A colonización de Tambo

breaseixo-a-otear

Estaredes a preguntarvos que pinta aquí esta foto e que é o que vixía breaseixo.
Aínda non vos enterastes?
Parece ser que o noso equipo de goberno acordou invadir a illa de Tambo, coma se de un Perexil se tratara.
O que non sei é en que pleno se acordou semellante cousa, porque eu non escoitei nada. Claro, como os veciños non facemos mais ca berrar, ó final non nos enteramos do que se aproba por maioría “progresista”.
Menos mal que lin o Informe de Sostenibilidade Ambiental (ISA) onde di que as praias Area da Illa e A Dreira pertecen ao municipio de Marín (pxna 29) e tamén que “O municipio de Marín conta con 36´7 Km2 de superficie, que se distribúen entre unha parte continental e a illa de Tambo, de 28 Ha.” (Pxna 26)
O que non sei é a opinión dos políticos de Poio. Pero moito me temo que estean a preparar un zafarrancho de combate. E a ver que pasa.

E tamén, na páxina 111 do mesmo ISA, falan do Plan Director de Portos Deportivos, que pretende ampliar o porto de Aguete.
Cando resulta que fai xa tempo que estas previsións foron contundentemente rechazadas polos veciños, e o Concello de Marín , no seu día, tomou un posicionamento oficial solicitando que se rechace ese plan de obras previstas, xa que a praia de Aguete corre perigo de morte.
E logo que?… Fiámonos ou non do que di o alcalde?

E xa que o panorama se pon tan interesante, eu non me quero perder detalle.
Aqui me tendes, en primeira línea de buques, a vixiar. Non vou perder de vista a Illa de Tambo por se hai un desembarque bélico e podo captar unha foto de Ruibal a espichar unha bandeira nacionalista (con estrela azul) na praia da illa.
Coidadiño Sr. Ruibal, non se vaia atopar con algún nativo violento e lle zoupe nunha orella co cinto, como lle pasou ós de Xestur cando viñeron colonizar A Brea.

Tamén pode pasar que veña Touriño a inaugurar unha pedra no Chilreu.
Facédeme caso, non perdades de vista a zona marítima, hai alerta laranxa.
breaseixo

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: