O San Martiño

Calquera persoa que veña dun país mais ou menos civilizado e lea esta noticia, vai quedar un pouco abraiado, porque non é normal que unha corporación libre e democrática, con poder para decidir, para pedir e  reclamar, lle vote a culpa á oposición de que ao Concello non chegan as axudas que deberían chegar.
No Xapón xa terían dimitido todos os concelleiros por vergonza, en Inglaterra xa estarían a pedir perdón por non ter espabilado a tempo e en Francia xa os terían dados de baixa os propios cidadáns coas súas protestas.
Aquí non. Aquí salen na foto con cara de cachondeo a bótanlle a culpa a María Ramallo, principal opositora e posible ocupante do sillón que agora, tan mal ocupan eles.
Todos sabemos que é o medo o que os fai decir esas cousas.
Medo é o que teñen. Están coma os peixes que, fora da auga, se debaten e colean desesperados:

luns

Faro de Vigo 29 de octubre de 2009

0

O noso bipartito non podía creer a sorte que tivo a principios deste ano 2009, cando, por culpa da crise, lle chegaron todos os millóns que Zapatero destinou ós concellos españoles para paliar os efectos devastadores do desemprego e a ruína. Estes cartos foron unha bicoca. Eu chameille ó ano 2009, “o ano da transfusión” en algunha entrada que escribin xa fai moito tempo.
Non foron cartos que o noso alcalde supera xestionar. Non foron cartos merecidos por unha corporación torpe e inepta. Foi unha lotería .
Agora, despois da resaca do Plan E, despois da derrota bipartita na Xunta, despois dunhas malísimas xestións con documentación caducada, despois de tantas mentiras e vagancias, encontrámonos con que os presupostos para o ano que ven son unha “pura merdiña”. Ou iso é o que nos queren facer creer
E sobre todo, quérennos dar a entender que o PP marinense nunca fixo nada para que Marín teña un polígono empresarial nin un auditorio nin un centro de saúde.
Pero A quén lle queren contar iso?
Ós veciños que levamos ano e medio asistindo ós plenos e sabemos que esas declaracións non teñen nada que ver coa verdade nin coa realidade?
Por favor, non mais mentiras. Os veciños sabemos o que levamos vivido nos dous últimos anos.
Os veciños non somos parvos.
A oposición tampouco.
Se o bipartito perde as eleccións non será por culpa da Xunta nin da Deputación, nin dos da Brea, nin do vento norte nin das lavadoras de San Pedro, nin do Cha Cha Cha.
A culpa vai ser dunha pésima xestión do bipartito partito e repartito.
A culpa será vosa: Ruibal,Fran Veiga, Vilaboa, Pilar Blanco e todos os mariachis que vos corean.
Que a sorte vos acompañe
, compañeiros,  porque se vos falta a sorte, non tendes nada. A oposición písavos os talóns con todo merecemento. Achégase o voso San Martiño:
lunes 2b
lunes 2 c
lunes 3

lunes 4

Tirando da hemeroteca demostramos cousas:

Polígono

ya

Auditorio

auditorio 1

auditorio 2

Centro de saúde:

ya 2

———————————————————

E sigamos falando do polígono

Lembremos estes vellos recortes de prensa para recoñecer a visión premonitoria de Isabel M. Epifanio e Marín-In. Mirade as datas:

epi

epi 2

Primeiros meses de 2008:

epi 3

 

5 Responses to O San Martiño

  1. veciño dice:

    ¿E que se sabe dos presupostos do noso Concello?
    ¿Para cando?
    ¿Onde anda o PXOM?
    ¿Para cando estará listo?
    Unha vez subsanado o tema dos polígonos, non creo que o PP teña a culpa do seu retraso.
    ¿Non si, xestionadores de fume?

  2. afectada dice:

    Hai unha semana recibín unha carta certificada do Concello para que me presente antes de 15 días nas súas oficinas da Rúa Méndez Núñez para resolver un papeleo de cambio de titularidade. Chégome á porta e encóntrome cun letreiro que di”Estas oficinas están pechadas ata nova orden”.
    Fun a preguntar na oficina de recaudación que é o que teño que facer, e dinme que a funcionaria está de vacacións e que non ven ata dentro de 15 días, e non podo facer nada ata entón.
    Hai que joderse!

  3. un da brea dice:

    Aquí os que nunca quixeron un polígono para Marín foron eles.
    Eu lémbrome perfectamente daquela frase famosa do Vilaboa decindo que Marín non necesita un polígono industrial porque xa o temos en Bueu.

  4. marin dice:

    Xa nos quedou claro que os da oposición tamén pensaron no polígono empresarial para marín.
    Eu lembro a Marín-In coma os primeiros preocupados por este asunto

  5. Anónimo dice:

    Excelente el artículo de Marcos gago “Con la música a otra parte”
    Gracias por publicarlo

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: