A Brea na corda floxa

c. floxa

c. floxa 2

c. floxa 3

————————————

Seguimos á espera, con pacencia pero con nervios, con boa educación pero con rencores que nacen hacia dous grupos políticos “supostamente progresistas” polos que vota a xente que anhela xusticia social. Xusticia social?. Amor polo pobo? Respeto polo cidadán?. Permitídeme que me parta de risa.
Como decía, amig@s, seguimos á espera.
As últimas noticias indícannos que continuamos na corda floxa.
Neste gran circo que é o Concello de Marín, os da Brea estamos mal situados na parte acrobática.
Dependemos de Fran Veiga, un aspirante a funambulista que nunca será mais ca pallaso.
Na corda floxa seguimos, non sabemos se as acrobacias funambulistas do noso alcalde nos levan a bo fin ou nos queren tirar ó chan directamente.
Explícome:
Fai mais de tres meses, acollemos con esperanza a noticia de que o parlamento español, con unanimidade por parte do PSOE e mais o PP e con abstención do BNG, aprobou o estudio do Polígono de Pastoriza por parte do SEPES, dando a entender que este sería un proxecto supramunicipal. Moi ben. Pero… sempre e cando fora o alcalde quen o solicitara. A día de hoxe Fran Veiga aínda non o solicitou, a pesar de que é o seu partido o que fixo a proposta.
Que opinan os empresarios?… nada de nada.

Con respecto ós micropolígonos, ata agora o equipo de goberno sempre nos dixo que según os técnicos, non se poderían quitar do PXOM sin facer unha nova exposición. Como unha nova exposición retrasaría moito a aprobación do Plan, sería mellor cambiarlle o nome e poñelos coma “solo de uso dotacional público”, outra trampa, como xa explicamos o outro día.
Curábase en salú o alcalde afirmando que o PP da Xunta íballe rechazar o proxecto e que non quería colaborar con Marín, pero mentras él lle decía isto á prensa, o señor Muradas gardaba no seu bolsillo un fax da Xunta invitando ós políticos marinenses a unha reunión para tratar de chegar a un consenso. Esa reunión foi onte.

Nas noticias de hoxe o único que sacamos en claro é:
Os polígonos da Brea e Vista Alegre poderíanse sacar do PXOM sin ter que facer unha nova exposición e quedar coma solo rústico de protección agropecuaria (Isto significa que o alcalde minteunos a todos ata agora)
Quere decir isto que van desaparecer estes minipolígonos do PXOM?
Non, isto quere decir que poderían desaparecer do PXOM se o alcalde quixera. Pero se o alcalde quere que queden, quedarán.
Ou poderían chegar a ser solo de uso dotacional público.

Conta o alcalde que está moi contento con esta reunión porque a Xunta vai respetar por enriba de todo a autonomía municipal.

E logo de que depende todo?
Pois non Depende, senón que Pende.
E de que pende?
Pende da corda floxa.
A Brea está nas mans dun funambulista de terceira .
Se o alcalde quere, seremos polígono. Se o alcalde quere seremos solo dotacional público. Se o alcalde quere… seremos unha pouca merda.
A bara do equilibrio inclinará según o capricho do pallaso.
Estamos nas mans dun pallaso caprichoso e mentireiro.
Iso é todo

Nota: Todo o meu respeto para os pallasos de verdade, eses que nos fan chorar de risa e que non merecen ser comparados con ningún político.

bo

One Response to A Brea na corda floxa

  1. anónimo dice:

    Coma sempre, as declaracións do alcalde na prensa intentan confundir á xente.
    Non é tanta a autonomía que a Xunta lle deixa ó Concello. Por exemplo, nunca lles permitiría poñer na Brea un solo dotacional público.
    Tamén minte co tema de Pastoriza. A Xunta sigue na idea de facer un polígono supramunicipal Alí porque Marín precisa moitos metros cadrados de solo industrial e o Pituco non é suficiente.
    O alcalde amósase coma unha persoa irresponsable.
    Lembrade sempre que se Marín acada o consenso e por fin consigue ter un PXOM, debémosllo a María Ramallo que está a loitar moitísimo.
    Saúdos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: