Transporte público

Calquera parroquia se sinte orgullosa de que un ou unha concelleira oriunda, faga cousas por mellorar o sitio onde naceu e se criou, ¿non si?.
É estupendo e maravilloso, e sobre todo, é importante cumplir as promesas electorais e todo iso. pero sin pasarse, caramba.

Aqui en Seixo tivemos unha concelleira do PP, María del carmen García Campelo, que deixou de maravilla a carretera de Aguete, no traxecto que vai ata o club náutico. Por suposto, foi moi criticada pola oposición progresista porque os de dereitas sempre están a pensar nos ricachóns que son socios de clubes náuticos e que teñen cartos para veranear en lugares con glamour e alto standing coma Aguete. Os restos das rúas de Seixo quedaban a velas vir, e sobre todo as aceras de Dr. Otero Ulloa, furadiñas elas ata o extremo de partir caderas, nocellos, tibias, peronés, cúbitos e radios. En fin.
Menos mal que despois de ter esta concelleira tan de dereitas, tivemos un concelleiro mega-progresista chamado Raimundo Calviño, do Pesoe mais socialista e socialisto que te poidas votar á cara, osea.
Raimundo prometeu arranchar a rúa Camiño Vello. Seica  coas aceras de Dr. Otero Ulloa non podía facer nada porque eran da Xunta, e claro, como a Xunta era de Fraga… pois iso.
Así que Raimundo púxose mans á obra coa rúa mencionada, pero pasou un detalle. Non había cartos suficientes. Tende en conta que esa rúa vai dende o cruce que enlaza coa rúa Román Pintos (mais coñecido coma o cruce de Portaleiro), ata talleres Piñeiro.
Son moitos metros eses, un Quilómetro mais ou menos.
Desta maneira, o noso concelleiro tivo que decidir, e  decideu  arranxar os cincuenta metros que foran mais obreros, mais probes e mais socialistas da rúa, osea, os cincuenta metros arredor da súa casa: dende o cruce de Portaleiro ata o cruce da plaza de abastos.
Foron pouquiños metros, eso sí, pero quedou que da gloria vela a rúa Camiño Vello. Cos seus árbores, os seus banquiños para cus cansados, as suas farolas de diseño…todo un glamur.
O malo é que da plaza hacia abaixo, entramos no terceiro mundo. E da de Portaleiro arriba, África profunda (A Brea)
En fin, cousas da política.
Eu supoño que en todas as parroquias de Marín pasan cousas polo estilo dende tempo inmemorial.
En Mogor, por exemplo, parecían abandonados polos políticos dende toda a vida.
Menos mal que agora  teñen á simpar Pilar Blanco, nativa da zona, que vela polos seus veciños ata malcrialos e sobreprotexelos, coma se foran filliños únicos.
Os xubilados están que non poden crer a sorte que tiveron con esta concelleira do Bloque que os trai en palmitas.
Primeiro deixoulle a barriada que aquilo parece o Central Park americano. E non contenta con iso, e xa posta en asuntos de superluxo, non duda en prestar a súa limusina oficial para que os vellos que van á casa de cultura facer ximnasia de mantemento, e sobre todo os que saíron na foto do outro día para glorificar as bondades da renovada Barriada, non teñan que esfrorzarse en subir aquela costa que tira de carallo polo peito
Ben por dona Pilar!
O malo é que agora todos os veciños das restantes parroquias marinenses piden o mesmo trato.
Todos a unha, solicitan transporte público gratuito para as persoas da terceira edade que teñan que desplazarse a mais de douscentos metros da súa casa.
Igualdade para pensionistas e para mediopensionistas!!
Queremos transporte gratuito xa en todas as parroquias de Marín!
Eu mesma, que xa teño unha edá, tamén solicito que o Concello poña unha “Frajoneta” oficial para facer os meus recados, que para iso cotizo.


Estas fotos son da furgoneta oficial do Concello, recollendo xente na barriada de Mogor para levala ata a casa de cultura (tamén de Mogor).
Non as fixen eu.
Mandoumas un veciñ@ que disque se chama Petro e que se apelida Glifo. Non estou segura de que ese nome figure no censo marinense
En fin… Vivir para ver

breaseixo

—————————————

Varios días despois…no Faro de Vigo:


34 Responses to Transporte público

  1. Juanma Rosales Perez dice:

    Son Juan Manuel Rosales Perez,como Presidente de la AA.VV. “Laberinto” de Mogor, estou na obriga en sinalar unha serie de erros neste artigo.
    O primeiro que a iniciativa de utilizar este servizo, non foi da Sr. Concelleira ,senon dunha peticion veciñal dun grupo de veciños da miña Parroquia, que se atopaban na tesitura de co deplazamento ata a nosa Casa de Cultura era moi problematico, xa que son xente maior que nalgun caso teñen unha serie de problemas de saude e non van a clases de ximnasia de mantemento a Casa de Cultura ,xa que esas clases xa se imparten na Barriada no seu Local Social, senon que van a clases para aprender a leer e escribir, cousa que non poideron facer no pasado e agora gracias a unha iniciativa xurdida desta AA.VV. e coa axuda do Concello podemos levar a cabo.
    O uso da “Frajoneta oficial” no é mais unha coincidencia xa que esa misma furgoneta é a que traslada as brigadas de traballo e en lugares de estar aparcada mentras traballan as brigadas de limpeza e desbroze, o conductor voluntaria traslada a esta xente maior a aprender a ler e escribir.
    Porque ainda que non o crea no noso Concello hai xente que non sabe leer e escribir e teñen a inquietude e o valor necesario para loitar contra ese “problema”.
    E ese veciño chamado Petro-glifo, aburrese moito e non tiña mais que falar coa xente e enterarse das cousas porque eu non teño medo de esconder tras un seudonimo as cousas se fan de frente.
    Que si temos a coincidencia de a Concelleira e de Mogor ¿e que?, as obras de Barriada eran necesarias coma son necesarias as Aceras de Xan Xulian,etc…, non hai que ser tan cerrados de mente e antes de publicar algo polo menos preguntar e contrastar o que che contan.

  2. lade1959 dice:

    Estupendo, Juanma Rosales, o que ti dis.
    Pero os das demais parroquias queremos o mesmo trato.
    Parece que para os do BNG estableceron unha fronteira no Pozo da Revolta, e dalí pa diante non pasan.
    Por exemplo, os taboeiros para pegar carteis informativos, esquelas etc, que en Mogor hay setete ou oito e na parroquia de Seixo, que inclue a Brea, Loira,m Ague, Castro etc non hai nin un. En Ardán tampouco.
    É moi xeneroso por parte de Pilar Blanco usar a furgoneta para un fin tan encomiable, pero lembra amigo, que do Pozo da Revolta para acá, tamen hai vellos nas mesmas circunstancias ós que ninguén lle fai caso.

    Por outra banda, asegúroche que a muller que se mira na primeira foto con sudadera vermella e pantalón Blanco, é asídua da discoteca “La luna”, e baila de puta madre toda a noite, non me parece a min que teña moitas carencias para camiñar. Non son eu quen fixo a foto, pero esta señora é moi coñecida en Marín.
    Ela non ten culpa deste asunto, por suposto, ademais é moi simpática pero, unha vez mais eu solicito igualdade para todos, o mesmo ca breaseixo
    Saudiños

  3. Juanma Rosales Perez dice:

    porque en lugar de tirar cada un para si ,no tiramos todos a unha como Fuenteovejuna

  4. Juanma Rosales Perez dice:

    para facer de Marin un lugar mellor, vamos digo eu

  5. breaseixo dice:

    Estimado Juanma,
    agradézoche moito as túas puntualizacións.
    Efectivamente deberíamos estar todos no mesmo carro e tirar todos nunha sola dirección.
    Desgraciadamente, a raiz de todo o acontecido co polígono industrial-empresarial ou como queiras chamarlle, da Brea, os veciños desta zona estámonos a dar conta de que o Bloque nos ten bastante discriminidados, moi discriminados, diría eu.
    Lade 1959 fai referencia os taboeiros de pegar información, eu poderíache falar de que aqui non restauraron os lavadoiros, coma noutras zonas, e a fonte da Rousida, por exemplo, non vota auga porque as tuberías están atascadas dende unhas obras que se fixeron na carretera e ninguén volveu para arranxala porque total iba desaparecer coas obras do polígono. No camiño de Aguete pasa o mesmo etc etc.
    Realmente é encomiable que se use unha furgoneta oficial para unha labor tan solidaria, pero aqui en Seixo houbo un curso para a estimulación da memoria e prevención de alhzeimer e viñan moit@s vell@s dende Loira, Aguete e Ardán. Pero tíñanos que traer os seu familiares en coches particulares porque non había axudas oficiais.

    Eu digo que ¡Ben por Pilar Blanco!, pero tamén digo ¡igualdade para todos!.

    A túa mensaxe corrobora que non minten as fotos nin minto eu.
    E a señora da sudadera vermella, recoñecida por lade1959, é a mesma que sale na foto do Diario facendo exaltación das obras na barriada. Invito a quen o queira corroborar que se buscan a entrada que se chama “Bloque party na barriada” verán a esta señora cun anorak de color laranxa e un bolso vermello colgado do brazo. Por iso mencionei o asunto.

    Unha vez mais,Juanma, moitas gracias.
    As túas palabras son importantes para que a xente compare e poida opinar libre e independientemente.
    Tes toda a razón cando pides nun Marín mellor, a min tamén me fai ilusión
    Apertas

  6. Juanma Rosales Perez dice:

    O dos taboleiros, non foi ocorrencia da concelleria, foi unha peticion, se todos empuxaramos, todos e cando digo todos e todos, non podemos quedandonos vendo dende a barreira coma Moaña,Bueu, Cangas, nos adianta e nos quedamos rezagados, temos que loitar entre todos eu loito dende Mogor,para que os meus veciños teñan todo e mais, pero Mogor é so unha Parroquia, temos que ser os cidadans os que nos fagamos oir, forte e claro en todolos problemas que afectan a todos

  7. MontePituco dice:

    Permitídeme que interveña no cruce de comentarios. E vaia por diante a miña admiración para este espazo virtual, pola súa capacidade para xerar tanta participación social.
    …A unión veciñal, que fermosa utopía. Vai esta reflexión a conto da problemática que existe en San Xulián a respecto dos detractores e dos partidarios do polígono industrial/empresarial no sufrido Monte Pituco. Se xa é difícil a cohesión interna das propias parroquias, canto máis as diferentes parroquias entre si. Só desta maneira é posible avanzar; mentres en Marín remamos cada un para onde pode, outros concellos van vento en popa.
    Malia todo, cómpre que loitar polas utopías, procurar que entren en razón mentes obtusas que só atenden intereses particulares a costa de lesionar as leis que nos rexen a todos.
    Pero esto xa é “fariña doutro saco”. Únome, por suposto, aos desexos de progreso para a nosa vila.

  8. Carmen de Mogor dice:

    Eu son unha veciña afetada pola páxina que vostede escribe.
    As peronas que imos nesa furgoneta, non sabemos ler nin escribir e temos mais de 75 anos.
    Os do ayuntamiento facíannos o gran favor de levarnos na furgoneta ata a casa de cultura porque nos somos vellas e non podemos subir esa costa. Nós estabamos moi agradecidos ó ayuntamiento por facernos ese favor.
    A furgoneta sólo nos subia pero nunca nos baixaba e tiñamos que ir no medio dos lejóns.
    Agora pola sua culpa quedamos sin esta axuda.
    Vostede con esta páxina está a facer moito dano.
    E todo porque está enleada polo PP que lle vai con contos.
    Nós non vamos a gimnasia de mantenemento, nós vamos aprender a ler .
    Dios lle dea todo o que merece

    • Revivo dice:

      Dano está a facer o Concello de Marín as demais parroquias que están esquecidas. Ata onde eu sei, e recoméndano os médicos, ás persoas maiores o que lles fai falta é andar. A miña bisavoa iba de Bueu ata Pontevedra andando cunha cesta de peixe enrriba da cabeza e nunca se queixou, así que menos choromicar que da casa de cultura á barriada hai un cachiño de nada. Está claro que isto ou é para todos ou non é para ninguén. Outra cousa, non está ben facer acusacións, como a que vostede fai, sen ter probas. Por último , dicirlle que escribe bastante ben como para non saber facelo.

    • galizalibre dice:

      vostedes o que son e unha asociacion benefica ou que? eu fai anos vivin en mogor e sei a distancia que ahi a casa de cultura non veña contando milongas que non son tan vellas e como as coñezo de anos atras sei quen son as das fotografias e cando fai bo tempo ven que veñen ata Marin camiñando e creo que ahi moita mais distancia que onde van,ou seica me equivoco,asi que a fecer perna que pa unhas cousas son ‘vellas’e pa vir a Marin son mozas. O que non ahi e vergonza Sra.Carmen. So unha pregunta ¿e acaso vostede secretaria da asociocion?

  9. Un da Brea dice:

    Moi sensatas as palabras de Monte Pituco. Esas mesmas palabras eran as que usaba breaseixo fai un ano, cando loitaba denodadamente por manter unidos a todos os veciños das distintas parroquias, antes e no momento daquela famosa manifestación.
    Foille moi difícil porque, como di Monte Pituco, cada un tira pa si.

    E ó señor Juanma Rosales quero decirlle que así non se fan as cousas.
    O presidente dunha Asociación de Vciños non pode actuar dunha forma tan chapuceira (permítame a expresión), de meter ós vellos nunha furgoneta chea de legóns, así de tapadillo. ¿E se hai un accidente? ¿Quén se fai responsable?.
    Para trasladar a estas persoas, debeu vostede solicitar as axudas corresponentes no sitio adecuado, e facer as cousas como Dios manda.
    Agora resulta que descubreuse o pastel e vostede vótalle a culpa a breaseixo, cando non é así porque este caso xa foi tratado no apartado de rogos e preguntas do pleno do mes de decembro e a cousa estábase a investigar.
    E a segunda chapuza que cometeu vostede, señor Juanma, foi decirlle ós vellos afectados que a culpa do que pasa téñena os veciños da Brea, ¿e así como pretende buscar a unidade?
    Resulta que lle dou vostede a estes vellos o número de teléfono dunha veciña da brea chamada Carmen Santos, unha das portavoces da plataforma contra o polígono, para que a chamen e lle digan o ruín e mala que é, e o dano que lle está a facer a estes vellos.
    Menuda profesionalidade a súa coma presidente e representante veciñal, Juanma!

    Eu penso que aquí o mais culpaable de todos é vostede. Primeiro por ser tan irresponsable de meter os vellos no medio dos legóns, segundo por actuar fora da leis, e terceiro por malmeterlle ós probes vellos para que insulten gravemente a unha veciña que nada ten que ver con chanchulladas.
    Saudiños a todos e forza montepituco

    Unha vez mais lle repito

  10. vecino de Marin dice:

    Yo estuve en el pleno del mes pasado y la oposición hizo una pregunta sobre este tema.
    Es cierto que ya andaban encima de este asunto, por lo tanto no es ninguna novedad.
    A juanma le digo que de todas todas, se iba a quedar sin furgoneta, con blog breaseixo o sin blog breaseixo, porque las leyes están para cumplirlas.
    Y como bien dice el vecino de a brea,¿Que pasaría si hubiera un accidente?.

  11. MontePituco dice:

    Grazas, “Un da Brea”, polos ánimos. E aproveito, co permiso de “BreaSeixo”, que é tan boa anfitriona, para dicirvos que Defende o Monte Pituco tamén ten un blog, http://montepituco.wordpress.com, onde tamén imos debullando o noso modesto día a día nesta loita.
    Por último, engadir tan só que os insultos endexamais están xustificados, que se pode discrepar sen perder o respecto e que na liberdade de expresión ben empregada está un dos pilares da democracia. Força!

  12. Juanma Rosales Perez dice:

    para contestarlle a “un da Brea”, primeiro a profesionalidade se demostraria se eu me dedicara profesionalmente a ser presidente de una Asociacion de veciños e cobrara dela ,cousa que non ocorre asi, o mellor vostede e profesional do disparate.
    Segundo a inicitiva non sei se vostede o entendera saiu dos veciños, un grupo de veciños e veciñas non da miña persoa, a miña unica iniciativa foi cos meus veciños que non saben nin leen nin escribir aprenderan ,se ese é o meu delito enton si que son culpable.
    O tema do accidente ese era un risco que os meus veciños pola sua conta e risco pretendian correr.
    Terceiro eu non votei a nadie en contra de esa tal Carmen nada mais lexos da miña intencion, na rede pode entrar calquera. É moi facil decir o que a un se lle ocorra sen dar o seu nome eu non me escondo sempre dou a cara ,anque ma partan. Por ultimo e xa para rematar, segundo vostede que leyes se estan imcumplindo, porque non sera vostede avogado ou garda de trafico, gustariame sabelo.

    • 2000 dice:

      Sr Juanma Rosales:Parece mentira o que consigues;¿cóntanos como o fas?.Sin acritude.Agora non veñas a remendar nin a dicir tonterias. Se ti eres o presidente dunna asociación; vamos, deberias ter cabeza e vergoña. E a señora Pilar Blanco deixara a política e adicarse a outra cousa. o que contas non ten nin pes nin cabeza.Si o sabe o teu barrio, eu que ti emigraba , vas vendendo a tua legalidade e a tua honradez pero xa non enganas a ninguen so a uns poucos da terceira idade que che fan caso.

  13. vecino de Marin dice:

    Matar al mensajero, es una táctica empñeada desde la época de los romanos,o antes.
    Los del bloque, que ya estaban nerviosos por este tema, aprovecharon esta página para desvincularse, Juanma, que no sabía como decírselo a los vecinos, les dice que esta página tiene acojonados a los nacionalistas y que por culpa de breaseixo se van a quedar sin transporte, los vecinos de Mogor culpan a los vecinos de A Brea de sus males y todo solucionado.
    Los del BNG se quedan tan panchos, eso sí, dejando caer que breaseixo está trabajando para el PP.

  14. breaseixo dice:

    Eu espero que este tema se solucione.
    Tal vez os concelleiros se poñan a traballar un pouco e consigan que o local social da Barriada de Mogor se poida abrir para estas persoas.
    Saúdos

  15. un mais dice:

    Realmente, paréceme patético todo esto que está a pasar.
    Nesta páxina acaba de denunciarse un acto ilegal patrocinado por unha concellería do bloque e resulta que os vellos estes lle votan a culpa ós veciños da brea de non poder continuar coas súas actividades.
    Isto é realmente demencial.
    En primeiro lugar, as actividades continúan o seu curso na casa de cultura de Mogor.
    En segundo lugar, o que teñen que facer estas persoas se non poden subir a costa, é buscarse a vida solicitando transporte por medios legais.
    Isto é o que fan todos os vellos e todas as vellas de todas as parroquias de Marín para ir as súas actividades, por exemplo piscina, cursos de memoria etc.
    E por Deus, que non veñan estes a facerse as víctimas.
    Nas fotos que todos podemos ver, non aparece ninguen en cadeira de rodas nin con bastón nin con muletas. Moi ó contrario, vexo persoas moi espelidas.

    É encomiable que unha persoa maior teña interés por aprender a ler ou aprender o que sexa, pero non culpen a ninguén dos seus males.

    Estarán contentísimos os do bloque porque mataron dous paxaros dun tiro: Librarse de ter que andar cos vellos na furgoneta e que os culpables sexan outros.
    Típico do BNG, votarlle a culpa ós demais.

    E hai unha cousa que se pode decir a favor de breaseixo: Nunca se meteu coa vida privada dos políticos, nin publicou os números de teléfono de ningún concelleiro para que os veciños o chamaran á súa casa.
    Breaseixo, esta é a primeira mensaxe que escribo. Fago isto para decirche que estou da tua parte.
    Apertas

  16. Rubén dice:

    Yo soy una persona mayor que vivo en Marin.
    Nunca lei esta pagina pero alguien me hablo de lo que esta pasando con esta gente de Mogor.
    Quisiera decirles a todos que si esta gente quiere ir a la casa de cultura y no puede fisicamente, las asistentas sociales de Marín pueden gestionarles el transporte de alguna manera.
    Yo les recuerdo a todos que el BLOQUE ocupa las concejalias mais importantes de nuestro pueblo, entre ellas la de cultura. Estoy seguro que la señora Ester Crespo les podría alludar.
    Lo que no pueden hacer estas persona es ir en el coche de las escobas. Eso no se hace.
    El ayuntamiento tiene dinero para cosas como poner autobuses para las manifestaciones de Santiago o de Madrid. Tiene dinero para muchas cosas y me parece que esta muy mal que no piensen en la gente mayor que hace esfuerzos para aprender a leer y escribir.
    Le pido a la concejala Doña Luz Santiago que piense un poco en los viejos y le pido al señor Juanma que haga las gestiones bien hechas.
    Los viejos no somos basura ni somos escobas ni somos material de cambio para intereses políticos.
    Pido mas respeto para la tercera eddad y me alegro de que estas fotos salieran a la luz porque asi todo marin puede ver lo que el ayuntamiento hace con nosotros.
    Ya solo falta que nos metan directamente en el camion de la basura.
    Por Dios mas respeto

  17. necoriña dice:

    Mirade unha cousiña
    ¿e non se vos ocurreu pensar que ese tal Petro-Glifo que lle mandou as fotos a breaseixo podería ser a mismísima Pilar Blanco?
    O mellor para ela era esa a mellor maneira de quitar de enriba os vellos estes sin que lle poideran votar a culpa.
    Breaseixo eu non sei se o fin e o cabo estarás sendo manipulado polo mismo bloque. Pensao ben, a ver se te van a estar utilzando para quitarse do lombo o marrón dos vellos estes.

  18. Metropolitano dice:

    Al Sr. Juan Manuel Rosales Pérez:
    La Flagoneta y el conductor que la lleva son del Ayuntamiento y para los fines de trasladar a su personal y para ninguna otra cosa más. No puede llevar heridos, personas discapacitadas, personas mayores o niños y su conductor no puede tampoco hacerlo ni prestarse a hacerlo. Piense que en el caso de que sucediese algo como un accidente tan fortuito como que se tropiece al entrar o salir de la furgoneta, el seguro no se haría cargo y esto iría en perjucio de las personas que transporta y del conductor que lo hace porque está incumpliendo el fin al que está destinado el vehículo y debería responder él personalmente.
    Para transporte de personas con movilidad reducida hay transportes especiales de la Xunta (065), para niños debe ser un transporte autorizado y para otras personas, los taxistas. Hacer esto es competencia desleal, utilización ilegitima de un vehículo de transporte y mal uso de bienes públicos.
    No puede Vd. justificar esto de ninguna forma y piense sobre todo en expone al conductor a ser denunciado y al resto de personas a un riesgo.

  19. Uxia dice:

    Xa todos estabamos acostumados a manipulación do PP,o sorprendente é que os compañeiros do B.N.G fagan o mesmo cos veciños da Barriada.¡Que vergoña¡.Unha aperta para Breaseixo.

  20. marin2010 dice:

    yo en referencia a la tal carmen,que la verdad para no saber leer ni escribir se le da muy bien la informatica poque digo yo que las clases no las daran con ordenadores.No vayan dando pena de que son tan mayores que a ciertas edades hay que mover el cuerpo si no se les atrofia y de nada les vele las clases de alfabetizacion,y en referencia a Pilar se ve que tiene favoritismos con determinadas AA.VV.y todo el mundo es igual.Un poquito de verguenza es lo que hay tener Sr Juanma

    • haiqueroelo dice:

      Que razon tes marin2010,a siñacarmen di que non sabe ler nin escribir, pero como se defende a siñacarme de mais de 75 anos nisto da internete. Siñacarme de verdade que e tan maior?. ¿É vostede a mesma que di “lade 1959” que está na lua, e vaila que rabea. Siñacarme,igualmente delle deus o que merece. FELICIDADES BREASEIXO POLA TUA DENUNCIA. Este MARIN é un cachondeo. Pilar Blanco os do teu partido estaranche moi agradecidos polas tuas actuacions.

  21. marin2010 dice:

    breaseixo te apoyamos para que denuncies todas estas irregularidades del bloque,esto es vergonzoso

  22. breaseixo dice:

    Amigos, por favor,
    eu sólo intentaba dar a coñecer unha pequena irregularidade da Concellería de Medioambiente.
    En ningún momento pensei que este asunto iba ter tanta relevancia e tanto escándalo. Sólo era unha mais das moitas irregularidades que se dan no concello de Marín.
    Por suposto que nunca tiven intención de facerlle mal ós veciños. E dende logo, estou segura de que, indirectamente, fíxenlle un favor ó conductor da furgoneta, porque se hai algún accidente a cousa iba ser gorda, como moi ben nos explica Metropolitano.

    A señora Carmen, veciña da Barriada que mandou unha mensaxe, fíxoo a través doutra persoa que transcribeu palabra por palabra o que ela quería decir. Ela non ten ordenador nin entende moito o que significa un blog. Nin é a persoa que baila na Lúa.
    Os veciños non teñen culpa de nada.
    Se lle poñen un coche á súa disposición, montan nel encantados aínda que vaian no medio dos legóns.
    A culpa téñena outros aínda que vaian con boa intención.
    Saúdos e moitísimas gracias, pero moitas e sinceiras, a todos.

  23. veciño de sanxurxo dice:

    estou flipando, non sabia deste blog, levo casi todo o fin de semana a leer,non solo desde tema senon de todos o que se levan comentando.Felicidades Breaseixo,fantastico a teu traballo.
    Volvendo a o tema que nos ocupa,a miña opinion e que todo e unha maniobra do bng, mais ben da sua concelleira Pilar, primeiro contenta os veciños ofrecendolles un transporte irregular e despois para desfacerse deles ela misma o denuncia e votalle a culpa o pp que iso daselle moy ben.

  24. ardan 2000 dice:

    que hace la señora carmen en clases para aprender a leer y escribir con lo bien que se maneja en internt?

  25. galizalibre dice:

    non e que teñan un transporte irregular teñen a fragoneta a disposicion desta xente tan maior que seica non poden camiñar y inda poriba o Sr. Juanma defende estas cousas,se lles chega a pasar algo quen se fai responsable o concello ou AA.VV. Laberinto? xa vasta de tantas patrañas

  26. un de seixo dice:

    Acabo de ler esta entrada de breaseixo e non saio do meu asombro.
    En primeiro lugar opino que se breaseixo non existira habería que inventala. De verdade que Marín necesitaba algo así dende fai moito tempo.
    E despois, en referencia a este asunto da barriada de Mogor, o que eu opino é o seguinte:
    Aqui hai chapuzas por todas partes. En promeiro lugar a concelleira Pilar Blanco que non hai por onde collela. En segundo lugar o conductor da furgoneta por prestarse a facer un traballo que non lle corresponde (algo raro nos funcionarios, que sempre andan a mirar moito o que lles corresponde ou non). E en terceiro lugar o9 señor Juanma, presidente de Laberinto, que di el que pensa moito nos vellos estes. Se en realidade Juanma pensara nos vellos o que tiña que facer sería solicitar estes cursos para o centro social que teñen na Barriada, e así esta xente non tería que desplazarse.
    Non hai un centro social na Barriada? Pois que o usen
    E xa está ben de andar a enredar cos sentimentalismos.
    Se Pilar Blanco ou Juanma non queren que existan páxinas denunciadoras coma a de breaseixo, téñeno moi fácil: Non cometan ilegalidades.
    E por favor, deixen vostedes de manexar ós proves vellos que xa bastante desgracia teñen con ter pouca cultura.
    Saúdos a breaseixo e a todos os seus lectores

  27. excursionista dice:

    Dinde Sanxurxo a Bilbao
    me voi por toda la orilla
    montado en la frajoneta
    al lao de las escobillas.

    Unos me dicen que bloque
    otros dicen que Pepee
    y yo les digo contento
    voy aprender a leeer.

  28. Alberto dice:

    Gracias a los detectives que tenemos en mogor. Son dignos de una nomina en el Diario.

    • haiqueroelo dice:

      O QUE NON É DE LEY, NON É . O QUE NON SE PODE FACER NON SE PODE FACER. E O QUE TENDES QUE FACER E DARLLE AS GRACIAS A QUEN VOS FAI TANTOS FAVORES. DETECTIVES SON O QUE FAN FALLA PARA PERSEGUIR OS JETAS.

  29. oquesedi dice:

    como dician fai anos ‘vayase Sr Gonzalez’ pois agora que se vaia a ‘Sra pilar blanco’ e despois o defensor de pleitos perdidos’Sr Juanma Perez Rosales’ dimision, dimision xa

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: