambo, de 28,7 Ha., cál sería a decisión final do tribunal sobre a aptitude deste soposto aspirante para traballar no noso concello?; sería un cate máis grande co monte das Penizas, e todos estaríamos de acordo, pois ese aspirante a funcionario non ten nen idea da xeografía do noso concello.

Pois ben, ese mesmo tribunal daríalle un suspenso coma o monte das Penizas ao equipo redactor do PXOM de Marín por poñer exactamente iso mesmo no Informe de Sostenibilidade Ambiental (ISA); e daríalle o mesmo suspenso con orellas de burro máis grandes co mote Ghaghan aos concelleiros/ras do PSOE e do Bloque por darlle o visto bo e sacalo a exposición pública.

Ainda asi, nós e todas as persoas sensatas de Marín entendemos que un bo planeamento urbanístico é necesario e imprescindible para o desenvolvemento harmónico do Concello; todos entendemos tamén das dificultades que entraña a súa elaboración nunha sociedade coma a nosa, onde a propiedade do chan está tan repartida; polo que todas as persoas sensatas deste concello concebíamos o diálogo como arma fundamental para a elaboración deste PXOM.

Ese diálogo era o compromiso da maioría da anterior corporación, quen nos dixo que esperaramos á exposición inicial, que presentaramos alegacións e en base a estas entablaríase o diálogo cos veciños para acadar o mellor PXOM posible.

A estas alturas podemos comprobar e confirmar que o diálogo brillou pola súa ausencia. O actúal equipo de goberno rompeu o consenso na propia corporación municipal; tanto o PSOE coma o BNG, nunha actitude de prepotencia, impropia dun sistema democrático, negáronse a consensuar coa oposición o documento de máis transcendencia que pode aprobar unha corporación municipal.

¿Cómo é posible que o grupo de goberno, que ten o 44,41% dos votos, menosprecie á oposición que suman o 43,69%?

Veciñas e veciños, destes prantexamentos antidemocráticos nace este plan de urbanismo caprichoso e partidista, que, nalgúns dos aspectos máis importantes, é pura retórica virtual que non prantexa nengunha solución á problemática que temos; un plan de urbanismo que nen o BNG nen o PSOE traballaron diante da Xunta de Galicia para que as necesidades das veciñas e veciños de Marín se miraran satisfeitas a través deste documento.

Estamos diante dun plan de ordenación que no apartado industrial-empresarial non só non ordena nada, senón que mantén o desorden actúal; facendo micropolígonos á carta (Vista Alegre, Macenlle) para que algúns empresarios solucionen o seu problema; ¿ónde está o chan industrial que precisa neste momento Marín?. ¡Nen os propios redactores do plan se atreven a poñerlle data á realización e execución dese chan industrial!

Pero si que se contempla a posibilidade de que, se for preciso, o Espazo Metropolitano Vigo-Pontevedra poida  situar no termo municipal de Marín unha área estratéxica para actividades empresariais e loxísticas.

¿Podemos decir que se ordena o territorio calificando como chan empresarial a mellor zona que ten a parroquia de Seixo para a súa expansión, posto que cara ó litoral non pode facelo, como eles mesmos recoñencen?, ¿E que decir de que o equipo de goberno xa tivo contactos cunha multinacional da alimentación e o bricolaxe para poñer ese chan á súa disposición?. Pregúntamonos nós, o BNG e o PSOE para quén están facendo o PXOM?

A estas alturas estamos plenamente convencidos que os micropolígonos de Macenlle e o da Brea son un intercambio de cromos entre o Bloque e o PSOE: se ti me deixas facer este, eu déixoche facer o teu, esta frase resume a filosofía na que se basou este equipo de goberno para elaborar este PXOM que agora está exposto.

Un plan de urbanismo é un documento que hai que pelexar diante e en cada unha das institucións para plasmar as solucións que demandan os veciños ás súas necesidades. Nada disto fixo este equipo de goberno, que asumiron mansamente as directrices das consellerías e plasmáronas, indo, en algúns casos, moito máis alá do que a propia consellería tiña aceptado. Un exemplo disto é a delimitación dos núcleos rurais; a Consellería de Política Territorial tiña recoñecidos sete nucleos rurais en Marín, o de Casás en Ardán agora ten menos extensión que no documento xa aceptado no seu día pola Consellería.

¡O Bloque e o PSOE queren que abandonemos o rural!

Estamos diante dun planeamento urbanístico que se está tramitando e usando duhan forma partidista descarada; non lles importan as necesidades veciñais que ten que solicionar o plan; ao Bloque e ao PSOE tan só lles importa os votos que poden sacar á conta destas necesidades.

En pleno proceso de elaboración do PXOM, e xa na última fase, a conto de que ven anunciar un Plan Sectorial de vivendas sociais á marxe de todo este traballo urbanístico?

Está visto que o único obxectivo que persigue o equipo de goberno é xogar electoralmente co dereito que temos os veciños e veciñas a que se nos facilite vivenda digna e de calidade.

Se lemos con un mínimo de atención o documento que sacaron a exposición pública, xa se contempla nel o doble de superficie para a contrucción de vivendas sociais ca no Plan Sectorial. Ademais, están regularmente distribuídas por todo o chan urbano do concello, integradas coas demais vivendas,  non agrupadas nunha illa que no futuro pode ser motivo de problemas.

Veciñas e veciños; a deixadez e falta de interés que puseron neste traballo o PSOE e o BLOQUE son deficilmente superables. Podemos comprobar isto que acabo de decir lendo na páxina 111 do ISA, onde xustifican o Plan Director de Portos Deportivos que pretende ampliar o porto de Aguete.

Estas prevesións para o porto de Aguete foron contundentemente rechazadas polos veciños, e hai un posicionamento oficial do concello de Marín solicitando que se retire dese Plan esas obras previstas en Aguete, pois, de levarense a cabo, a praia de Aguete desaparecería.

Despois de ler isto, qué garantía hai de que este equipo de goberno manteña os compromisos adquiridos cos veciños, incluso a través de acordos plenarios?

Qué garantía hai de que a moción aprobada por unanimidade contra o Plan Íntegra (que, por certo, dende a Pardavila a Miñán desintegra todo), repito, que garantía hai de que sexa respectada?

Parafraseando a Bob Dylan, con este equipo de goberno a resposta está no vento. Pero nós seguiremos pelexando con todos os medios ao noso alcance para lograr que as nosas peticións sexan atendidas.

Para rematar, permetirme que retome de novo o ISA no punto que nos explica o seu alcance e contido:

No cadro 1-2 podemos ler:

VARIABLE…….Sociedade

CRITERIO……Fomentar a participación cidadá na toma de decisións do Concello.

NIVEL DE DETALLE…..Favorecer a participación nos procesos de planificación urbanística e toma de decisións que máis afecten á cidadanía…

¡Non cabe a menor dúbida de que non leron absolutamente nada do que aprobaron para expoñer!

Xa poño fin a este escrito decindo o que todos os presentes sabemos:

A lectura pon coto á ignorancia, pero os nosos gobernantes prefieren a ignorancia á lectura.