Temor polo quinto micro

mol

Aínda non temos nada definitivo no proxecto do PXOM.
Sabemos que a comisión está atraballar no tema. sabemos que os técnicos están a correxir algunhas cousas tendo en conta as alegacións e os consellos da Xunta de galicia. sabemos que os concelleiros dos dous grupos da oposición tratan de avanzar e facer que o equipo de goberno se mova un pouco, mentras este, desanimado porque non pode facer o que lle da a gana, vai ralentizando o traballo.
Non sei se a comisión tuvo algunha reunión nos últimos días. Non sei se ese “consenso” do que falaba o alcalde nas últimas declaracións á prensa, é realidade, ou sólo unha mentira mais.
Polo de agora sólo temos hipótesis:
1.- O Bloque renuncia o seu “superproxecto” da Brea, aínda que segue pensando que sería a mellor opción para Marín e que o PP non vai ser capaz de ofrecer nada mellor. xa se encargarán eles, se nun futuro goberna o PP, de intentar botar abaixo calquera proxecto que se faga.
2.- Desaparece o proxecto de Macenlle, aínda que nunca supemos se existía de verdade.
3.- A Canteira parece que continúa porque eses terreos xa son do Concello, e aínda que os veciños contan coa solidariedade de todo o mundo, parece difícil solucionar este asunto.
4.- Tamén permanece o polígono de Moledo, incomprensiblemente e en contra de todas as leis.
Lembrade que este non é un polígono comercial nin empresarial, senón Industrial con todas as consecuencias.
Polígono Industrial á beira do río Loira, no medio das casas e a escasos metros da praia de Loira.
Onde nun principio había unha fábrica de gaseosas que non perxudicaba a ninguén, hai agora unha industria “Refrescos del Noroeste” que se vai ampliando de forma irregular, e cando o Plan Urbanístico estea aprobado, eses terreos serán solo Industrial e poderían establecerse ahí outras empresas mais contaminantes e molestas.
Os veciños, que nunca se negaron á fábrica de gaseosas, amósanse agora moi preocupados polo futuro que lles agarda.
Como dixen, de momento todo son hipótesis e promesas. Aínda non hai nada escrito.
Xa veremos cando contesten as alegacións.
Xa veremos cando todo se expoña ao público.
Na foto aérea que me deron os veciños de Moledo, aparece delimitada a zona onde vai estar o polígono cunha línea negra.

moledo di:

E certo que alguns veciños estamos tratando de que o poligono non vaia adiante, esperemos que a cordura entre na cabeza dos gobernantes de Marin e os veciños de Moledo poidamos vivir en paz.
Alguns dos veciños fixemos a casa buscando tranquilidade, nadie nos dixo que se faría un poligono na zona, a fabrica de gaseosas xa estaba instalada cando alguns, por exemplo eu, fixemos a vivenda, polo tanto non estamos en contra da fabrica, senon en contra do poligono e do espacion que queren ocupar, así coma de que novas empresas se ubiquen na zona.
As gaseosas poderían quedar donde están, sen poder ampliar, e seguir coa sua actividade. Se en algún momento necesitan mais espazo terían que trasladarse a un pligono en condicions, pero nunca poder seguir ampliando as sas instalacions, que por certo haberia que ver se todas están legalmente feitas.
Calquera familia que ten unha casa, se a familia medra ten que trasladarse, pois as empresas outro tanto.
Agora ben, os terreos que agora utiliza a fabrica nunca poderían ser utilizados para ningunha outra actividade que a agora existente.
Polo tanto ¡NON O POLIGONO EN MOLEDO! nin en outro sitio que non sexa Pastoriza.

5

One Response to Temor polo quinto micro

  1. javi dice:

    hola.
    somos los vecinos de A Canteira.
    dices en tu nota que los terrenos de A Canteira pertenecen al concello.. ¿ estás segura ? nosotros tenemos las escrituras donde en el año 2002 compró los terrenos la empresa TECMED a un particular (con bastantes irregularidades en la dimension de la superficie escriturada ). Tambien dices que no se va a cambiar ese suelo industrial..¿ estás segura ? nosotros tenemos noticias de que la Canteira va a ser suelo rústico, aunque no estamos del todo seguro..
    Lo que sí pasa es que ellos piensan en que, en suelo rústico, con una autorización previa de la Xunta para la construcción de una nave , el Concello sí podría dar la licencia, pero, cuidado.. , sí la Xunta gobernada por el P.P. le diera esa autorizacion a la empresa de basuras, todo lo que dijo Maria Ramallo de no permitir suelo industrial en Vista.Alegre-Canteira se vendría abajo, pues dirian una cosa y harian otra.. y, aparte, no se hasta que punto se podría conceder autorización previa en terreno rústico pues desde la ley del suelo 09/2002 es casi imposible darla a una nave grande y mas habiendo un PXOM donde ya figure un suelo industrial.
    Todo esto no son mas que hipotesis .

    nosotros nunca estuvimos en contra de la implantación de una empresa normal en ese lugar, lo que no deseamos es la empresa de basura ahí, pero todos los partidos parece que sí.Una pena.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: