O “trio lalala” canta de novo

Aquí vos presento un novo recital do “Trío lalala” onde amosa o mellor que sabe facer: Cantar con voz de falsete.
As cantigas son as de sempre. En primeiro lugar “Vamos a contar mentiras tralará”, dedicada ós veciños porque disque todos mentimos.
Despois deleitannos cunha gran interpretación de “Fuche ti quen cajou no palleiro”, dedicada a maría Ramallo, porque según os Lalala, o PP é culpable de que a caca do PXOM non se poida sacar adiante.
Aquí os tendes, todos contentos posando para a prensa. Eles pensan que non van tardar en chegar a número un nos “corenta principais”

trio-lalala

trio-lalala-2la-voz2


faro-domingo

“Foche ti quen cajou no palleiro”
O BNG non se sinte culpable de nada e ademais declárase dono absoluto da verdade.
Onde se veu caradura mais grande?
Na memoria dos veciños de Marín aínda resoan os ecos do axitado mes de novembro, cando os concelleiros do Bloque foron pillados en tres mentiras gravísimas:
Na primeira “desmentían” as declaracións dos veciños de Macenlle que contaron na prensa a reunión segreda que mantiveron na casa da Veiguiña, para prometerlles que ían alegar contra o seu polígono. (podedes velo se buscades “si te he visto no me acuerdo” e “as malas compañías”).
Despois cando decían que non sabían nada do Plan Vigo Íntegra, e negaronse a expoñer os planos porque disque xa foran expostos no concello de Poio. (podedes velo en “O plan Vigo Íntegra”.
E a terceira mentira no mesmo mes foi cando fixeron a presentación do Plan de Vivenda de T. Táboas, que primeiro falaron coa prensa e dixeron que xa tiñan os planos, e despois, cando os veciños quixeron velos porque se ían expropiar casas, dixeron que non os tiñan e que Julio Santos mentía. Pero cando o periodista sacou a grabadora, oíase moi clariño a voz de Ruibal falando do planos. (podedes velo en “Planos, mentiras y cintas de audio”).

E agora, estes impresentables, que non teñen sentido da dignidade nin do ridículo, voltan á carga para volver chamarlle mentireiros ós veciños, esta vez tocoulle ós de Ardán; e vótanlle a culpa a María Ramallo de que o PXOM non vaia adiante.
Lembremos todos, estimados lectores, que o 13 de decembro oubo unha manifestación onde mais de mil veciños protestamos contra este PXOM porque sabemos que é un planeamento caprichoso, partidista e ideado para favorecer ós amigos e perxudicar a moita xente.
Lembremos que hai mais de tres mil alegacións presentadas esperando ser atendidas.
Lembremos que María Ramallo, leva meses intentando chegar a un consenso co alcalde para ver cómo se pode sacar adiante este PXOM unha vez corrixidos certos puntos que traen a moitos veciños de cabeza dende fai anos.
A xente que acude ós plenos cada mes, sabe que o que estou a decir é certo.
Dende o famoso pleno extraordinario no que se aprobou a exposición ó público do PXOM, o PP mantén unha ponte tendida hacia o PSOE.
Ninguén está en contra de que Marín teña un PXOM, pero queremos unha cousa ben feita porque sabemos que é para moitos anos.
E a día de hoxe (luns 23 de marzo), mentras os socialistas manteñen un silencio cobarde e vergoñento, o BNG, fainos unha mostra mais do seu cinismo.

breaseixo

4 Responses to O “trio lalala” canta de novo

  1. lade1959 dice:

    “La culpa fué del chachacha”
    Todos queremos un PXOM, pero non o PXOM que nos impoñen os do Bloque, senón un PXOM consensuado entre todos os partidos políticos, atendendo as alegacións dos veciños.
    ¿Que fixeron coas nosas alegacións?
    ¿E onde andará o alcalde que non di nin palabra?

  2. Suso dice:

    O silencio do PSOE é incomprensible e vergonzoso.
    E cando fale será para botarlle a culpa ós veciños dos seus males.
    O bloque é un grano no cu de Marín
    ¿Eu votei ó PSOE para que gobernara o Bloque?
    ¿E por quen carallo vou votar nas próximas eleccións se sempre fun socialista?
    Pois quedarei na casa ata que se faga unha purga no partido porque isto non pode seguir así.

  3. nota dice:

    Este trío traime á memoria outro de infausto recordo: o trío das Azores: Son cuspidiños; sintense en posesión da verdade divina en contra de todas as evidencias terrenais, neste caso PXOMnais.
    A súa torpeza e miopía política levaos a arremeter contra o partido que fai dúas semanas meteulle un repaso nas urnas histórico.
    De todos xeitos hai que decir que fan o que saben; é decir, o parvo.

  4. Mª José dice:

    breaseixo, esquenceche escribir a última mentira do Bloque.
    No pleno deste mes o concelleiro de medioambiente, Vilaboa, afirmou que non foron eles os que chamaron aos empresarios e comerciantes para presentarlles o polígono da Brea. Que disque foron ACIMA e mais Estrela de Marín.
    Pero cando os empresarios chegaron ao hotel Vila de Marín, alí estaban dous cocejales dop bloque para esplicar o proxecto.
    Mentireiros!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: