Os reis magos non existen

diciembre 31, 2009

Despois de moito “endiscurrir ben endiscurrido”, como diría agamenón, cheguei á conclusión de que os reis magos non existen.
A culpa da miña incredulidade tena Fran Veiga “ecce homo”, que non fai mais ca darnos disgustos.
Eche ben coñecida a súa afición polos disfraces, e por aparentar o que non é, a cousa non ven de agora. Se ides ó buscador e escribides O rei mago, atoparedes a entrada que escribin o ano pasado, na que aparecía a foto do alcalde disfrazado de Melchor no alto das escaleiras do concello, lucindo unha capa de armiño lixeiramente apolillada e que lle senta maravillosamente.
Este ano como son menos os rapaces crédulos, xa caben no salón de plenos:

Eu pensaba rematar o ano publicando esta boa noticia que tiña gardada para que todos puderades celebrala con cava, ou con caña tostada, que é mais enxebre.
Por fin, parece que despois de moito buscarse, o alcalde de Marín e mais o presidente da Deputación, encontráronse, e…malo será que non atopen o que tiñan que atopar. Non si?

E mentras os veciños non acababan de fiarse:

O noso Melchorciño, adornaba a árbore navideña con ilusión e con optimismo:

Pero non, non che é tan fácil, porque os reis magos non existen. Dende Cuba mandaronos esta mensaxe para avisarnos de que ata alí nunca chegaron, e que a Marín tampouco van vir:

Debaixo da cama non imos atopar regalos, nin subvencións, nin miles de Euros procedentes da Xunta, nin do Estado.
Sólo atoparemos os nosos zapatos vellos e rotos:

Menos mal que por fin chegou a Marín o apalpador, ese xigante barbudo que baixa do monte nos solsticios de inverno para apalparnos un pouco.
Mentras haixa quen nos apalpe non pensaremos en facer a “Revolusión”
Malo será…

——————————————-

En marinenses.com rescatei estas mensaxes de metropolitano:

Metropolitano
Publicado: Sab Dic 19, 2009 12:25 am

Qué bonita es la navidad del Ayuntamiento.

El espíritu navideño ha contagiado a los politicos de bien con la ternura de estas épocas que son de crisis pero que también las había en Belén por aquellos tiempos.
Llamados por el emperador romano de Pontevedra (Sr. Lores) acudieron pronto a su llamada todos los grandes magos de los alrededores de Cotobade, Poio, Caldas de Reis, Cuntis, Vilaboa, muchos más y por supuesto, Marín. Les llamó el emperador romano de Pontevedra preocupado por los extraños signos que desde el cielo de la Xunta se ven en forma de crucecitas del Sergas en dirección al Monte Carrasco y encargoles que piaran a coro para ver si apuntan mejor a Montecelo donde estuvo luchando con el Presidente de la Diputación (también llamado Rey Herodes por los grandes magos) para conseguir que con esas batallas no tengamos un buen hospital aquí ni allí, ni en ninguna parte.
Pero el mago de Marín (algunos le llaman SanFran) fué a ver al Rey Herodes (Presidente de la Diputación) y le tenemos en una bonita estampa navideña llevandole un bonito presente en forma de libro de refranes. Se enterneció tanto el Rey Herodes Louzán que con Fran llegó a pactar las aceras de San Xulián y allí con tanto afán también le tocó a la Brea y a la carretera de la Cruz de Maceira.
Hay luces de navidad en Marín, han llegado por fin y también al Ayuntamiento donde hay mucho contento porque Fran le llevó al Louzán el refran.

—————————————

Metropolitano

Publicado: Dom Dic 27, 2009 2:34 pm

EL BRINDIS

En visperas de la nochebuena el Sr. Alcalde (SanFran para algunos) se dedicó a vestirse de rey mago para recibir a los niños que visitaron el Ayuntamiento. La prensa recoge la foto al día siguiente del Alcalde brindando en la recepción concedida a los funcionarios. Me llama la atención que hay un componente de hipocresía en todo esto al ver que hace apenas mes y medio el Alcalde se despachaba a gusto contra el personal en la prensa justificando que se les deba abroncar en público y ahora comparte mesa y mantel deseando felices fiestas. Parece una forzada obligación de aparecer en público con el personal para guardar las formas y aprovecharse de la foto de rigor para que se deje testigo de que el buen Alcalde cuida a sus trabajadores.
Otra bonita noticia la tenemos en la pista de hielo que según sus organizadores ha motivado que hayan visitado las instalaciones montadas en el puerto cerca de 12.000 personas. Una de las personas que están cerca de la entrada es quien las cuenta. Si la pista de hielo tiene aforo de 90 personas y entran una media hora, tendríamos 1.620 personas diarias en diez horas de abarrote total de la pista, a esto le habrán añadido cuatro personas por patinador, el señor que da los bocadillos y hasta el apuntador. No cabe tanta gente y me recuerda a las cuentas del Sr Lores que en la radio se vanagloriaba de que los colapsos de tráfico en pontevedra vienen motivados porque se movilizan entre trescientas y cuatrocientas mil personas de los entornos para comprar en Pontevedra.
Los demás nos creemos todo lo que dicen estas cifras ¿verdad?


Feliz ano novo

diciembre 29, 2009

Feliz ano novo a tod@s

Silvia mandounos esta felicitación “made in feita na casa” por ela mesma


Eu tamén vos desexo o mellorciño para o ano que ven “malo será”

E aproveito para recomendarvos a todos que no día de Reis regaledes libros. En galego, castelán, vasco, catalán, portugués ou na língua coa que vos sintades mais cómodos, o caso é ler

cando o luar bate na herba non sei o que me lembra…

lémbrame a voz da criada vella
contandome contos de fadas.
E de cómo a Nosa Señora vestida de mendiga
andaba pola noite nos camiños
socorrendo ós nenos maltratados…

Se xa non podo crer que iso é verdade,
para que bate o luar na herba?.

Fernando pessoa (Poemas de Alberto caeiro)


Boa nova

diciembre 27, 2009

Sin duda unha das mellores noticias que lemos na prensa estes días pasados foi que o grupo Marín-In vai continuar na política.
É boa cousa para a Democracia, boa cousa para Marín, boa cousa para todos nós.
Felicidades a Marín-In.
Dende este blog queremos amosarlle a gratitude dos veciños de todas as parroquias do Concello, porque somos conscientes do gran esforzo que fai este grupo de personas para seguir na brecha.
Levan tres anos duros traballando dende a oposición, con dous concelleiros, loitando dende unha minoría que para outros sería un obstáculo insalvable pero para eles, vellos loitadores inasequibles ó desalento, é un reto ilusionante.
É importante que Marín-In exista. É importante ter un grupo que aglutine a todos eses votantes que non se consideran de dereitas pero que non están contentos co que nos oferecen as esquerdas.
Marín-In é un partido municipal, sin outras aspiracións ca traballar por Marín.
Marín-In é o partido dos detalles, esas pequenas cousas nas que pouca xente repara.
Traballan con cordura, con intelixencia sin ceder ante as presións dun equipo de goberno prepotente e dictador.
Marín-In aporta o equilibrio na balanza. Os que asistimos ós plenos, sabémolo.
Moito ánimo
Que a forza vos acompañe!!


Bo Nadal no noso segundo ano

diciembre 23, 2009

Bo Nadal para todos con un dos meus pianistas favoritos.  Cando toca el  parece que soan dous pianos en vez dun

A miña mensaxe é a mesma ca o ano pasado:

Bo Nadal
Para os que sodes dos Reis magos e para os de Papá Noel.
Para os que creedes que un mundo mellor é posible.
Para os que sabedes levantarvos despois de cair na lama.
Para os que mantedes a dignidade nos fracasos.
Para os que non vos vendedes.
Para os que non comulgades con rodas de muíño.
Para os que sempre estades despostos a aprender.
E para os outros tamén.

E sobre todo, Bo Nadal para os homes que están en alta mar, a miles de millas da súa casa:
Antonio,Manuel, Moncho, Isidro, Milo e tantos outros.
Os que estamos en terra temos morriña de vós.
Saúde

E para os patinadores marinenses, un consello: Coidadiño non rompades a Crismas


Solsticio de inverno

diciembre 21, 2009

Feliz solsticio de inverno.

A de hoxe vai ser a noite mais longa do ano para os habitantes do Hemisferio Norte.
Disfrutemos esta escuridade a carón do lume, coa compaña dos nosos.
Apertas




Amenatu Haidar

diciembre 16, 2009

Retrato de Aminetou Haidar

Todos estamos contigo, Amenatu Haidar

No pleno do venres, Marín-In presentou unha moción urxente para que o concello de Marín se sume ás moitas institucións que lle reclaman ós gobernos español e marroquí unha solución para Amenatu Haidar.
Esta moción foi aprobada por unanimidade
Se alguén de vós se quere sumar a esta petición aqui tendes a dirección de Amnistía Internacional.
Non se precisa ser socio/a. Non hai que pagar nada

http://www.es.amnesty.org/actua/acciones/sahara-presos-conciencia/


Muradas e os inxénuos do quinto pino (pleno decembro de 2009)

diciembre 14, 2009

Sin duda amig@s, este foi o pleno do desconsenso.
Foi este, sin duda o pleno de Muradas.
Este foi, sin duda o pleno da xestualidade.

Tratarei de explicarvos á miña maneira os tres puntos que acabo de mencionar:
O alcalde, Fran Veiga levaba varios días a falar dun consenso entre a oposición e o equipo de goberno.
Desgraciadamente, como xa dixen o outro día, cando o alcalde di “consenso”, en realidade quere decir “obediencia”, e saeulle o tiro pola culata, de tal maneira que o que debería ser “pleno do Consenso” convirteuse no “pleno do desconsenso”.

Digo que foi o pleno de Muradas porque fixo gala do seu mellor repertorio: mirada siniestra, tonillo burlón, e eses aires de estar de volta de todo.
Empezou Muradas o seu recital decindo “Preocupado me hallo, ingénuo de mí”.
“Fuimos tan ingénuos que creímos que íbamos a llegar a un consenso”. E repetía unha e outra vez Constante que Pastoriza estaba no quinto pino, que o quinto pino era inviable e que o quinto pino era irrealizable e que, ó fin e ó cabo tamén no quinto pino habería que expropiar casas.
Digo eu que, se hai casas non será tan quinto pino e pregunto por que lle preocupan tanto as supostas casas que podería haber en Pastoriza cando non lle preocupaban as de A Brea nin se lle ocurre pensar que poida haber algunha no Pituco.
Comenta Muradas, satisfeito da súa ocurrencia, que o discurso de María Ramallo é “reversible”. Comento eu que o discurso de Muradas, ademais de ser tan reversible coma o outro, é de plexiglás, ese material tan moldeable.

Foi o pleno da xestualidade e esa xestualidade estivo protagonizada por Manuel Pazos Lamoso, concelleiro do PSOE encargado de “parques y jardines”, mais coñecido coma Bambi entre a población. Este concelleiro é famoso aínda que fala moi poucas veces, porque ten a todas as vellas pendentes dos seu xestos de cabeza e a súa sonrisiña de medio lado cando quere facer burla da oposición.
Así por exemplo, cando algún compoñente do bipartito arremete contra a oposición, Pazos Lamoso corrobora movendo a cabeza darriba abaixo facendo asentimentos entusiastas.
Cando alguén da oposición recrimina ó equipo de goberno, Pazos Lamoso nega coa cabeza de maneira vehemente.
Isto é así en todos os plenos, de tal maneira que, para algunhas vellas que ás veces se aburren coas peroratas políticas, este é o concelleiro mais entretenido porque permite facer apostas para matar o tempo: “Cincuenta céntimos a que agora move a cabeza darriba abaixo…”
Según os discursos sexan encendidos ou apagados, esta cabeza móvese con mais ou menos énfasis.
Onte os ánimos estaban tan caldeados e os discursos tan ardentes que a cachola deste home parecía un ventilador: Arriba-abaixo-dereita-esquerda-asentir-negar-asentir-arriba-abaixo-dereita-esquerda… Hubo un momento no que unha das vellas apostantes dixo en voz alta ” Un euro a que se lle sale a cabeza do sitio.”

Comenzou o Pleno puntual coma sempre.
A primeira moción foi a presentada polo alcalde  sobre o Solo Industrial.
O debate foi tenso, agotador e infructuoso, e o bipartito aprobou crear un parque empresarial no Pituco sin o apoio da oposición e sin acadar o consenso.
Durante hora e media as intervencións do alcalde, María Ramallo, Muradas, Isabel M. Epifanio e Vilaboa foronse alternando unha e outra vez.
Sería tan longo o relato que o vou resumir desta maneira:

Alcalde:

O Pituco é a solución ó chan industrial e tamén ao porto seco, polo que se matarían dous paxaros dun tiro.
Di Fran Veiga que todos os grupos políticos terían que aceptar esta moción, acadar o consenso  e poñer canto antes e urxentemente unha zona industrial que sexa”alternativa contra os ataques de Pontevedra.
-Marín non se pode permitir perder mais tempo e precisa un polígono empresarial que ó mesmo tempo sexa un porto seco en menos de dous anos.
-O Pituco sería a solución perfecta porque xa dispón de viales e infraestructuras e sólo tería un custo de 18.000.000 de Euros mentras que Pastoriza, un proxecto sin viales nin infraestructuras custaría 68.000.000 de Euros e tardariamos moito mais tempo en telo funcionando.
-Este equipo de goberno foi o único que lle parou os pés a Pontevedra no afán expansionista que teñen os da capital, e agora, a mellor maneira de rematar esta victoria sería facer canto antes este polígono para que todas as empresas do porto se poidan instalar e para defender os postos de traballo.

-Falar de Pastoriza é andar xogando coa xente, algo irreal para enganar á xente.
-A oposición ten que tomar unha actitude mais responsable e aceptar o consenso.
-O Pituco é realizable a corto plazo, algo fácil para a Xunta de Galicia
E parece mentira que, tendo un porto de interés xeral, a Xunta siga obviando ó Concello de Marín”
Se o día de mañán a Xunta ven e fai Pastoriza pois que o faga, pero iso non ten nada que ver con nós”

Vilaboa

divagou o do Bloque coa perorata de sempre:
“Agora os responsables do porto non falan” (silencio e miradiña burlona hacia o público)
“Agora están moi calados e non queren opinar do desastre que fixeron no porto”
Sacou unha fotocopia dun periódico do ano 2004 e leu parcialmente unhas declaracións de María Ramallo nas que afirmaba que estaba moi orgullosa do crecemento do noso porto e que ese crecemento se ía incrementar nos próximos anos e que as obras que se fixeran tiñan todos os permisos e cumplían todos os requisitos.
“Resulta que agora, despois de tantos anos, sabemos que os informes eran desfavorables”, sigueu decindo Vilaboa. “pero este grupo de goberno non vai permitir que as nosas empresas se vaian de Marín nin que se queden sin postos de traballo.”
Sigueu increapando ó PP e dixo que antes non falaban de Pastoriza para nada e sólo  querían o Pituco, e para demostralo volveu sacar outro periódico vello de marzo do 2007 onde había a seguinte noticia:
El Grupo popular presenta una moción para pedir el Pituco como parque empresarial de baja intensidad, para lo cual habría que reunirse con los vecinos

Pero o Vilaboa, sempre tan pillabán non leu o resto da noticia que decía: Además, durante la comisión se decidió ampliar esa petición a Xestur en el sentido de que se hagan también los estudios pertinentes en la gran zona de Pastoriza, que sería la gran solución para las empresas de todo tipo de esta comarca.
Será mellor que poña a noticia completa:

“Dentro do planeamento a única zona industrial que hai é o Pituco e Pastoriza queda reflexada na memoria
“Espero que a Xunta resolva este problema e dea servicio ó porto aprovando o polígono industrial no Pituco”
Levantou no airo unha carpeta da que asegurou que alí estaban os estudios de o Pituco, A Brea e Pastoriza feitos por Xestur.
Según Vilaboa, Xestur dixo que
A Brea era un sitio óptimo e o Pituco tamén, en cambio Pastoriza non sirve para nada porque non hai viales, non hai rede de auga nin hai saneamento. Totalmente inviable a menos que se faga unha depuradora (mira ti que difícil, poñer unha depuradora nun polígono industrial).
Significaría un gran desembolso de 68 millóns de Euros.
E rematou decindo
No lío do porto meteunos o PP e o PP nos ten que sacar”
unha frase razonable se se levara á práctica e o bipartito lle dixera ó PP “Hala, goberna ti e arregla este lío”.
E finalizou a súa intervención con outra frase categórica “Mª Ramallo está agora moi caladiña e o que cala algo esconde”.
E dito isto mirou ó tendido e sorriu satisfeito polo deber cumplido.

María Ramallo:

“La importancia no empieza ahora sino que viene desde el principio de la formación del PXOM. donde ya era candente el tema de las zonas industriales”
Di M. Ramallo que antes de este pleno hubo unhas reunións de portavoces onde o grupo de goberno presentou o seu proxecto para supostamente acadar un consenso, pero en ningún momento aceptou cambiar nin unha coma do que xa estaba escrito, nin escoitou as aportacións do PP nin de Marín-In. Isto non é un consenso senón unha imposición.
“Mezcla usted unos temas con otros, ya que no es lo mismo un polígono industrial que un puerto seco”
“A estas alturas sobran las posturas caprichosas. A nosotros no nos vale que apele usted a los ataques de Pontevedra para reclamar el apoyo urgente de todos.Nosotros decimos que tendrá nuestro apoyo si se recoge el plan de estudio de Pastoriza como moción conjunta con el Pituco”
“No podemos poner en peligro lo que ya estaba negociado en la redacción del PXOM.
Además les recuerdo que el estudio de Pastoriza fué acordado en el Parlamento español con unanimidad del PP y el PSOE, aunque el alcalde no quiera enterarse.”
“Si hay que aunar esfuerzos y conseguir un consenso, optemos por las dos opciones, Pituco y Pastoriza y ya la Xunta elegirá la más apta”
“La competencia que nos hace Pontevedra es dura e implacable pero nuestro gobierno está más empeñado en fastidiar al PP que a competir con Pontevedra.”
“En realidad ustedes no quieren consensuar, no quieren pactar, lo que quieren es desquitarse del PP. Esta moción nunca se hubieran atrevido a presentarla si en Santiago gobernara el bipartito.”
“Sr. Alcalde haga un ejercicio de reflexión porque el futuro de Marín pasa por ahí. Desde el PP queremos apelar a la coherencia. Tengan ustedes altura de miras e incluyan las dos opciones: Pituco y Pastoriza”.
Ustedes nos llamaron para pactar una moción inamovible. El PP siempre apoyó el Pituco. Desde el primer momento. Y votaremos al Pituco si añadimos Pastoriza.
Y respondiendo al señor Vilaboa: ustedes saben que el PP siempre hizo todo lo posible para consensuar y para negociar. El PP tuvo que hacer concesiones y renunció a que Pastoriza fuera puesto en primera línea del PXOM para evitar una segunda exposición pública del Plan, que según ustedes retrasaría mucho su aprovación, y nos tuvimos que conformar con que Pastoriza fuera incluído en la literatura para un posterior estudio.
Sin embargo parece que ahora aquellas prisas que tenían ustedes para aprobar el PXOM desaparecieron y ni siquiera se ha contestado a las alegaciones.
Nosotros hemos hablado con la Comunidad de Montes de Vilaboa para preguntarles, cosa que ustedes no hicieron nunca. Ustedes estaban más centrados en A Brea.
Por supuesto que Pastoriza saldría más caro que Pituco porque es infinitamente más grande.
Sr. Vilaboa, de sus declaraciones, la mejor es que A Brea sería bueno para un porto seco.
Señor Vilaboa yo estuve dos años en la autoridad portuaria y defiendo los rellenos. Siempre dije que pertenecen a Marín. Yo defiendo el puerto y a sus empresas. A mucha honra. Defiendo a los empresarios y a los trabajadores.
Ustedes me culparon de todo en la prensa y yo no respondí a sus provocaciones porque debatir con ustedes es tarea estéril.
Yo asumí la presidencia del puerto desde el año 2003 al 2005, y ustedes saben bien que los rellenos se empezaron en el año 2000.
Por otro lado, ustedes no tienen ni idea de barcos ni de calados. Si piensan que la empresa de contenedores va a instalarse en el Pituco están muy equivocados. Si no hay calados no vendrán barcos y si no vienen barcos no habrá empresas.

Muradas

Muradas non fala, muradas ratifica, e ratificou desta maneira:
“Preocupado me hallo, ingénuo de mí”
Tengo que reconocer el fracaso de este intento de consenso en el que nosotros estábamos buscando una alternativa viable.
Ingénuos de nosotros.”

Bebeu unha fechiña de auga e continuou parsimonioso “Su discurso es muy bonito pero reversible señora Ramallo, usted se maneja muy bien cuando hay público… pero usted sabe que Pastoriza es inviable, ¡venga ya hombre!, Pastoriza está en el quinto pino. ¡Y además compartido con Moaña!. De manera que estamos tratando de evadirnos de Pontevedra y usted viene y nos mete a Moaña, ¡otro municipio hala! como si tuviéramos poco con lo que tenemos!”
“Su propuesta es torticera porque sabe que SEPES hace un estudio meramente económico y nada más. El resto lo tiene que hacer el ayuntamiento y pagarlo el ayuntamiento.
Marín necesita una propuesta a corto plazo y van ustedes y proponen Pastoriza que no tiene viales. Tendríamos que utilizar los viales de Moaña, un municipio que no es nuestro.
A mí si me dice usted que Pastoriza cuesta 18 millones de Euros, que es lo que nos cuesta el Pituco, entonces hablaríamos, pero resulta que Pastoriza está en el quinto pino, nos costaría 68 millones de Euros y además se llevaría por medio muchas casas.”
Pausa, fechiña de auga e sigue “Señora Ramallo, el Pituco es real, Pastoriza no. Pastoriza es el quinto pino.”
Señora Ramallo, la importancia de este debate se centra en  que Pontevedra quiere aprovecharse de la coyuntura, ¿Y qué hace usted?, nos plantea Pastoriza.
¿Y cómo nos puede plantear usted Pastoriza si la Xunta no tiene ni siquiera tres o cuatro millones para ponernos un centro de salúd? Debería usted trabajar por Marín en la Diputación y en la Xunta en vez de venir aqui proponiendo polígonos en el quinto pino”

Neste punto houbo risas e pitorreos na bancada do bipartito, e a cabeza de Pazos Lamoso movíase arriba e abaixo frenéticamente decindo siii.
M. Ramallo quixo responder pero o alcalde non a deixou.

Isabel Martínez Epifanio

“Señor alcalde, esta obra non vai ter a mais mínima influencia no porto de Marín porque as empresas do porto irán para onde elas queiran e non para onde vostede as mande. Unha cousa é o porto seco e outra é o polígono industrial e parece que o noso equipo de goberno non sabe distinguir unha cousa da outra”
“O Pituco ten problemas medioambientales e xa se sabe de antemán que non vai poder saír adiante.”
“Marinenses Independientes xa estaba no goberno anterior e sabe que había un acordo para volver a retomar o tema de Pastoriza que se se fora deixando de lado, pero viñeron vostedes e emperráronse na Brea por enriba de todo. Pensaron que co bipartito no poder en Santiago, íbase pasar porriba dos veciños e xa estaba todo solucionado, pero perderon as eleccións e quedaronse sin opcións así que plantexan agora o Pituco, sabendo que na Xunta vai ser rechazado.”
“Gustaríanos saber qué modelo de cidade teñen vostedes para Marín.
Que futuro industrial pensan vostedes que vai ter o Pituco”

E leu Isabel a famosa frase que o concelleiro de urbanismo Vilaboa dixo na prensa  fai un par de anos:
Dada a cantidade de chan industrial que nos rodea nos polígonos de Bueu-Cangas, Barro y Campiño-A Reigosa, no hay necesidade de incluir no planeamento de Marín ninguna superficie como a que estaba prevista en Pastoriza”

“Señor alcalde, a nós non nos van a condicionar con decirnos que os veciños non nos van comprender se non acordamos o consenso”.

É certo que Marín-In tamén cedeu no seu momento, e para acadar un consenso aceptou que Pastoriza fora contemplada na memoria do PXOM para evitar unha segunda exposición. Eso é consensuar, e non o que vostedes queren facer agora, que de consenso non ten nada.
Din vostedes que Pastoriza sería un proxecto supramunicipal.
E logo o Pituco que é?
O Pituco vano facer vostedes? Pagarano vostedes?. Eu non o creo.
“Señor Muradas, vostede di que esta é dunha coyuntura difícil para Marín, pois así levamos 30 anos.”
“Non podedes decir que Pastoriza vai custar 68 millóns, porque non se fixo ningún estudio. E de todas maneiras, se é supramunicipal, eses millóns non os pagaría o Concello senón os estamentos correspondentes.
¿Que é futuro? Futuro é ter algo que ofertar a vintecinco anos polo menos.
Futuro non é mañá. Non debemos ter estreitez de miras. Debemos pensar nun futuro no que poidan vir empresas novas e poderlle abrir as portas. O futuro é algo mais amplo do que vostedes teñen previsto. E o futuro témolo que pensar agora.
Non debemos deixar que as presas nos fagan cometer erros.

Esta moción foi aprobada cos votos a favor do  equipo de goberno. Marín_In votou un NON rotundo, e o PP abstívose

Mais tarde Muradas e Ramallo volveron a enredar co asunto de usar cartos de Zapatero.
Dixo Muradas
Tiene usted una preocupación muy importante por administrar el gastos de otros partidos que no son el suyo pero se olvida usted de que la Diputación no manda dinero para Marín. Haga usted su trabajo en Diputación y también en la Xunta y consíganos el Centro de salud “
María Ramallo respondeulle
“El diputado por Pontevedra es usted desde hace veinte años, no soy yo; por lo tanto, haga usted su trabajo en la Diputación, busque usted el dinero que Marín necesita y no me llene a mi de recados.”


Aqui foi cando a cacholiña do Lamoso empezou a xirar con movementos de rotación e traslación a 45 revolucións por minuto, nun si-non-si-non nervioso que fixo as ledicias das apostantes veciñais cando escoitaron aquela voz que dixo “un Euro a que se lle sale a cabeza do sitio
Por fin, despois de hora e media polémica e agotadora, continuouse o pleno coa mocións seguinte:
O ecoparque de Cadro, presentada por Ruibal coma unha maravilla única en Galicia que vai traer milleiros de turistas a Marín.

E sigueu a proposta de marín-In para un xuiz itinerante

O que chamou a miña atención foi cando no apartado de rogos e preguntas, unha concelleira do PP, aproveitou para felicitar ó BNG polo ben que están a facer o asunto dun transporte urbano que hai en Mogor.
Polo visto os veciños desta parroquia contan con vehículos para transportar á xente dende a Bareriada ata a casa de cultura para que non se cansen coa camiñata, e o PP solicitou que todas as demais parroquias de Marín poidan contar con este medio de transporte.
Este último tema tenme bastante intrigada así que voulle preguntar ós veciños a ver que me contan.
E levantouse a sesión cunha dor de cabeza bastante considerable pola miña parte, e con intercambio de Euros ganados nas apostas por parte das vellas. Xa sabedes, esas que se entreteñen coas cabezas dalgúns ediles.

Aqui vos presento a prensa para que poidades sacar conclusións por vós mesmos: