Enredos (pleno de setembro)

Amig@s, permitide un pequeno inciso antes de comenzar esta entrada.
Quero que sepades que a miña opinión personal é que a Deputación coma institución, é algo totalmente anacrónico, fora de lugar e que, dende que se instaurou a Democracia e mais aínda, dende que existen as Comunidades autónomas, debería desaparecer. Pero este é un tema que merecería un debate mais profundo e que non imos tratar agora.

De momento a deputación está vixente e sigue sendo unha fonte importante de ingresos para os concellos.
Hai dous tipos de concellos:
a- Os que pensan que non hai que pedirlle nada á Deputación. É a deputación a que ten que repartir os cartos de maneira equitativa, xusta e desinteresada, sin discriminar a ninguén e tendo en conta as necesidades específicas de cada concello en todo momento. A que ten que velar por todos e estar pendiente das súas necesidades incluso antes de que ninguén lle solicite nada e sin que sexan necesarias as entrevistas con Louzán.
Ese é o caso de Marín.
b-Os que teñen verdadeira vocación de servicio ós cidadáns, e non se lle caen os anillos por presentarse de cando en vez en Pontevedra para pedir o que lles corresponde. Saben que non están a pedir limosna. saben que non é perder o tempo. saben que se non piden ninguén lles vai dar nada.

En contra do que o noso equipo de goberno nos quere facer creer, os cartos non van sólo para os concellos do PP. Se vos poñedes a investigar, atoparédesvos con Cotobade, un concello moitísimo mais pequeno ca Marín, que está gobernado polo PSOE e que acada moitos cartos da Excelentísima. E que decir de Poio, gobernado polos nacionalistas. E estes non son os únicos.
Sería estupendo e maravilloso que a Deputación fixera todo o que ten que facer sin que ninguén llo pedira, por desgracia non é así. Polo tanto eu, coma veciña, pídolle ó meu concello, que é quen recauda os meus impostos, que defenda os meus intereses.
Este mes tocoume pagar o recibo da Urbana e non llo paguei á Deputación, senón ó Concello. Se tivera que pagar un vado permanente, tamén sería o Concello quen o recaudara, e se teño que pedir un permiso por obras, é no concello onde me esquilman. Polo tanto, que sexa o Concello quen tramite os meus intereses.

Hai unha cousa da que non fun capaz de enterarme aínda: Cal é a función que ocupan na Deputación os deputados provinciais. Que é o que fan. Cómo xustifican o seu soldo.
Como sabedes, Marín conta co señor Muradas, okupa de nove das doce comisións. Unha cantidade importante de euros cada mes por facer…Que?…non se sabe.
Este home, cando intervén nos plenos, acusa a M. Ramallo de non facer nada por Marín na Deputación, pero ela non é deputada provincial. O deputado é el.
Isto é algo que temos que ter en conta os veciños. E non nos vale que nos digan que por ser do PSOE ou deo Bloque xa non podemos facer nada nunha institución do PP. Iso é unha maniobra para eludir as responsabilidades, para esconder debaixo da alfombra as miserias e as ineptitudes.

Enredos é cómo se titula esta entrada porque enredados estamos todos. Non sólo os da Brea, senón tamén os urbanitas de Marín, aínda que non queirades darvos por enterados.
Ao pleno do venres non veu o alcalde porque estaba de vacacións, pero resulta que cando salimos (sobre as dez da noite), Fran Veiga estaba na porta de atrás do concello, impecablemente traxeado, agardando por Muradas e os demais compoñentes do seu partido para ir a “La huerta de la abuela” a tomar os viños.
Eu supoño que aproveitaron este intre de lecer para comentar todos os pormenores do pleno.
Estaredes extranados de que Fran Veiga non aproveite estes días para esquecer por un tempo os sinsabores da política e se vaia de viaxe coa parienta, a disfrutar da vida, él que pode, que para iso ten un soldo privilexiado e desmesurado. Lonxe diso, aparentemente, o seu ocio limítase a percorrer os bares da periferia do edificio consistorial coas malas compañías.
De que falará Fran Veiga mentes toma o aperitivo?
As malas línguas din que o seu tema recurrente é o maltrato ao que se ve sometido por parte dos seus cónxuxes no bipartito, os do bloque, que aproveitan a mais mínima ausencia do chorón para firmar facturas, pagarés, letras, contratos e canta cousa hai.
Os sufridos clientes habituais destes bares, nun principio sentían pena polo desdichado alcalde, ata que empezaron a prestar mais atención ós detalles cotiáns da nosa política, e agora cambian a pena pola indignación cando poden comprobar unha e outra vez que a relación PSOE-BNG é un caso de sadomasoquismo consentido e disfrutado a tope polo señor chorón do ilustrísimo concello.
Esta circunstancia de firma de facturas en ausencia do alcalde titular, vense repetindo unha e outra vez dende fai anos, e os cidadáns empezamos a sospeitar se non será unha estratexia consensuada entre os dous partidos do equipo de goberno para eludir responsabilidades cando cheguen as auditorías.
Non sei, tal vez estou enredada.
Sodes vos os que tendes que atar cabos e pensar neste asunto.

Unha vez expresada a miña opinión, paso a contarvos que, na sala de plenos había este venres menos xente ca de costume. Varias sillas valeiras, de xente desencantada que quiso manifestar a súa desconfianza.
O día anterior, Vilaboa e Pilar Blanco volveron a reunirse cos veciños na casa de cultura do Campo para comunicarnos que o martes, día de san Miguel, foron á Deputación para enterarse de cómo estaba a normativa, parece que non sabían de que iba a cousa, ata que leron neste blog as medidas reglamentarias que nos dixeron os técnicos e foron a preguntar se era certo.
Aproveito para contarvos que se presentaron alí sin pedir cita previa e aínda así foron recibidos e informados debidamente (aínda que non eran do PP).
A esta nova xuntanza que foi o xoves, acudiron sete veciños. O resto non quixo saber nada porque non ten esperanzas nin confianza.
Por que non teñen confianza os veciños? Porque para o Bloque era moi fácil esperar ó pleno, aceptar a moción de Marín-In e empezar a traballar no proxecto, sin necesidade de embarullar e confundir ós veciños con sutilezas políticas que non se entenden.
Que nos contaron de novo nesta xuntanza? Presentaron un boceto de cómo quedarían afectados os terrenos dos veciños. E unha alternativa de que se fagan aceras por un lado e aparcamentos polo outro.
Imos ó Pleno:
O asunto das beirarrúas da Brea foi presentada en dúas mocións distintas e iso non é cousa boa. A moción presentada por Marín-In foi respaldada polo PP e rechazada polo equipo de goberno. A moción do bloque foi respaldada polo PSOE e tivo a maioría dos votos.
Marín-In solicitaba do equipo de goberno que fixera os trámites necesarios para reclamar que a Deputación faga un proxecto para as beirarrúas. Punto.
O Bloque di o mesmo pero doutra maneira e ademais quere que sexa a deputación a que pague esta obra con ese 20% que se reserva Louzán
O PSOE di que o concello non ten que intervir para nada e que sexa a Deputación a que se encargue.
Cal é a diferencia entre as tres posturas? Ningunha. Todos piden o mesmo.
Por que discuten? Por enredar
Todos eles saben que a Deputación non vai facer nada mentras o Concello non teña un consenso cos veciños.
Marí-In pide ese consenso co respaldo do PP.
O PSOE di que o concello non ten terrenos alí e polo tanto que sexa a Deputación quen negocie.
O Bloque di o mesmo ca o PSOE pero fai todo o contrario e ten reunións cos veciños para facer tratos.
Entendestes algo?
Vilaboa respondeulle a Isabel M. Epifanio que Marín-In nunca pensou nestas aceras ata agora nin fixo nada cando estivo no equipo de goberno.
María Ramallo respaldou a Isabel e acusou a Vilaboa de ter mais interés en facer política ca en facer aceras.
Vilaboa respondeu decindo que quen fai política é ela, sobre todo cando se fotografía nas terrazas dos bares de Marín con Ana Pastor, ( menos mal que non falou de calamares).
Tomou a palabra Muradas para decir que el PSOE ya pidió las aceras en el año 2006, e sacou un escrito daquelas datas, cousa que aproveitou Isabel para decirlle “Señor Muradas, daquela Marín-In formaba parte do equipo de goberno e nós tamén firmamos ese escrito, polo tanto está vostede a contradecir ó señor vilaboa en vez de defendelo.
Despois de envainar este tropezo, Muradas arremeteu, cómo non, contra María Ramallo para decirlle o de sempre El PP por acá, el PP por allá y el PP no hace nada.
A outra contestoulle que o deputado era el e non vai o PP a facer un traballo polo que está a cobrar el.
En resumidas contas, amigos, pouco se aproveitou deste pleno. Despois de mais de dúas horas de rifi-rafe, salimos todos exhaustos de escoitar parvadas e malicias. Poño por exemplo a Muradas cando lle replicaba a M. Ramallo, “Ya sé que no tengo tantos conocimientos como usted, ni soy abogado como usted, ni tan listo como usted”… eu esperaba que sacara da carpeta o diploma dos estudios primarios, como fixo unha vez Belén Esteban para demostrar que a pesar de non ter título de periodista, ela tiña estudios suficientes para falar na tele, afortunadamente, Muradas non sacou papeis acreditativos, supoñendo que os teña.
O mes pasado tiñamos certo optimismo polas aceras, dende que o Bloque meteu man, acabouse.
——————————————————-
E aínda que pareza mentira, houbo outro tema importante neste pleno, aínda que quedou tapado pola cortina de fume das nosas beirarrúas:
O BNG firma e firma, e non para de firmar facturas en ausencia do alcalde.
No sabemos se o PSOE non se entera, se está de acordo pero elude as responsabilidades, ou se os nacionalistas din aqui mando eu e faise o que que me da a gana.
O caso é que non sei de onde sale tanto carto e todos deberíamos empezar a preocuparnos polas xestións financieras municipais, antes de que o noso equipo de goberno acabe na Lama ou “sin rumbo y en el lodooo”
En fin…Enredos políticos.
Señor, ten misericordia de nós!
breaseixo

enredos 3

enredos 1

enredos 2

3 Responses to Enredos (pleno de setembro)

  1. lameira dice:

    Ola BS,
    Interesante e simpática crónica.
    Tantos problemas por resolver e tanto tempo perdido por uns e outros.
    Apertas

  2. breaseixo dice:

    Gracias Lameira, é un privilexio ter lectores coma ti

  3. Mayflower dice:

    Amiga ¡te superas! Erasmo y tu sois un forúnculo en las partes pudendas de toda esta tropa, el que más me aflige es el del ILUSTRE MURADAS ¡¡ CHORADEEEEEEEEE

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: