Puntualizando a Pilar Blanco

febrero 1, 2011

O domingo 21 de xaneiro, Pilar Blanco fixo estas declaracións no Diario de Pontevedra, que é necesario puntualizar

Unha vez falado dos polígonos empresariais, e xa que neste blog dispoñemos de mais espazo que na prensa, podemos falar do certificado EMAS, ese misterio que ninguén sabe qué significa realmente e que o noso concello comparte con Celulosas.
Parece ser que Marín é o único concello de Galicia que dispón de tal certificado e Pilar Blanco, como única Concelleira de Medioambiente puseedora de tal galardón, estuvolle a dar charlas e coloquios a concelleiros de outros municipios galegos para que todos saiban o que significa ser EMAS.
Nembargantes, o devantido certificado non librou ó noso concello dun expediente sancionador por facer operacións ilegais de verquido e depósito de basura na Canteira.

Puxo moito coidado o periodista responsable de facerlle esta entrevista á nosa concelleira, de non facer preguntas sobre este tema. Pode ser que lle tivera algo de medo ó famoso “talante” de Pilar Blanco, cando lle mencionan cousas que a ela non lle conveñen.

Para ver cómo empezou a denuncia dos veciños facede clic na seguinte dirección

O lixo e a concelleira EMAS

marzo 9, 2010

O expediente sancionador á concellaría de Medioambiente está no seguinte Pdf

Resolución output


En canto ó Centro de Saúde, o BNG ocupou ducias de páxinas nos periódicos afirmando unha e outra vez que a Xunta non tiña proxecto para Marín, incluso editaron un boletín especial para falar deste tema. Publicaron uns  orzamentos da Xunta de Galicia nos que non aparecía Marín. Contáronnos que a Xunta nos tiña discriminados.
Asustaron ós veciños canto puderon ata que se destapou a mentira. O Centro de Saúde vaise facer. Sempre e cando o señor Vilaboa teña intención de dar o permiso de obra pertinente.
Pero a confusión a que nos teñen sometidos co Centro de saúde non remata ahí. Resulta que o personal que traballa no local “provisional” que temos na rúa da Estrada, leva meses a queixarse de que os enfermos teñen que ser atendidos en condicións insalubres e terceiromundistas, e solicitan ser trasladados a un local mais adecuado mentras non se fai o centro de saúde. A Xunta buscou un baixo na rúa Inferniño que parece cumplir as condicións, pero o goberno local non está de acordo e quere que os enfermos sigan acudindo ás actuais dependencias, cuxo alquiler cobra un antigo concelleiro do PSOE (9.000 Euros ó mes).
O argumento que expón o BNG para impedir que a atención primaria se mude ó Inferniño é “Queremos un centro de Saúde xa”. E os veciños teremos que agardar a que veña “David Coperfield”, ese mago americano tan famoso que fai aparecer e desaparecer edificios a golpe de varita máxica en trinta segundos.

Podemos continuar falando de enganar ós veciños e mencionar o último culebrón que teñen montado Pilar Blanco e Vilaboa co asunto da discutida Lei de Augas  que a Xunta de Galicia aprobou en outubro de 2010.
Os dous concelleiros van de parroquia en parroquia pedíndolle a todos que fagan alegacións para, seún eles, tentar que non entre en vigor esta Lei. E fano agora, tres meses despois de que fora  aprobada polo parlamento, e sabendo que hai que cumplir coa normativa europea.

Non é nova a costume de emporcallar, chapuzar e mentir que ten o BNG de Marín. Podería mencionar moitos exemplos, como cando Vilaboa tiña gardados nun caixón os planos do Plan Vigo Integra, ideado polo Bipartito da Xunta e negábase a ensinarllo ós veciños, decindo que el non sabía nada, cando deberían estar expostos ó público dous meses antes. Ou o famoso proxecto da Táboas de vivenda protexida, que pretendía botar abaixo varias casas nas Viñas Blancas.
Pero xa está ben por hoxe.
Se os veciños desexan confiar no BNG a pesar de todo, están no seu pleno dereito porque Democracia significa pluralidade, pero que non sexa por ignorancia.



Anuncios