Ese bloque inverosimil

transformador

Este mural que está nunha parede do transformador de Seixo foi pintado fai mais de trinta anos por Antón Pousada, un militante histórico do BNG, expulsado por ser íntegro.
Daquela o Bloque tiña proxecto de futuro e esperanza dun mundo e unha Galicia mellor.

Últimamente esta pintura estaba moi deteriorada e alguén tivo a idea de restaurala e engadirlle Galiza nova mocidades do BNG (que non estaba antes)
Comentábame un amigo que o repintado non quedou alá moi ben porque a cara de Castelao agora mais ben é unha mestura entre a de Charlie Chaplin e Maiquel Jacson, e que tal vez habería que ampliar a frase para que quede mais acorde cos tempos de “modernización” que está a sofrir o bloque.
Según este amigo habería que poñer:
Xa estamos fartos de ser unha colonia, agora queremos ser un champú”

E tendes que recoñecer que a estas alturas de globalización e desmadre, ao bloque non o recoñece nin a nai que o pariu.
Evolucionar está moi ben, é necesario, hai que adaptarse ós tempos que corren. Pero isto é outra cousa. Isto é o desmadre.
O BNG de Cangas apoia un porto deportivo que vai afundir o marisqueo e a vida de centos de mariñeiros e o seu homónimo de Marín, ademais de xogar ó tenis na escola naval (ese deporte tan burgués e aínda porriba practicado en territorio ocupado e usurpado, según os nacionalistas), dedícase a privatizar o servizo de recollida de lixo.
Inverosimil!!

p2140090 reduc.


privatización 1

————————

O escándalo é tan grande que ata o Colectivo Nacionalista pon o grito no ceo.

simbolo s

AOS MEIOS DE COMUNICACIÓN

Unha nova privatización no concello de Marín

Desde o Colectivo Nacionalista de Marín queremos manifestar o noso máis rotundo rexeitamento ás pretensións do goberno municipal de privatizar a limpeza viaria. Como xa aconteceu anteriormente coa recollida do lixo, esta nova privatización non vai traer unha mellora do servizo. só traen un empeoramento a un maior prezo para os petos da administración e do pobo que é quen paga.

Xa o estamos vendo estes días coa contratación provisional dunha empresa, as rúas de Marín están nun estado lamentábel, como levan desde fai meses pola incapacidade da titular do área que só está preocupada en buscar titulares na prensa e en perseguir asociacións que non son servís aos seus postulados.

Pagar 20.822€ por limpar durante dous meses as rúas de Marín é demasiado caro tendo en conta os resultados e que o concello xa conta con persoal para realizar estas tarefas, polo tanto estamos pagando dúas veces polo mesmo traballo. Gustaríanos saber con que criterios se fixo esta contratación e por que a esta empresa, xa que cada vez que o sr. Ruibal está de alcalde accidental sorpréndenos con gastos polémicos reprochados pola oposición.

En anos anteriores Marín estabas cheo de operarios da limpeza, maioritariamente da nosa vila, pero ultimamente non se ven. A concelleira mandounos a facer outras tarefas en función dos seus intereses propagandísticos, deixando as rúas sen atención. Tampouco se ven as máquinas varredoras limpando as beirarrúas, gustaríanos saber que foi delas.

Deixou deteriorarse o servizo de limpeza municipal para dar unha imaxe de ineficacia e de sucidade das rúas de Marín para xustificar esta privatización, que como xa manifestou Pilar Blanco vai ser “sorprendente”. Por que vai ser sorprendente, xa sabe a quen lle vai tocar o servizo, ten buscada unha “empresa amiga” para que lustre as rúas de Marín?

Desde o inicio da xestión privada da recollida do lixo demandamos o cumprimento do prego de condicións da concesión do servizo, denunciamos a sucidade e a falla de limpeza dos contenedores. Aínda hoxe a concesionaria segue sen cumprir os prazos na limpeza, dando unha imaxe lamentábel da nosa vila ao que hai que sumar o fedor os días de calor.

Agora van tentar vendernos outra concesión “para mellorar o servizo”, pero xa sabemos que non vai ser así. É unha práctica habitual que as empresas privadas que se fan con servizos públicos atúen impunemente sen que os responsábeis políticos fagan nada.

Pode parecer novidade que unha organización política que se di de esquerdas, e nacionalista, e que critica constantemente a privatización dos servizos públicos que fai o goberno do PP na Xunta, veña agora a facer o mesmo en Marín, pero xa o viñan facendo nos concellos onde gobernaban e na propia xunta coa creación de consorcios e empresas. Que podemos esperar do BNG despois do que están facendo en Cangas amparando a construción do porto deportivo en Massó, para maior beneficio da especulación urbanística.

Esta esquerda de salón que se acomodou moi ben aos despachos das distintas administracións fai a mesma política servil para as grandes empresas ás que conceden a xestión dos servizos públicos. Grandes grupos empresariais que se están facendo coa limpeza ou recollida, co servizo de auga ou coa sanidade.

Estamos ante un novo pelotazo semiclandestino e de novo con alcalde accidental, preguntámonos onde está o titular cada vez que se toman decisións importantes no concello. Pensa que deixando ao BNG facer todo o traballo sucio do concello ao PSOE non lle vai pasar factura o pobo de Marín?

Demandamos unha rectificación e que non se leve adiante este despropósito que vai hipotecar as arcas municipais en beneficio duns intereses privados e non do pobo de Marín. Se os que nos gobernan non son capaces de facelo e necesitan axudas alleas e mellor que deixen o posto a persoas con mais capacidade.

Marín, 22 de setembro de 2009.

Asdo.: Mariola González Fdez.

——————————————–

E cómo non, María Ramallo

op

Pilar Blanco deféndese mal

p

—————————————–

Dende marinenses.com:

Metropolitano

Dom Oct 18, 2009 10:18 pm

Cuando se habla de privatización alguien oculta algo o no dice las cosas como deben ser.

Tomando las declaraciones de la Concejal del servicio que se publica el 24 de Septiembre resulta que:
– La concesionaria tendrá que disponer al menos de 14 peones, dos barredoras, un camion de baldeo, una furgoneta y el resto de materiales necesarios. Esto hace que sean 14 peones y 4 conductores por lo menos, más un coordinador o capataz. Llevamos 19
– El coste será de 400.000 euros anuales.
– Que la medida no supondrá la desaparición de la actual brigada formada por personal municipal que se dedicarán a atender las necesidades del rural, desmitiendo las críticas de que el Ayuntamiento se quiera deshacer de funcionarios.

En el presupuesto de 2008, los costes del personal actual pueden ser en torno a 350.000 € aproximadamente.
¿Que cambia en todo esto? – Es muy simple: lo que ahora cuesta 600.000 euros (personal más material aproximadamente) en 2010 pasará a costar 1.000.000 €. ¿Cómo se cubren estos costes?: Sencillo, repercutiendolo al usuario, como se hizo con la privatización de la recogida de basuras.



2 Responses to Ese bloque inverosimil

  1. pepiño o jrilo dice:

    Non sei de que vos estrañades
    Teresa Táboas ten os seus fillos a estudar nun colexio de élite pontevedrés onde non se lle da demasiada importancia á lingua galega.
    Anxo Quintana está de tertuliano na COPE.

    E non me parecería raro se dentro de pouco nos enteremos de que Ruibal foi nomeado secretario xeral do Opus Dei.
    O tempo dirá.
    Parabens a breaseixo e a todos os lectores

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: