A subestación de Fenosa

Xa dixen mais dunha vez que é mais doado enfrentarse a unha persona mala que enfrentarse a un  idiota.
Coa mala persona sempre podes levar unha estratexia e sabes que a loita vai ser mais ou menos limpa.
Cun idiota non hai estratexia que valga nin hai limpeza que valga, nin hai lei que valga.
Un idiota nunca sabes por onde che vai salir. Agora diche unha cousa, despois mexa e acorda, e resulta que dali a un pouco diche todo o contrario. Ou dá media volta e arríache unha patada na canilla de falsa maneira.
Os malos poden cambiar.
Os idiotas non teñen remedio.
Nunca te mezcles cun idiota porque nunca poderás elevalo ó teu nivel. Mais ben serás ti quen teña que adaptarse a el, entrar no seu terreno e acabarás  sendo mais parvo ca el.

Marín está gobernado por idiotas e a parroquia de Seixo estase a resentir gravemente. Mais ca ningunha outra.
O Bloque presentouse ás eleccións prometendo un polígono industrial para Marín que iba estar na Brea.
Os veciños da Brea opuxéronse dende o primeiro momento.
A presente lexislatura comenzou co abuso de poder que o Bloque quixo exercer na Brea.
O polígono iba estar ubicado aqui por moito que nós non o quixeramos. Eles mandaban e abusaban. Eles ríanse de nós.
Ata o cura de Santomé quería que nós cargaramos con ese polígono.
Pero nós pasamos porriba de certos curas progres, tan hipócritas ou mais ca os outros curas. Tan interesados ou mais. Tan falsos ou mais.

Pero perderon as eleccións autonómicas, como perderán as municipales.

Nunca nos perdonará o Bloque que non os deixaramos entrar aqui coas súas excavadoras.  Nin que foramos capaces de derrotalo cando ninguén apostaba por nós.
Non nos perdonará o señor técnico redactor do PXOM que lle chamaramos BURRO no manifesto que lemos o día da manifestación por non saber redactar un documento, por non saber facer o seu traballo de campo,  e por non saber onde empeza e onde remata Marín.

O Bloque clama venganza e o técnico tamén.
O Bloque aproveita todas as oportunidades que ten para manifestar que Marín precisa menos de 200.000 m cadrados de terreno para o polígono, e que os empresarios queren que estea nunha zona cercana ás zonas urbanas. O sitio ideal sería a Brea.
Que pena de Brea perdida!… pensan

O técnico foi obrigado a borrar do PXOM este polígono pero o moi ladino deixou un cabo solto. Sólo para fastidiar.
Unha mancha negra: A subestación de Fenosa.
Esta subestación estaba pensada para proporcionar electricidade suficiente ás naves do polígono.
Se non vai haber polígono para que queremos unha subestación eléctrica?.
O técnico sábeo, pero quere amolar. Quere vingarse. Quere rir o último.
O Bloque ve aberta unha nova posibilidade, un novo intento.
Sería tan bonito finalizar esta lexislatura cumprindo os seus soños de polígono na Brea!
O mesmo ca poñer unha pica en Flandes.
Eu tería mais coidado coas picas, poden acabar espichadas en sitio inesperado, por exemplo en algún cú que todos sabemos.

Deus nos dea ira, que pacencia xa tivemos dabondo

One Response to A subestación de Fenosa

  1. MontePituco dice:

    Sígome aplicando esa frase. Grazas por lembrala.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: