Sin papeles

enero 13, 2010

A estas alturas unha xa non tería que sorprenderse nin asustarse por nada do que aconteza no concello de Marín.
A nosa idiosincrasia chega a tales extremos que, incluso Ruibal, concelleiro de turismo, tería que poñer nos folletos turísticos o lema “Marín is diferent”.
Marín é diferente, Marín é peculiar, e os políticos marinenses son, con toda certeza, incompetentes ata acadar as mais alta cotas.

Desoíndo as protestas de miles de veciños e mais da oposición, presentaron no ano 2008 un proxecto de PXOM tan mal feito que non había por onde collelo.
Negábanse a corrixir varios puntos porque, según palabras do alcalde, non se podía retrasar un asunto tan importante para Marín.
Despois dunha gran loita cos veciños e a consecuencia dun cambio de Goberno na Xunta de Galicia, atopáronse con que non lles quedaba mais remedio ca retirar as
mini zonas industriais-empresariais da Brea e Vista Alegre, e fixérono sin volver a expoñer o proxecto ao público para non retrasar a súa aprobación na Xunta.
“Marín necesita este Plan Urbanístico con urxencia. Despois de 32 anos sin PXOM, este asunto é algo prioritario para nós e non podemos retrasalo nin un día mais”, decía o alcalde.
O concelleiro de urbanismo, señor Vilaboa, aproveitaba para culparnos ós veciños opositores de que “o plan” sufrira tanto retraso.
Por fin, despois de tanta loita e tantas declaracións na prensa, e tanta chamada á unidade e á responsabilidade de todos, recibimos a noticia de que antes de fin de ano (mais ou menos en setembro), o PXOM marinense iba estar rematado e disposto para presentar nas Consellerías correspondentes.

Pero o Plan non estivo en setembro nin en outubro nin en novembro nin no Nadal, a pesar de que o concelleiro de urbanismo insiste unha e outra vez que este PXOM vai estar aprobado este mandato.
Os dous partidos da oposición levan xa moito tempo a queixarse da falta de interés que lle entrou ó alcalde, e da falta de respònsabilidade que está a demostrar o equipo de goberno, que despois de tanto culpar a veciños e oposición de poñer trabas e pegas para que o plan non vaia adiante, agora son eles os que teñen todo parado.

Despois de catro meses sin que se xuntara a comisión para o estudo do Plan urbanístico, o lunes día 11 de xaneiro foron convocados todos os membros para traballar no asunto, pero…”¡Ay mísero de mí, ay infelice!” … resulta que cando chegaron alí, atopáronse con que faltaba un documento: alguén se esqueceu de solicitar na Xunta un informe medioambiental.
Polo tanto, ese PXOM tan deseado por todos, ese PXOM tan agardado, ese Plan, “El Plan” con maiúscula, vai ter que seguir en compás de espera durante meses ou, quen sabe, durante anos porque os técnicos encargados de redactalo e os políticos encargados de presentalo, son tan inútiles que nin siquera se deron conta de que tiñan que solicitar un informe medioambiental.
Como ben sabedes tod@s, non é a primeira vez que pasa isto cos nosos concelleiros. Lembrade cando Ruibal xuraba e volvía a xurar que tiña documentos que confirmaban que a Xunta iba mandar cartos para o campo de futbol de San Pedro, pero eses documentos non apareceron.
Ou cando o mesmo Ruibal non pudo abrir a caseta de turismo ata ovintetantos de xullo porque non presentou a solicitude de contaratación de personal na Deputación, pero el afirmaba que si e que si e que si.
Os nosos concelleiros son famosos en todas as institucións da Xunta e da Deputación porque nunca chegan a tempo para presentar os documentos.
E siguen sin escarmentar.
Unha vez mais, estamos sin papeis.
E con tanta xente lista como hai no paro, nós estamos a manter un rebaño de parvos.
A ver se os respectivos partidos políticos van tomando nota e para as próximas eleccións buscan “xente que valga a pena” e non nos volvan a poñer “xente que da pena”

Este Plan tan-ton-tin
¡a mín plin!
Faríame mais tilín
sin tanto pimpín

Faro de Vigo

Domingo 10 de enero


Charla sobre polígonos industriais

enero 12, 2010

O xoves, día 14 de xaneiro, o colectivo Almuinha organiza unha charla para tod@s que esteades interesados no tema dos polígonos industriais en Marín.
Será no centro social que esta Asociación ten na rúa Ezequiel Massoni, nº 63, ao lado da panadería A Guía.

P3060076.JPG

A vindeira 5ª feira (xoves) dia 14 de janeiro a A.C. Almuinha organiza umha palestra com o título “Polígonos industriais em Marim”. Terá lugar a partir das 20:00 equiel Massoni 63 res-do-chao) e nela intervirám representantes d@s vizinh@s afectad@s da Brea, do Monte Pituco, da associaçom de vizinh@s de Sam Xuliám, da APDR, de Luita Verde e do Colectivo Nacionalista de Marim.

Como é bem sabido, a posível construçom de um polígono industrial ou de vários minipolígonos na nossa vila está a suscitar um importante debate social desde hai bastante tempo. A este debate hai que engadir as protestas levadas a cabo em numerosas ocassons por parte d@s vizinh@s das zonas afectadas e a oposiçom de várias entidades sociais.

É por isto que consideramos este tema de especial releváncia para o futuro da nossa vila polo que organizamos esta palestra com o obxecto de exponher diversos pontos de vista de várias entidades sociais.

Por último, queremos convidar a todas aquelas pessoas que poidam estar interesadas no tema para que assistam à palestra, tanto a escoitar as diferentes intervençons como a participar dando a sua postura no debate que seguirá ao remate das mesmas, sendo por suposto a entrada de balde.


Feliz ano das oracións

enero 8, 2010

Estas festas do Nadal, a carón do lume, tiven unhas conversas, aparentemente intranscendentes, pero nas que aprendin moito dos meus fillos que non se fian demasiado dos políticos.
Mentras o mais vello auguraba, crisis aparte para non amargar o turrón, que o novo ano ia ser o ano da velocidade porque o AVE vai chegar a todas partes, o fillo mais novo opinaba que a cousa non era tan doada. Mais ben, mentras algúns pobos van ter AVE, outros vanse quedar en “Deus te salve”. Tal é o caso de Marín. (Que non sei eu se Deus vai chegar a tempo para arranxar isto)
Polo tanto, non vai ser o ano da velocidade, senón o ano das oracións.

Dende logo, a perspectiva non me parece moi boa.
Hoxe é o segundo venres do mes e tería que ser día de pleno no concello. Pero o alcalde decidiu aplazalo para o venres seguinte porque aínda lle dura a resaca das festas e non é cuestión de pasar un par de horas con dor de cabeza aturando os ataques da oposición e a presenza repetitiva e molesta dos veciños recalcitrantes.
Por outra banda, parece ser que, aínda que a sesión plenaria quede aplazada unha semana, non se vai falar do PXOM para nada, por moito que os técnicos xa entregaron o documento na alcaldía.
Parece que Fran Veiga non ten confianza no Plan Urbanístico, parece que non está nada convencido, parece que xa non ten aquela cobiza que tiña o ano pasado.
O alcalde está triste. Que terá o alcalde?
Está coma si se lle apagaran aqueles fumes de leña verde que tanto chamaban a atención.

É tan efímera a vida do fume!!
E así andamos, sin presa e con moita pausa…paseniño…paseniño…sin atopar o camiño…esvarando na neve…patinando no xeo…patinando…Deus te salve, Marín…

Caminando

Caminando, caminando,
¡caminando!
Voy sin rumbo caminando,
caminando;
voy sin plata caminando,
caminando;
voy muy triste caminando,
caminando.
Está lejos quien me busca,
caminando;
quien me espera está más lejos,
caminando;
y ya empeñé mi guitarra,
caminando.
Ay,
las piernas se ponen duras,
caminando;
los ojos ven desde lejos,
caminando;
la mano agarra y no suelta,
caminando.
Al que yo coja y lo apriete,
caminando,
ése la paga por todos,
caminando;
a ése le parto el pescuezo,
caminando,
y aunque me pida perdón,
me lo como y me lo bebo,
me lo bebo y me lo como,
caminando,
caminando,
caminando…

NICOLÁS GUILLÉN

A mediados de ano mais ou menos van empezar a campaña electoral que durará os últimos meses, e despois si, despois correrán os políticos e o que non corra vai voar.
Julio Santos fálanos de aterraxes.
Eu penso mais ben que isto é o “despeje”
Un “despeje” esvaradizo por culpa da neve. Recemos para non cair.
“Deus te salve, reina e nai de misericordia, vida, dozura e espranza nosa
Deus te salve, a ti chegamos, chorando e xemendo neste val de bágoas…
volta nós os teus ollos misericordiosos…”