Aceras na Brea, matices e manipulación política

Pois nada, tal como pensabamos ¡se montó el cristo!
Moito nos tememos que a Brea vai estar na mesma situación ca San Xulián. Cando se acaben todas as discusións e os debates, a nosa situación vai quedar en “stand by” ou o que é o mesmo, conservada en formol durante anos.

A Deputación ten unha partida de cartos reservada dende fai dous anos para sufragar as beirarrúas de San Xulián. Eses cartos están ahí, na espera de que o Concello de Marín chegue a un acordo cos veciños para facerse cos terrenos necesarios para que a obra se leve a cabo.
A estas alturas, mentras que o noso alcalde é incapaz de negociar cos veciños a cesión de terrenos, o presidente da Deputación está a punto de perder a pacencia e destinar estes cartos para outro concello mais espabilado.
Que se fai en Marín?
Pois parece que de momento, nada de nada. Despois, cando os cartos desaparezan, farán declaracións chamándolle cacique ó presidente.

No caso da Brea aínda todo está no airo.
Como ben sabedes, Marín-In leva reclamando as aceras dende que se empezou a facer esta obra do saneamento das augas.
No pleno do mes pasado, presentaron unha moción urxente para este tema, pero non chegaron a tratala por petición do alcalde de levar o asunto nunha comisión para chegar a un consenso entre todos os grupos.
Nun principio pensaba o equipo de goberno que esta idea de Marín-In  era descabellada porque supoñía gastar moitos cartos e ter que facer “xestións na Deputación”, e iso da unha perezaaaa!.
Pero resulta que a obra quedou feita unha chapuza porque as canaletas que deixaron polo arcén son un perigo para os viandantes e mais os coches, e a Deputación obrigou a tapalas con cemento.

Xa postos a tapar canaletas e a gastar mais cartos da conta, ao BNG acendéuselle unha bombilliña na cabeza e, antes de que se levara a cabo a comisión para estudiar a proposta de Marín-In, non dudou en darlle unha puñalada trapera ós da oposición. Mandou facer un proxecto a toda presa, e  presentoullo ós veciños na casa de cultura do Campo explicando que, aínda que Marín-In tivo a primeira idea, eles eran mais realistas e xa traían o traballo feito.

Contou Pilar Blanco que a única función da Deputación de Pontevedra é levar a limpeza e as reformas das estradas e viales Provinciais, polo tanto, todos os millóns dos que dispón son para esta causa e para subvencionar ós concellos.
Non contou Pilar Blanco que a Deputación ten outras moitas competencias nas que invertir os cartos, tales coma subvencionar proxectos turísticos, clubes deportivos de toda índole, medioambiente, etc. O servizo “Vias e obras” é un mais, aínda que  pareza o mais importante.

Dixo Vilaboa que a Deputación ten unha partida de cartos para axudar ós concellos de menos de 50.000 habitantes de 70 millóns  de Euros E deses millóns, a Deputación aparta un 20% para libre disposición, e Marín vai solicitar que deses 14 millóns, a Deputación lle dea unha axudiña para facer as nosas aceras.
O que non dixo foi que Marín xa ten adxudicado da Deputación casi 1000.000 de euros (980.000), e que os cartos de libres disposición (eses 14 millóns), son para invertir en gastos da propia Deputación en toda a provincia, coma dotación para os seus edificios, museos, axudas ao deporte, emerxencias por inundacións, incendios ou catástrofes varias,e tamén para axudar ós concellos con poboación inferior ós 1000 habitantes, que son sempre os mais necesitados. Tende en conta que os concellos con mais habitantes, xa teñen axuda co outro 80%.

PRINCIPAIS SERVIZOS DA DEPUTACIÓN (onde se invirte ese 20 % de libre disposición)
* Palacio Provincial.-Servicios Administrativos
* Servicio da imprenta provincial
* Parque Central de Maquinaria
* Ciudad Infantil “Príncipe Felipe”
* Archivo Histórico Provincial
* Castillo de Soutomaior
* Finca Areeiro (pioneira en investigacións agrícolas e forestais)
* Centro de vacacions A Lanzada
* Parques Comarcales de Maquinaría
* Finca de Mouriscade
* Escola de canteros
* Patronato Turismo “Rías Baixas”
* Museo Provincial de Pontevedra

Dixo Vilaboa que a estrada da Brea (provincial 1202), pertence á Deputación e esta é a única responsable do seu mantemento. Pero entón contradícese Vilaboa cando nos conta ós veciños que o BNG ten un proxecto de aceras xa feito para presentar e que a Deputación  teno que aceptar así como vai.
Se quen manda é a Deputación, o proxecto haberá que levalo a cabo según as normas estipuladas por esta, e o único que pode facer o Concello é reclamar os nosos direitos e  xestionar  que a institución provincial se encargue de cumplir a tarefa.

Vilaboa falou dunhas aceras ligh, nas que os veciños que queiran doar unha pequena parte do seu terreno, que o fagan, e os que non queiran, non.
E dixo tamén que, o mais seguro é que este proxecto vai ser rechazado en Pontevedra porque o partido político que ten os cartos, non é o mesmo ca o que goberna en Marín. Desa maneira, o noso concelleiro de urbanismo, cúrase en salú, e os malos sempre serán os que teñan que decir Non.

O que non dixo Vilaboa é que as estradas provinciais (as que dependen da Deputación), teñen unhas normas establecidas, e cando se fan reformas hai que seguir estrictamente esas normas, sin excepcións.

Por que nos amosamos tan desconfiados os veciños da Brea?
Porque sabemos o que hai.
Así que, nin cortos nin perezosos, presentámonos na Deputación e tivemos unha xuntanza cos técnicos responsables, que nos explicaron o seguinte:
-Nunha vía destas características cada carril debe ter 3’5m de ancho e non os 2’25 que nos querían facer creer os do BNG, xa que ten que haber espazo para que se cruce un autobús con outro.
-Por outra banda, é necesario que haixa posibilidade de aparcamentos (nas zonas onde sexa posible), pois sempre haberá coches parados na rúa, e isto representa un perigo si se invade a calzada.
-Por último, o ancho das aceras, sempre según os técnicos debe ser de 1,6 m. para que un carrito de bebés se poida cruzar con outro.
En resumen, todo iso danos un ancho de vial de 12’60m de cierre a cierre. (9m de bordillo a bordillo das aceras).
En todo caso, nunca se tocarían as casas, e nos lugares onde non quede ancho suficiente para aceras nin aparcamentos ou incluso calzada, poríase unha señal indicando ese estreitamento.
O ténico da Deputación comprometeuse a facernos un estudio que os veciños poderemos ver.
Para que a Brea teña aceras son imprescindibles varias cousas:
Haberá que retranquear algúns muros
Terán os veciños que ceder algo de terreno (aínda non se sabe canto porque o estudo non está feito).
Os gastos que representen estes retranqueos, irán a cargo da obra, nunca dos veciños.
Ten que ser o concello quen negocie cos veciños a cesión dos terrenos, e unha vez feito este trámite, a Deputación encargase de facer a obra.
Este é o protocolo habitual que se fai en toda a provincia. Non vai haber excepcións na Brea.
Cando os concellos saben xestionar, as estradas provinciais melloran. Non hai outra.
Aquí vos presento as cifras que baralla a Deputación

    deputación
    En todo caso, sabe Vilaboa que a Deputación non nos vai dar cartos sacados da “libre disposición” porque Marín xa recibeu a súa parte para que o concello a invertira no que estimara mais oportuno. Se entre as opcións do concello non estiveron as aceras da Brea, “se siente”.
    Outra cousa sería que o concello fixera os seus deberes a tempo (fai meses) e nese caso, en vez de recibir un millón de euros, podería recibir millón e medio. Pero eu considero que non houbo previsión nin gañas.
    Mentras tanto, anda o BNG tentando confundir ós veciños facéndolles pensar que poderían ter aceras enseguida se a Deputación quixera darnos esa pequena axudiña, ou se fixera unha pequena excepción no asunto dos retranqueos.
    Como dixen antes, ímonos ver na mesma situación ca San Xulián, e eles sábeno ben.
    Son os pequenos matices da manipulación política contra os veciños.
    O próximo pleno (venres día 11 as oito da tarde), preséntase tormentoso.
    ————————————-
    manipu 1

    manip 2
    manip 3

    manip 4

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: