Sorpresa!

Este Ruibal, que pillabán é!
Mira que non contarnos nada de que na ecofinca había asuntos rupestres!
Ou tamén pode ser que aínda non se enterou.
Pero nese caso, entraría en acción a “Super-rupestre” Esther Crespo, licenciada en Historia e teríalle avisado, digo eu.
Aínda que ben pensado…Cómo lle ía avisar se tampouco lle avisou a Vilaboa de que había Petroglifos no Monte Pituco?
Debe ser que Dona Esther está tan centrada nas obras que se van facer no Laberinto de Mogor que xa non ten ollos nin neuronas para outra cousa.
A ver, Dona Esther, se tivera vostede visión de futuro, pensaría na arte rupestre marinense coma unha unidade. Os visitantes que veñen mirar o Laberinto, tamén poderían disfrutar de Cadro e do Pituco e do Chan da Armada e mais os etecés que poida haber por ahí.
E se Ruibal, concelleiro de turismo supera o que fai, en vez de colgar cordas e barriles nas árbores, faría unha ruta turística pola petroglifada da Vila e polos muíños do Río Loira, que son mais de cincuenta. Iso tamén é potenciar Marín.
Tamén pode ser que a que non se entera de nada son eu, e que Ruibal e Crespo téñennos reservada unha sorpresa:
” Gran oferta oiga!” Con cada dúas entradas, que suporán un gasto de 34 Euros, o visitante de Cadro poderá disfrutar da “Zona VIP” do parque, onde haberá instalado un chiringuito “típicol of Galicia” con máquinas expendedoras de gaseosa e sillas toldinas para apreciar cómodamente os grabados das rochas.
Pois non é mala idea.
E, por se non se vos ocurreu, tamén cabe outra posibilidade: poidera ser que eses restos arqueolóxicos non estiveran antes e que a Asociación Cultural Ronsel, aproveitando a escuridade da noite, trasladara para Cadro unhas cantas pedras con grabados, das que desapareceron cando se fixo o merendero do Pituco. A min non me extrañaría nada que Ruibal poña esa excusa cando a xente lle pregunte. Outras cousas mais parvas xa llas oín en algunha ocasión.

De todas maneiras, ben se ve que estes dous deberían tomar nota da súa colega Pilar Blanco, que esa non para. A cabeza férvelle de tanto matinar, ata tal punto que xa ten pensado facer unha ruta de comunicación turística en bicicleta dende o Ecoparque de Cadro ata Pastoriza, unha zona rica en morcegos casi extintos, que serán a ledicia dos turistas mais esixentes que, de noite e con faroles, irán en peregrinación polo “Camiño dos morcegos”. Non sei eu se os probes bichos van poder soportar tanta notoriedade.
Polo de agora, o único que se sabe con certeza é que a concelleira está mais volcada nos bichos ca nas pedras, por iso lle ten mais cariño a Pastoriza ca ó Pituco.
E tanta a súa paixón que non lle importa andar de pregoneira polos camiños de Pastoriza, anunciándolle á xente que o PP vai poñer alí a fábrica de Celulosas e mais unha nave cos refugallos do porto, e que hai que empezar a manifestarse por se acaso.
Esta Pilar, sábeas todas…menuda vampiresiña está feita ela.

—————————————————————–

Unha semana despois, Pilar responde:


Anuncios

7 Responses to Sorpresa!

  1. Miñán dice:

    A min dixéronme que os artesáns que temos en Esperela xa teñen preparado o seu chiringuito para cando se inaugure o ecoparque de Cadro, con todos os seu productos entre os que están os vampiros de barro, as bruxas, os cinceiros con laberinto e as camisetas con debuxos rupestres,coma a que levaba o alcalde cando foi tirar a rapeta.

    Polo menos alguén vai saír gañando con todo isto. Aínda que sexan os de sempre.

  2. piñeiro dice:

    Breaseixo,
    estasme a decepcionar totalmente.
    Eres mala persona, non eres solidaria con ninguén e non respetas nada

  3. breaseixo dice:

    E con quen se supón que teño que ser solidaria, piñeiro?
    por favor, explícate.

  4. Lola dice:

    Pois eu estou alucinada coa mensaxe que escribeu piñeiro.
    De breaseixo podemos decir moitas cousas. Estar de acordo con ela ou non. Pero iso de que é insolidaria paréceme a min que non é nada acertado.
    Dende que empecei a seguir este blog fun testigo de cómo breaseixo se volcou coa xente afectada polo Vigo-Íntegra, polo polígono da Canteira, polo polígono de Moledo, por o de Vista Alegre, polo do Pituco, coa xente afectada polo plan de Vivenda e con non sei cantas causas mais que non viñan a conto coma recoller firmas para Aminatu Haidar.
    Incluso no tema da furgoneta da barriada quedou ben claro que a cousa non vai contra as veciñas,senón contra unha cousa mal feita por parte da concejala.
    Estou agardando a que piñeiro se explique en que cousa ou causa breaseixo non é solidaria

  5. MontePituco dice:

    Os gravados rupestres son Bens de Interese Cultural, teñen a máxima protección legal. Non tiven acceso á nota informativa de Ronsel pero dáse a entender que os petroglifos de Cadro poidan estar catalogados. Non hai máis que acudir a Patrimonio para comprobalo. E aínda que non estiveran rexistrados, son elementos patrimoniais que merecen o estudo correspondente e a adopción de medidas para a súa posta en valor e conservación. Igual que os de Mogor. Aos de Pituco (ou Pornedo) tamén lles corresponde esa protección, non a ameaza de sortear as naves industriais que o Concello quere instalar neste Espazo Natural dos Montes do Morrazo.
    …Que non pase como en San Xulián, onde un sector dos comuneiros é máis partidario de instalar unha cociña industrial na Casa de Montes para festexar vodas, bautizos e comunións como medio para gañar máis “pasta”, en vez de facer unha xestión racional do monte, baseada na posta en valor dos seus recursos forestais e na divulgación do seu patrimonio rupestre. Como fan noutras comunidades “modernas”: Combarro, Ponte Caldelas, Marcón… Cando se lle reprocha a esta xente a falta de sensibilidade coa cultura, oféndense todos e din que non os “insultemos”.
    Non sei quen será este tal “piñeiro”, pero se é quen eu creo, non é merecedor de levar ese apelido. Se tivera máis respecto, poñería en maiúsculas a primeira letra. Cando menos.

  6. javi dice:

    É unha pena que a inmensa maioria dos petroglifos non estén sinalados,nin se lle da a importancia que teñen por parte das distintas autoridades, claro exemplo é que estan totalmente abandonados e moitos inacesibles. Hae moitisimos repartidos por todo o monte, alguns deles sí saen no PXOM e teñen que ter protección.
    Breaseixo, eres á ostia !!!!!!!!

  7. […] denuncia tamén quedou recollida no artigo que BreaSeixo titulou “Sorpresa!“, de onde proceden os seguintes recortes de […]

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: