Fai uns días publiquei aquí unhas noticias aparecidas na prensa nas que o sindicato USO denunciaba irregularidades na Concellaría de Urbanismo.
O meu Post titulábase o chiringuito , nome que popularmente se usa para denominar o piso onde as concellarías de medioambiente e de urbanismo teñen as súas oficinas.
Onte, o señor Vilaboa, concelleiro aludido, saleu na prensa para negar todas as acusacións que fixera o sindicato U.S.O. en contra del.
E di Vilaboa que “O funcionario denunciante está resentido por perder as súas prebendas” e por iso minte.
Mentir está mal, non sólo porque queda feo, senón porque mais tarde ou mais cedo, as mentiras poden pasarnos factura.
Eu xa sei que os cidadáns e mais os da aldea, xa estamos afeitos a que os políticos nos conten algunha que outra mentiriña de cando en vez…¿non si?…ah pillabáns!
Pero o caso do BNG marinense ten delito.
Cantas veces os pillamos In fraganti coas mans na masa?
E que xa non se poden contar, caramba.
Tanto Ruibal, ese inventor de documentos inexistentes, coma Vilaboa, ese ocultador de documentos existentes, xa nos teñen anestesiados e insensibles con tanta trapallada e tanta andrómena que inventan.
Non deixa de sorprenderme cando algún lector do meu blog me di “breaseixo a ti véseche o plumeiro”. Hai que ver o desgaste de enerxías que pon a xente en verme o plumeiro a min, pero que pouco se molestan en descubrir o plumeiro dos políticos.
En resumo, que unha vez mais, o que minte é Vilaboa e non o funcionario.
Que para decir mentiras hai que ter moita cabeza, e non me refiro ó tamaño, que Vilaboa ten de abondo, senón á calidade do producto. E ahí non hai nada que facer. Siniestro total.
E por que hai que ter cabeza? pois porque para xustificar unha mentira hai que contar tres ou catro mais, ou dez ou doce, e cando te queres dar conta estás metido nun labirinto e non sabes cómo saír. Por poñer un exemplo sólo tendes que lembrar o asunto dos planos do Plan Vigo Íntegra aqui en Marín.
Estarédesvos a preguntar por que lle chamo mentireiro a Vilaboa (unha vez mais), e que sei eu de todo este asunto das facturas.
O único que vos podo decir é que esta mañá atopeime coas ditosas facturas de pura casualidade, así sin querer e sin pedilo.
Aqui volas amoso.
E que seades vós os que teñades a última palabra, coma sempre.
Ante todo quero deixar claro que non sei quen é ese funcionario do que fala Vilaboa, se o vexo pola rúa non o recoñecería, como non coñezo peroalmente a ningún representante do USO
A factura que Vilaboa di que se presentou o día 5 de xuño por error e que non era una factura einon unha oferta, non é tal. A oferta ten data do día 5 de Maio. A factura está rexistrada e ten número.
Para ver as facturas facede clic aqui:
ofertas(3)
———————————–
Dous días despois de que o Vilaboa falara na prensa, o funcionario volve a riterar a súa denuncia:
Os detalles parece ser que foron estes según me contan:
- A empresa Imatia Innovation con sede en Vigo proporciona programas de aplicación para Ayuntamientos denominados “Cividas” e que corresponden a xestión informática relacionada con Urbanismo. Esta empresa entra en tratos co Concelleiro Vilaboa Ramos cando xa están instalados no “chiringuito”, e instala nos ordenadores esta aplicación.
- O día 5 de Maio de 2009 proporciónalle a oferta ou presupuesto da aplicación e o contido da misma.
- O día 5 de xuño de 2009 (un mes mai tarde) entra no concello a factura nº 092/2009 da empresa Imatia Innovation por importe de 20.000 € e que corresponde ó suministro do programa que consta na oferta do día 5 de Maio. Esta factura queda rexistrada no rexistro xeral de entrada de documentos do concello co número 5530 e data de 5 de xuño de 2009.
- Odía 15 de xuño de 2009 entra no rexistro xeral de documentos co número 5930 o denominado “contrato de confidencialidad” que remite Imatia Innovation e que é un trámite necesario en toda contratación para o mantemento da aplicación suministrada. Ese contrato se remite firmado para que por parte do concello se firme e se remita un dos exemplares selado.
- Esto da orixen a que alguén se da conta da metedura de pata de remitir a factura (nº 092/2009) e o contrato de confidencialidade sin que o concello adxudicase nada a esa empresa e isto da lugar a que ese mismo día 15 de xuño de 2009 no que entra o contrato de confidencialidade, se lle pide á Interventora o informe sobre a consignación presupuestaria para a proposta que fai o concelleiro Vilaboa Ramos propoñendo xa directamente a esta empresa.
- Dous días despois de iniciarse este trámite, eodía 17 de xuñoo, queda regxstrada no Concello co número 6037 do seu rexistro xeral, una nova factura de Imatia Innovation por -20.000 euros que anula a anterior (nº 092/2009). Ao constar na sua contabilidade e constar tamén rexistrada no concello a la primeira, obliga a facer a rectificación coa segunda en importe negativo. As empresas facturan por servizos prestados, no podendo emitir facturas por servizos non prestados. De ahí o suposto error que di Vilaboa Ramos, pero o único error foi que a empresa lle enviou a factura. Para xustificarse di que esa factura (5 de Junio) era en realidade unha oferta, pero e que a oferta e dol 5 de Maio (un mes antes) e ese documento é o quelle pasan como oferta á Interventora para que faga o seu informe.
- O informe da Interventora é o que se lle pide (únicamente que informe se existe ou non consignación presupuestaria). Non hay ningún informe relativo ó programa a suministrar, si se reúnen as condicións técnicas e non hay ningunha outra oferta
- Odía 29 de xuño, despois do trámite do informe da Interventora, se lle notifica a Imatia Innovation que se autoriza o gasto e se lle adxudica la implantación do programa informático.
- Dous dias desois, o 1 de Xullo, a empresa confecciona a factura nº 107/2009 por importe de 20.000 euros e correspondente ao suministro de programa informático. Ao dia seguinte, día 2 (xoves) presentase no concello e o lunes día 6 se ordena o pago mediante a resolución.
A adxudicación e suministro de bens e equipos en importe superior a 18.000 euros está delegada na Xunta de Goberno Local que suele celebrar sesions os xoves. Había tanta presa en acometer o pago que non se fixo nin este trámite. Por suposto que tampouco hubo oferta aberta ou libre concurrencia para unha cuestión técnica como é un programa informático e non interveu para nada o personal informático do Concello.
Si se consulta a página web do Concello, non hay ningún enlace ou forma de realizar trámites administrativos no departamento de Urbanismo de forma electrónica como teñen outras Administracions Publicas. A razón está en que non teñen forma de interconectar o programa coa página web. Este tipo de trámites esixe persoal especializado, unha boa organización, un traballo continuo e controlado con todos os sistemas de seguridade e garantías para o administrado. O Concelleiro Vilaboa comprou unha bonita moto que non ten motor.
O apartado de Urbanismo da página web do Concello é unha folla en blanco, non ten ningún tipo de enlace. O único que se lle permite é descargar ficheiros en formato pdf sobre impresos oficiais e nada mais. Dende o pasado ano, se lle están a pagar euros mensuales a unha persoa allea ó concello polo mantenimiento. E as acusacións que fai de prebendas é o ridículo argumento que lle queda para adornar na prensa.