Único en Galicia

Unha vez mais Marín é pioneiro.
De novo somos únicos, personales e intransferibles.
Os únicos de Galicia en contar cun Ecoparque.
Despois de ser os primeiros e os últimos en contar cun “compactador de resíduos orgánicos” famoso en todo o país dende que as peixeiras sairon na TVG para queixarse dos fedores.
Despois de ser o segundo concello galego en contar con servizo de Bautismo Laico, que dito sea de paso, aínda non recibeu nin unha demanda por parte da cidadanía
Agora chega o ECOPARQUE de Cadro, que tamén é algo Único en Galicia
O raro é que non viñera o Presidente Núñez Feijoo a inauguralo. Ou o mismísimo Zapatero.
Ves?, se estuveramos en tempos de Touriño, este seguro que viña. Poñerían unha carpa para que todas as autoridades se reuniran dentro e degustaran unhas “gambas en gabardina” e unhas cigaliñas, regados con viño do país…Ai! que tempos aqueles cando mandaba Touriño e se puxeron de moda as  carpas.Onte inaugurouse sin pena nin gloria este Ecoparque.
Non hubo multitudes impacientes por gabear polos pinos, pero estaban os “mellores”.
O alcalde debidamente ataviado con roupa deportiva de marca, e botas alpinistas compradas para a ocasión, Ruibal que non precisa vestuarios especiais para sentirse no seu terreno, e o xefe da policía local, que xa que non tiña mais remedio ca estar alí, aproveitou a ocasión para divertirse un pouco.
Eu non estaba porque non me invitaron.  Se hubera moito público andaría polo medio, camuflada para facer algunha foto clandestina, pero en vista de que a xente marinense non amosou demasiado interés polo evento e de que iba ser eu a única curiosa que pululara por alí, preferín quedar na casa, non fora a ser que me colgaran polo pescozo en algún pino.Agardamos todos e todas, miembros e miembras, que o Ecoparque sexa un éxito maior que a pista de tenis, o compactador de resíduos e o bautismo laico.
Esperamos que veña xente de fóra, xa que os marinenses non amosan demasiado interés.
Tal vez, aproveitando que estamos en Xacobeo, veña o mismísimo Papa a tarzanear un pouco.
Non sei…xa veremos…tal vez este sábado, aproveitando que é gratis, eu misma me decida a saltar de corda en corda e grite coma Jane a moza de tarzán: “Aaaauauauauaaaaa”. E acudirán os mamuts, as vampiresas, os chimpancés, os Bambis e as vacas locas para botarme fóra.

http://www.aventuramarin.com/


Anuncios

2 Responses to Único en Galicia

  1. MontePituco dice:

    Non che hai mellor cousa para partir a crisma, mira por onde, falando de Semana Santa. Moi oportuna a categoría “electoral” desta nova. 😉

  2. Lola flores dice:

    Pois a min decepcionoume un pouco o vestuario do alcalde.
    Eu esperaba que para a ocasión saira na foto cun taparrabos de pel de leopardo, coma o mismísimo Tarzán de los monos (y las monas)

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: