Minimalismos

agosto 19, 2010

Carta de Carme García Carballal para a súa amiga Nievitas.

Nievitas, muller:
Solo a ti se che ocurre ir pasar o veran a Benidor, coas cousas  apasionantes que están a acontecer en Marín.
Dígoche, querida amiga, que por aquí andamos de emoción en emoción  ultimamente, e xa van tantas  que eu teño o colesterol e a bilirrubina polas nubes, pero non son a única  porque o concelleiro Ruibal está na mesma situación ca min e presentou a dimisión inmediatamente, antes de que lle atacaran tamén a hipertensión crónica e mais o ácido bórico, que seica son achaques típicos dos políticos en situación pre-electoral estresante.
Así como cho digo Nievitas, marchouse con vento fresco do concello e non se sabe con certeza  cales foron os detalles que provocaron esta fuxida.  Contan as malas lenguas que, o que pasou realmente foi que un día chegou ó seu despacho e atopou alí a Pilariña Blanco estumballada no seu  sillón e coas botas enriba da mesa. Cando Manolo lle quixo chamar a atención por ese xesto tan maleducado, reparou en que as paredes que el tiña cheas de fotografías do ecoparque de Cadro,  estaban agora  adornadas con pósters de lobos, morcegos e todo tipo de bicherío en perigo de extinción. Douse conta o tenente alcalde que aquel xa nunca mais sería o seu despacho e que dalí en diante quen iba mandar era a señorita EMAS.
O cabreado  Manolo, quixo levar as queixas á casa da Veiguiña, pero atopouse con que a súa chave xa non podía abrir aquela porta. Seica estaba demasiado desgastada e xa non tiña “jancho”.

O caso é que agora que Fran Veiga se foi de vacacións, Marín ten, por primeira vez na historia, unha ALCALDESA. Así como cho digo  Nievitas…temos unha alcaldesa. Pequeniña, si, pero ten unha gran capacidá.
Todo o mundo di que cando volte o do PSOE vai atopar o concello moi ben barrido porque o lema favorito de dona Pilar é “paforatelarañas”, que os arácnidos non entran no plan EMAS nin están contemplados no contrato con “Amigos de la Tierra”, e a limpeza, como todas sabemos, é cousa fundamental para manter un medioambiente san.
De momento o que todo Marín comenta é que queda lamar de ben unha alcaldesa nas fotos da prensa, e que a cara de Fran Veiga xa estaba moi erosionada de tanto salir e tanto ensinar os dentes. Últimamente xa nos daba algo de repelús o moreno raios UVA que lucía Fran dende que se quixo poñer guapo para ser o mais elegante entre todos os altos mandos da política galega que viñeron inaugurar a sede portuaria de Marín.
Si, si, amiga, xa temos estrenado o novo edificio do porto, ese que parece un caixón de deseño sofisticado, e que disque “se integra nos muelles coma se fora un barco mais”. Hai que ver o que fan agora os arquitectos megacaros.
De paso tamén se inaugurou o novo parque infantil e xuvenil do Canto da Area. Quitaron os xoguetes antigos e sustituíronos por outros con motivos de barco que é o que se leva agora. Ademais puxeron uns muros de formigón que a simple vista parecen feos, pero vista a cousa con detalle, enterámonos de que están feitos a propósito para que veña o grafiteiro mais molón a facer murais hiperrealistas e mega-modernos.
Hai cancha de baloncesto (sin canastas aínda porque non chegaba o presuposto), e pista de patinetes voadores e saltaríns.
Lembras a entrada aérea que tiña antes este parque e que era a cousa mais innovadora que se fixera ata o momento en Marín, porque se trataba dunha ponte móvil estilo mecano?. Pois agora foi sustituida por outra entrada subterránea modelo undergraund, que é o mais innovador nestes momentos.
Xa ves cantas cousas en pouco tempo, que de seguir así, teremos o porto enteiro para os veciños dentro de nada, posto que o auditorio tamén o van poñer alí mesmiño, e non sei se terán xa contratado a un arquitecto que faga un proxecto de formigón armado en forma de buque insignia, ou de batea marisqueira.

Pero ai, Nievitas!, estas non son as únicas novidades que teño que contarche. Non sabes o que te perdeche por non estar aqui nas festas do Carme.
Isto foi unha apoteosis! O nunca visto!
Según os do Bloque nunca tal se veu en Marín, e eu estoun totalmente de acordo con eles. Eu nunca tal vin, que tendo unha concelleira de cultura nacionalista, todo Marín estaba forrado de bandeiras españolas. Seica non foi por patriotismo castellano nin por tema político, que a culpa a tuvo unha selección que lle chaman “la roja”, aínda que ás veces se vista de azul (marino).
A concelleira fixo coma que non se enteraba de tanta bandeira nas ventanas, pero o disjusto foi maiúsculo cando na hora punta da festa e en plena actuación dunha orquesta tamén moi deportiva porque se chama Olimpus, do mellorciño que hai no panorama musical, o cantante sacou unha bandeira “roxa e gualda”, e empezou a cantar “yo soy español español español español”, e todo o público coreou estes berros en Sol Maior, en Re, en Fa, en Do, en La, en Mi…e cantárono en Allegro con Motto, e cantárono moto moto moto…tanto que a dona Esther púxoselle unha risiña parva e quedoulle un espasmo nun ollo, que a probe, anduvo a chiscalo durante tres días seguidos, ata que remataron as festas.
Pero o mellor, querida Nievitas, foi o día que veu Bustamante a dar o consierto.
Isto foi a leche, Nieves!, dígocho de corazón.
Marín enteiro era un fervedeiro de xente, non había por onde andar e as mozas desmaiábanse polas esquinas, e hai quen asegura que hasta o mismísimo alcalde tuvo un vaído e quedou hiperventilado pola emoción.
O asunto foi tan importante que ao día seguinte os periódicos publicaron a foto de Fran Veiga a poñerlle a Bustamante na solapa un “Pin de Marín”, que é o regalo mais fashion que recibeu o cantante en toda a súa carreira de artista.
Estas si que foron festas, e non as que facían os outros!
Nin nos mellores tempos do PP se viron tantas bandeiras, que ata parecía que tódolos días iba pasar a procesión!
Todo un luxo de cor minimalista e innovador. Festas pequenas pero prácticas. Á medida de xentes modernas e progresistas coma nós, a xente de Marín.

Nestes intres, como xa che contei, Fran Veiga está de vacacións en algún lugar indefinido, mentras estrenamos alcaldesa provisional. É este un bo momento para que volvas, Nievitas, e comprobes por ti mesma o momento histórico que estamos a disfrutar.
Nada mais e nada menos!
Biquiños, apertas e agarimos da túa amiga que tanto che quere.
Carme

—————————————————–


————————————————-


O opio do pobo

mayo 13, 2010

Amig@s, teño que confesarvos que ultimamente xa non son a que era.
Eu non sei que me pasa pero non  fago mais ca suspirar. Di o meu home que son cousas da edade e da premenopausia, pero eu, feminista ata a médula, négome a facerlle caso a semellantes parvadas.
Despois de pasar toda a vida sin queixarme polas dores da regla…Voume queixar agora por culpa da menopausia?…faltaría mais, que unha leu a Doris Lessing e a Simone de Beauboir para algo.
A min, de momento,  o que me doi son outras cousas alleas ó meu corpo.
Unha amiga recomendoume que lea a Paulo Coelho que seica é o mellor anestesista de almas que hai. Pero mira…á miña edade…os coelhos onde mellor están é no forno, debidamente adornados con pataquiñas novas. Ese sí que é disfrute.
Levo meses facendo Yoga para ver se atopo unha armonía co Universo, pero ata agora non notei ningún cambio na miña situación espiritual. É mais, ata penso que a profesora nos está a tomar o pelo, sobre todo cando nos conta que unha vez estuvo a punto de levitar mentras contemplaba absorta unha posta de sol.
Como eu padezo algo de oído, cando saio das clases póñome a pensar e dígome a min mesma: E non oiría eu mal?, non diría ela que estuvo a punto de vomitar?. Pero non, despois de reflexionar doume conta de que dixo “levitar”.
Onte á noite comentei este asunto tan serio cos meus fillos e eles restaronlle importancia. “tal vez, mamá, para a túa profesora levitar signifique ir comprar unha levita”, e esmendrelláronse de risa.
A min iso da levitación dame un pouco de medo porque eu tamén, cando era unha nena, estiven a punto de saír voando polo tellado da capela do colexio das monxas.
O conto foi que como era o mes de maio, tódolos días despois de comer había que ir rezar o Santo Rosario.
Xa saberedes que o Rosario consta de nonseicantos misterios e cada misterio ten nonseicantas AveMarías, e despois aínda ven a letanía.
A que mais e a que menos, ainda tiña na gorxa o potaxe de garbanzos e as dúas retallas de mortadela con aceitunas que nos deran de comida, e os rezos mesturábanse cos bostezos (que aínda que rimen, non deberían ir xuntos).
Eu tiña unha técnica mental para evadirme de todo aquel aburrimento, que casi nunca me fallaba: Concentrábame en visionar un ceo azul, limpo de nubes, e gustábame pensar que pouco a pouco o meu espírito ía subindo e subindo, ata furar o teito e saír voando, para pousar limpamente diante da porta da pastelería “Velamar” que estaba alí enfrente e tiña unhas milojas que non as probei mellores na miña vida.
Total, que un día tanto me concentrei no meu voo espiritual, que vin atónita cómo un anaco do falso teito se desprendía e lle caía na cabeza ás compañeiras que estaban sentadas diante de min.
Soltei un berro aterrorizado e boteime a chorar de pánico pensando que pola miña culpa ía haber mortes.
Pero non. Afortunadamente, o que caiu sobre as cabezas das miñas amigas foi un cacho de poliexpan.
-Tranquilas todas. -Decía Sor Elvira
-No pasa nada. Es el corchito del techo que está muy viejo.
Pero a min non hai quen me quite da cabeza que aquelas rapazas puderon morrer por culpa miña.
Ademais de non fiarme cando a profe nos fala das levitacións, hai outra cousa que non podo asumir nas clases de Yoga. Recoñezo que non son capaz de tomarme en serio esa técnica de ruxir coma un león para botar fora o que sexa que haixa que botar. A cousa consiste en poñerse de xeonllos, adiantar os brazos coas mans en postura coma se foran as garras dun león a punto de atacar, pechar os ollos, e, cando a profe da o sinal, ruxir con todas as forzas.
Eu teño que confesarvos que o outro día abrin os ollos sin querer, e cando vin aquel grupo de cuarentonas naquela postura, abrindo a boca e berrando, doume un ataque de risa tan grande que todas se ofenderon e quitáronme as falas.

Despois de pensalo  ben, doume conta que non teño direito a estropearlle a ilusión ás miñas compañeiras de Yoga. Non está ben que lles rompa a concentración coas miñas manías e complexos. De maneira que me vou cambiar para o Tai-Chi.
Non é por nada, pero parece que o tai-Chi é  mais equilibrado, mais esvelto.
Non hai coma poñer postura de garza a punto de emprender o voo cada vez que discutes co teu home para que, de súpeto se quede el calado, a decatarse coma nunca da armoniosidade do teu esqueleto que se move lenta e sutilmente, nunha comunión plena co cosmos. Acabouse a discusión.
E non importa que ó principio parezas un pouco patosa. Non importa que en vez de garza teñas pinta de quiquiriquí desplumado. Xa mellorarás co tempo. Xa serán mais lixeiras as posturiñas. Xa bailarás coa túa sombra.
Non hai coma o Tai-Chi para acadar a armonía.
Mira as chinas que tranquilas son.
Existen os psiquiatras en China? Non. En china non che hai depresións. E todo gracias ó maravilloso mundo do Tai-Chi.

Ai Señor!
Agora perdín o fío dos meus pensamentos e  xa non sei que era o que tiña pensado contarvos sobre a política marinense.
Será verdade que as técnicas orientales son coma o Opio da xente refinada coma min?


Único en Galicia

marzo 31, 2010

Unha vez mais Marín é pioneiro.
De novo somos únicos, personales e intransferibles.
Os únicos de Galicia en contar cun Ecoparque.
Despois de ser os primeiros e os últimos en contar cun “compactador de resíduos orgánicos” famoso en todo o país dende que as peixeiras sairon na TVG para queixarse dos fedores.
Despois de ser o segundo concello galego en contar con servizo de Bautismo Laico, que dito sea de paso, aínda non recibeu nin unha demanda por parte da cidadanía
Agora chega o ECOPARQUE de Cadro, que tamén é algo Único en Galicia
O raro é que non viñera o Presidente Núñez Feijoo a inauguralo. Ou o mismísimo Zapatero.
Ves?, se estuveramos en tempos de Touriño, este seguro que viña. Poñerían unha carpa para que todas as autoridades se reuniran dentro e degustaran unhas “gambas en gabardina” e unhas cigaliñas, regados con viño do país…Ai! que tempos aqueles cando mandaba Touriño e se puxeron de moda as  carpas.Onte inaugurouse sin pena nin gloria este Ecoparque.
Non hubo multitudes impacientes por gabear polos pinos, pero estaban os “mellores”.
O alcalde debidamente ataviado con roupa deportiva de marca, e botas alpinistas compradas para a ocasión, Ruibal que non precisa vestuarios especiais para sentirse no seu terreno, e o xefe da policía local, que xa que non tiña mais remedio ca estar alí, aproveitou a ocasión para divertirse un pouco.
Eu non estaba porque non me invitaron.  Se hubera moito público andaría polo medio, camuflada para facer algunha foto clandestina, pero en vista de que a xente marinense non amosou demasiado interés polo evento e de que iba ser eu a única curiosa que pululara por alí, preferín quedar na casa, non fora a ser que me colgaran polo pescozo en algún pino.Agardamos todos e todas, miembros e miembras, que o Ecoparque sexa un éxito maior que a pista de tenis, o compactador de resíduos e o bautismo laico.
Esperamos que veña xente de fóra, xa que os marinenses non amosan demasiado interés.
Tal vez, aproveitando que estamos en Xacobeo, veña o mismísimo Papa a tarzanear un pouco.
Non sei…xa veremos…tal vez este sábado, aproveitando que é gratis, eu misma me decida a saltar de corda en corda e grite coma Jane a moza de tarzán: “Aaaauauauauaaaaa”. E acudirán os mamuts, as vampiresas, os chimpancés, os Bambis e as vacas locas para botarme fóra.

http://www.aventuramarin.com/



Sorpresa!

febrero 28, 2010

Este Ruibal, que pillabán é!
Mira que non contarnos nada de que na ecofinca había asuntos rupestres!
Ou tamén pode ser que aínda non se enterou.
Pero nese caso, entraría en acción a “Super-rupestre” Esther Crespo, licenciada en Historia e teríalle avisado, digo eu.
Aínda que ben pensado…Cómo lle ía avisar se tampouco lle avisou a Vilaboa de que había Petroglifos no Monte Pituco?
Debe ser que Dona Esther está tan centrada nas obras que se van facer no Laberinto de Mogor que xa non ten ollos nin neuronas para outra cousa.
A ver, Dona Esther, se tivera vostede visión de futuro, pensaría na arte rupestre marinense coma unha unidade. Os visitantes que veñen mirar o Laberinto, tamén poderían disfrutar de Cadro e do Pituco e do Chan da Armada e mais os etecés que poida haber por ahí.
E se Ruibal, concelleiro de turismo supera o que fai, en vez de colgar cordas e barriles nas árbores, faría unha ruta turística pola petroglifada da Vila e polos muíños do Río Loira, que son mais de cincuenta. Iso tamén é potenciar Marín.
Tamén pode ser que a que non se entera de nada son eu, e que Ruibal e Crespo téñennos reservada unha sorpresa:
” Gran oferta oiga!” Con cada dúas entradas, que suporán un gasto de 34 Euros, o visitante de Cadro poderá disfrutar da “Zona VIP” do parque, onde haberá instalado un chiringuito “típicol of Galicia” con máquinas expendedoras de gaseosa e sillas toldinas para apreciar cómodamente os grabados das rochas.
Pois non é mala idea.
E, por se non se vos ocurreu, tamén cabe outra posibilidade: poidera ser que eses restos arqueolóxicos non estiveran antes e que a Asociación Cultural Ronsel, aproveitando a escuridade da noite, trasladara para Cadro unhas cantas pedras con grabados, das que desapareceron cando se fixo o merendero do Pituco. A min non me extrañaría nada que Ruibal poña esa excusa cando a xente lle pregunte. Outras cousas mais parvas xa llas oín en algunha ocasión.

De todas maneiras, ben se ve que estes dous deberían tomar nota da súa colega Pilar Blanco, que esa non para. A cabeza férvelle de tanto matinar, ata tal punto que xa ten pensado facer unha ruta de comunicación turística en bicicleta dende o Ecoparque de Cadro ata Pastoriza, unha zona rica en morcegos casi extintos, que serán a ledicia dos turistas mais esixentes que, de noite e con faroles, irán en peregrinación polo “Camiño dos morcegos”. Non sei eu se os probes bichos van poder soportar tanta notoriedade.
Polo de agora, o único que se sabe con certeza é que a concelleira está mais volcada nos bichos ca nas pedras, por iso lle ten mais cariño a Pastoriza ca ó Pituco.
E tanta a súa paixón que non lle importa andar de pregoneira polos camiños de Pastoriza, anunciándolle á xente que o PP vai poñer alí a fábrica de Celulosas e mais unha nave cos refugallos do porto, e que hai que empezar a manifestarse por se acaso.
Esta Pilar, sábeas todas…menuda vampiresiña está feita ela.

—————————————————————–

Unha semana despois, Pilar responde:



Especie en extinción

febrero 25, 2010

Esta tarde no Museo Manuel Torres vai haber unha interesante charla sobre os morcegos.
Incomprensiblemente, penso que non se vai falar dunha especie en extinción da que sólo queda un exemplar, e curiosamente ese exemplar está en Marín.

O nome científico en latín é  “Que rica la Pilarica”. E todos pensamos que merece un estudo pormenorizado.



O divorcio do bipartito

febrero 8, 2010

Amig@s, ante todo Comprensión
Ainda que non nos gusta nada o pranto porque ao chorar todo son mocos, debemos ser considerados e comprensivos co alcalde.
Sabemos que está en proceso de divorcio e iso é moi duro.
E mira que lle avisamos
-Fran que por ahí vas mal. Fran que estes sólo te queren por comenencia. Fran que te van deixar tirado. Fran que che están a ser infieles e que che sisan nas facturas. Fran que xa teñen un pisito para escapar da casa conxugal, perdón, Consistorial.
“Fran que te pierdes”

Pero el coma se nada, sentindose o rei do mundo, coma Leonardo Di Caprio no Titanic, berrando ós catro ventos o seu amor polo Bloque e perdonando todo o que se podía perdonar e mais o que non.
Agora resulta que os do bloque andan a publicar e facer exclusivas nas revistas, decindo que Fran, coma marido non sirve para nada, e que aqui os únicos que valen son eles. Unha traición que o alcalde non esperaba.
Aínda que todo Marín sabe que o Bloque é “moi puta”, aínda que todo o mundo lle dicía a Fran que estaba moi mal maridado e aínda que a xente sabía que mais tarde ou mais cedo a infidelidade tiña que chegar, isto non é consolo suficiente, e o tráfico de Cleenex dende a mesa da secretaria ata a mesa do alcalde é incesante.

E para colmo das desdichas, que as desgrazas nunca veñen solas, o asunto ese das beirarrúas de Seixo. Que polo visto a Xunta de Galicia no conta con el para nada e xa nin o chaman, nin lle escriben, nin lle mandan SMS.

O alcalde está solo co seu mal de amores, e nós debemos ser comprensivos.
Eu, coma muller de mar e coma muller que xa ten unha edade, sei que padecer mal de amores é algo parecido a ir en barco e marearse. Ti estás que te sintes morrer, e a xente que te rodea non che fai nin caso.
Tende pacencia, pídevolo breaseixo

——————————

————————–

Como sabedes, a reparación das aceras de Seixo, é un tema que leva mais de vinte anos agardándose.
Durante o mandato de Toneco foi cando os veciños mais presionamos para pedirlle ó concello que xa estaba ben, que Seixo non podía agardar mais e que as nosas beirarrúas non había por onde collelas nin por onde pisalas.
A resposta sempre era “La Avenida DR. Otero Ulloa pertenece a la Xunta y es la Xunta quien tiene que arreglarla”, esa frase iba acompañada dun xesto que significaba lavado de mans.
Ignoramos se daquela o Concello de Marín fixo xestións na Xunta de Fraga para pedir as nosas beirarrúas, porque nunca se nos deron explicacións. Iso si, cada vez que había eleccións todos os partidos prometian.
O caso é que, por algunha extraña razón o Bipartito da Xunta acordou que si, que Seixo merecía beirarrúas novas. Tal vez Fran Veiga, aconsellado por Benito González, decideu facer as xestións oportunas.
Adxudicáronlle a obra a unha empresa amiga do PSOE chamada TECONSA.
Esta empresa colleu os cartos e votou a correr, deixou unha subcontrata, e despois veu unha subcontrata da subcontrata…en total dous obreiros, un deles portugués e outro español, que a maioría do tempo non podían desempeñar o seu traballo porque non tiñan material.
Despois de moitos meses de protestas veciñais, de obreros que non podían traballar e de que a cousa xa tiraba nin a diante nina atras, e xa con mando do PP na Xunta, tomaron a decisión de mandar ó carallo o contrato con TECONSA, facer unha nova exposición pública da adxudicación da obra e contratar a outra empresa. Mentras tanto taparon como puderon os socabóns que fixeran os outros.
Isto provocou as iras do alcalde, firme defensor de TECONSA, a pesar de que esta empresa mandou ós seus traballadores ó paro, declarouse insolvente e estafou á Xunta.
O alcalde fixo declaracións na prensa decindo que estaba preocupado polo retraso que iban sufrir as aceras en Seixo e porque non quería que a Xunta contratara outra empresa “Afin ó PP”

Nos  últimos días, os veciños respiraron aliviados. A Xunta declarou estas “putas obras”de carácter urxente e parece ser que se van continuar inmadiatamente.
Quéixase o alcalde porque non o chamaron.
Respóndelle a Xunta que xa o chamarán cando se inauguren.
Opinan uns veciños que tanto ten e que non lles importa o protocolo, o caso é que acaben coas aceras dunha “puta vez”.
Opinan outros veciños que cando estaba o Bipartito na Xunta, o alcalde viña pouco por aqui, que sólo viña Benito González, concelleiro encargado de falar cos técnicos. E a que ven agora tanto interés en vir controlar. Que non é por non vir, que se quere vir que veña, pero vir por vir é tontería.
Aqui vos poño unha foto onde aparece o concelleiro pero non se ve ao alcalde por ningunha parte. Será que daquela as eleccións estaban lonxe. Se algún de vós quere demostrar o contrario e quere aportar fotos, aqui serán admitidas e publicadas.

Para mais información buscade “o último culebrón” e mais “Bieito ou Benito that is the cuestion”

————————————————————-

Quince días despois, Antonio Conde, presidente da Asoc. de Veciños Río Loira fai as seguintes declaracións:



Plan renove

enero 28, 2010

Paisan@s,
Eu estou nun sinvivir
Como podedes estar tan tranquilos?
Como podedes comer sin que se vos quede a “cocreta” atorada na gorxa?
Como podedes durmir, ir de compras, falar polo móvil ou rascar o sobaco mentras o noso alcalde sufre?

Polo amor de Deus, o concello precisa un coche oficial, e vós ahí, tan tranquilos, vivindo a vosa vida coma se nada.

Quérovos decir que eu xa tomei a miña primeira medida solidaria: onte rompín o peto, un precioso porquiño de barro ó que lle tiña un gran aprecio. “Ajarrei” o mazo das empanadas e pun… porco ó carallo.
O meu home e mais eu estabamos a aforrar para ir a Port Aventura, pero pensandoo ben, ¿que hai en Port Aventura que non teñamos no Ecoparque de Cadro?
Así que voulle donar ó concello os nosos aforros. Media vida gardada nun porquiño de barro. En total catro euros con setenta, mais unha tela de araña.

E vós? que pensades facer vós para cooperar?
De momento a única oferta que recibeu o alcalde foi a de Pilar Blanco, que terá todos os defectos que queirades, pero hai que recoñecer que a solidaria non hai quen lle gane
“teño eu unha frajoneta…”
E dixo Muradas
“Quita quita, yo entre legones no voy, que me dan mucho yu-yu”

E di Julio Santos con razón que é indigno dun alcalde ter unha cacharra vella coma esa e que calquera día veremos ó probe Fran empurrando por ela e manchando os baixos do pantalón Massimo Dutti, e que iso é perder a dignidade.
Outros veciños opinan que a dignidade xa a perdeu cando colleu unha brocha e se puso a borrar raias fronteirizas no chan de Estribela para reclamar os nosos metros, e despois consinteu que algunha administración superior nos colocara en Marín uns mapas onde non aparece o porto.

E di Julio Santos tamén que hai que superar as críticas porque son inevitables, pero que un home de tanta importancia que representa a un pobo non menos importante, ten que ter un bo coche, un coche ilustre para darlle lustre ó Ilustrísimo Concello (valga a redundancia).
Un vehículo cuias portas non teña que abrilas a policía municipal usando as palancas que lle requisan ós ladróns de coches.
E preguntan os outros veciños que pasou con aquel Citroen C5 de alta gama e color escuro que estuvo exposto o ano pasado varios días á porta do Concello e que seica era o que iba ser o novo coche oficial, e que o tiñan  ali para que o víramos todos.
Si si, aquel coche que, disque foi un dos varios motivos polos que Benito González tomou a decisión de deixar a concellería económica, porque Muradas quería un Audi coma os de Touriño e a poder ser que tivera os cristales tintados, pero o de económicas non estivo pola labor e dixolle que ou Citroen ou nada.
E que sería daquel coche? Nunca mais se supo.
Tal vez o que pasou foi que os cartos que había gastáronse no pisiño que ten a concellaría de urbanismo na periferia, dotado de métodos informáticos propios do século XXI, ainda que con algún escape de datos.
Non sei.
O único que queda claro é que o Ilustrísimo Concello de Marín precisa un Plan Renove. Porque Fran se lo merece e nós merecémonos a Fran. E como diría John Balan, Fran ten que ir “From Marín to Pontevedra” en algo que valga a pena.
Paisan@s, non critiquemos tanto. Apoiemos sin rechistar.

—————————————–

Dende Marinenses.com

lade1959

Publicado: Jue Ene 28, 2010 1:54 pm

Plan Renove no Concello

Paréceme que Breaseixo ten organizada unha colecta co fin de recaudar fondos para o novo coche oficial do Concello.
Según Julio Santos este vehículo non é digno dun pobo coma Marín.
Se temos en conta que o noso alcalde é unha persoa refinada e se temos conciencia do que representa Marín a “nivel global” na Europa do século XXI, eu estou de acordo.

Julio Santos di que as portas do coche oficial que temos agora, atáscanse e é moi difícil abrilas.

Breaseixo di que para abrilas, os guardias municipais teñen que usar as palancas requisadas ós ladróns de coches.

Os veciños presenciais din que cun pouco de aceite isto tería solución.

O chofer oficial do concello di: “porque no engraso los ejes, me llaman abandonao. Si a mi me gusta que suenen, pa que los quiero engrasaos”.

Eu non digo nada, que todo se sabe, pero aceptamos ofertas monetarias e agardamos a solidaridade de todos
Agradecid@s



Por un puñado de Euros

enero 27, 2010

Espero que non me denuncien por facer apoloxía da violencia se vos digo que eu sigo pensando que a Marín sólo podería salvalo Clint Eastwood.
Non vaiades a pensar que non fixen todo canto puden.
Escribinlle unha carta lastimera, solicitando a súa colaboración e responeume da seguinte maneira:
“Estimada señora, como aficionada que é vostede ós espaguetti westerns, saberá que eu liberei a pobos enteiros de malvados facinerosos, gracias á miña boa puntería e ó meu talento nos duelos corpo a corpo. Desgraciadamente en Marín non hai nada que facer. Non están vostedes gobernados por unha banda malvada. Están vostedes a expensas dunha panda de necios. E contra isto non hai remedio. Eu podo loitar contra o crimen, pero para solucionar a estulticia fai falta un milagre, e os milagres sólo os fai Deus”
Aviados estamos.
falta un ano para as eleccións e o duelo corpo a corpo, ollo por ollo, dente por dente, auditorio por centro de saúde, PXOM por rabo de gaitas, xa empezou.
Preparen vostedes as palomitas porque este duelo a muerte polas eleccións acaba de empezar…

Se ides ó buscador e buscades “As casas baratas“, atoparedes as noticias de decembro de 2008 e febreiro de 2009 publicadas neste blog sobre o famoso Plan de vivenda da miña admirada Teresa Táboas, alias “a ladrillos”.
Como todos sabedes, aquel plan foi moi protestado polos veciños da Raña e San Xulián, ata o extremo de acadar centos de firmas en contra.
Parece que por fin, aquela lei ambiciosa e delirante xa foi eliminada dos proxectos da Xunta, e iso provoca as iras do señor Vilaboa, que no seu momento non se enterou de nada, logo apereceu cuns planos, despois negaba que houbera planos e ó final entre el e Ruibal montaron o cirio, ¿lembrades a entrada Planos, mentiras e cintas de audio? Tamén podedes buscala se queredes rememorar aquelas datas irrepetibles, que foron a gloria do noso BNG, o mais incompetente de toda Galaecia-galicia-Galiza.
Aqui vos amoso a loita dialéctica de tu a tu, vaite dahí que me lixas, fuche ti quen cajou no palleiro, no palleiro cajarás ti, que aparecen na prensa estes días. Son as declaracións que fan os dos dous partidos marinenses que aspiran ao poder, PP versus Bloque, xa que o Pesoe está catatónico perdido e non parece que vaia durar moito  na palestra, a menos que o siniestro Muradas poña un “juevo” de última hora.







———————————————–
Dende marinenses.com:

Metropolitano

Publicado: Vie Ene 22, 2010 11:50 pm

Marín necesita vivienda protegida (de los politicos)

En la prensa y también en la sección de noticias de Marín se publica la opinión del Sr. Concelleiro de Urbanismo (profundo conocedor de la materia), en la que se dice que Marín necesita vivienda protegida por tener ya presentadas cerca de las seiscientas solicitudes (546) y que cada mes crece esta cifra. Por eso lamenta y censura a los malos malisimos de la Xunta que echaron abajo el plan sectorial de vivienda y le dice al PP que no se puede esperar al Pxom para eso.
Algunos vecinos afectados por el plan sectorial de vivienda respiran tranquilos al saber que el edificio de cinco plantas que de la noche a la mañana les aparecía en su propiedad ya no estara.
Si el Sr. Concelleiro de Urbanismo dice que no se puede esperar al Pxom para el desarrollo de estas planificaciones es que reconoce que no habrá Pxom, porque si como dijo hace unos días habrá Pxom ya, entonces no tendría sentido que dijera esto ahora.
Las peticiones de viviendas protegidas pueden ser 546 o las que quiera el Sr. Concelleiro de Urbanismo, pero otros Ayuntamientos también le pueden hacer competencia para lo que es suficiente poner la mesa petitoria o hacer el modelo que después se distribuye dando esta información en la prensa.
La vivienda protegida debe ser protegida pero de los politicos como hemos conocido esta semana con el edificio que está en la esquina de la calle de A Estrada y frente al Ayuntamiento. Un edificio ocupado y con viviendas sin la licencia de primera ocupación pero que cuentan con luz, telefono y suministro de agua, red de alcantarillado, negocios que ocupan su primera planta y todos con las licencias municipales que les corresponden. ¿Como el Ayuntamiento le concede suministro de agua y permite el de luz sin la licencia de primera ocupación? ¿Como se concede las licencias de apertura a establecimientos en un edificio ilegal? No es en una calle escondida o alejada del centro urbano, ocurre al lado del Ayuntamiento y donde el Ayuntamiento gana la Sentencia del edificio a cuyos ocupantes les da los servicios sin la licencia de primera ocupación.
Ahora todos los responsables muestran gran preocupación y habrá reuniones para buscar una solución a los afectados.

Se necesita vivienda protegida, pero de los politicos.

———————————-

E xa que Clinte Eastwood non quere saber nada de nós, Por que non o intentamos con Uma Turman?
E que tal unha alcaldesa para Marín, xa que os homes ata agora non foron quen de facernos progresar?
Acéptanse solicitudes, mozas, ídeo pensando, xa falta menos para as eleccións.
Quen da mais?


A elegancia do ourizo

enero 25, 2010

Para que serve a arte? Para darnos a breve pero fulgurante ilusión da camelia, abrindo no tempo unha brecha emocional que parece irreductible á lóxica animal.
Cómo xurde a arte? Nace da capacidade que ten a mente de esculpir o ámbito sensorial.
Que fai a arte por nós? Da forma e fai visibles as nosas emocións, e ó facelo, dalles ese selo de eternidade que levan todas as obras que, a través dunha forma particular, saben encarnar o universo dos afectos humans.

(“La elegancia del erizo”, pgna 218) Muriel Barbery

Os ourizos esconden grandes tesouros dentro dunha capa de pugas. Tesouros que poden pasar desapercibidos se non temos a pacencia e a sensibilidade suficientes para buscar no medio dos pinchos o que hai alí gardado.
Non hai que desesperar, mentes hai vida hai esperanza e mentes haixa arte haberá ilusión. Abramos as pugas para saborear a elegancia.
A elegancia do ourizo está precisamente en que non é fachendoso, mais ben carga os sus tesouros con timidez, no lombo, alá dentro, onde pucos chegan.
Quedan cousas boas en Marín á marxe da política. Cousas que nos encantan, cousas que nos fan sentir orgullos@s.
Gracias a trompos ós pés, que pasea o nome de Marín polo mundo adiante.
Gracias a Carlos Prado Pampín, ese mozo de Mogor que acadou tantos premios coa súa curtametraxe “vellas” e que nos fixo chorar a tod@s.
E gracias ó grupo Liorna, que continúa grabando discos a pesar das dificultades.
Hai mais xente por ahí, se a coñecedes, invítovos a que a presentedes aquí
Apertas a tod@s de breaseixo

(Se Trompos ós pés, Liorna ou Prado Pampín se sinten molestos neste blog, non teñen mais ca avisarme e retirarei inmediatamente a súa referencia)

http://www.ghastaspista.com/liorna.php

myspace.com/liornafolk

————————–

Faro de Vigo.es

La gaita enamora a Letonia

Desfile de la agrupación “Trompos ós Pes” que representó a España. J.S.

El folclore gallego conquista al abarrotado recinto del auditorio de Dzintari, en Jarmal

El grupo folclórico marinense “Trompos ós pés” sigue triunfando con su baile y su música durante su periplo por el país Báltico. En esta ocasión, la agrupación conquistó al auditorio de Dzintari gracias a su genial interpretación de la gaita y la danza gallegas. El éxito fue tal que    el público siguió aplaudiendo la actuación de los representantes españoles una vez que abandonaron el escenario. El presidente de Letonia felicitó al representante de”Trompos ós pés” y al alcalde, Fran Veiga, que aprovechó para hacerle entrega de un plato con el escudo de Marín.

JULIO SANTOS PENA – RIGA (LETONIA) El impresionante auditorio “Dzintari” en la ciudad de Jurmala, al aire libre acogió la primera de las dos grandes muestras del folclore mundial en el que participa el grupo marinense “Trompos ós Pes” dentro de la programación de un festival internacional que se completa diariamente con actuaciones en los bonitos jardines y plazas de localidades cercanas a Riga.
“Dzintari” con una capacidad para unas cuatro mil personas, lleno a rebosar, ofreció a los asistentes un espectáculo de alta calidad cultural, concentrando el folclore de las más diversas partes del mundo, desde Corea, cuyo grupo representante mostró la delicadeza de su espectáculo de abanicos, hasta la contagiosa energía del folclore moldavo, ruso y letón, ampliamente representados en este certamen.
En medio surge el inconfundible sonido de la gaita gallega magistralmente ofrecido por Alberto Lago y Rogelio Barreiro para dar ritmo a los danzantes de “Trompos ós Pes” que consiguieron poner en pie a los asistentes a este primer gran concierto que aplaudieron de forma insistente incluso después de haber abandonado el escenario el cuerpo de baile que hubo de salir para agradecer sus aplausos.
Entre los asistentes se encontraba el presidente de Letonia Valdis Zatlers y miembros de su gobierno como el ministro de cultura Ints Dálderis así como numerosas personalidades de la cultura letona que mostraron su aprecio por el folclore gallego. Al término del concierto, el presidente quiso felicitar personalmente tanto al representante del grupo marinense, Luis Lago, como al alcalde de Marín, Francisco Veiga, que con él departieron unos momentos que Veiga aprovechó para entregarle un plato de cerámica con el escudo de Marín por cuyo significado se interesó el presidente Zatlers.
Posteriormente, durante una recepción a los representantes de los grupos para hacerles entrega de un diploma que testifica su presencia en el festival, el famoso coreógrafo director del mismo tuvo también especiales palabras para “Trompos ós Pes” destacando la calidad de su danza y el vestuario utilizado ya que confesó tener otra idea del folclore español, identificado allí con otras manifestaciones.
Previamente al concierto y como un especial aperitivo, todos los grupos actuaron en distintos puntos del “Jardín de Honra”, un recinto de especial belleza paisajística, desde donde se formó un espectacular desfile hasta el recinto de “Dzintari” para culminar una gran jornada.
También en este apartado del programa, el sonido de la gaita consiguió concitar el mayor interés en el recinto y el paso del grupo marinense en el desfile fue animado por los miles de asistentes que incluso entonaban espontáneamente, el “Y viva España” al paso de nuestras banderas.

Hoy, gran fiesta y recepción en la embajada
Pero todo lo ocurrido hasta ahora ha sido un calentar motores ya que el gran espectáculo tendrá lugar a las nueve de esta tarde (aquí noche) en el escenario al aire libre de Sigulda donde se prevé un nuevo abarrote de su recinto.
El acto culminará con una gran fiesta para todos los componentes de los grupos folclóricos en el jardín del “Castillo de Sigulda” y que será la despedida de “Trompos ós Pes” de este importante evento mundial.
Previamente, la delegación marinense, encabezada por el alcalde Fancisco Veiga, quien se ha destacado durante la semana como un especial intérprete por su dominio del idioma inglés, asistirá a una recepción en la embajada española ofrecida por el titular de la misma Paulino González.
La madrugada del domingo será momento de la partida hacia España dejando atrás momentos tan inolvidables vividos en los últimos días y mucho que contar a su llegada a Marín para los componentes de “Trompos ós Pes”.

—————————————————-

La Voz de Galicia.es

PRAZA DA FERRERÍA

Un corto largo en premios

El realizador marinense Carlos Prado Pampín fue el gran vencedor de la tercera edición del concurso de cortometrajes Curtas na rede, pues se trajo para su villa natal nada más y nada menos que cuatro premios por su obra Vellas. Entre los galardones obtenidos figuran el de mejor director y el de mejor corto de ficción en la temática de sexualidad. Además, las protagonistas de la cinta obra, Amalia Touriño y Áurea García, la abuela y una vecina del propio realizador, respectivamente, lograron el premio a la mejor actriz. La abuela ya había sido nominada en la anterior edición de Curtas na rede y esta vez logró llevarse el gato al agua. El equipo del marinense recogió sus galardones en una gala celebrada en el Teatro Colón de A Coruña y presidida por el jefe del Gobierno gallego, el también pontevedrés Emilio Pérez Touriño.

La gala comenzó muy bien para el equipo de Carlos Prado, porque el primer premio que la abrió ya fue para Vellas, lo que hizo presagiar lo que luego se confirmó. El propio director explicó el momento: «Estábamos todos medio emocionados a ver si llevaba algún premio y cuando empezaron a caer fue la bomba». Y cuando ganaron Amalia Touriño y Áurea García, las dos, el premio a la mejor actriz, la emoción se desbordó. Las veteranas intérpretes subieron al escenario a recoger su galardón y contestaron a las preguntas que les hizo el presentador de la gala, el actor Rubén Ríos, en medio de una gran emoción, dándole las gracias al realizador por la oportunidad brindada. Ahora, Carlos Prado bromea diciendo que las tendrá de actrices fijas para la siguiente cinta. «Ya están contratadas para la próxima», dijo para añadir riendo: «A ver si ahora no se les sube a la cabeza el premio… cualquiera las verá el próximo domingo en misa, que aquí, en Mogor, nos conocemos todos». Además, el director se llevó también con el cuarto trofeo en la categoría de micromovies, cortos hechos con el teléfono móvil, con su trabajo titulado Amén señora, que por supuesto, también protagoniza su abuela, Amalia Touriño.

El corto premiado, Vellas, se rodó íntegramente en la parroquia marinense de Mogor, de donde es el autor, y se trata de una pieza de ficción de cinco minutos de duración. En ella se narra la historia de amor prohibido de dos mujeres de la tercera edad y del medio rural, que se ven obligadas a ocultar su relación por el miedo al qué dirán. Ahora, con la resaca de los premios recién logrados, Prado Pampín indicó que con la buena acogida obtenida por este corto, va a intentar presentarlo a otros certámenes de Galicia para probar suerte y a ver si sigue la racha.

Las veteranas actrices aficionadas, Áurea García y Amalia Touriña, posan con sus premios junto al director, Carlos Prado

————————————–

Algunhas flores espallan, sin sabelo, o seu aroma doce, coma un segredo nas soidades profundas.
Baudelaire?



Sin bandeira

enero 22, 2010

Dedícolle esta canción ós concelleiros do BNG, os meus mellores Fans, que sempre me teñen en conta e toman notas de todo canto digo.
Supoño que a estas alturas xa deben saber que eu non teño bandeira de ningún color nin estrela que me guíe