Plan renove

Paisan@s,
Eu estou nun sinvivir
Como podedes estar tan tranquilos?
Como podedes comer sin que se vos quede a “cocreta” atorada na gorxa?
Como podedes durmir, ir de compras, falar polo móvil ou rascar o sobaco mentras o noso alcalde sufre?

Polo amor de Deus, o concello precisa un coche oficial, e vós ahí, tan tranquilos, vivindo a vosa vida coma se nada.

Quérovos decir que eu xa tomei a miña primeira medida solidaria: onte rompín o peto, un precioso porquiño de barro ó que lle tiña un gran aprecio. “Ajarrei” o mazo das empanadas e pun… porco ó carallo.
O meu home e mais eu estabamos a aforrar para ir a Port Aventura, pero pensandoo ben, ¿que hai en Port Aventura que non teñamos no Ecoparque de Cadro?
Así que voulle donar ó concello os nosos aforros. Media vida gardada nun porquiño de barro. En total catro euros con setenta, mais unha tela de araña.

E vós? que pensades facer vós para cooperar?
De momento a única oferta que recibeu o alcalde foi a de Pilar Blanco, que terá todos os defectos que queirades, pero hai que recoñecer que a solidaria non hai quen lle gane
“teño eu unha frajoneta…”
E dixo Muradas
“Quita quita, yo entre legones no voy, que me dan mucho yu-yu”

E di Julio Santos con razón que é indigno dun alcalde ter unha cacharra vella coma esa e que calquera día veremos ó probe Fran empurrando por ela e manchando os baixos do pantalón Massimo Dutti, e que iso é perder a dignidade.
Outros veciños opinan que a dignidade xa a perdeu cando colleu unha brocha e se puso a borrar raias fronteirizas no chan de Estribela para reclamar os nosos metros, e despois consinteu que algunha administración superior nos colocara en Marín uns mapas onde non aparece o porto.

E di Julio Santos tamén que hai que superar as críticas porque son inevitables, pero que un home de tanta importancia que representa a un pobo non menos importante, ten que ter un bo coche, un coche ilustre para darlle lustre ó Ilustrísimo Concello (valga a redundancia).
Un vehículo cuias portas non teña que abrilas a policía municipal usando as palancas que lle requisan ós ladróns de coches.
E preguntan os outros veciños que pasou con aquel Citroen C5 de alta gama e color escuro que estuvo exposto o ano pasado varios días á porta do Concello e que seica era o que iba ser o novo coche oficial, e que o tiñan  ali para que o víramos todos.
Si si, aquel coche que, disque foi un dos varios motivos polos que Benito González tomou a decisión de deixar a concellería económica, porque Muradas quería un Audi coma os de Touriño e a poder ser que tivera os cristales tintados, pero o de económicas non estivo pola labor e dixolle que ou Citroen ou nada.
E que sería daquel coche? Nunca mais se supo.
Tal vez o que pasou foi que os cartos que había gastáronse no pisiño que ten a concellaría de urbanismo na periferia, dotado de métodos informáticos propios do século XXI, ainda que con algún escape de datos.
Non sei.
O único que queda claro é que o Ilustrísimo Concello de Marín precisa un Plan Renove. Porque Fran se lo merece e nós merecémonos a Fran. E como diría John Balan, Fran ten que ir “From Marín to Pontevedra” en algo que valga a pena.
Paisan@s, non critiquemos tanto. Apoiemos sin rechistar.

—————————————–

Dende Marinenses.com

lade1959

Publicado: Jue Ene 28, 2010 1:54 pm

Plan Renove no Concello

Paréceme que Breaseixo ten organizada unha colecta co fin de recaudar fondos para o novo coche oficial do Concello.
Según Julio Santos este vehículo non é digno dun pobo coma Marín.
Se temos en conta que o noso alcalde é unha persoa refinada e se temos conciencia do que representa Marín a “nivel global” na Europa do século XXI, eu estou de acordo.

Julio Santos di que as portas do coche oficial que temos agora, atáscanse e é moi difícil abrilas.

Breaseixo di que para abrilas, os guardias municipais teñen que usar as palancas requisadas ós ladróns de coches.

Os veciños presenciais din que cun pouco de aceite isto tería solución.

O chofer oficial do concello di: “porque no engraso los ejes, me llaman abandonao. Si a mi me gusta que suenen, pa que los quiero engrasaos”.

Eu non digo nada, que todo se sabe, pero aceptamos ofertas monetarias e agardamos a solidaridade de todos
Agradecid@s


28 Responses to Plan renove

  1. Lola dice:

    Ja Ja Ja
    Se breaseixo da catro euros con setenta céntimos para o coche do alcalde, eu dou seis euros. Que non se diga que os veciños non apoiamos a causa.
    De todas maneiras, penso que se os concelleiros do equipo de goberno restaran 200 euros do seu exaserado soldo, o coche oficial quedaría pagado enseguida.

  2. excursionista dice:

    Hoy vamos a cantar una jota que la cosa no es para menos:

    Que dice el señor alcaldee
    que él es una autoridaaa
    y que quiere coche nuevo
    para tener dignidaaa

  3. aproveitado dice:

    Vendo Seat León en buen estado
    Menos de cinco años
    Motor a gasoil
    Amplio maletero
    Tapicería supermoderna y limpia
    Con CD y manos libres para móvil
    Precio a convenir
    Si el ayuntamiento está interesado que pregunte por Josesiño
    Gracias

  4. S.L. dice:

    Compro todo tipo de chatarra.
    Interesados chamen ó número…
    Ou mellor, xa pasarei eu polo Concello
    Grazas

  5. lade1959 dice:

    28/01/2010 at 14:07

    Eu estou disposta a dar 3 euros. Estou no paro e o meu coche ten quince anos.
    Pero… recoñezo que o probe alcalde está peor ca min, el sólo cobra 4000 euros ó mes mais dietas e iso non lle chega a nada. Se o saberemos nós.
    É que hoxe en día os soldos dos políticos xa non son o que eran ¿Verdade?

    Incluso estou a punto de chamar ás monxas para que poñan unha tómbola solidaria.

  6. Lola Flores dice:

    A min encántanme as cancións de excursionista e pídolle que por favor nos cante outra jota aragonesa para a nova rúa Rosalía de Castro, que antes era Jaime Janer.
    Unha jota aragonesa para unha escritora galega.
    Fusión total, coma nos discos de Carlos Núñez, que se mezclan as gaitas coa guitarra flamenca
    Saudos

  7. excursionista dice:

    Será un honor cantarlle unha jota a Lola Flores
    E vouna cantar en galego para que breaseixo estea contenta.
    A ver, ejem:

    A poeta Rosaliaaa
    non quere ser marinenseee
    que xa lle sobran as rúas
    na Coruña ou en Ourenseee

    Díxolle a Jaime Janeeeer
    eu non quero dar traballooo
    nin quero ser de Mariin
    esa tropa do caralloo

  8. anónimo dice:

    Breaseixo a ver se pos un pouco de orden neste blog porque isto xa parece unha plaza pública.
    Aqui calquera pode deixar comentarios, avisos, cancións
    Pero isto que é?

  9. breaseixo dice:

    Isto é un refuxio de almas perdidas.

    Como lle vou pedir pedigrí á xente que me manda mensaxes se eu mesma son can de palleiro?

    Moitas gracias a todos, encántame a vosa compaña

  10. can chihuahua dice:

    Certo é que imaxinación tes de abondo breaseixo, iso ai que recoñocer, agora o plumeiro miraseche tamen de carallo.

  11. breaseixo dice:

    Sinto decepcionarte chihuahua, ninguén é perfecto neste mundo.
    Incluso ti, que eres can de raza, tes unha mezcla de rato.

  12. Erasmo dice:

    Ja,ja,ja. O que me estou a rir de todo o que estades poñendo. A todos enhoraboa po lo sentido do humor.

  13. Revivo dice:

    Estou de acordo, o alcalde non merece ese coche. Xa que estamos en crise, a solución pasaba por vender o coche actual e mercar unha burra vella, e se se deran conta antes ata a poderían empregar para o mantemento do campo de San pedro e non gastar na herba artificial. Sería un transporte máis que digno para ese alcalde e aforraríanse uns cartos.

  14. Love dice:

    I love you breaseixo

  15. breaseixo dice:

    Meu Deus!!
    Quen anda ahí?
    Será a pantasma de John Balan ou o loro trilingüe que ten Feijoo no despacho?

  16. can chihuahua dice:

    E ti erasmo, rite rite.
    As saidas pola rua de marin e parrokias vanxe reducir a carnaval, semana santa e jalogüin.
    Xa chego a trato eu con champy ke fixo nos topa un capirote de cofrade pra ti en semana santa, pal resto vaste ke buscar ti a vida.
    Coma complemento básico un látijo nunha man a lo sado.
    Ocurresen-me moitas suxerencias, ke fuerte!!

    pra mais consultas e suxerencias tópasme no
    nº666-666-666

  17. breaseixo dice:

    Ja Ja Ja
    Ao probe Erasmo, os nosos políticos ándanlle escapados. Din que porque é un palizas. En realidade é que lle teñen un medo coma ó lume.
    Mensaxe para políticos:
    Erasmo é unha excelente persoa, que ten un defecto insufrible neste pobo: É culto

  18. Erasmo dice:

    Ainda con mascarita de carnaval, capirote de sema santa e calabaza de jaloguin non me van a calar nas ruas de Marin. E tamen seguirei indo po las parroquias porque teño bos amigos nelas. Con unha fechiña de viño e un aneco de pan ti ainda non sabes o ca xentiña di meu cansiño. Po lo demais ainda estou agardando a que me rebatan o que poño nos foros sobre os politicos. Eu xa sei que molesto, como tamen molesta Breaseixo pero si non foramos nos os que lle quitamos as caretas, os capirotes e as calabazas os politicos outros tiñan que ser. Xa viran mais que nos fagan a nos bos chihuahuasiña. Isto no acaba mais que empezar.

  19. Erasmo dice:

    Ah¡ xa se me esquencia. Po lo numero que pos o final xa me parecia a min que tiñas un pouquiño de demo. Mais non te preocupes porque eu sei quen che pode facer o meigallo. Si o queres non tes mas que pedirmo. Con Dios, cansiño.

  20. can chihuahua dice:

    Pai Karras,
    non sei si cataches o conto.
    A nai do cordeiro é, que ti veña larjar e larjar, que cantas mais mascariñas ti descobras, mais disfrazado vas ter que ir ti polas beiraruas.
    E a tua amija breaseixo mais do mesmo.
    Agora que eu de chihuahua a can de raza loba soio tes que pedirmo tamen ti.

    Regan.

  21. Erasmo dice:

    Pois ben, lobezno sigue ouveando. Xa sabes, na terra dos lobos ai que facer como eles. Mentras ouves e non trabes todo vai ben.

  22. crazy dice:

    Breaseixo, atopei a menxaxe que lle dedicas a Erasmo e os zoquetes que viven as nosas costas no concello.
    E digo eu,pa pesada miña nai, esa si q’era pesada.
    E si cadraba viña detras teu pai a rematala.
    E quen non caeu ao largo da sua vida, de quanta verdade escondian aqueles bos consellos que nos daban cando a iñorancia era nosa compañeira de viaxe.
    Esa falla que dis ten erasmo, culto,pa esta tropa mais que insufrible é insalvable, ¡iso doe!

  23. breaseixo dice:

    Mais ca doer, produce unha especie de urticaria e algún que outro prurito.
    Ten en conta, Crazy, que os políticos de última xeración coma os que temos nós, foron criados en fogares desinfectados, esterilizados e a base de iogures light, educación light, matemáticas biunívocas e historia contada en historietas.
    Desa maneira, cada vez que se atopan con xente natural, xenuina e cultivada coma Erasmo, empezan a desarrollar síntomas alérxicos.
    Non sei se me explico.

  24. crazy dice:

    Ji..jiii,jjjiiiii…jiii
    A o que lle pique, antistamjnicos.

    A mal entendedor, orellas sordas ou mal lavadas.
    ++++++++++++++++++++++++++++++++++++

    El que regala bien vende, si el que recibe lo entiende.

    +++++++++++++++++++++++++++++++++++++
    ¡¡Basta de silencios!!
    ¡Gritad con cien mil lenguas!
    Porque por haber callado, el mundo esta podrido.

  25. can chihuahua dice:

    Vexo certo resquemor da tua parte breaseixo polo que dixen na miña primeira intervención.
    Non pensei que foras tomalo tan a tremenda. Sei o que dixen e por qué,e non me vou retractar.
    Si algo podo enmendar decirche que a tua coraxe , valía e valentía esta por arriba de todo lo demais.
    ¿Si che sirve?.
    Ole tus narices tia.

  26. breaseixo dice:

    can chihuahua de resquemor nada de nada.
    E menos contra ti.Non sei a que mensaxe te refires pero tes que volver a lelo .
    Resquemor ningún, todo o contrario.
    Apertas meu ratiño ladrador

  27. Erasmo dice:

    Querido cansiño, é po la miña parte tamén. De resquemor, nada. Non quixera eu cos meus comentarios che firiran pra nada. Están escritos con ironía galaica. E iso quer dicir que hay que dar a entender ó contrario do que se di. Por iso che dicía que tés que seguir ouveando.Benvido a este ágora libertario.

  28. can chihuahua dice:

    Ay bah!
    Non se me aflixa erasmo o seu non é ferir, maís ben é mareala.
    Non tes en conta que as tuas verbas van mais aló da fronteira do Reino de Breogan, e non toda a xente que lé o blog leva impreso nos seus xenes esa ironia galaica da que fas gala.
    Pregaria decántese dunha vez , se can de raza loba ou prefire cansiño toy faldeiro.
    A VER QUEN ME VAI DEVOLVER OS CARTOS QUE EMPREGUEI NA PERRUQUERIA DE SANTI EN AFIAR OS PEZUÑOS E MAILOS DENTES.
    En boa hora saimos facendo apoloxia da filosofía de se baixo para arriba quero dicir que subo para abaixo, se entro non é que entro, quero dicir que saio.
    ¡¡ CLARÉESE, ERASMO, CLARÉESE ¡¡

    Eu pensei que estaban só os veciños do lado afetados dalgun virus que tocaballe as neuronas, pero isto xa toma cores de epidemia ou pandemia.
    Vaia una liorta que teñen ahí montada, que non chegue eiqui o sangue porfa.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: