Ata sempre

mayo 21, 2011

NON
Se dixese que si,
que todo está moi ben,
que o mundo está moi bon,
que cada quen é quen…
Conformidá.
Ademiración.
Calar, calar, calar,
e moita precaución.
Se dixese que a caso as cousas son esí,
porque sí,
velehí,
e non lle demos voltas.
(Si aquíl esta enriba
i aquil outro debaixo
é por culpa da vida.
Si algúns van de porta en porta
cun saco de cinza ás costas
é porque son uns docas).
Se dixera que si…
Entón sería o intre
de falar seriamente
da batalla de froles
nas festas do padrón.

Pero non.

(Celso E. Ferreiro)
—————————————-

Xornada de reflexión:
Quero aproveitar este día de reflexión para decirvos que tamén eu soño con que algun día teñamos unha verdadeira democracia, na que os partidos non xoguen cos nosos votos nin se repartan as nosas ilusións.
Eu soño cunhas eleccións de listas abertas onde os clans familares nin a captación de candidatos ineptos para fins recaudatorios non exista.
Unhas eleccións nas que teñan mais votos os políticos que mellor representen os intereses dos votantes.
Unhas eleccións que nos garanticen que os políticos teñan verdadeira responsabilidade dos seus actos e teñan que pagar os seus erros, coma calquera outro traballador.
Cada noite soño cunha Democracia na que sean imposibles os abusos de poder.

Algún día será.
——————————-
Amig@s, despois de tres anos de compartir risas e noxos, aproveito esta xornada de reflexión para darvos as gracias e mandarvos moitas moitas apertas.
Continuaremos ó pé do canon, pero este blog xa dou de sí todo canto tiña que dar.
Querido e agarimado por vós, atacado e calumniado por outros.
Que arroupada me sentín coa vosa amizade!
Canto teño chorado e rido!
Se algo tiven, déstesmo vós. Se algo fun é porque vós me deixastes ser.
Breaseixo seguirá latente, mais o seu blog aquí se queda.
Á vosa disposición queda unha hemeroteca importante, fruto de moitas horas de traballo.
Nestes arquivos tendes recortes de prensa dos últimos catro anos da política marinense á vosa disposición por se queredes consultar algo. Todo está clasificado por categorías: Os métodos do Bloque, Ruibal e os deportes, PXOM. Aquí se queda a nosa pequena historia
Ata sempre