O chosco

Non é ningunha novedade se vos digo que o noso alcalde está chosco de todo, e non me refiro ó mal de ollo que padece, líbreme Deus, senón ás poucas miras políticas que amosa.
O noso chosco cada día está peor do seu mal.
Mentras unha gran parte da población marinense se mantén en vilo dende fai varios meses agardando o resultado das alegacións ao PXOM, esperando a resolución da Comisión de seguimento do PXOM para o futuro empresarial, e os empresarios conteñen a respiración esperando que se acorde dunha vez o estudio sobre o chan industrial en Pastoriza, Fran Veiga que non ve mais alá do seu naris, entreténse xogando a redecorar a alameda.
Eu non teño nada en contra de que poñan a alameda patas arriba nin de que lle quiten a pedra Porriño para poñerlle pedra do país. Se os veciños urbanitas están conformes de que os cartos de ZP se gasten nesas frivolidades alá eles. O que me parece demencial é que nos queiran convencer de que esta obra é indispensable porque vai “Dotar, por fin al municipio de un lugar emblemático y convertir la alameda en un punto de encuentro entre los vecinos y en el que recibir al visitante…bla bla bla”.
O señor Veiga fala da alameda coma se fora Zapatero falando da “Alianza de las Civilizaciones”
E logo antes non tiñamos alameda?
Acaso non estaba dotada de árbores e flores e bancos onde o visitante podía sentarse?
O visitante que chega a un pobo non ve solo os metros cuadrados que compoñen a alameda, tamén se da conta se os arredores dese pobo están cheos de fochancas, faltos de aceras, carentes de señales ou cheos de merda.
O que Fran Veiga quere para Marín é unha fachada bonita aínda que detrás non haixa nada. Unha fachada con balcón e xeranios coma as das casas falsas das películas baratas.
E se en vez de turistas os que veñen son empresarios que poderían traer postos de traballo?… Non hai polígono, canto llo sinto.
E se ven xente que quere facer aquí unha casa?….Non se pode construir porque non temos PXOM, canto llo sinto

Que ten que ver a alameda co PXOM ou cos polígonos industriais?
Nada, solo quero decirvos que o noso alcalde ten tan poucas miras que toda a súa ambición é redecorar a alameda. E o resto que o fagan os que ganen as próximas eleccións. “O que veña que arríe”.
Claro que, como di o refrán…“Na terra dos cegos o chosco é o rei”
O que queira entender que entenda.

breaseixo.

alam

alameda

————————————-

alameda

One Response to O chosco

  1. javi dice:

    que razón tes….coma sempre…
    moitos de nos, nin temos saneamento, nin temos auga,vivindo a 3 kilometros da alameda, pero iso parece non preocuparlles, só pensan nos votos do centro de Marín.
    De todos modos, non coñezco a nimguen do pobo que esté dacordo coa obra na alameda ( xa fai anos que pasou de alameda a plazoleta, cando suprimiron ó xabre e puseron baldosa pola zona da fonte e nos laterais ). Todos pensan que é tirar os moitisimos cartos de todos,porque realmente son nosos. Non facia ningunha falta cambiarlle a baldosa que se atopaba bastante ben…e mentras, moitísimos camiños sen poder ser transitados polos veciños.
    de pena….

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: