De pactos e de tercos 2

arregladoe

grande

O “Duelo al sol” polo PXOM continúa.
veñen tres a cabalo, uns din que son xerifs porque traen unha estrela vermella cravada no peito, outros din que son foraxidos. Pretenden cazar gaivotas con lazo.
A maioría dos veciños escóndense nas súas casas e non queren saber nada da pelexa.
Outros saen a ver que pasa, póñense diante dos cabalos, enfréntanse ós lazos.
O PXOM é unha escusa.
A verdadeira loita é para non perder un poder que se amosa escurridizo.
Deus nos colla confesados porque o fabricante de cadaleitos anda polas rúas coa cinta métrica na man.

Faro de Vigo

Domingo, 29 de marzo de 2009

bloque-faro

Díxolle a sartén ó cazo:”Vaite dahí que me emborrallas”

bloque-diario

———————————————-

Unha veciña da Brea mándalle unha carta ós do BNG:

Carta aberta ó BNG de Marín
Señores concelleiros do BNG de Marín:
Como muller progresista, de esquerdas, censada no Concello de  Marín, natural de Seixo e veciña da Brea, pídovos que deixedes xa de facer o ridículo.
Os veciños estamos cansados de ler  unha e outra vez na prensa as vosas parvadas.
Parece coma que estades a xogar co PXOM coma se fora unha pelota nunha pachanguita de futbolistas veteranos, e xa está ben.
Cando lemos nos periódicos todas esas acusacións, reproches e parvadas varias, os cidadans sentimos nauseas.
Esta cartas, señores, é para intentar parar dunha vez tanto despropósito.
Os veciños de Marín non queremos oír falar de lexislaturas pasadas, nin acusacións rencorosas os que estiveron antes, nin que continuamente esteades a culpar a outros dos vosos erros.
A realidade que estamos a vivir é que Marín necesita un PXOM urxentemente.  A realidade é que o que o proxecto que o BNG e mais o PSOE fixeron público non convence a casi ninguén. A realidade é que o día 13 de decembro hubo unha manifestación con mais de mil veciños que se declararon en contra dos vosos caprichos.. A realidade é que hai mais de tres mil alegacións. A realidade é que dende fai dez meses os veciños do rural están a asistir ós plenos para manifestar o seu desacordo coas vosas propostas. A realidade é que somos moitos os que vos pedimos que rectifiquedes. A realidade é que este PXOM podería saír adiante se non fora pola terquedade dos nacionalistas.
En fin, señor@s do Bloque. Que mais podo decirvos que non sepades?
As eleccións autonómicas non as gañou un PP tramposo, como dixestes. Perdéstelas vós por non saber aproveitar unha ocasión histórica de facer algo por Galicia.
Esquecestes que o Pobo nunca perdoa as traicións dos que considera “os seus”.
E agora, no Concello de Marín, o único que a xente vos pide é un pouco de humildade.
Se a maioría dos veciños nos opoñemos ós Micropolígonos, anuládeos e deixade de facer acusacións que ninguén cree.
Acaso a Democracia non se fundamenta no poder do pobo? Ou é que a vós a Democracia non vos interesa?.
Os veciños decimos Basta xa!
Os veciños pedimos que pensedes en nós. E non nos vale que digades que estades a facer o mellor para Marín, porque todos sabemos que iso non é certo.
E se dentro de dous anos non queredes levar unha tunda electoral coma a que levastes o outro día, o único que tendes que facer é recoñecer os erros, rectificar e purgar as vosas culpas escoitando o que todos pedimos a gritos:
Democracia e liberdade.
E se non valedes para a política, dedicádevos a outra cousa.

M. Del Carmen Santos Piñeiro

Faro de Vigo

Martes 31 de marzo de 2009

carta

O que nace torpiño, torpiño morrerá. O que pensas os veciños parece que lles importa un pemento a esta xente e antes de rectificar prefiren afundirse con barco e todo. Despois de catro días da carta que unha veciña da Brea lles escribeu,a resposta é esta que vedes aquí: Silencio para a Brea e mais do mesmo para a oposición:

erre

Unha vez mais, mais alto e mais forte, seguiremos proclamando o mesmo ca fai meses…Erre que erre

erre-qu-erre

3 Responses to De pactos e de tercos 2

  1. lade1959 dice:

    Realmente é indignante ler a prensa e encontrate unha e outra vez con esta xente facendo unhas declaracións sin sentido.
    En vez de andar a lanzar acusacións o que teñen que facer os do Bloque é escoitar á xente.
    Para cando unha reforma no BNG marinense?
    Para cando unha depuración?

  2. Erasmo dice:

    “Excusatio non petita, accusatio manifesta” reza la frase en latín. Qué razón tenían los clásicos. Quien se excusa, se acusa o, mejor, el que se pica ajos come. Estos del Bloque no tienen remedio. Son falsos y mentirosos. Los que sabemos qué hay detrás no podemos más que indignarnos ante tanta falsedad. Pero aquí estamos, para desenmascararlos, porque con nosotros no van a poder.

    Un saludo Breaseixo

  3. Suso dice:

    Pois eu penso que unha vez mais Marín xa quedou sin PXOM.
    O equipo de goberno, que non supo sacar adiante un Plan axeitado e dacordo cos interses dos veciños, tenta por todos os medios culpar a María Ramallo e tamén aos veciños.
    Eu espero que a xente se dea conta da verdade.
    Os veciños e mais os dous grupos da oposición levan varios meses insistindo para que o PXOM sexa correxido, se os que teñen o poder non quixeron facer caso alá eles.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: