A terriña

mayo 27, 2008

” …¡Como lle queremos á Terra! Eu de min sei dicirvos que se despois de morto tivese que voar máis alá das estrelas visibles, para ir a un ceo tan distante da Terra, que nunca máis puidese vela, de boa gana renunciaría á inmortalidade para rematar a miña vida debaixo dunha laxe e converterme en herbas ventureiras.”

¡ Sexades benvidas todas as persoas de Ben !
Quixen estrenar a miña páxina con estas palabras de Castelao que tanto significado teñen para nós. Pareceme unha boa introdución, porque o que me moveu a meterme neste proxecto é precisamente o amor a este cacho de terra no que vivo: A Brea de Seixo

Atardecer na Brea

A Brea entre o lusco e o fusco

Polo día