A Terriña

Mayo 27, 2008

” …¡Como lle queremos á Terra! Eu de min sei dicirvos que se despois de morto tivese que voar máis alá das estrelas visibles, para ir a un ceo tan distante da Terra, que nunca máis puidese vela, de boa gana renunciaría á inmortalidade para rematar a miña vida debaixo dunha laxe e converterme en herbas ventureiras.”

¡ Sexades benvidas todas as persoas de Ben !
Quixen estrenar a miña páxina con estas palabras de Castelao que tanto significado teñen para nós. Pareceme unha boa introdución, porque o que me moveu a meterme neste proxecto é precisamente o amor a este cacho de terra no que vivo: A Brea de Seixo

A brea entre o fusco e o lusco

Polo día

O que nos cai enriba…

100_0524

Haberá esperanza para nós??

000_05372

“…¡Cómo queremos a nuestra Tierra! yo, de mi parte puedo deciros, que si después de muerto tuviese que volar más allá de las estrellas visibles, para ir a un cielo tan distante de la Tierra, que nunca más pudiese volver a verla, de buena gana renunciaría a la inmortalidad, para rematar mi vida debajo de una piedra y convertirme en hierbas silvestres.”

¡Seais bienvenidas todas las personas de Bien!

Quiero estrenar mi página con estas palabras de Castelao que tanto significan para los gallegos.
Me parece una introducción apropiada, ya que el motivo que me empuja a llevar a cabo este proyecto es, precisamente, el amor que siento por este cacho de Tierra en el que vivo: A Brea de Seixo

A dirección Xeral de Urbanismo calfica estes terreos coma:
“Solo rústico de protección agropecuaria”
“A clase agrolóxica destes terreos é unha das mais aptas do concello”

Sin embargo para Xestur somos terra de industria:

PXOM-Marín-Fase II-Decembro 2005

S.U.D.-PIM.1-

Superficie171.645’52m2
Edificable 113.286`04m2
Uso dominante: industrial
(Fai clic na foto e poderás movela un pouco. Daraste conta do pequeniño que é o terreo e cómo está rodeado de casas)

A brea agora:

poner-ahora-brea2

Despois:

obras-poligono

Un polígono industrial, xustifícase cando se fai para o ben público, cando cumpre unha serie de requisitos:

Estar lonxe das casas. Danar o menos posible a ecoloxía da zona. Favorecer a creación de postos de traballo. Xenerar riqueza para o lugar onde se ubica.
Desgraciadamente, na Brea vaise provocar o efecto contrario: Será un minipolígono que non vai xenerar traballo nin riqueza. Vai destruír toda unha zona paisaxística. E sobre todo, vai converter nun inferno a vida dos veciños.
A miña casa, e moitas outras, van estar a menos de dez metros de todas as excavacións coma as que podedes ver na foto anterior. ¿Imaxinades o polvo, o ruído, as vibracións…todo o que nos espera?
Saudiños

breaseixo

Aqui comeza a nosa historia…
A historia dunha nube enxaulada…

img202-chema-madoz1
Aqui empieza nuestra historia…
La historia de una nube enjaulada…

Foto de Chema Madoz

18 Responses to A Terriña

  1. mago de carballo dice:

    bue eu son de carballo alegrome q seas tan patriota

  2. Claudia dice:

    Querida amiga,
    Desde Entre Rios queremos enviar muchas Felicitasiones por los dos años que cumple su blog.
    Nosotros ya estamos acostumbrados a leer el gallego pero aun no nos atrevemos a escribirlo.
    Siempre estaremos agradecidos por aquella maravillosa carta que nos envió hace unos años, cuando empezaron aqui con el proyecto de Celulosas entre Uruguay y Argentina. Hicimos 10.000 copias y las repartimos entre la gente. Aquello fue un exito querida amiga.

    Con todo nuestro cariño queremos enviarle una canción de Eduardo Darnauchans, nuestro músico poeta fallesido hace unos meses.
    Sabemos que te encanta y que tenés todos sus discos.
    Un saludito para las buenas gentes de Marin

  3. Chanchin dice:

    Yo corroboro a Claudia en todo.
    Pero elegi esta otra canción de nuestro Darno.
    Recuerdo que le encantaba.
    Con Cariño, Chanchin, un amigo

  4. Esteban dice:

    Eu tamén te felicito.
    Polo teu espíritu de loita.
    Polas ansias de aprender cousas novas cada día.
    Pola xenerosidade.
    Polo sentido do humor insuperable.
    Pola entrega.
    Pola firmeza

    Un dos teus favoritos é este

  5. breaseixo dice:

    Claudia, Chanchin, Esteban
    Apertas, abrazos, Gracias!

  6. Lucía Otero Lino dice:

    Noraboa porque, a pesar de todo, segues adiante. Moita forza, compañeira!!

  7. Carballo dice:

    Noraboa e graciñas por todo o que nos leva aportado este blog.
    Eu tamén che regalo música.
    Penso que che vai gustar

  8. David dice:

    Muchos saluditos desde Palma.
    Un día te regalamos un perro y le llamaste Jordi.
    Jordi te adoró desde el primer momento.
    Nosotros también te queremos.
    Un abrazo para ti y otro para Antonio.

  9. lectora dice:

    Por que será que isto sóame a despedida?
    Non cerres o blog por agora.
    Non nos abandones!

    Eu tamén che mando música da boa.
    Moitas apertas
    E non cerres o Blog!!

  10. lade1959 dice:

    Hoxe é o día que este Blog cumple dous anos.
    O primeiro que escribiche foi esta entrada que se chama A terriña.
    Que mal empeza, pensei eu, non a vai ler nindiós.
    Pero a día de hoxe levas casi 70.000 visitas.
    Cantas cousas cambiaron Breaseixo!
    Ata ti perdeche a inocencia.
    Eu regáloche esta canción de Adolfo Celdrán cantando un poema de León Felipe.
    Teño escoitado isto moitas veces contigo. Antes chorabas. Agora xa non.

  11. Maydelis dice:

    El otro día vi este disco en tu casa. En vinilo.
    Me cuentas que lo tienes desde hace más de treinta años.
    Está rallado pero aún suena.
    Tu hijo me dice que tus compañeras de piso cuando estudiabas en Santiago estaban tan hartas de escucharlo una y otra vez que te pusieron un ultimatum.
    Al cabo de unos días te compraste un Walkman y lo grabaste en una cinta para escucharlo tú sola.
    Me gusta esa historia.
    Y me gusta ser tu nuera cubana.
    Cariños para mi suegra.

  12. Soaxe dice:

    ¿De onde raio sacastes esa música tan rara?
    Na miña vida escoitei nada do que estou a ver aqui.
    Pensaba que breaseixo solo escoitaba gaitas e arpas celtas

    O outro ddia dixeronme que parache nun semáforo e que pola ventanilla aberta salia musica de Betoven, ou algo asi.
    E que a levabas demasiado alta.
    Moito falades as vellas de que a xuventude vai co chunda chunda a todo trapo
    E vós que?
    O Betoven ese asusta mais aos peatons que atravesan a carretera e poden cair do susto.

    Breaseixo, a ver s sintonizas os corenta principales porque eses bodrios non hai quen os resista.
    Como decía non sei quen: Son malos tiempos para la lírica.

  13. hai que roelo!! dice:

    felicidades por tu cumple

  14. breaseixo dice:

    Moitas gracias a tod@s.
    Ós da Terra, ós de Venus, Ós de Marte e á de Cuba.
    Toda esa música significou moito para min en distintas épocas da miña vida. E aínda me emociona hoxe.

    Tamén lle agradezo a Soaxe os seus sabios consellos. procurarei baixar o volumen da música cando vou no coche.

    Apertas amig@s

  15. Ángela Lombardía dice:

    Creo que por estas fechas los distintos partidos políticos empiezan a buscar gente para renovar sus equipos.
    Breaseixo
    ¿Aún no has sido tentada para entrar en la política municipal?

  16. breaseixo dice:

    No se le puede pedir a un purasangre que tire del carro.

  17. Lugareño dice:

    Te admiro desde que naci y hoy entre por primera vez y estoy sorprendido con lo que llevas echo, nunca DEJARAS DE SORPRENDERME .Me encantaba jugar contigo a las damas que me dejaras darle la vuelta a los relojes de arena ,siempre tenias unos consejos sabios que ofrecerme y un apollo que darme ,te robe mucho tiempo libre que siempre me supiste regalar con una sonrisa y eso no tiene precio ,gracias por ayudarme a ser como soy. MUCHAS GRACIAS POR TODO. Sigue asi no cambies nunca que las personas autenticas escaseais .UN ABRAZO ENORME.

  18. breaseixo dice:

    Lugareño, non te pases. Vasme acabar coa reputación
    Unha aperta forte

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: