O divorcio do bipartito

febrero 8, 2010

Amig@s, ante todo Comprensión
Ainda que non nos gusta nada o pranto porque ao chorar todo son mocos, debemos ser considerados e comprensivos co alcalde.
Sabemos que está en proceso de divorcio e iso é moi duro.
E mira que lle avisamos
-Fran que por ahí vas mal. Fran que estes sólo te queren por comenencia. Fran que te van deixar tirado. Fran que che están a ser infieles e que che sisan nas facturas. Fran que xa teñen un pisito para escapar da casa conxugal, perdón, Consistorial.
“Fran que te pierdes”

Pero el coma se nada, sentindose o rei do mundo, coma Leonardo Di Caprio no Titanic, berrando ós catro ventos o seu amor polo Bloque e perdonando todo o que se podía perdonar e mais o que non.
Agora resulta que os do bloque andan a publicar e facer exclusivas nas revistas, decindo que Fran, coma marido non sirve para nada, e que aqui os únicos que valen son eles. Unha traición que o alcalde non esperaba.
Aínda que todo Marín sabe que o Bloque é “moi puta”, aínda que todo o mundo lle dicía a Fran que estaba moi mal maridado e aínda que a xente sabía que mais tarde ou mais cedo a infidelidade tiña que chegar, isto non é consolo suficiente, e o tráfico de Cleenex dende a mesa da secretaria ata a mesa do alcalde é incesante.

E para colmo das desdichas, que as desgrazas nunca veñen solas, o asunto ese das beirarrúas de Seixo. Que polo visto a Xunta de Galicia no conta con el para nada e xa nin o chaman, nin lle escriben, nin lle mandan SMS.

O alcalde está solo co seu mal de amores, e nós debemos ser comprensivos.
Eu, coma muller de mar e coma muller que xa ten unha edade, sei que padecer mal de amores é algo parecido a ir en barco e marearse. Ti estás que te sintes morrer, e a xente que te rodea non che fai nin caso.
Tende pacencia, pídevolo breaseixo

——————————

————————–

Como sabedes, a reparación das aceras de Seixo, é un tema que leva mais de vinte anos agardándose.
Durante o mandato de Toneco foi cando os veciños mais presionamos para pedirlle ó concello que xa estaba ben, que Seixo non podía agardar mais e que as nosas beirarrúas non había por onde collelas nin por onde pisalas.
A resposta sempre era “La Avenida DR. Otero Ulloa pertenece a la Xunta y es la Xunta quien tiene que arreglarla”, esa frase iba acompañada dun xesto que significaba lavado de mans.
Ignoramos se daquela o Concello de Marín fixo xestións na Xunta de Fraga para pedir as nosas beirarrúas, porque nunca se nos deron explicacións. Iso si, cada vez que había eleccións todos os partidos prometian.
O caso é que, por algunha extraña razón o Bipartito da Xunta acordou que si, que Seixo merecía beirarrúas novas. Tal vez Fran Veiga, aconsellado por Benito González, decideu facer as xestións oportunas.
Adxudicáronlle a obra a unha empresa amiga do PSOE chamada TECONSA.
Esta empresa colleu os cartos e votou a correr, deixou unha subcontrata, e despois veu unha subcontrata da subcontrata…en total dous obreiros, un deles portugués e outro español, que a maioría do tempo non podían desempeñar o seu traballo porque non tiñan material.
Despois de moitos meses de protestas veciñais, de obreros que non podían traballar e de que a cousa xa tiraba nin a diante nina atras, e xa con mando do PP na Xunta, tomaron a decisión de mandar ó carallo o contrato con TECONSA, facer unha nova exposición pública da adxudicación da obra e contratar a outra empresa. Mentras tanto taparon como puderon os socabóns que fixeran os outros.
Isto provocou as iras do alcalde, firme defensor de TECONSA, a pesar de que esta empresa mandou ós seus traballadores ó paro, declarouse insolvente e estafou á Xunta.
O alcalde fixo declaracións na prensa decindo que estaba preocupado polo retraso que iban sufrir as aceras en Seixo e porque non quería que a Xunta contratara outra empresa “Afin ó PP”

Nos  últimos días, os veciños respiraron aliviados. A Xunta declarou estas “putas obras”de carácter urxente e parece ser que se van continuar inmadiatamente.
Quéixase o alcalde porque non o chamaron.
Respóndelle a Xunta que xa o chamarán cando se inauguren.
Opinan uns veciños que tanto ten e que non lles importa o protocolo, o caso é que acaben coas aceras dunha “puta vez”.
Opinan outros veciños que cando estaba o Bipartito na Xunta, o alcalde viña pouco por aqui, que sólo viña Benito González, concelleiro encargado de falar cos técnicos. E a que ven agora tanto interés en vir controlar. Que non é por non vir, que se quere vir que veña, pero vir por vir é tontería.
Aqui vos poño unha foto onde aparece o concelleiro pero non se ve ao alcalde por ningunha parte. Será que daquela as eleccións estaban lonxe. Se algún de vós quere demostrar o contrario e quere aportar fotos, aqui serán admitidas e publicadas.

Para mais información buscade “o último culebrón” e mais “Bieito ou Benito that is the cuestion”

————————————————————-

Quince días despois, Antonio Conde, presidente da Asoc. de Veciños Río Loira fai as seguintes declaracións:



O último culebrón

septiembre 29, 2009

O tema das beirarrúas de Seixo é o último culebrón ó que nos vemos sometidos os veciños..
Mais de vinte anos estivemos a esperar e por fin parecía que xa chegaban, pero non, aínda non. Haberá que sofrir varios anos mais, a ver se mentras tanto aparece algún político competente.

A historia comeza en novembro de 2008 e quedou reflexada nunha entrada que escribin Bieito ou Benito, that is the cuestion, como podedes comprobar se ides ó buscador.
Aparece unha noticia na que o BNG se congratula de que foi Bieito Lobeira o promotor das aceras de Seixo, cando en realidade foi Benito González o que pasou varios meses a dar voltas dun lado a outro e traendo ós técnicos para que estudaran o asunto.

No mes de febreiro de 2009, por fin, recibiamos a noticia de que xa empezaran as obras e era o alcalde o que se atribuía o mérito de “agilizar la ejecución de este proyecto” e que en seis meses todo estaría concluído

seixo 1

O proxecto foille adxudicado á empresa Teconsa que despois de agarrar os cartos, subcontratou a outra do Carballiño que se chama Campeíña.

Empezaron as obras no cruce que vai para Loira e fixeron un muro de contención perto do río. Este muro, según a lei, tiña que ser de pedra, pero os obreiros fixérono de cemento para acabar antes. Veu o inxeneiro cunha rotaflex e rompeuno para que os outros o fixeran como tiñan que facelo. Continuaron abrindo as antigas aceras pero non avanzaban nada porque a maioría dos días sólo había dos obreiros a traballar, un portugués e outro español.
Pasaron tres meses e medrou a broza nas zanxas que tiñan abertas.
Os veciños empezaron a protestar e viñeron os da televisión de Galicia. Había quen declaraba que, de seguir así as cousas, o mellor sería plantar repolos no sitio porque daría tempo a recoller a colleita antes de que aquilo se tapara..

De alí a uns días apareceu a segunda subcontrata, pero durou moi pouco porque, según nos contaban os obreiros, non había cartos para o material.
Aclarouse por fin  o que era un segredo a voces: Teconsa está arruinada e chea de deudas. Os cartos que recibeu da Xunta aproveitounos para facer fronte a outras cousas que non teñen que ver coas nosas beirarrúas.
Os veciños empezaron a movilizarse.
Teconsa pedía mais cartos para rematar a obra.
Á Xunta acabóuselle a pacencia con esta empresa e decideu que o mellor era contratar outra e rematar dunha vez con esta pantomima.
Para contratar outra empresa hai que facer un concurso público, expoñelo no boletín autonómico etc. Iso leva tempo. Mentras tanto as zanxas vólvense a tapar para que os veciños non corran perigo e poidan camiñar tranquilos.
Outra morea de cartos perdidos.
O alcalde non está contento. El quería que fora Teconsa quen continuara coa obra.
Acusa á Xunta de facerlle a vida imposible a esta empresa porque era a favorita do PSOE e resulta que agora o PP vota fora ós favoritos do bipartito para meter ós favoritos do PP.
A Xunta responsabiliza a esta empresa de ter paralizadas as obras.
O alcalde responsabiliza á Xunta e ademais chora porque non se lle pon ninguén ó teléfono.
A Xunta pasa olímpicamente do alcalde.
Os obreiros responsabilizan a Teconsa porque non lles paga os salarios.
Os veciños responsabilizan a todos.
O alcalde laiase de que tentou movilizarse cos veciños e levalos nunha gran manifestación a Santiago, pero estes non lle fixeron casiño ningún porque non se fian del.
María Ramallo, en vista de que o alcalde é incapaz de ter un diálogo intelixible cos responsables da Xunta e unha relación  cordial cos veciños, chamou ela mesma ós responsables de Medioambiente, e presentáronse todos en Seixo para ver cómo estaba a cousa.
Os de Medioambiente viñeron a Seixo con María Ramallo
O alcalde cabreouse porque a el ninguén o invitou nin o votaron de menos
Antonio Conde e José Aquino, dous resíduos de épocas pasadas, que sempre aparecen nos sitios sin ser invitados, achegáronse alí.
Os veciños cabreáronse porque non queren que estes dous anden polo medio porque son uns chafalleiros e dan mala imaxen.
María Ramallo síntese impotente porque non pode desfacerse destes dous homes con carné do PP, pero despostos a cambialo polo do Bloque ou do PSOE se as circunstancias o requiren.
Os da Xunta prometeron que van traer outra empresa e que todo se vai arreglar.
Por último, Benito González alias “o lazarillo”, saleu a facer declaracións na prensa para defender ó alcalde, xa que a Veiga ninguén lle fai nin caso e de paso criticar a presencia dos outros dous no encontro.

Benito empezou as xestións das aceras e Benito ten a última palabra por agora, xa veremos como remata todo isto e se teremos aceras por fin.

Un culebrón, amig@s, un culebrón.

Noticias por orden:

seixo 2

seixo 3

seixo 4

seixo hoxe

seixo 5


Bieito ou Benito, That is the cuestion

noviembre 3, 2008

Faro de Vigo, domingo 2 de goranovembro de 2008

Cómo pode ser posible que estes do Bloque teñan tanta cara?


Os que sodes de Seixo coñecedes perfectamente o problema que temos coas aceras. Levamos mais de vinte anos agardando que as arranxen. Fai dezaoito anos, o meu fillo que entón tiña tres, caeu nun burato e parteu un codo. A partir de entón, cadeiras, xeonllos e tobillos de diferentes veciños correron a mesma sorte. A cousa xa era tan sangrante que algún espabilado tiña pensado poñer ao lado da de Peneireiro un monumento ó “jueso roto”.
O ano pasado apareceu por aqui unha tal Isabel Domínguez que é a persona que mandou a Xunta para solucionar o noso problema.
Esta muller traía a inteción de anchear a estrada e quitar os aparcamentos para axilizar o tráfico e que os coches poidan pasar mais rápido. Ela consideraba que Seixo era unha vía entre Marín e Bueu.
Nós asegurámoslle que Seixo é unha zona urbana. Reclamamos uns semáforos nos cruces, como hai en todas as zonas urbanas. E non estuvemos dispostos a que nos quitaran os aparcamentos porque iso sería o fin dos nosos comerciantes. Como esta señora non nos fixo caso, teimuda ela coma unha mula, fixemos unha manifestación e protestamos moito.
Fai uns meses esta señora volveu a Seixo, pero esta vez viña acompañada por Benito González Dopazo, naquel momento Concelleiro de facenda do Concello de Marín, Muradas e mais un enxeñeiro xefe de estradas da COTOP.
Como podedes supoñer, non había ningún representante do Bloque.
Non estaba Ruibal nin a Pilariña nin o Vilaboa. E por suposto, non estaba Bieito Lobeira, cidadán ilustre da Avenida Dr. Otero Ulloa.
Ata alí nos acercamos algúns veciños curiosos, que poidemos escoitar cómo Benito negociaba coa Domínguez. Pedíalle que a estrada de Seixo tivera tratamento de “Vía Urbana”, porque ata agora está considerada coma vía Comarcal (C550).
Como a terca de Domínguez non entraba en razón, Benito empezou a razoar có enxeñeiro da COTOP (momento que quedou inmortalizado na foto de arriba).
Despois de moito tempo encontraron a solución entre os dous:
Quitarlle 30 cm ós carriles da estrada e sumarllos ás aceras; desa maneira pasarán a ter o ancho establecido por lei (180cm) para que Seixo sexa considerada unha vía urbana.
Somos moitos os testigos desa conversa.
Somos moitos os que miramos cómo Benito sudaba, pero non perdía a compostura.
Ninguén sabe qué facía ali o Muradas, caladiño todo o tempo, pero ali estaba, presente.
Todos coñecedes a caña que dende este blog lle damos ó PSOE no tema dos polígonos e en moitos outros temas. Consideramos que, en xeral, son uns ineptos. Pero é de ben nacidos ser agradecidos, e no tema das aceras, Seixo dalle as gracias a Benito González.
Agora que todo parece solucionado, aparecen noticias de que Bieito preguntou polas aceras no parlamento. Por mín coma se preguntou pola familia de Perico de los Palotes.
Por Deus, que alguén lle cerre a boca a eses do BNG. Buitres sin escrúpulos, que colgan no seu peito as medallas que gañou outro.