O anticristo e as aceras

agosto 29, 2009

Un turista madrileño que adoita pasear por aquí, preguntábame esta mañá que era iso do “plan anticristo”, tan comentado hoxe polas veciñas no lavadoiro de Delmira.
Sin duda debe tratarse do “plan anticrisis da Deputación para axudar ós concellos”, díxenlle eu. E como o home poñía unha cara rara, espliquéille que non se trata de iñorancia nin de falta de vocabulario, senón de retranca.
-E ti que pensas do anticristo?
-Pois non sei, pero non creo que nos chegue a nós. Sejún os do bloque, por cada 70 euros que lles corresponden ós de Poio, os de Marín imos ter 40. Decía unha veciña mentras frotaba con brío a camiseta do neto.
Non che hai coma un lavadoiro para enterarse das novedades.

Comencemos polo principio:
O xoves, 27 de agosto pola tarde andiveron a poñer pola Brea uns carteis co membrete do Concello, nos que se nos invitaba unha reunión na casa de cultura do Campo para informar sobre as aceras da Brea.
Non sabiamos quen era o que nos  iba informar nin o que tiña que decir.
Venres, 28 de agosto, oito da tarde, os veciños chegaron á casa de Cultura do Campo e atopáronse con que alí estaban todos os dirixentes do Bloque:
Vilaboa, Pilar Blanco, Ruibal, Xaime o do tobo (que portaba unha cámara fotográfica por si se producían incidentes), Esther Crespo e mais o novo dirixente local Celso Milleiro.
A xuntanza non durou mais de media hora.
Pareceume estrano que non houbera periodistas. Esta reunión non era secreta.
Pregúntome tamén se o alcalde sabería algo deste asunto ou se vai enterar tarde mal e arrasto, coma sempre. Tende en conta que, de ser verdade a frase de fran Veiga “para a Brea nada de nada”, agora os do bloque, unha vez mais, déixano co cu ó airo, tentando solucionar o asunto das aceras.
Pero imos ó gran:
Falou Pilar Blanco para introducir ós veciños no tema e contou que a obra que se está a facer na Brea está sufragada polo plan Zapatero e trátase de facer arreglos na acometida de augas. Nun principio, o concello tentaba meter os tubos polo centro da carretera, pero a Deputación despuxo que era mellor que o fixeran polas cunetas.
Tomou a palabra Vilaboa e dixo que, “tal e como eles pensaban”, a obra que se leva feito é unha especie de chapuza, pois agora a carrtera da Brea está moi perigosa para o tránsito de vehículos e tamén para os peóns, debido ás canaletas que tiveron que deixar “por culpa da Deputación” que non lles deixou furar polo centro da carretera.
(A Deputación pola contra, afirma que sí deixaba romper a carretera, sempre e cando voltaran a asfaltala e a deixaran tan enteira como estaba antes.)
A decisión que tomaron os expertos, despois do clamor dos veciños e das protestas de tododiós: conductores, asociacións de veciños etc, foi cubrir as canaletas con cemento, para que non haixa perigo de accidentes, pero esta é unha solución “momentánea”, xa que, co tempo e o moito tránsito desta vía, ese cemento irá fendendo pouco a pouco ata afundirse, polo que compre intentar facer unhas aceras de verdade, aínda que sea sólo por unha banda da carretera.
Para levar a cabo este proxecto, o Concello ten que solicitalo na Deputación, que é a dona deste vial. E xa que hai unha partida de 14 millóns de euros de designación directa para repartir entre os concellos da provincia, o que se chama “plan anticrisis”, as nosas concellarías de medioambiente e urbanismo, comprométense a “facer as xestións necesarias” (aquí é cando hai que votarse a tremer), para que a Brea sea beneficiada, por unha vez na vida, cunha pequena parte deses cartos.

Quixo deixar claro Vilaboa, que este tema vaise tratar no pleno do día 11 de setembro. Recoñeceu que o grupo Marín-In foi o primeiro en solicitar unha moción sobre este asunto, cousa que todos os veciños sabiamos.
Que vai pasar agora según Vilaboa?
Pois que tal vez no pleno haixa algún rifi-rafe entre Marín-in e o BNG
Por que?
Pois porque Marín-In, solicita unhas aceras dentro da legalidade vixente, cos metros correspondentes etc, e iso implica que habería que tirar algún muro e expropiar algúns metros de terreno, cousa que polo de agora é inviable, pois sería moi caro.
Pola contra,e según a versión de Vilaboa,, este proxecto que eles presentan é o de unhas beirarrúas mais axustadas á realidade; estreitas nalgún tramo, mais anchas polo outro, e sin ter que botar muros abaixo.
Unha vez rematado non quedaría espacio para aparcamentos, pero teriamos beirarrúas.
E rematou Vilaboa decindo que, por suposto, todo depende do PP, xa que este partido é o que manda na Deputación
Según as contas que botaron os nosos concelleiros, dos cartos que dispón a Deputación para repartir en toda a provincia, estadísticamente, cada veciño de Poio disporía de 70 Euros, mentras que cada veciño de Marín sólo contaría con 40.

O punto e final púxoo Pilar Blanco, invitando ós veciños ó próximo pleno, que vai ser o día 11 de setembro.

Terá isto un bo final ou será sólo unha manobra electoralista do bloque para sacarlle terreno a Marín-In na súa iniciativa de reivindicar as beirarrúas?
Sexa como sexa, espero que este anticristo non se convirta nun cristo (non falo de relixión senón de liortas)

———————————————————————–
Pola miña parte quero facer mais preguntiñas:
Quen ten a culpa de que o concello de Poio dispoña sempre de mais axudas ca Marín por parte da Deputación?
Tende en conta que o alcalde de Poio é o BNG.
Por que o Concello de Marín non pon as pilas e empeza a pedir, como piden todos, sexan do partido que sexan?
Por que os políticos de Marín prefiren facerse as víctimas e votarlle a culpa ós demais das súas carencias?
E por último, xa que eu entendo pouco destas cousas, gustaríame preguntarvos, a ver se alguén me pode explicar cal é a función dos deputados provinciais na Deputación. Cales son as tarefas que levan a cabo.
Esta pregunta ven a colación porque nos plenos, Muradas sempre arremete contra María Ramallo porque representa a un partido que non fai nada por Marín na Deputación, pero según a información que eu teño, o mesmo Muradas está presente en nove das doce comisións da Deputación e María Ramallo non está en ningunha.
Que pinta alí Muradas?
Podería facer algo e non o fai?
Non ten voz nin voto, pero sí ten soldo?
Pretende Muradas que María Ramallo faga un traballo polo que cobra él, que é o de velar polos intereses de Marín na Deputación?
Incógnitas que me gustaría resolver coa vosa axuda.
Graciñas e apertas

aceras brea 1

agora

agora 2


Pleno de agosto de 2009

agosto 16, 2009

O síndrome de Grenviche

As doce do día, mala hora. A hora do meridiano.
O meridiano Greenwich (coñecido nos furanchos coma grenviche) é un círculo máximo que pasa polos polos do globo terráqueo e divídeo en dous hemisferios, o Oriental e o Occidental; e chámase así porque cando pasa o sol por el, é mediodía para a zona que queda no hemisferio iluminado, e medianoite para o hemisferio que queda na sombra. Este feito ten moita importancia porque os habitantes da zona iluminada, cando chega esta hora, perdemos un pouco a concentración no traballo e nos asuntos intelectuales a causa  do tema gástrico.
Como consecuencia desta falta de concentración causada porque se achega a hora de comer, baixamos a guardia, o pensamento dispersase e o subconsciente xóganos malas pasadas. Trátase do “síndrome de grenviche”
Non é cousa de broma o que estou a decir e vouno demostrar:

As doce en punto, comeza o pleno. Coma sempre a sala estaba chea de público.
A vella que me tocou ó lado contoume que tiña unha empanada de xoubas na casa porque non lle ía dar tempo a facer a comida e eu fun a primeira en desexar estar na miña cociña.
Puntos do día:

A moción do PP para que non sexan tranferidos á Xunta sólo os portos de Marín e Vilagarcía. Se chega o caso, que sexan transferidos tamén os de Vigo, Ferrol e a Coruña.
Neste tema todos os grupos estaban de acordo e non había mais ca levantar a man e votar. Sin embargo ó noso edil de urbanismo, o nacionalista Vilaboa, traicionouno o síndrome de grenviche e sólo podía pensar coas tripas. Unha e outra vez intentaba atacar ó PP falando das contradicións, do pouco que fixo a nosa concelleira mentres estivo ó frente do porto etc.
Por moito que a Ramallo decía que non quería discutir parvadas, Vilaboa seguía atacando ata que dixo o que realmente quería decir
: “Señora Ramallo, todos os aquí presentes sabemos que o único que sabe facer vostede é pasear ós conselleiros polo porto de Aguete e levalos a tomar os calamares no Rincón de Poti, sin dignarse a invitarnos ó equipo de goberno”.
Esta frase provocou as risas do público que comentaba entre dentes “Este o único que pensa é en comer”.
Chegados a este punto o alcalde cortou o debate antes de que o Vilaboa empezara a falar das tortillas que Manuel Fraga comía en Cacheiras.
Probe Vilaboa, cando el trai ás altas xerarquías do BNG a Marín, sólo toman café cortado na do Meco, e non lle poñen nin unha galletiña para acompañar.

As actividades económicas do Concello:
Isabel M. Epifanio (Marín-In) e Manuel Santos (PP) criticaron duramente as malas xestións económicas do Concello e laiaronse de que non vai haber maneira de que cadren as contas para os orzamentos deste ano. Por unha banda están os despilfarros sin control e pola outra os impagos a empresas, asociacións etc.
Esta vez o síndrome de grenviche actuou sobre a concelleira de Facenda Pilar González que soltou unha perla retórica que fixo as delicias dos alí presentes. Cito textualmente
: “Ustedes con sus críticas están dando imagen de que el ayuntamiento de Marín está arruinado, y nada más lejos de la verdad. El ayuntamiento de Marín está saneado y muy saneado. El ayuntamiento de Marín tiene liquidez para hacer frente a los pagos. Que lo haga tarde o que lo haga mal, eso es aparte”
-Ampliación do plazo para executar a obra do centro de acollida de visitantes ós petroglifos de Mogor
O tema das obras do centro de acollida para visitantes ós petroglifos de Mogor, xa fora tratado no pleno de decembro pasado. A concelleira de cultura presentouno nunha moción urxentísima porque había que levar a solicitude á Xunta de Galicia antes de que esta cerrara os orzamentos. Tratábase dunha clarísima propaganda electoral e así o manifestaron os dous grupos da oposición que se enteraron do asunto dous minutos antes do pleno e non tiveron tempo de estudiar os detalles. Aínda así votaron a favor, porque según os nacionalistas, a construcción ía ser inminente e non había tempo que perder.
Quedaron tan contentos os do Bloque polo éxito acadado que correron a Santiago para entregar a documentación, pero cando chegaron alí rechazáronlle os documentos porque faltaba a firma do alcalde. É tanta a seguridade dos nacionalistas de que son eles os que mandan en Marín, que nin sequera se acordan de que é o alcalde o que ten que firmar os papeis. Así que tiveron que volver co rabo entre as pernas para que Fran Veiga firmara o que tiña que firmar.
Isabel M. Epifanio dou conta este venres daquel ridículo episodio e criticou  toda aquela  urxencia que tiñan os nacionalistas no mes de decembro para levar a cabo esta obra, que estaba previsto que se ía empezar de forma “Inminente”, e agora resulta que queren aplazala ata dezaoito meses.
Respondeu a Concelleira de cultura cunha frase que todos esperabamos:
“A culpa é do PP que é quen agora manda na Xunta“. Sin duda Esther Crespo estaba sendo atacada polo síndrome de grenviche e non tivo tempo de votar contas, porque Epifanio, mais avispada, saleulle con esta: “Señora Crespo, se o plazo de execución era “inminente”, o bipartito da Xunta tivo tempo mais ca suficiente para deixar atada e ben atada esta obra antes de perder as eleccións de marzo, como fixo con outras “.
E nestre intre tomou a palabra o alcalde, non para aclarar o asunto, senon para tapar as carencias intelectuais da Crespo. Falou Fran Veiga con rostro severo e mirada altiva hacia os membros da oposición, e coma se estivera a darlle leccións a unha panda de iñorantes, soltou un discursiño cheo de obviedades que todos sabiamos de memoria:
“Non debemos esquecer a importancia que a que a cultura castrexa e megalítica teñen para Marín, xa que supoñen un reclamo turístico de gran atractivo, coma continuación e universalización do que xa fixeron en Campolameiro e bla bla bla. Eu rógolle os membros da oposición que non tomen a broma un asunto tan serio coma este, e tan importante no mundo mundial”. E parece que quixo deixar claro que os da oposición non comprenden a cultura petroglífica-castrexa-megalítica, osea.
Sin duda o síndrome de grenviche volveu a estar presente porque parece que o alcalde, cando falou da importancia turística dos megalitos, esqueceu pedir perdón ó pobo de Marín por ter a caseta de turismo pechada durante mais da  metade do verán, ante a  impotencia e desconsolo dos turistas que andaban mais perdidos ca un pulpo nun garaxe. E tamén se esqueceu de disculparse ante a Asociación Culural Almuhinha, a única que de verdade amosa  interese polos castros e os petroglifos e da conferencias sobre o asunto, e foi foi multada por Pilar Blanco, precisamente por pegar un cartel que anunciaba unha destas conferencias culturais e comprometidas coa nosa prehistoria.
Mar-In tiña prevista unha moción urxente sobre as aceras da Brea, pero non dou tempo a tratala e deixouse para o próximo pleno.

Chegaron os rogos e preguntas e Mar-In, rogoulle a Manuel Pazos, capitán de jardines, que adopte unha maneira mais responsable de regar as plantas da alameda, pois faise a mediodía en vez de facerse á noitiña ou pola mañá cedo, e aínda porriba, a metade da auga vai parar á veirarrúa e mentras as plantas quedan secas, son os viandantes os que acaban regados. Iso é unha irresponsabilidade e un despilfarro ecolóxico.
Continuou Briones a facer preguntas ecolóxicas e saleu a relucir o tema dos conedores que Ruibal colocou na porta da praza de abastos, que despois de seis meses aínda non están arreglados e feden que apestan.

Respondeulle Ruibal con outra frase que vai pasar os anales da historia dos plenos marinenses: “a culpa é da empresa que non é capaz de solucionar unha deficiencia de fabricación e inda porriba, como esta empresa é portuguesa e non ten filial en España, pois non hai maneira de reclamarlle nada.”
“Cojonudo!”. Decía o público
Decatástesvos, estimados lectores do apego que ten o BNG polas empresas portuguesas?. Os contedores da basura veñen dalí, o proxecto da Brea tamén se fixo en Portugal.

Volveu a atacar Briones, esta vez coas torretas de alumeado do estadio de San Pedro, que volveron a ser reformadas porque no anterior proxecto, tan cacareado por Ruibal no seu momento, parece que as puxeron moi mal ubicadas, de tal maneira que había zonas do estadio que quedaban ás escuras e foi necesario volvar a cambialas de sitio e aumentarlle a potencia. Isto supuxo un gasto considerable que non estaba previsto.
Outra das súas maravillosas xestións, decíalle o de Marín-In a Ruibal, e alegou tamén que eses cartos ppoderíanse investir mellor no deporte de base e nos colexios de primaria.

E cando pensabamos que remataba este bochornoso pleno, pasadas as dúas da tarde, aínda tomou a palabra o siniestro Muradas, colérico porque xa se lle pasara a hora do vermú e iso non ten perdón de Deus.
O público púxose á espectativa porque todos sabemos que cando Muradas se “encoraja”, o blanco das súas iras é María Ramallo. El non bota escuma pola boca, coma Pilar Blanco ou coma Vilaboa, non, este enfoca os seus ollos de bogallo sobre a cara de María Ramallo e con parsimonia afectada, pode decir as parvadas mais grandes sin que ninguén se dea conta do pouco contido significativo, ocupados todos en votarnos a tremer, coma cando nos tempos de Franco nos rifaba o maestro, nós non oiamos o que decía, simplemente mirabamos aquela cara distorsionada na nosa mente infantil e tremiamos de medo.
O día que os nosos políticos deixen de tremer ante eses ollos de bogallo, algo grande  vai cambiar neste concello.

(Un apunte: Todos os concelleiros do PSOE, agás Benito González Dopazo e de vez en cando Fran Veiga,, fan uso do castelán mais castizo en todos os eventos públicos sin que ningunha asociación proteste.. A min dame o mesmo, pero dáseme por pensar que, se algún día goberna o PP, vai haber movementos culturais e puristas para criticar que non se fai uso do idioma galego na nosa institución marinense.)

En fin amigos, o meridiano Greenwich, que fai “majiñas”
Se queredes consultar a prensa, aquí vos poño as noticias sobre o evento, onde aparecen outros detalles dos que eu non escribin.
Apertas

meridiano 3
meridiano4
meridiano 5

meridiano 6
meridiano 7
meridiano 8

————————————————

meridiano 1

meridiano 2






Disfrutar do noso

agosto 5, 2009

As cores do sol

Ao cair da tarde penso sempre mais
e a luz que me invade son as cores naturais.

Cada figura que pasa por min
non me perturba e eu fico así.

Lonxe me leva este silencio
e o sentir que se altera
son as cores do sol.

E eu fico encantada e síntome arder
cando o día se acaba
queda tanto por ver!
(Madredeus)

————————————–

A calma do veran.
Nada sabemos das comisións do PXOM.
Todo fai pensar que despois da claudicación sobre os polígonos, o equipo de goberno perdeu o interés e acabóuselle a presa.
Silencio, misterio, espera, desidia…mais silencio.
A onde foi parar aquela cobiza do alcalde?
Aquelas presas polo Plan?
Silencio…vacaións.
Mentras tanto, as veigas a salvo.
A feliz monotonía da natureza vai pasando etapas.

Despois dos amorodos
amorodos

Chegan as ameixas:
ameixas

Da gusto collelas do arbol e comelas. Sin pesticidas:
ameixas 2

Hai quen as rouba:
ameixas 3

E que decir dos pexegos, ese placer de deuses:
pexegos 1

Irresistibles:
pexegos

Abundancia que se reparte entre entre os amigos:
pexegos 3

Xa logo imos ter peras:
peras

E a seguir plantando:
chiolas

Coma sempre:
enrique

As nosas veigas:
jard

non


Manipulacións

agosto 2, 2009

É ben certo que no mundo político a manipulación está a orde do día. As verdades a medias, as correntes subterráneas. Casi sempre os que mais manipulan son os que acusan ós demais de terxiversar e adulterar.
A min Pilar Blanco, mais ca unha simple edila, paréceme unha reencarnación dalgunha reina da idade media. Autoritaria, arbitraria cos seus súbditos, cortadora de cabezas, envenenadora cando a situación o precisa. Sólo lle falta unha cousa: Glamour. E cando unha reina  non ten glamour corre o perigo de convertirse en Imelda Marcos, esa gobernanta de república bananera.

man

Pilar Blanco está absolutamente segura de que o bloque de Marín ten moito prestixio e de que o PP quérello quitar manipulando a información.
En concreto refírese as declaracións que María Ramallo fixo o martes 28 de xullo:

manip

E cóntanos Pilar Blanco que María Ramallo, ademais de mentir, anda por Marín a facer o chulito coas altas autoridades do PP, a pasealas para darlle envidia a todo o mundo.
E non sólo iso, ademais, María Ramallo ten toda a culpa de que as empresas de Marín estean a cerrar unha detrás da outra, mentras ela cobra non sei cantos soldos.
Menos mal que a pelexa é contra María Ramallo
Imaxinades que Blanco pelexara contra Muradas? Como empezara a sacar a relucir os soldos do socialista non acababa nunca: O do Goberno Civil, as nove comisións da Deputación, o de concelleiro etc
En fin, se non queres que se che mire o plumeiro, non sexas jallito

prrr