Sin papeles

A estas alturas unha xa non tería que sorprenderse nin asustarse por nada do que aconteza no concello de Marín.
A nosa idiosincrasia chega a tales extremos que, incluso Ruibal, concelleiro de turismo, tería que poñer nos folletos turísticos o lema “Marín is diferent”.
Marín é diferente, Marín é peculiar, e os políticos marinenses son, con toda certeza, incompetentes ata acadar as mais alta cotas.

Desoíndo as protestas de miles de veciños e mais da oposición, presentaron no ano 2008 un proxecto de PXOM tan mal feito que non había por onde collelo.
Negábanse a corrixir varios puntos porque, según palabras do alcalde, non se podía retrasar un asunto tan importante para Marín.
Despois dunha gran loita cos veciños e a consecuencia dun cambio de Goberno na Xunta de Galicia, atopáronse con que non lles quedaba mais remedio ca retirar as
mini zonas industriais-empresariais da Brea e Vista Alegre, e fixérono sin volver a expoñer o proxecto ao público para non retrasar a súa aprobación na Xunta.
“Marín necesita este Plan Urbanístico con urxencia. Despois de 32 anos sin PXOM, este asunto é algo prioritario para nós e non podemos retrasalo nin un día mais”, decía o alcalde.
O concelleiro de urbanismo, señor Vilaboa, aproveitaba para culparnos ós veciños opositores de que “o plan” sufrira tanto retraso.
Por fin, despois de tanta loita e tantas declaracións na prensa, e tanta chamada á unidade e á responsabilidade de todos, recibimos a noticia de que antes de fin de ano (mais ou menos en setembro), o PXOM marinense iba estar rematado e disposto para presentar nas Consellerías correspondentes.

Pero o Plan non estivo en setembro nin en outubro nin en novembro nin no Nadal, a pesar de que o concelleiro de urbanismo insiste unha e outra vez que este PXOM vai estar aprobado este mandato.
Os dous partidos da oposición levan xa moito tempo a queixarse da falta de interés que lle entrou ó alcalde, e da falta de respònsabilidade que está a demostrar o equipo de goberno, que despois de tanto culpar a veciños e oposición de poñer trabas e pegas para que o plan non vaia adiante, agora son eles os que teñen todo parado.

Despois de catro meses sin que se xuntara a comisión para o estudo do Plan urbanístico, o lunes día 11 de xaneiro foron convocados todos os membros para traballar no asunto, pero…”¡Ay mísero de mí, ay infelice!” … resulta que cando chegaron alí, atopáronse con que faltaba un documento: alguén se esqueceu de solicitar na Xunta un informe medioambiental.
Polo tanto, ese PXOM tan deseado por todos, ese PXOM tan agardado, ese Plan, “El Plan” con maiúscula, vai ter que seguir en compás de espera durante meses ou, quen sabe, durante anos porque os técnicos encargados de redactalo e os políticos encargados de presentalo, son tan inútiles que nin siquera se deron conta de que tiñan que solicitar un informe medioambiental.
Como ben sabedes tod@s, non é a primeira vez que pasa isto cos nosos concelleiros. Lembrade cando Ruibal xuraba e volvía a xurar que tiña documentos que confirmaban que a Xunta iba mandar cartos para o campo de futbol de San Pedro, pero eses documentos non apareceron.
Ou cando o mesmo Ruibal non pudo abrir a caseta de turismo ata ovintetantos de xullo porque non presentou a solicitude de contaratación de personal na Deputación, pero el afirmaba que si e que si e que si.
Os nosos concelleiros son famosos en todas as institucións da Xunta e da Deputación porque nunca chegan a tempo para presentar os documentos.
E siguen sin escarmentar.
Unha vez mais, estamos sin papeis.
E con tanta xente lista como hai no paro, nós estamos a manter un rebaño de parvos.
A ver se os respectivos partidos políticos van tomando nota e para as próximas eleccións buscan “xente que valga a pena” e non nos volvan a poñer “xente que da pena”

Este Plan tan-ton-tin
¡a mín plin!
Faríame mais tilín
sin tanto pimpín

Faro de Vigo

Domingo 10 de enero

2 Responses to Sin papeles

  1. lade1959 dice:

    É moi certo que o noso concello está cheo de pimpins e desa maneira non imos a ningunha parte.
    É que non saben nin cal é a documentación que hai que ter para facer un PXOM?
    Este alcalde é un figurín que solo sirve para disfrazarse de rei mago e para lucir a garabata.
    Para iso hai outras profesións mais acordes coa sua valía e que non perxudican ós veciños.
    Veiga dimisión!

  2. veciño dice:

    A ver, a ver
    Vós déstevos conta do que di o titular do Diario de Pontevedra?
    “Un informe de la Xunta vuelve a retrasar el PXOM marinense”
    Hay que ler despois a letra pequena para darse conta de que o culpable de que falte ese informe non é a Xunta, senón a nosa alcaldía, que non o solicitou no seu momento.
    Bo intento por parte do responsable do Diario para confundir ós lectores.
    Todos sabemos que o BNG págalle unha cantidade sustanciosa ó Diario para que lle faga propaganda, pero unha cousa é a propaganda e outra moi distinta a terxiversación.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: