Pleno de novembro (2009)

Alerta laranxa

Ventos de compoñente sur suroeste que poden chegar a pasar de cen quilómetros por hora. Mar de fondo polo fondo. forte marusía. Alerta laranxa na provincia de pontevedra.
Escape de ácido clorhídrico en Elnosa. Susto. Indignación.
Así estaba o panorama este venres 13 de novembro.
Chegamos ó concello ás oito menos vinte e xa estaban alí os sindicalistas e algúns funcionarios, sentados na escaleira cunha pancarta xigante, agardando que abriran as portas.
Eramos sete da Brea, catro de Vista Alegre dous de Moledo. A xente tívolle medo ó vento, aínda que total non foi para tanto.
No momento de abrir as portas chegou mais xente que, polos comentarios contra Ruibal e a indignación que tiñan, penso que eran persoas relacionadas co deporte.
Entrou tamén a Xunta Directiva da “Asociación de Veciños Pérez Crespo”, da barriada de Mogor. Viñeron porque querían saber qué resposta tiña o alcalde para a festa que montaron os do BNG na barriada á que non foron invitados. Pregúntase esta xente que se fora verdade que a festa foi organizada pola empresa para os veciños, ¿Cómo é posible que a propia AA. de VV. non se enterou? ¿E cómo o propio alcalde non supo nada?. Inocentemente, esta directiva, nova nas lides de asistir ós plenos, pensaba que dalí ían sacar unha resposta satisfactoria.

A sesión  empezou puntualmente e rematou as once e cuarto da noite.
Primeiro punto: Aprobación da acta do pleno anterior.
Marín-In non a aprobou porque, según palabras de Isabel, “este Concello gastou moitos cartos nunha megafonía que non funciona ou non a enchufan, desta maneira moitas palabras dos concelleiros non quedan grabadas nin reflexadas na acta”. O PP abstívose.
Ao chegar a este punto levantáronse varios funcionarios e desplegaron a súa pancarta, dez minutos mais tarde trasladaron o cartel atrás de todo.
– O PP solicitou a peonización das Ruas Roda e Méndez Nuñez, polo seu carácter comercial e de gran trafego de xente, xa que Méndez Núñez é a continuación da alameda. Asimismo a desaparición das ruínas que hai na esquina frente ó bar Rural.
Marín-In apoiou a moción. Os ediles do PSOE e Bloque miraron a Muradas e este fíxo señas de Non.
Según Don Constante ( o nome vaille al pelo porque leva 22 anos no sillón), habería que facer un estudo teórico exhaustivo e detallado, xunto con outros de outras zonas de Marín, e iso leva tempo. O mellor é deixar unha vez mais a proposta sobre a mesa.
Respondeu manuel Santos (PP) que para que se vai facer un estudo teórico, se xa temos o estudo práctico, posto que esas rúas permaneceros mais dun mes pechadas a causa das obras e non pasou nada.
Muradas sacou a recucir o xesto desganado e esa mirada que provoca reaccións irritantes nos espectadores e dixo, palabras textuais: “doy la bienvenida al PP por entrar al fin en la modernidad de la humanización del casco urbano”
Manuel santos respondeulle: “Gracias por darme la bienvenida por segunda vez, pues ya me la dió hace dos años por el mismo motivo”
Isabel pideu a palabra para defender ó seu compañeiro na oposición e ademais afirmou estar cansada de proxectos que quedan enriba da mesa, como tamén pasou có da Memoria Histórica, que aínda non se levou a cabo.
Pero a moción foi denegada por maioría gobernante.

-O seguinte punto foi a aprobación por unanimidade do recoñecemento da importantísima labor da persona que durante tantos anos levou a cabo a comunicación intercultural entre os estudantes de Passau e o pobo de Marín. isto ten que continuar.

Primeiro punto quente da sesión: expedientes económicos
A concelleira de economía (PSOE), relatou que o concello ten que pedir un crédito para pagar  110 facturas dos anos 2007, 2008 e incluso algunha de mais atrás.
330.000 euros por unha banda, mais 80.000 euros por outra, mais 45.000 euros, divididos en varios suplementos.
Hai moita xente que agarda cobrar den de fai anos: grupos folklóricos, os gastos do Nadal do ano pasado, albañilería,  proxectos varios coma os xogos infantiles, a patinaxe sobre xeo etc.
E suplementos de crédito para pagar gastos que non estaban presupuestados coma a reparación das goteiras no estadio da Raña, que se vai facer agora, o ecoparque de cadro  (pregunto eu se este  nonse pagaba cos cartos do plan Zapatero), arranchos no polideportivo da Cañota, na cámara agraria, e estudos técnicos variados.
Total: 455.000 Euros de nada.
Isabel Epifanio pideu a palabra  e dixo: “hai que suplementar agora, cando antes fixeron os proxectos mal porque aquí non hai control.”
Manuel Santos chamoulle irresponsable ó equipo de goberno que firmou papeles e facturas sin control.
Isabel (Marín-In) recoñeceu que algunha desas facturas corresponde a cando ela estaba no equipo de goberno. Recoñeceu que algunhas cousas as fixeron mal e iso custoulle moitos votos a Marín-In. E aproveitou para felicitar entre comillas a algún concelleiro que mentras estaba na oposición daba clases de xestión e criticaba o que faciá Marín-In pero cando chegaron ao poder “desxestionaron” .
A Concelleira de economía (PSOE), respondeu con retintin “pecaditos los tenemos todos”. Manuel Santos (PP) pideu a palabra para decir “pecaditos los tenemos todos, unos son veniales y otros mortales” e empezou a enumerar a proveedores que levan demasiado tempo a esperar que se lles pague.
Isabel dixo “pecados témolos todos pero o de vostedes é un caso de excomunión”, os votantes castigaron a Marín-In por o que vós chamades unha mala xestión, pero vós facédelo bastante peor”.
Finalmente a moción foi aprobada por unanimidade.

Moción urxente do PP e Marín-In para solicitar o retiro das competencias de deporte a Manuel Ruibal
A estrela da noite foi esta moción.
Naquel intre caeu un lóstrego que casi funde os plomos. Ó alcalde empinóuselle a garabata coa electricidade e a Muradas fuxíronlle as pupilas e quedáronlle os ollos en branco.
Francisco Estévez (PP) estaba alí para falar da mala xestión de Ruibal e falou claro, contundente e con ganas.
Relatou a odisea do estadio de San Pedro (que todos coñecemos e non hai que repetir).
As pistas de atletismo. O asunto da  pista de tenis, ilegal irreal e surrealista. O mal estado dende fai anos do pavillón da Raña, que provocou a multa para o equipo de baloncesto “peixe fresco” e supon unha vergonza para o pobo de Marín que non se poden xogar partidos importantes aquí. O enfrentamento contínuo do noso concelleiro con clubes, deportistas, aficionados, Xunta e Diputación. “El cúmulo de despropósitos es intolerable”. Dixo varias veces.
Ademais de todo o relatado fixo referencia a: “Las contrataciones carísimas de actividades deportivas y lúdicas sumadas nos dan 38.604’80 euros que se pagaron a una misma persona (ese tal Don Diego do que tanto se falou en outros plenos).
No funcionan las torretas eléctricas, no hay agua para las duchas, los estadios no se abren puntualmente.
El deporte de Marín se merece algo mejor y mi grupo solicita la retirada de las competencias a manuel Ruibal”.
Despois falou Miguel Briones (Marín-In) para amosarse de acordo co que acababa de escoitar, chamoulle mentireiro a Ruibal e soltou algunha frase alusiva as excusas peregrinas que adoita decir Ruibal coma a do vento norte ou que a culpa da esplosión das torretas tíñana os de Marín-In porque fai seis anos fixeron un empalme que deixou os cables en mal estado.
O público escachou de risa estruendosamente e o alcalde pideu orden.
A cara de Ruibal non estaba vermella nin morada nin pálida nin conxestionada. A cara de Ruibal amosaba un sorriso anxelical e beatífico. Escoitou o chaparrón da oposición coma quen escoita a caída da chuva. O  seu é a paz. Se algo admiro eu en Ruibal (e falo en serio), é esa paz interior que transmite.
Teño que confesar que naquel instante de tres ou catro segundos, antes de que o do Bloque empezara a falar, eu pensei que a primeira frase que iba escoitar daquela boca tiña que ser “Om” e que aqueles brazos se iban elevar na búsqueda absoluta da conxunción universal. Pero non, Ruibal volveume á realidade cun “Boas tardes” que nada tiña que ver coa filosofía budista, senón coa tranquilidade plana das persoas que acaban de tomar unha ducia de trankimacines.
Asegurounos o concelleiro que o deporte en Marín nunca estivo tan ben, que os deportistas son mais e mellores ca nunca, que a pista de tenis aínda non está “recibida”, polo tanto a empresa constructora ten a culpa da auga que nace alí e que se extende polos terreos circundantes, que os problemas da luz en san Pedro van estar solucionados en canto Fenosa se poña mans á obra e que a Raña vai ser restaurada próximamente. Tranquilidade, sorriso e Punto.
Tomou a palabra o alcalde para puntualizar que a Xestión de Ruibal é magnífica e inmellorable e que vai ser respaldada sempre por el e mais por todo o equipo de goberno.
Engadeu Fran Veiga que os que o fan moi mal son os da xunta porque cando o delegado para o deporte veu a Marín e o alcalde lle dixo que en Marín temos moitos deportistas de élite e necesitamos axudas, o de Santiago respondeulle con desprezo “prefiero financiar a un deportista de Minesota, ca respaldar a un deportista de aquí” Revelación en primicia dunha conversa mantida ó mais alto nivel, si señor.
Total que a moción urxente para botar fora a Ruibal foi denegada por maioría gobernante, que son mais ca os da oposición e non teñen pena ningunha dos deportistas.

Segunda moción de urxencia. María Ramallo solicitou que se utilice unha parte dos cartos do Plan Zapatero para facer un estudio do polígono industrial en pastoriza.
Esta moción non se admiteu a trámite. Polo tanto non se debatiu.
Nos próximos días, seguramente, volveremos a ler na prensa as declaracións do de urbanismo acusando ó PP de non buscar alternativas para o polígono industrial. Así funciona este tema.

Terceira moción de urxencia
Presentada polo PSOE: Que a plaza do Polinnia pase a chamarse “Plaza oito de marzo” en recordo do día da muller traballadora. E que de agora en diante todos os actos reivindicativos relacionados coa muller se fagan neste lugar.
Foi aprobada por unanimidade.

Cuarta moción de urxencia. Marín-In faise eco dos vendedores da praza de abastos para solicitar melloras na rúa que vai por detrás da plaza para facilitar aparcamento ós clientes.
Neste tema manda muradas e respondeu mais ou menos “yo no soy partidario” porque unha vez mais, palabras textuais: “habría que realizar un estudio más minucioso”
Denegada por maioría gobernante.

Quinta moción de urxencia: O PSOE propón solicitarlle á xunta unha partida de diñeiro para a construcción do centro de saúde xa que, según o alcalde, nos presupostos para o 2010 non aparece nada e iso teno moi preocupado porque pensa que a Conselleira minteulle.
A moción foi apoiada por unanimidade. María Ramallo quixo recalcar que, por suposto votaba si, pero era innecesario posto que eses cartos xa están presupostados pola Xunta e que a Conselleira non minteu.
Fran Veiga acusou a Ramallo de non facer nda na Xunta para que se apuren a mandar os cartos.
Pilar Blanco, concelleira de medioambiente por parte do bloque, tiña preparado un discursiño para poñer verde a Ramallo porque pensaba que a do PP iba votar non. Así que, aínda que o voto foi si, a nacionalista despachouse a gusto acusando á outra de hipócrita e mentireira.Empezou a nomear pobos de galicia que xa teñen presuposto para este fin, coma O Grove. Os berros eran tales que Isabel Epifanio levantou a man e díxolle ó alcalde que a do bloque se estaba pasando cos seus berros e aquilo non viña ó caso.
O alcalde non fixo caso e deixou que a outra continuara con aquela sarta de barbaridades.

-Última moción de urxencia:Presentada por María Ramallo:
Instar a Muradas para que se reúna cos sindicatos dos funcionarios e trate de chegar a un acordo que satisfaga a todos. Ata agora non se están a dar pasos firmes para solucionar os problemas, e hai que empezar a facelo.
Despois falou Isabel Epifanio e dixo que hai un desbaraxuste de persoal neste concello, cando a xente non está contenta as cousas non van ben. Cando os funcionarios traballan a gusto iso redunda na economía do concello que é diñeiro público. Cada vez hai mais baixas de traballadores e ninguén perece ter interés en comprobar que está a pasar.
Respondeu Muradas e dixo “Están ustedes muy dicharacheras porque ahora están los funcionarios delante., pero dicen otra cosa cuando no están ellos.
“Ustedes saben que no se puede tener un acuerdo regulador que no está sujeto a derecho”
“Quisiera yo ver que opinan ustedes cuando no están los sindicatos delante, con todos estos informes negativos”
Dixo M. Ramallo: “Todas nuestras reuniones siempre han sido con los sindicatos delante, nunca por detrás.”
“Usted lo que tiene que hacer es sentarse con los sindicatos, retomar el tema donde lo dejaron y buscar entre todos soluciones para un acuerdo regulador.”
Despois falou I. M. Epifanio e dixo: “Leva vostede vintetantos anos aquí e se lle nota na demagoxia.”
“Chegar a un acordo é cuestión de querer. Este convenio está colgado ahí dende fai demasiado tempo e aver se avanza vostede un pouco.

Rogos e preguntas:
O PP preguntoulle ó alcalde se estaba enterado da festa que se montou o outro día na Barriada de Mogor e se sabía quen a pagara, posto que os do BNG din que foi a empresa.
E quen autorizou o uso do local de Mogor se a Asociación de Veciños non foi avisada
Resposta do alcalde: Descoñezo ese tema. Non sei nada. Houbo descoordinacións importantes e de momento aínda non me chegou ningunha factura.
Estou moi descontento con este tema.
Pilar Blanco empezou a levantar a voz para berrarlle á do PP, pero esta vez o alcalde foi contundente
Vostede cale!

A continuación Isabel Epifanio fixo varias preguntas:
Quen autorizou a festa, os cohetes e a charanga da festa que montaron os do Bloque na Moureira para inaugurar un lavadoiro e onde estaban as facturas.?
Por que na pista de tenis non se canalizaron as augas que van a fincas particulares e inundan todo?
Por que os vendedores da praza de abastos teñen que pagar un canon polo xeo?

Pilar Blanco respondeu con novos gritos ó tema da festa no lavadoiro da moureira:
“vaia vostede á Moureira e pregúntelle ós veciños”.
Isabel protestou polos berros. A outra sigueu berrando sin que ninguén a parara. Isabel colleu o paraugas e abandonou a sala entre os aplausos do público.
Muradas levantouse e dixo: “pues yo, en vista de la mala educación de esa señora que abandona el pleno sin escuchar las respuestas, pienso que lo mejor es cerrar la sesión”
E así nos marchamos todos, con vento fresco.

p1

p2

8 Responses to Pleno de novembro (2009)

  1. David dice:

    Gracias por relatar el pleno aunque te quedaste corta.
    Yo también estuve presente.
    Por la forma de hablar del alcalde y los reproches gritones de Pilar Blanco, parece que es María Ramallo la que tiene que hacer gestiones en la Xunta a favor de nuestro ayuntamiento. Es inconcebible que un alcalde competente tenga la cara dura de acusar a la oposición de que no hace gestiones por Marín y de que no consigue dinero para Marín.
    Nuestro gestor es el alcalde, no María Ramallo. Yo le exigo al alcalde que vele por mis intereses, no a María Ramallo.
    ¿quién está al mando? El alcalde.
    Así que ya estoy harto de escuchar tonterías de Fran Veiga cuando habla del centro de salud y de oír los gritos incontrolados de esa impresentable del bloque que se cree defensora de la verdad y guardiana de los valores.
    Si no se consigue el centro de salud en Marín, el único responsable será el alcalde. Si no viene dinero a Marín, el responsable será el alcalde. De eso no tengo duda.
    Y que conste que no soy del PP.
    He votado y volveré a votar por Zapatero en las generales.
    He votado y volveré a votar por Marin-In en las municipales.
    Y hablo castellano porque me da la gana. Lo mismo que todos los concejales y concejalas del PSOE marinenses. La diferencia está en que ellos hicieron una moción urgente para defender el idioma gallego de los atentados a los que se ve sometido por parte de la Xunta, y yo no. Por lo tanto y por añadidura, os digo a todos que nuestros concejales socialistas son unos hipócritas que firman una cosa y hacen otra.
    Por cierto ¿Qué ha pasado con el PXOM? Los vecinos de A Brea llevaron dos carteles alusivos y reivindicativos.
    Que no culpen al PP ni a Marín-In . El PXOM está siendo boicoteado por nuestro equipo de gobierno.
    saludos.

  2. escribano dice:

    A hipocresía que teñen os concelleiros do PSOE no tema do idioma é intolerable.
    Por que criticamos que os do PP falen castelán cando os do PSOE tamén o fan?
    E como di David, a diferenza está en que os do Pesoe comprometéronse públicamente a defender o noso idioma.
    M. Luz Santiago, mais coñecida coma Uchi fala castelán nos actos públicos. Muradas tamén. Pilar gonzález
    Que esta a pasar aquí
    Pregunto

  3. Portocelo dice:

    BS,
    O teu traballo e a ironía escribindo son moi bos.
    Que vergoña o da peonalización das rúas….Muradas, por favor, que dano nos estás a facer. 20 anos no Concello. Probablemente os peores da Historia de Marín….que é moito decir.
    Outras Vilas onde vai que peonalizaron, i el sigue cos estudios….
    Apertas.

  4. lade1959 dice:

    Eu opino o mismo que Portocelo.
    Muradas leva demasiados anos a chupar do erario público e sin facer nada de proveito.
    Esa peatonización é necesaria.
    E por outra banda, o alcalde debe pensar que maría Ramallo é a súa recadeira na Xunta.
    É o alcalde o que ten que moverse para conseguir os cartos, e se o alcalde non sabe, que mande a Pilariña Blanco para que solte eses berros que ela sabe en santiago, a ver que tal.
    María Ramallo está na oposición, que traballen eles, que saben tanto

  5. viciño dice:

    O alcalde respalda a Ruibal caia quen caia.
    O compañeirismo queda moi ben nas películas e ten moi boa prensa, pero Francisco Veiga fíxolle un flaco favor ó deporte marinense.
    Ruibal non ten vergonza nin dignidade.
    Ao alcalde os deportistas importanlle un carallo.

  6. Seixo dice:

    E para cando o PXOM?

  7. erasmo dice:

    ¡¡¡Buenísima!!! La crónica del pleno es comparable a cualquiera de los maestros gallegos que escribían sobre estos temas (Wenceslao F.F., Camba, etc).

  8. breaseixo dice:

    Jajaja!. Por deus, Erasmo, non esaxeres.
    Apertas e benvido.
    xa te votabamos de menos
    gracias tamén a ós demais mensaxeiros: Portocelo, lade1959, viciño, Escribano, david.
    Vós sodes a raíz da miña existencia.
    Apertas

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: