xestión, xestión

julio 31, 2009

As malas relacións entre o Concello de Marín e a Deputación de Pontevedra, aparte de ser unha vergonza para nós, son unha irresponsabilidade política.
A cousa non ven de agora. Por pouco que indaguemos na nosa historia política, darémonos conta de que algo raro está a pasar.
Xa nos tempos de Toneco a cousa estaba mal.
É moi fácil decir para os nosos socialistas que o presidente da Deputación é do PP e por iso estamos discriminados. O mesmo nos conta Ruibal, que como é nacionalista, disque non ten nada que facer no estamento pontevedrés.
Coma sempre, o noso equipo de goberno esconde a súa ineptitude detrás dunha escusa infantil e simple.
Acaso o alcalde de Poio non é do BNG?, pois entre os Concellos da provincia, Poio é un dos mais favorecidos pola Deputación.
Se coñecedes a algún funcionario que traballe no pazo da Deputación, non tendes mais ca preguntar, e xa veredes que a resposta é sempre a mesma “Aqui veñen concelleiros de toda a provincia para pedir, a quen non vemos casi nunca é os de Marín”. E as poucas veces que van, é para montar un culebrón coma o das aceras de San Xulián, o conto de nunca acabar.
Xa sei que o que vos estou a contar parece inverosímil, e moito mais tendo en conta que dispoñemos dun concelleiro apodado “Xestión”, que gañou unha boa cantidade de votos convencendo ós incautos de que el era un gran xestor e que toda a vida laboral dun político depende das boas xestións (xestiós, pronuncia el) que faga. Na prensa dos primeiros días de goberno en Marín, liamos cómo Ruibal se gababa a sí mesmo decindo que tiña “conversas ao mais alto nivel coa Xunta de Galiza” (o mais alto nivel debía ser no faiado, ou coas pombas do tellado).  Pero non tardaron moito os votantes en percatarse do engano.
Queredes exemplos das xestión exempleres perpetradas por Ruibal?
Lembrades o lío que montou contra a Diputación a botarlle a culpa polos asientos do campo de futbol de San Pedro?
Lembrades tamén os millóns que tiñan que chegar enseguida para facer do campo de San Pedro un estadio olímpico cunhas pistas de atletismo que nunca poderían usar os atletas? (Ver a olimpiada de Ruibal)
E falando de deporte, tamén podemos decir que o ano pasado Ruibal prisideu un acto no Concello que era unha “exaltación do deporte” e despois do discurso de turno, loubando o deporte de base, premiou os mellores deportistas do concello. Sin embargo, este ano non se dignou nin a presentarse á entrega de trofeos pola volta ciclista.
Lembrades que os hosteleiros de Marín non queren nin velo diante? (ver Ruibal, “res non verba”).
E que decir dos contenedores de reciclase de fedores que puxo diante da plaza de abastos, que a día de hoxe aínda non está resolto o tema. (ver perfum de la mer) Por suposto, a culpa téñena os fabricantes que non resolveron ben o mecanismo.
Resumindo, un edil de deportes, comercio e turismo ó que non poden ver nin deportistas nin comerciantes nin turistas.
Esta é a historia dun fracaso. O solpor dun concelleiro que se nos presentaba coma un mestre das xestións, un sabio da diplomacia, pero resultou ser un cantamañanas incapaz de facer unha simple instancia na Deputación.
Que au sepa, as poucas relacións que tiveron coa Deputación en dous anos, todas acabaron en liorta:
1.-As famosas aceras de San Xulián, culebrón protagonizado polo alcalde.
2.-Os asientos do estadio de San Pedro, donación da Deputación que ó final chegaron cando tiñan que chegar, pero con malos modos por parte de Ruibal.
3.- A caseta de turismo, que puxo a proba a pacencia do presidente da Deputación e ó final concedeulle a Marín os cartos fora de plazo.

Os primeiros vinte días de xullo foron un escándalo, os turistas, que cada vez son menos en Marín e por algo será,  acercábanse á caseta de turismo e encontrábana pechada. Nin información nin atención nin nada de nada. O día da volta ciclista, os organizadores usaron a caseta para os trámites deportivos e moitos veraneantes achegaron para preguntar polas praias, pedir mapas etc e aquilo foi unha vergonza.
Por suposto Ruibal bótalle as culpas á Diputación e cóntanos que el non ten culpa ningunha, porque hasta pideu unha entrevista coas autoridades responsables e bla bla bla.
Mentras Ruibal se afana con todas estas “xestións”… as casetas turísticas dos demais pobos de Galicia, levan un mes abertas ó público.

diput 1

depu penult

dipu ultimo

diput final

d

———————————————————-

E que non da unha.
Ao día seguinte do asunto turístico, podemos ler no mesmo periódico o outro escándalo deportivo do momento:

rec

Levan varios meses a darlle voltas a esta pista de tenis que Ruibal se empeña en facer a toda costa. Marín-In leva un par de plenos insistindo en que estas obras non deben facerse posto que están sobre un vial público. A resposta de Ruibal foi que non hai problema, cando chegue o momento de ampliar o vial, desfacemos a pista e poñémola noutro sitio.
Estas son as cousiñas que se fan cos cartos de todos os contribuintes.
Despois votaránlle a culpa ó PP, coma sempre, bolas fora.

ten

Anuncios

Caciques sin fronteiras

julio 29, 2009

Cando se fala de caciques, inmediatamente asociamos esa palabra con partidos políticos de dereitas. Nas campañas electorais os grupos de esquerdas amenázannos con perigos inminentes asociados co PP. Sempre PP=caciquismo. PP=mafia etc
Pero nos últimos tempos estamos a ver que a realidade non é esa.
O caciquismo prolifera alá onde está o poder, e da o mesmo que o poder estea na dereita, na esquerda ou no nescafé descafeinado. Cando un político é débil sempre están os oportunistas detrás aproveitando o que poden.
Quevedo escribeu un poema que decía “Poderoso caballero es don dinero…”
No Concello de Cangas, o mesmo ca en Marín goberna o BNG e mais o PSOE.
A alcaldesa é do Bloque e está a permitir aberracións coma a do porto deportivo de Massó, unha obra ilegal, asociada a unha urbanización de luxo, con centro comercial incluido. Sin permisos, sin PXOM, sin aprobación de ninguén.
Unha obra que non contaba para nada cos mariñeiros que viven da pesca de baixura na zona. Unha obra para ricos que intentan desterrar aos probes. Unha obra impresentable, amparada polo BNG e mais o PSOE.
Esta debe ser a idea que teñen estes do progresismo, a igualdade e a xusticia social.
Debemos ser solidarios porque ningún pobo está libre das inxusticias. Dereitas ou esquerdas, hoxe en día o asunto non está na ideoloxía, senón na capacidade de goberno das persoas que manexan o poder. A proba téndela no bipartito que tivemos na Xunta, que continuaou obras faraónicas que anteriormente lle criticaban ó PP.
Os cidadáns temos moito que decir e debemos decilo.
breaseixo

O que ides ler son noticias do faro de Vigo e La Voz de galicia do mes de maio de 2009:

Massó enfrenta a la alcaldesa de Cangas con su edil de Urbanismo

Abalo le pide que ordene precintar las obras y Clara Millán responde que los informes son «contradictorios»

La alcaldesa de Cangas y el concejal de Urbanismo no se ponen de acuerdo sobre la actuación del Concello en las obras de acondicionamiento del vial de acceso al futuro puerto deportivo de Massó.

Mariano Abalo le pide que ordene su paralización «inmediata» y la colocación del correspondiente precinto por carecer de licencia y ser, además, ilegalizables, según hace constar en su informe el arquitecto municipal.

La alcaldesa le remitió un escrito en el que afirma que los informes de la Policía Local y del inspector y del arquitecto municipales son «contradictorios», ya que el primero se refiere a «un pequeno depósito e movemento de terras»; el segundo, a «un acondicionamento de camiño»; y el tercero, a «obras de movementos de terras e acondicionamento de camiños».

Le pide al concejal un nuevo informe que describa las obras, sus usos, estado de ejecución y ubicación exacta sobre «cartografía axeitada» e identificación de parcela; si los caminos en cuestión son de titularidad municipal o están en dominio público portuario, si son parte del proyecto del puerto deportivo y una valoración económica de la actuación realizada.

El arquitecto municipal entiende que son obras en suelo urbano no consolidado pendiente de desarrollar mediante un proyecto de equidistribución y urbanización. Por tal motivo, añade, son obras ilegalizables.

La cuestión que provoca la discrepancia es si el ámbito de actuación es competencia de la Autoridad Portuaria o bien forma parte de la unidad de actuación con la que las normas urbanísticas en vigor engloban los aproximadamente 180.000 metros de terreno de Massó, en la actualidad en poder de Marina Atlántica, la promotora del puerto deportivo.

Abalo le había enviado el pasado jueves una propuesta de resolución en la que proponía a la alcaldesa que ordenase a la policía proceder «sen máis trámite» a precintar las obras, materiales y maquinaria; a abrir un expediente de restauración de la legalidad urbanística; pedir al Registro la correspondiente anotación preventiva y comunicar al supuesto infractor que la sanción asociada oscila entre los 300 y 100.000 euros. La alcaldesa no aceptó la propuesta.

El lunes, Abalo envió de nuevo el expediente a la regidora local con el citado informe del arquitecto y el realizado por la Policía Local. La alcaldesa pidió ayer nuevos informes tanto sobre os movimientos de tierras como sobre el vallado realizado por la constructora en la explanada de la cabecera del muelle que pretende reparar.

Miembros del Foro Social de Cangas, colectivo opuesto al puerto deportivo, realizaron ayer una vigilancia exhaustiva de las obras. Su estrategia es denunciar cualquier actuación que consideran ilegal. Advierten a la alcaldesa que si no paraliza las obras, tomarán medidas.

————————————————–

La alcaldesa rechaza paralizar las obras en Massó y exige a Abalo que se centre en agilizar el PXOM

Clara Millán y Héctor Otero apuestan por la “vía da legalidade” y por no sobrepasar las competencias municipales

G.M.P. – CANGAS Las advertencias de ACE sobre el peligro que corre el pacto de gobierno si sus socios del BNG y del PSOE no se oponen decididamente al proyecto del puerto deportivo de Massó se encontró ayer con una respuesta firme de nacionalistas y socialistas, que reconocen la “lexitimidade” de la coalición de izquierdas para decidir sobre su futuro, pero no piensan variar su posición sobre ese polémico asunto. “Non se poden confundir os desexos individuais coas obrigas que ten unha institución”, advierte la alcaldesa, Clara Millán, que parte del argumento de que “o marco xurídico é o que é, e non se pode inventar ao gusto de cada un”, por lo que insta al concejal de Urbanismo, Mariano Abalo, a “seguir negociando coa empresa sobre os usos en terra, que é donde temos competencias”, reflejarlo en el Plan Xeral y explicar las propuestas a los vecinos “aldea por aldea, como ten comprometido”. El portavoz del PSOE, Héctor Otero, también incide en el “plus de responsabilidade” de Abalo en este asunto, le recuerda que en dos años de negociaciones con la empresa “os puntos de acordo foron inexistentes” y defiende que el Concello “non pode vulnerar a lei establecida para este caso”.
El “camiño que marca a legalidade” es el que piensa seguir la regidora canguesa con respecto a los planes para O Salgueirón. “Cando houbo dúbidas, solicitei os informes oportunos e actuei con respeto a eles. E así o vou seguir facendo”, explica, y deja claro que no va a prohibir la circulación de vehículos en A Congorza ni a interferir en obras ajenas a las competencias municipales, como considera las que están en curso.
Sobre la posibilidad de que esa postura fracture el pacto de gobierno, concluye que ningún posible acuerdo puede sostenerse si “choca contra o ordenamento xurídico”, y que la asamblea de ACE es “soberana” para tomar las decisiones que estime oportunas, pero insta a Abalo a que “mentras pensan e deciden que facer siga traballando no PXOM para axilizalo o máximo posible”. Además, “confía” en la responsabilidad de los miembros del gobierno, a los que recuerda que los ciudadanos les dieron su confianza “para que lles resolvamos os problemas, non para que lles deamos máis”.
La alcaldesa tampoco acepta que Mariano Abalo dé por “finiquitadas” las conversaciones con la empresa para desarrollar Massó, ya que es “o concelleiro de Urbanismo” y en quien el gobierno local delegó estas funciones, por lo cual tiene la “responsabilidade de negociar ata o final”, más allá de posicionamientos personales o partidistas. “Non pode levantarse cada un da mesa cando lle pete, ata que se cumpran os obxectivos”.

“O Concello non pode vulnerar a lei establecida”, avisa el PSOE
“O Concello non ten os mecanismos legais e apropiados, e neste caso concreto non pode vulnerar a lei establecida”, afirma el portavoz del PSOE en Cangas, Héctor Otero, que justifica el posicionamiento de los socialistas en las decisiones que se adoptan en los órganos ejecutivos y en las asambleas de la militancia, a los que también se consultaría si se cuestionara cualquier decisión de trascendencia. Reconoce que en el gobierno cangués hay “posicionamentos plurais” y que ACE tiene derecho a discrepar de sus socios, pero también recuerda que Abalo es el encargado de negociar estos asuntos y que no se han producido avances en los dos últimos años.

Autoridade Portuaria
Otero también exime al Concello de competencias a la hora de paralizar las obras, fuera de la lámina de agua y de la zona adscrita a la Autoridade Portuaria, que en su día, “presidida por un destacado membro do PP”, realizó la concesión del puerto deportivo a Marina Atlántica. El PSdeG-PSOE cree que cualquier medida al respecto le corresponde a la administración portuaria, y no al Concello, pues “nosotros no vamos a vulnerar la ley”.

—————————————–

Cangas Abalo exige de nuevo a la alcaldesa de Cangas que pare las obras de Massó

El concejal de Urbanismo propone que delegue en él para firmar la resolución y asumir así cualquier responsbailidad

El concejal de Urbanismo cangués, Mariano Abalo, insta de nuevo a la alcaldesa a paralizar las obras del puerto deportivo de Massó. Es la tercera vez desde que Marina Atlántica inició los trabajos, el pasado día 4, que Abalo hace esta petición a la regidora local. En esta ocasión, le propone que delegue en él, en su calidad de concejal de Urbanismo, para firmar la resolución y asumir así «a responsabilidade aos efectos oportunos».

El edil remitió a Clara Millán un nuevo informe del arquitecto municipal en el que éste reitera que las obras realizadas fuera del dominio público portuario son ilegales e ilegalizables. Tal como había pedido la alcaldesa, incluye una valoración de las obras hechas. La cantidad asciende a 1.500 euros. Consistieron en pasar una máquina y aportar zahorra en el camino que comunica la fábrica con el campo de fútbol y en el acceso al proyectado puerto deportivo.

Abalo le remitió también un escrito a Millán en el que se hace eco de unas manifestaciones de miembros del Foro Social que aseguran que agentes de la Guardia Civil les comunicaron que procederían a detenerlos si continuaban obstaculizando los trabajos.

El concejal insta a la alcaldesa a «adoptar as medidas pertinentes» para dar curso al expediente de infracción abierto y paralizar las obras.

Durante todo el día de ayer, miembros del Foro hicieron un seguimiento permanente en la zona. La empresa pretendía colocar la valla de protección de las obras en la explanada del muelle, lo que intentó sin éxito anteayer. No llegó a hacerlo.

El Foro insiste en que las obras son ilegales por carecer de licencia y hacerse en espacio natural protegido y que Marina Atlántica no cuenta con licencia ni del Concello ni de la Autoridad Portuaria. La empresa aportó ayer la documentación que le había exigido Abalo, quien está analizándola

——————————————————

A loita continúa a día de hoxe:

cangas 1

cangas 2

————————————-

La Voz de galicia

cangas 3

cangas 4

cangas 5

cangas 6

————————————————

.


A insoportable levedade do ser

julio 25, 2009

Sábado 25 de xullo de 2009, os veciños da Brea espertamos coa noticia da “retirada formal” dos polígonos da Brea, Vista Alegre e a Canteira, e a reducción sustanciosa do de Moledo.

Custoulle ó equipo de goberno tomar a decisión. Custoulle ó BNG dar marcha atrás nas súas ambicións bananeras. Custou, pero houbo que facelo porque “A parca” estaba ahí, na Xunta de Galicia, desposta a recortar codicias pseudonacionalistas.
Esta partida gañámola nós:
A Brea 1
BNG 0

Queremos compartir a nosa ledicia con todas as persoas que participan neste blog e mais cos lectores que non escriben pero que siguen atentamente todo o que aquí decimos.

É imposible expresar con palabras todo o que sentimos nestes momentos. Por enriba de todo está o alivio, esa sensación de levedade, coma cando un adelgaza cincuenta quilos de golpe e sinte que vai votar a voar sin remedio. Despois as bágoas que asoman sin querer e sin control. E alá polo fondo, subindo subindo, a gratitude hacia todos vós:
Gracias, querido Erasmo porque cando xa nos dabamos por afogados apareceche tí, salváchenos a vida e serviche de exemplo para que outros aprenderan o oficio do salvamento.
Gracias ó Colectivo Nacionalista de Marín, os primeiros en acudirnos.
Gracias a Nando da Brea, que empezou moito antes ca min, poñendo as súas queixas nun blog.
Gracias Agrupación Cultural Ronsel, incondicional e servicial.
Gracias a toda esa xente que nos manifestaba a súa solidariedade enviando fotos ó noso blog dende os sitios mais lonxanos, sobre todo os mariñeiros de alta mar, que incluso usaron as sábanas do catre para facer algún letreiro.
Gracias ós medios de comunicación que sempre nos trataron con mimo.
E moitas moitas gracias ós dous grupos da oposición que deron o mellor de sí para que no Concello de Marín haixa un pouco de cordura. Se non fora pola súa capacidade de aguante ante a mala educación dalgún membro do equipo de goberno, e capacidade negociadora que demostrou María Ramallo conseguindo que o noso caso chegara ó mesmísimo Parlamento español e despois á Xunta, non estariamos onde agora estamos.

Non esquecemos que Marín precisa un polígono empresarial con urxencia e sinceiramente agardamos que os nosos políticos sexan capaces de ofrecerlle aos empresarios unha zona axeitada e digna, onde quepan todos (grandes e pequenos, os que están e os que poidan vir) porque o noso pobo non pode perder o tren da prosperidade.

Espero que esta loita que protagonizamos os veciños Brea sexa para todos un exemplo de perseverancia e traballo en equipo.
E remato, amigos coa frase de Celso E. Ferreiro, que sempre levamos na cabeza os da brea:
“Deus che dea ira que pacencia tes de abondo”
Apertas moi fortes

xa

xa 2


Sanción a Pilar Blanco

julio 23, 2009

Mentes o alcalde enche a boca co Proxecto Arela dende fai dous anos, o BNG encárgase de botarlle merda. Mentes os veciños de Marín falan orgullosos dese paseo sendeirista e campestre que van ter ó longo do río, os do bloque meten colectores residuais.
Dende logo hai “matrimonios” que dan verdadeiro asco.

Colectivo Nacionalista de Marín

AOS MEIOS DE COMUNICACIÓN

Resolución do expediente sancionar ao Concello de Marín polas obras no río Lameiriña

Axúntamos copia da resolución recibida onte do expediente sancionar aberto por Augas de Galicia contra o Concello de Marín por denuncia efectuada polo Colectivo Nacionalista con motivo das obras efectuadas no río Lameiriña e que afectaban á zona de servidume e á canle do río.

Na mesma recoñecese a infracción, por parte da administración local, pola realización dunhas obras incumprindo a normativa vixente ao non ter solicitado a correspondente autorización ante Augas de Galicia para a colocación de colectores de augas residuais, arquetas e cruces de formigón no río.

Como xa denunciamos esta actuación do concello de Marín, e máis concretamente da concelleira de Medio Ambiente Pilar Blanco, supuxeron un atentado ecolóxico e unha aberración paisaxística, incorrendo nunha actuación ilegal.

Augas de Galicia declara ao concello responsábel dunha infracción administrativa, a pesar de que tamén declara prescrita a sanción, polo tanto non haberá que pagar multa algunha. Aínda que por unha banda parécenos ben que o concello non teña que pagar, cos cartos de todos nos, a incompetencia dos seus actos; tamén temos que denunciar que se prescribiu a sanción e se declara a caducidade do expediente é por neglixencia de Augas de Galicia que resolveu o 13 de xullo de 2009 unha denuncia do 25 de outubro de 2007.

O máis importante desta resolución é o prazo que lle da Augas de Galicia ao concello de Marín para que no prazo dun mes “repoña as cousas ao seu estado anterior”, é dicir que ten que desfacer o actuado no río Lameiriña e deixalo no seu estado natural.

Por último queremos manifestar que seguimos considerando á concelleira de Medio Ambiente un lastre para o medio ambiente, xa que cada actuación que fai supón unha nova agresión ao entorno e non lle pasar por riba de outras institucións ou dos veciños de Marín.

Marín, 23 de xullo de 2009.

Colectivo Nacionalista de Marín

Para ler a sentencia, facede clic en:

augasdegalicia

Hai outras denuncias, coma a da praia de Lapamán, que en pleno verán  está chea de merdiñas residuais:

AOS MEIOS DE COMUNICACIÓN

O pasado xoves 9 de xullo o Servizo de Protección do Medio Ambiente da Garda Civil, Seprona, personouse na parroquia de Ardán por aviso dos veciños para levantar acta da situación irregular do alcantarillado municipal.

No Camiño Real de Lapamán, o Concello de Marín, executou non fai moito tempo un tramo de sumidoiros para recoller as augas fecais das vivendas da zona. Como puideron comprobar os axentes do Seprona, e por indicación dos veciños, os vertidos desa obra municipal van rematar nun regato que desemboca directamente na praia de Lapamán. Concretamente na beira correspondente ao concello de Marín.

Cónstanos que o Seprona vai pasar parte destas irregularidades á Consellaría de Medio Ambiente, a Augas de Galicia e ao propio Concello de Marín. Confiamos que estes organismos respondan rapidamente e non fagan como en anteriores ocasións que deixan durmir os expedientes nos caixóns.

Resulta lamentábel que os responsábeis de coidar o medio ambiente, de facer cumprir a legalidade e os que sancionan as persoas que non cumpren co seu deber de usar correctamente o alcantarillado, sexan os que realizan unha obra destas características que incumpre a legalidade vixente e supón un delito ecolóxico.

A poucos metros deste tramo está a estación de bombeo do concello de Bueu, que leva as augas fecais á depuradora de Beluso, onde se podería conectar se existise a capacidade política para negociar cos veciños. Que curiosamente son da mesma cor política que a concelleira de Medio Ambiente de Marín. Ou en todo caso instalar o bombeo propio para comunicar e desaloxar estes residuos na rede de Marín que vai á depuradora de Os Praceres.

Estamos ante unha actuación mais da concellería de Medio Ambiente que se ten caracterizado nos últimos tempos por defender todo menos o noso medio ambiente. Temos que lembrar as actuacións salvaxes no río Lameiriña ou no río Loira. Non entendemos como se pode estar constantemente nos medios reclamándolle ao pobo de Marín que recicle, que cumpra a normativa de Ornato que utilizan para perseguir aos con non profesan a súa fe.

Reclamamos unha solución a este problema xa que estamos en temporada estival e a posibilidade de que a praia de Lapamán se converta na desembocadura dun sumidoiro de augas fecais para disfrute dos bañistas, locais e visitantes.

Marín, 14 de xullo de 2009.

Colectivo Nacionalista de Marín

Mentras tanto, dona Pilar, flanqueada por dous amigos, non duda en contarnos a todos que “unha praia limpa é a que menos se mancha”

ela

pil




A esperanza do cuarto micro

julio 23, 2009

javi di:

Hola.
somos los vecinos de A Canteira.
dices en tu nota que los terrenos de A Canteira pertenecen al concello.. ¿ estás segura ? nosotros tenemos las escrituras donde en el año 2002 compró los terrenos la empresa TECMED a un particular (con bastantes irregularidades en la dimension de la superficie escriturada ). Tambien dices que no se va a cambiar ese suelo industrial..¿ estás segura ? nosotros tenemos noticias de que la Canteira va a ser suelo rústico, aunque no estamos del todo seguro..
Lo que sí pasa es que ellos piensan en que, en suelo rústico, con una autorización previa de la Xunta para la construcción de una nave , el Concello sí podría dar la licencia, pero, cuidado.. , sí la Xunta gobernada por el P.P. le diera esa autorizacion a la empresa de basuras, todo lo que dijo Maria Ramallo de no permitir suelo industrial en Vista.Alegre-Canteira se vendría abajo, pues dirian una cosa y harian otra.. y, aparte, no se hasta que punto se podría conceder autorización previa en terreno rústico pues desde la ley del suelo 09/2002 es casi imposible darla a una nave grande y mas habiendo un PXOM donde ya figure un suelo industrial.
Todo esto no son mas que hipotesis .

nosotros nunca estuvimos en contra de la implantación de una empresa normal en ese lugar, lo que no deseamos es la empresa de basura ahí, pero todos los partidos parece que sí.Una pena.

Este comentario mandouno javi para responder ao que eu dixen nunha entrada anterior:
” O polígono da  Canteira parece que continúa sin desaparecer do PXOMporque eses terreos xa son do Concello, e aínda que os veciños contan coa solidariedade de todo o mundo, parece difícil solucionar este asunto.”
Según Javi estes terreos non os comprou o Concello senón unha empresa. Polo tanto, aínda hai esperanza para eles.
Dende aquí, coma sempre, a nosa solidariedade.


Temor polo quinto micro

julio 22, 2009

mol

Aínda non temos nada definitivo no proxecto do PXOM.
Sabemos que a comisión está atraballar no tema. sabemos que os técnicos están a correxir algunhas cousas tendo en conta as alegacións e os consellos da Xunta de galicia. sabemos que os concelleiros dos dous grupos da oposición tratan de avanzar e facer que o equipo de goberno se mova un pouco, mentras este, desanimado porque non pode facer o que lle da a gana, vai ralentizando o traballo.
Non sei se a comisión tuvo algunha reunión nos últimos días. Non sei se ese “consenso” do que falaba o alcalde nas últimas declaracións á prensa, é realidade, ou sólo unha mentira mais.
Polo de agora sólo temos hipótesis:
1.- O Bloque renuncia o seu “superproxecto” da Brea, aínda que segue pensando que sería a mellor opción para Marín e que o PP non vai ser capaz de ofrecer nada mellor. xa se encargarán eles, se nun futuro goberna o PP, de intentar botar abaixo calquera proxecto que se faga.
2.- Desaparece o proxecto de Macenlle, aínda que nunca supemos se existía de verdade.
3.- A Canteira parece que continúa porque eses terreos xa son do Concello, e aínda que os veciños contan coa solidariedade de todo o mundo, parece difícil solucionar este asunto.
4.- Tamén permanece o polígono de Moledo, incomprensiblemente e en contra de todas as leis.
Lembrade que este non é un polígono comercial nin empresarial, senón Industrial con todas as consecuencias.
Polígono Industrial á beira do río Loira, no medio das casas e a escasos metros da praia de Loira.
Onde nun principio había unha fábrica de gaseosas que non perxudicaba a ninguén, hai agora unha industria “Refrescos del Noroeste” que se vai ampliando de forma irregular, e cando o Plan Urbanístico estea aprobado, eses terreos serán solo Industrial e poderían establecerse ahí outras empresas mais contaminantes e molestas.
Os veciños, que nunca se negaron á fábrica de gaseosas, amósanse agora moi preocupados polo futuro que lles agarda.
Como dixen, de momento todo son hipótesis e promesas. Aínda non hai nada escrito.
Xa veremos cando contesten as alegacións.
Xa veremos cando todo se expoña ao público.
Na foto aérea que me deron os veciños de Moledo, aparece delimitada a zona onde vai estar o polígono cunha línea negra.

moledo di:

E certo que alguns veciños estamos tratando de que o poligono non vaia adiante, esperemos que a cordura entre na cabeza dos gobernantes de Marin e os veciños de Moledo poidamos vivir en paz.
Alguns dos veciños fixemos a casa buscando tranquilidade, nadie nos dixo que se faría un poligono na zona, a fabrica de gaseosas xa estaba instalada cando alguns, por exemplo eu, fixemos a vivenda, polo tanto non estamos en contra da fabrica, senon en contra do poligono e do espacion que queren ocupar, así coma de que novas empresas se ubiquen na zona.
As gaseosas poderían quedar donde están, sen poder ampliar, e seguir coa sua actividade. Se en algún momento necesitan mais espazo terían que trasladarse a un pligono en condicions, pero nunca poder seguir ampliando as sas instalacions, que por certo haberia que ver se todas están legalmente feitas.
Calquera familia que ten unha casa, se a familia medra ten que trasladarse, pois as empresas outro tanto.
Agora ben, os terreos que agora utiliza a fabrica nunca poderían ser utilizados para ningunha outra actividade que a agora existente.
Polo tanto ¡NON O POLIGONO EN MOLEDO! nin en outro sitio que non sexa Pastoriza.

5


Sorry

julio 19, 2009

Desestimados amigos do BNG:
Dedícovos esta moi antiga canción de Brenda Lee que foi un éxito de ventas antes de que vós nacerades. Titúlase I’m sorry (Síntoo).
Eu sinto que as eleccións non foran como vós soñabades. Sinto que os veciños vos perderan o pouco cariño que vos tiñan. Sinto que vos abandoara incluso o desodorante (porque cheirades a podre que apestades. Tal vez non supestes escoller os contenedores axeitados para a reciclaxe do voso compost electoral) Moi ecoloxistas cando vos convén. Moi traidores cando vos ten en conta. Moi choróns cando perdedes. Moi venenosos cando non sabedes admitir a derrota.
Perdestes. Perderedes mentes non aprendades.
O BNG naceu para ser pobo, non para despreciar ó pobo.
O BNG naceu para servir, non para servirse do que atopa no seu camiño.
O BNG pudemos ser todos, pero ó fin, non sodes ninguén.
Pouca cousa sodes, podendo ser nós todos un Todo con vós.
Sorry…I’m sorry
Hoxe espertei con estas noticias que aquí publico. O meu sentimento é de hastío. Basta xa! os veciños estamos fartos deste tipo de declaracións. O BNG acusa a María Ramallo de realizar unha campaña de falsedades contra o BNG para desprestixialos. E dende cando esta xente tiña prestixio? Se contamos as mentiras e as barbaridades que cometeron no ano 2008, teriamos mais páxinas ca a guía telefónica. Pero non imos falar agora diso. Nas próximas ringleiras vou contar a miña versión da “campaña difamatoria de María Ramallo”.

1-Uns días antes das eleccións, Núñez Feijoo, veu ata Marín por petición de María Ramallo. Moitos votantes do PP así llo pediron á concelleira de Marín e ela cumpreu. A min avisáronme pouco antes, e acudín coma unha veciña mais, sin compromiso con ningún partido político nin carné de ningún tipo. Varios días antes tamén estiven nunha charla que Méndez Ferrín dou na biblioteca municipal na que o escritor galego e universal nos deleitou a todos coas súas verbas. O caso é que fun a escoitar que era o que N. Feijoo tiña que contarnos. A pequena charla-mitin-roda de prensa, tivo que ser no paseo do porto ó aire libre porque a alameda estaba copada polas carpas do PSOE e o BNG e disque non quedaba sitio para os do PP. Seica éstes quixeron poñer un autobús perto da farola para anunciar o evento, pero non lle daban permiso ata a unha da tarde, hora na que xa Feijoo estaba a falar coa xente. Diante dos periodistas, Feijoo limitouse a decir que Marín precisa un polígono mais digno e importante, debido ó interese do noso porto e os moitos empresarios que aquí temos. Todos merecemos algo mellor, e él aposta por Pastoriza. Tamén falou dun porto deportivo para Marín, que aínda non ten ningún a pesares do carácter mariñeiro deste pobo. Ninguén falou para nada do BNG nin nos acordamos deles para nada. Teño que admitir que o galego de Feeijoo é bastante mellor ca o de Touriño, con diferencia.
Ninguén abreu a boca en nome dos empresarios
, ninguén reclamou nada, ninguén protestou. Ninguén lle dou importancia a esta visita porque non se esperaba que este home fora gañar as eleccións. Mentras tanto, os do bipartito atronaban ós viandantes dende a alameda con cacións e con vídeos de gladiadores “os gladiadores do universo estaban con Anxo Quintana”.

2-Uns días despois das eleccións, acercouse por Marín Ana Pastor, diputada do PP para decirnos ós veciños que non se olvidaban das promesas que nos fixeron. Acudeu tamén un diputado do PP na Xunta, natural de Moaña: José Fervenza. E falaron de facer un polígono en Pastoriza. Facía uns días que o parlamento español aprobara por maioría unha moción na que diputados do PP e PSOE estaban de acordo en solicitar un estudio dun polígono empresarial industrial en Pastoriza. O estudio deste polígono tería que levalo a cabo o SEPES, pro había unha condición: Tería que solicitalo o alcalde. Ninguén falou para nada do BNG. E sobre todo, entre os veciños que fixeron preguntas, non había ningún empresario. Ninguén levantou a voz en nome de ACEMAS nin de Estrela de Marín. Nada.

3- Uns días antes das eleccións europeas veu a Marín o actual conselleiro de infraestructuras. Eu tamén fun, por suposto. É a única maneira de poder opinar e saber as cousas de primeira man. Unha persoa do público levantou a man para preguntar qué proxectos ten o PP para os empresarios e para a industria de Marín e a resposta foi: Pastoriza, “todos estamos a agardar que Fran Veiga solicite ese esperado estudio do polígono de Pastoriza por parte do SEPES”, cousa que a día de hoxe aínda non sucedeu. Ninguén falou do BNG nin para ben nin para mal. A señora Berta Trabazo, en representación de ACIMAS, levantouse airada da súa butaca e dixo que o PP traicionou ós empresarios, porque estes esperaban ter canto antes un polígono na Brea e agora non teñen nada. parecía sorprendida esta muller, coma se María Ramallo non levara mais dun ano a defender ós veciños afectados. Outra veciña da Brea falou e contestoulle a Berta Trabazo que o polígono da Brea non ía cumplir as espectativas dos empresarios, posto que os da pedra non ían poder estar, nin Cereales López nin tantos outros. En quén pensaba ACIMAS cando contaba coa Brea? .Ou é que sería certo o que afirmaban algúns constructores, que os da pedra quedarían finalmente ubicados na Brea de forma ilegal?. E sobre todo: Onde estuvo ACIMAS todo este tempo, que escapaba dos veciños da Brea cando estes solicitaban o seu apoio, ofrecéndolle a cambio unha axuda na loita por un polígono digno?.
Pero cando a veciña mirou atrás, Berta xa non estaba. Marchou airada e coa frente mirando ó teito, sin escoitar o que os veciños tiñamos que decirlle. Berta Trabazo non solicitou un polígono que acollera a Todos os empresarios. Berta Trabazo quería A Brea. Esta é a Campaña que fixo o PP en Marín. Eu estaba alí Ninguén difamou, ninguén minteu. Sí houbo promesas de polígono en pastoriza que non sei se van cumplir, coma en calquera mitin de calquera partido. Ningún empresario reclamou un polígono digno para Marín. Ningún!! Ninguén falou falsedades. Ninguén se acordou do goberno de Marín. María Ramallo paseou ós altos cargos do PP o mesmo ca Vilaboa paseou ós altos cargos do BNG, coma Teresa Táboas que veu tomar “un cafeciño á do Meco” en Loira e “de paso” contoulle a todos o conto do litoral.

E por certo, a estas alturas non sei se vos destes conta de que nin o BNG nin ACEMAS falan para nada de Vista Alegre- Macenlle. Será que todo viña parar á Brea?
Quen minte?
Por que un empresario que non ten nada que ver co PP nin cos da Brea conta que Ruibal lle dixo “E que son tres ou catro casas ante un proxecto de tanta envergadura coma o polígono da Brea?” Que ía pasar con esas tres ou catro casas?
Que carallo de pesadelo estamos a vivir?
Sorry, Vilaboa… I ‘m sorry
Non sei o que nos vai aportar o PP, do que estou segura é de que ti non aportache mais ca veneno.
breaseixo

bng 1
bng 2

bng 3