Minimalismos

Carta de Carme García Carballal para a súa amiga Nievitas.

Nievitas, muller:
Solo a ti se che ocurre ir pasar o veran a Benidor, coas cousas  apasionantes que están a acontecer en Marín.
Dígoche, querida amiga, que por aquí andamos de emoción en emoción  ultimamente, e xa van tantas  que eu teño o colesterol e a bilirrubina polas nubes, pero non son a única  porque o concelleiro Ruibal está na mesma situación ca min e presentou a dimisión inmediatamente, antes de que lle atacaran tamén a hipertensión crónica e mais o ácido bórico, que seica son achaques típicos dos políticos en situación pre-electoral estresante.
Así como cho digo Nievitas, marchouse con vento fresco do concello e non se sabe con certeza  cales foron os detalles que provocaron esta fuxida.  Contan as malas lenguas que, o que pasou realmente foi que un día chegou ó seu despacho e atopou alí a Pilariña Blanco estumballada no seu  sillón e coas botas enriba da mesa. Cando Manolo lle quixo chamar a atención por ese xesto tan maleducado, reparou en que as paredes que el tiña cheas de fotografías do ecoparque de Cadro,  estaban agora  adornadas con pósters de lobos, morcegos e todo tipo de bicherío en perigo de extinción. Douse conta o tenente alcalde que aquel xa nunca mais sería o seu despacho e que dalí en diante quen iba mandar era a señorita EMAS.
O cabreado  Manolo, quixo levar as queixas á casa da Veiguiña, pero atopouse con que a súa chave xa non podía abrir aquela porta. Seica estaba demasiado desgastada e xa non tiña “jancho”.

O caso é que agora que Fran Veiga se foi de vacacións, Marín ten, por primeira vez na historia, unha ALCALDESA. Así como cho digo  Nievitas…temos unha alcaldesa. Pequeniña, si, pero ten unha gran capacidá.
Todo o mundo di que cando volte o do PSOE vai atopar o concello moi ben barrido porque o lema favorito de dona Pilar é “paforatelarañas”, que os arácnidos non entran no plan EMAS nin están contemplados no contrato con “Amigos de la Tierra”, e a limpeza, como todas sabemos, é cousa fundamental para manter un medioambiente san.
De momento o que todo Marín comenta é que queda lamar de ben unha alcaldesa nas fotos da prensa, e que a cara de Fran Veiga xa estaba moi erosionada de tanto salir e tanto ensinar os dentes. Últimamente xa nos daba algo de repelús o moreno raios UVA que lucía Fran dende que se quixo poñer guapo para ser o mais elegante entre todos os altos mandos da política galega que viñeron inaugurar a sede portuaria de Marín.
Si, si, amiga, xa temos estrenado o novo edificio do porto, ese que parece un caixón de deseño sofisticado, e que disque “se integra nos muelles coma se fora un barco mais”. Hai que ver o que fan agora os arquitectos megacaros.
De paso tamén se inaugurou o novo parque infantil e xuvenil do Canto da Area. Quitaron os xoguetes antigos e sustituíronos por outros con motivos de barco que é o que se leva agora. Ademais puxeron uns muros de formigón que a simple vista parecen feos, pero vista a cousa con detalle, enterámonos de que están feitos a propósito para que veña o grafiteiro mais molón a facer murais hiperrealistas e mega-modernos.
Hai cancha de baloncesto (sin canastas aínda porque non chegaba o presuposto), e pista de patinetes voadores e saltaríns.
Lembras a entrada aérea que tiña antes este parque e que era a cousa mais innovadora que se fixera ata o momento en Marín, porque se trataba dunha ponte móvil estilo mecano?. Pois agora foi sustituida por outra entrada subterránea modelo undergraund, que é o mais innovador nestes momentos.
Xa ves cantas cousas en pouco tempo, que de seguir así, teremos o porto enteiro para os veciños dentro de nada, posto que o auditorio tamén o van poñer alí mesmiño, e non sei se terán xa contratado a un arquitecto que faga un proxecto de formigón armado en forma de buque insignia, ou de batea marisqueira.

Pero ai, Nievitas!, estas non son as únicas novidades que teño que contarche. Non sabes o que te perdeche por non estar aqui nas festas do Carme.
Isto foi unha apoteosis! O nunca visto!
Según os do Bloque nunca tal se veu en Marín, e eu estoun totalmente de acordo con eles. Eu nunca tal vin, que tendo unha concelleira de cultura nacionalista, todo Marín estaba forrado de bandeiras españolas. Seica non foi por patriotismo castellano nin por tema político, que a culpa a tuvo unha selección que lle chaman “la roja”, aínda que ás veces se vista de azul (marino).
A concelleira fixo coma que non se enteraba de tanta bandeira nas ventanas, pero o disjusto foi maiúsculo cando na hora punta da festa e en plena actuación dunha orquesta tamén moi deportiva porque se chama Olimpus, do mellorciño que hai no panorama musical, o cantante sacou unha bandeira “roxa e gualda”, e empezou a cantar “yo soy español español español español”, e todo o público coreou estes berros en Sol Maior, en Re, en Fa, en Do, en La, en Mi…e cantárono en Allegro con Motto, e cantárono moto moto moto…tanto que a dona Esther púxoselle unha risiña parva e quedoulle un espasmo nun ollo, que a probe, anduvo a chiscalo durante tres días seguidos, ata que remataron as festas.
Pero o mellor, querida Nievitas, foi o día que veu Bustamante a dar o consierto.
Isto foi a leche, Nieves!, dígocho de corazón.
Marín enteiro era un fervedeiro de xente, non había por onde andar e as mozas desmaiábanse polas esquinas, e hai quen asegura que hasta o mismísimo alcalde tuvo un vaído e quedou hiperventilado pola emoción.
O asunto foi tan importante que ao día seguinte os periódicos publicaron a foto de Fran Veiga a poñerlle a Bustamante na solapa un “Pin de Marín”, que é o regalo mais fashion que recibeu o cantante en toda a súa carreira de artista.
Estas si que foron festas, e non as que facían os outros!
Nin nos mellores tempos do PP se viron tantas bandeiras, que ata parecía que tódolos días iba pasar a procesión!
Todo un luxo de cor minimalista e innovador. Festas pequenas pero prácticas. Á medida de xentes modernas e progresistas coma nós, a xente de Marín.

Nestes intres, como xa che contei, Fran Veiga está de vacacións en algún lugar indefinido, mentras estrenamos alcaldesa provisional. É este un bo momento para que volvas, Nievitas, e comprobes por ti mesma o momento histórico que estamos a disfrutar.
Nada mais e nada menos!
Biquiños, apertas e agarimos da túa amiga que tanto che quere.
Carme

—————————————————–


————————————————-

Anuncios

6 Responses to Minimalismos

  1. Anónimo dice:

    Pues yo también estoy encantada de tener una alcaldesa en Marín aunque sea por poco tiempo.
    Y estoy de acuerdo en que ultimamente Fran Veiga apesta con un tufillo demasiado pijo y artificial. No teneis más que fijaros en las fotos de la inauguración del edificio del puerto para daros cuenta de que parece recién salido de un salón de rayos UVA.
    Felicidades por darte cuenta breaseixo.
    Ya solo le falta la cirujía estética para parecerse a algunos famosillos de la tele.
    La verdad es que Pilar Blanco es más real y más cercana.
    “Pequeñita pero con mucha Capacidá”, eso es.
    ¡Alcaldesa para Marín Ya!

  2. viandante curioso dice:

    Breaseixo alégrome moito de que volveras escribir unha destas cousiñas, co sentido do humor que te caracteriza. Había tempo que non o facías e algúns botabámoste de menos.
    Moi bo o título, e moi boas as frases entre líneas.
    saudiños

  3. gandalf dice:

    Creo que deberías facer unha recopilación de todos os teus escritos e publicalos. Son a mellor cronica sobre Marín e os seus políticos que nunca se fixo.

  4. breaseixo dice:

    Moitísimas gracias polo cariño que lle tendes ó meu blog.
    Especialmente a ti, Gandalf, que me sigues dende os primeiros días. Hai que ter pacencia!
    É unha sensación increíble, sentir a vosa simpatía ao outro lado da pantalliña esta.
    Apertas!
    Graciñas!

  5. undoribeiro dice:

    Totalmente de acordo con Gandalf, é unha ledicia ler as tuas crónicas cheas de retranca, a máis importante figura literaria deste país; moi usada por Castelao ( pai da patria e fillo da mesma )e que co novo NECIONALISMO caiu en desuso.Parabens Breaseixo

  6. breaseixo dice:

    Gracias de corazón

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: