Pleno de agosto de 2009

O síndrome de Grenviche

As doce do día, mala hora. A hora do meridiano.
O meridiano Greenwich (coñecido nos furanchos coma grenviche) é un círculo máximo que pasa polos polos do globo terráqueo e divídeo en dous hemisferios, o Oriental e o Occidental; e chámase así porque cando pasa o sol por el, é mediodía para a zona que queda no hemisferio iluminado, e medianoite para o hemisferio que queda na sombra. Este feito ten moita importancia porque os habitantes da zona iluminada, cando chega esta hora, perdemos un pouco a concentración no traballo e nos asuntos intelectuales a causa  do tema gástrico.
Como consecuencia desta falta de concentración causada porque se achega a hora de comer, baixamos a guardia, o pensamento dispersase e o subconsciente xóganos malas pasadas. Trátase do “síndrome de grenviche”
Non é cousa de broma o que estou a decir e vouno demostrar:

As doce en punto, comeza o pleno. Coma sempre a sala estaba chea de público.
A vella que me tocou ó lado contoume que tiña unha empanada de xoubas na casa porque non lle ía dar tempo a facer a comida e eu fun a primeira en desexar estar na miña cociña.
Puntos do día:

A moción do PP para que non sexan tranferidos á Xunta sólo os portos de Marín e Vilagarcía. Se chega o caso, que sexan transferidos tamén os de Vigo, Ferrol e a Coruña.
Neste tema todos os grupos estaban de acordo e non había mais ca levantar a man e votar. Sin embargo ó noso edil de urbanismo, o nacionalista Vilaboa, traicionouno o síndrome de grenviche e sólo podía pensar coas tripas. Unha e outra vez intentaba atacar ó PP falando das contradicións, do pouco que fixo a nosa concelleira mentres estivo ó frente do porto etc.
Por moito que a Ramallo decía que non quería discutir parvadas, Vilaboa seguía atacando ata que dixo o que realmente quería decir
: “Señora Ramallo, todos os aquí presentes sabemos que o único que sabe facer vostede é pasear ós conselleiros polo porto de Aguete e levalos a tomar os calamares no Rincón de Poti, sin dignarse a invitarnos ó equipo de goberno”.
Esta frase provocou as risas do público que comentaba entre dentes “Este o único que pensa é en comer”.
Chegados a este punto o alcalde cortou o debate antes de que o Vilaboa empezara a falar das tortillas que Manuel Fraga comía en Cacheiras.
Probe Vilaboa, cando el trai ás altas xerarquías do BNG a Marín, sólo toman café cortado na do Meco, e non lle poñen nin unha galletiña para acompañar.

As actividades económicas do Concello:
Isabel M. Epifanio (Marín-In) e Manuel Santos (PP) criticaron duramente as malas xestións económicas do Concello e laiaronse de que non vai haber maneira de que cadren as contas para os orzamentos deste ano. Por unha banda están os despilfarros sin control e pola outra os impagos a empresas, asociacións etc.
Esta vez o síndrome de grenviche actuou sobre a concelleira de Facenda Pilar González que soltou unha perla retórica que fixo as delicias dos alí presentes. Cito textualmente
: “Ustedes con sus críticas están dando imagen de que el ayuntamiento de Marín está arruinado, y nada más lejos de la verdad. El ayuntamiento de Marín está saneado y muy saneado. El ayuntamiento de Marín tiene liquidez para hacer frente a los pagos. Que lo haga tarde o que lo haga mal, eso es aparte”
-Ampliación do plazo para executar a obra do centro de acollida de visitantes ós petroglifos de Mogor
O tema das obras do centro de acollida para visitantes ós petroglifos de Mogor, xa fora tratado no pleno de decembro pasado. A concelleira de cultura presentouno nunha moción urxentísima porque había que levar a solicitude á Xunta de Galicia antes de que esta cerrara os orzamentos. Tratábase dunha clarísima propaganda electoral e así o manifestaron os dous grupos da oposición que se enteraron do asunto dous minutos antes do pleno e non tiveron tempo de estudiar os detalles. Aínda así votaron a favor, porque según os nacionalistas, a construcción ía ser inminente e non había tempo que perder.
Quedaron tan contentos os do Bloque polo éxito acadado que correron a Santiago para entregar a documentación, pero cando chegaron alí rechazáronlle os documentos porque faltaba a firma do alcalde. É tanta a seguridade dos nacionalistas de que son eles os que mandan en Marín, que nin sequera se acordan de que é o alcalde o que ten que firmar os papeis. Así que tiveron que volver co rabo entre as pernas para que Fran Veiga firmara o que tiña que firmar.
Isabel M. Epifanio dou conta este venres daquel ridículo episodio e criticou  toda aquela  urxencia que tiñan os nacionalistas no mes de decembro para levar a cabo esta obra, que estaba previsto que se ía empezar de forma “Inminente”, e agora resulta que queren aplazala ata dezaoito meses.
Respondeu a Concelleira de cultura cunha frase que todos esperabamos:
“A culpa é do PP que é quen agora manda na Xunta“. Sin duda Esther Crespo estaba sendo atacada polo síndrome de grenviche e non tivo tempo de votar contas, porque Epifanio, mais avispada, saleulle con esta: “Señora Crespo, se o plazo de execución era “inminente”, o bipartito da Xunta tivo tempo mais ca suficiente para deixar atada e ben atada esta obra antes de perder as eleccións de marzo, como fixo con outras “.
E nestre intre tomou a palabra o alcalde, non para aclarar o asunto, senon para tapar as carencias intelectuais da Crespo. Falou Fran Veiga con rostro severo e mirada altiva hacia os membros da oposición, e coma se estivera a darlle leccións a unha panda de iñorantes, soltou un discursiño cheo de obviedades que todos sabiamos de memoria:
“Non debemos esquecer a importancia que a que a cultura castrexa e megalítica teñen para Marín, xa que supoñen un reclamo turístico de gran atractivo, coma continuación e universalización do que xa fixeron en Campolameiro e bla bla bla. Eu rógolle os membros da oposición que non tomen a broma un asunto tan serio coma este, e tan importante no mundo mundial”. E parece que quixo deixar claro que os da oposición non comprenden a cultura petroglífica-castrexa-megalítica, osea.
Sin duda o síndrome de grenviche volveu a estar presente porque parece que o alcalde, cando falou da importancia turística dos megalitos, esqueceu pedir perdón ó pobo de Marín por ter a caseta de turismo pechada durante mais da  metade do verán, ante a  impotencia e desconsolo dos turistas que andaban mais perdidos ca un pulpo nun garaxe. E tamén se esqueceu de disculparse ante a Asociación Culural Almuhinha, a única que de verdade amosa  interese polos castros e os petroglifos e da conferencias sobre o asunto, e foi foi multada por Pilar Blanco, precisamente por pegar un cartel que anunciaba unha destas conferencias culturais e comprometidas coa nosa prehistoria.
Mar-In tiña prevista unha moción urxente sobre as aceras da Brea, pero non dou tempo a tratala e deixouse para o próximo pleno.

Chegaron os rogos e preguntas e Mar-In, rogoulle a Manuel Pazos, capitán de jardines, que adopte unha maneira mais responsable de regar as plantas da alameda, pois faise a mediodía en vez de facerse á noitiña ou pola mañá cedo, e aínda porriba, a metade da auga vai parar á veirarrúa e mentras as plantas quedan secas, son os viandantes os que acaban regados. Iso é unha irresponsabilidade e un despilfarro ecolóxico.
Continuou Briones a facer preguntas ecolóxicas e saleu a relucir o tema dos conedores que Ruibal colocou na porta da praza de abastos, que despois de seis meses aínda non están arreglados e feden que apestan.

Respondeulle Ruibal con outra frase que vai pasar os anales da historia dos plenos marinenses: “a culpa é da empresa que non é capaz de solucionar unha deficiencia de fabricación e inda porriba, como esta empresa é portuguesa e non ten filial en España, pois non hai maneira de reclamarlle nada.”
“Cojonudo!”. Decía o público
Decatástesvos, estimados lectores do apego que ten o BNG polas empresas portuguesas?. Os contedores da basura veñen dalí, o proxecto da Brea tamén se fixo en Portugal.

Volveu a atacar Briones, esta vez coas torretas de alumeado do estadio de San Pedro, que volveron a ser reformadas porque no anterior proxecto, tan cacareado por Ruibal no seu momento, parece que as puxeron moi mal ubicadas, de tal maneira que había zonas do estadio que quedaban ás escuras e foi necesario volvar a cambialas de sitio e aumentarlle a potencia. Isto supuxo un gasto considerable que non estaba previsto.
Outra das súas maravillosas xestións, decíalle o de Marín-In a Ruibal, e alegou tamén que eses cartos ppoderíanse investir mellor no deporte de base e nos colexios de primaria.

E cando pensabamos que remataba este bochornoso pleno, pasadas as dúas da tarde, aínda tomou a palabra o siniestro Muradas, colérico porque xa se lle pasara a hora do vermú e iso non ten perdón de Deus.
O público púxose á espectativa porque todos sabemos que cando Muradas se “encoraja”, o blanco das súas iras é María Ramallo. El non bota escuma pola boca, coma Pilar Blanco ou coma Vilaboa, non, este enfoca os seus ollos de bogallo sobre a cara de María Ramallo e con parsimonia afectada, pode decir as parvadas mais grandes sin que ninguén se dea conta do pouco contido significativo, ocupados todos en votarnos a tremer, coma cando nos tempos de Franco nos rifaba o maestro, nós non oiamos o que decía, simplemente mirabamos aquela cara distorsionada na nosa mente infantil e tremiamos de medo.
O día que os nosos políticos deixen de tremer ante eses ollos de bogallo, algo grande  vai cambiar neste concello.

(Un apunte: Todos os concelleiros do PSOE, agás Benito González Dopazo e de vez en cando Fran Veiga,, fan uso do castelán mais castizo en todos os eventos públicos sin que ningunha asociación proteste.. A min dame o mesmo, pero dáseme por pensar que, se algún día goberna o PP, vai haber movementos culturais e puristas para criticar que non se fai uso do idioma galego na nosa institución marinense.)

En fin amigos, o meridiano Greenwich, que fai “majiñas”
Se queredes consultar a prensa, aquí vos poño as noticias sobre o evento, onde aparecen outros detalles dos que eu non escribin.
Apertas

meridiano 3
meridiano4
meridiano 5

meridiano 6
meridiano 7
meridiano 8

————————————————

meridiano 1

meridiano 2





Anuncios

3 Responses to Pleno de agosto de 2009

  1. lade1959 dice:

    Breaseixo:
    Unha vez mais, a miña admiración pola túa versión do pleno.
    Coma sempre describes os detalles porque o outro xa sale na prensa.
    Coma sempre acertas.
    O Vilaboa é talmente Agamenón. Iñorante, maleducado e comilón.
    Muradas é siniestro. Pode parecer increíble, hai que estar alí para ver a expresión dos seus ollos, a súa cara de asasino cando mira a María Ramallo, as súas gañas de matala (verbalmente, supoño). E as súas ansias de volver canto antes ó bar.
    As frases entrecomilladas son exactas. Non inventache nada.
    E sobre todo, algo do que ningunha asociación se queixou: O noso PSOE votou un acordo pola defensa do galego, pero non o está a cumplir. Despois queixaranse porque o PP fale en castelán.
    Quero deixar constancia que son votante do PSOE de toda a vida. Volverei a votar por Zapatero nas eleccións xerais, pero nunca volverei a votar por Fran Veiga nin por ningún dos seus mariachis. Síntoo moito, pero o PSOE de Marín non vale nada.
    Ineptos e sinvergonzas

  2. lameira dice:

    Ola BS,
    O dia q consigades eliminar o da Brea, e deixes de ir os plenos, perderemos unha cronista admirable.

    Tamen me gustaría leerte o dia q goberne Ramallo, e se lle ocurran cousas ainda peores (ou iguales) que as dos que están agora (lembra q Ramallo quería Celulosas no Porto, entre outras perlas)
    Apertas e noraboa por todo o traballo feito.

  3. breaseixo dice:

    Estimado Lameira,
    moitas gracias por chamarme “cronista admirable” e sobre todo, gracias por ler este blog.
    Quero decirche que, o día que goberne María Ramallo, se o asunto da Brea está resolto,este blog xa estará clausurado, porque non tería sentido. Se resulta que o asunto da Brea aínda non está resolto, aquí seguirei, dando caña.
    De todas maneiras, a María Ramallo non lle van faltar críticas duns e de outros, porque neste mundo ninguén é perfecto, e moito menos os políticos, que están expostos a moitas manipulacións e presións de toda índole. Imposible permanecer puro nese oficio.
    Se alguén pensa que este blog naceu para facer propaganda de María Ramallo, está enganado. Eu, simplemente manifesto o meu desncanto contra unha xente que se considera moi limpa pero revólcase na porquería unha e outra vez.
    A min, como a calquera persoa que se considera progresista, non me resulta raro que un goberno de dereitas poña un polígono industrial nun sitio inapropiado, que se comporte de maneira caciquil e manipuladora, que non escoite ós veciños, que os acuse de mentireiros. Non é iso o que fixeron os gobernos conservadores toda a vida?
    Para erradicar esa política é polo que vimos loitando tantos anos.
    E resulta que, cal non sería a miña sorpresa! que cando goberna un bipartito “progresista” na Xunta de Galicia e idem no concello de Marín, vémonos expostos a tremendas cacicadas, ineptitudes, vinganzas persoais de políticos contra cidadáns que non pensan coma eles etc etc
    Isto é o que me alporiza, que me traicionen os que sempre considerei “os meus”. E non pararei ata desenmascaralos, porque xente coma esta é a que fai que os cidadáns perdan interés pola política e vivan no desencanto.
    O outro día, no pleno, Vilaboa acusaba a María Ramallo de que por culpa dela, no porto de Marín descargan dinamita. O que non dixo Vilaboa foi que o Bloque quería almacenar esa dinamita aquí na Brea.
    Está ben loitar para erradicar o caciquismo, pero hai que facer que desapareza.
    O que non se pode facer é quitar uns caciques para poñer outros.

    De calquera maneira, podes estar segur@ de que a finalidade deste blog non é defender a María Ramallo.
    Este blog naceu a causa da miña estrañeza, a miña decepción, a miña incredulidade, a miña rabia.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: