Alegacións

diciembre 31, 2008

Últimas horas do ano.
A prensa dos últimos días en Galicia e concretamente na provincia de Pontevedra, destaca o fracaso do Concello de Pontevedra no seu intento de que ENCE se largue da nosa Ría antes de 2018.
Isto traime á memoria unha imaxen peculiar: na última manifestación contra Celulosas, vin a un par de integrantes do BNG de Santomé e a Torre, portaban unha bandeira nacionalista e iban un có brazo porriba do hombro do outro, moi satisfeitos no seu papel ecoloxista. Sentin non levar a cámara de fotos porque a imaxe non tiña precio.
Os veciños da Brea, denunciamos varias veces esta actitude hipócrita e de doble moral, pois os mesmos que se manifestan en contra de ENCE, non teñen reparos en colocar polígonos industriais e empresariais no medio das casas, no borde do río, e non respetan para nada o val do Loira.
Hoxe, coma última teima do ano, quero continuar coa miña denuncia:

papeis-2

Folios, papeis, follas…folios, papeis, follas…miles de follas e mais follas.
A Brea, Vista Alegre, A canteira…miles de folios cada colectivo… follas inútiles, innecesarias se houbera uns bos políticos.
O monte de papeis que mirades na foto son soio os da Brea.
¿Cántas árbores tiveron que ser talados para fabricar estas follas?. ¿Cánto fume tivo que saír das chimeneas de ENCE para que nós poideramos escribir todas estas protestas, alegacións, escritos?
Na pŕoxima manifestación contra Celulosas vai haber cámaras. Na próxima manifestación, as espaldas destes ecoloxistas de pacotilla van estar dobladas polo peso destes miles de folios destragados nunha teima sin sentido. Os da Brea, os de Macenlle, os da Canteira, ímosllo ter en conta…
Hipócritas, sinvergonzas!.

breaseixo
————————————————————————————-

presentacion-alegaciones-1

allegacions-2

alegacions-3

vista-alegre

Se queres ler o contido da nosa elegación, fai clic en
Por que loitamos

Anuncios

Solidariedade desde Donosti

diciembre 30, 2008

Estes amigos queren desexarnos un bo ano desde Donosti. Cóntannos que xa que non puderon estar na manifestación contra o PXOM, reuníronse todos no centro da cidade para manifestarnos as súas simpatías dende alá.
Nós, dende A Brea mandámoslle unha gran aperta para todos.
Un gran abrazo desde Seixo para los amigos que piensan en nosotros desde Euskadi

imagen-088desde-donosti


Vídeo da manifestación contra o PXOM

diciembre 26, 2008

Amig@s:
Ofrézovos o vídeo da manifestación do 13 de nadal en Marín.
Dura 15 minutos mais ou menos. Tende en conta que non foi grabado cunha cámara profesional.
Algunhas cousas saen borrosas, por exemplo os carteis. Se mirades as fotos, alí podedes ler con claridade os dos afectados polo plan íntegra e outros coma Queremos vivir no rural ou O rural existe, que no vídeo non apreciades porque as letras son demasiado clariñas .
Non sei se os que non tendes ADSL poderedes velo. Pode ser que tarde algúns minutos en cargar. Xa me contaredes.
Ah!!, outra cousa: cando esteades a ver o vídeo,na parte de abaixo e á vosa dereita da pantalla hai un recuadriño que pon HQ, se facedes clic ahí, a imaxen faise algo mais nítida.
Espero que o disfrutedes.
facede Clic aquí:

Manifestación en Marín contra o PXOM

As casas baratas

diciembre 25, 2008

Nos tempos de Franco chamábanlle casas baratas. Agora chámanlle vivendas protexidas.
Aínda non sabemos de que van estar protexidas, o que sí sabemos é que de baratas non teñen nada.
Franco era moi aficionado a inaugurar pantanos. Daquela pobos enteiros quedaban sumerxidos debaixo da auga. Cando hai sequía pódese ver como asoman os campanarios.
Despois de Franco os que mais mandaron en Galicia foron Fraga e mais Cuiña. Eses dous o que inauguraban eran eran autovías e vías rápidas. Raro era o día que non saían na televisión co casco na cabeza (Porque con tanta presa xa non esperaban a que a obra estivera rematada) a botar o discurso aquel que decía “Hai que modernizar Galicia ornee quen ornee”
Agora mandan os que orneaban e esta esquina gris da península unhas veces chámase Galicia e outras, según sople o vento, a Galiza.
O outro día no furancho da Souta un amigo de Pasajes decíame que o País vasco se chama Euskalerría.
-ostias, Mari, ¿y tu nación es Galicia o Galiza?
-Eu que sei ho…depende do día
Non nos desviemos do tema. De momento o que mais inaugura é Touriño. A ese todo lle vai ben: Unha pedriña aquí, unha plaquiña alá, o home non para. É unha pena que lle patine a “linguaxe”, porque Fraga ó lado del, era un filólogo do galego.
Agora os que mais soñan con inaugurar son Quintana e mais a Táboas, que alguns xa lle chaman “a ladrillos” porque parece que lle vai mais o asunto de albanelería ca o da carpintería.
Estes dous andan a percorrer Galicia/Galiza (según se mire), e prometen pisos e apartamentos “Que todos os galegos e galegas temos derito e dereita a ter un piso ou pisa aínda que teñan que quedar sin casa outros galegos e galegas que van ser expropiados e expropiadas” e bla bla bla…sonrisaparaafoto.
Miña nai di que Quintana cada vez seméllase mais a Fraga e que se o Bloque gana as eleccións en marzo, ímolo ver ó frente de cinco mil gaiteiros e mais Fuxan os Ventos, con cara de satisfeito.
“Filliña, todos che son iguales, en canto entran no parlamento ese, non saen delí nin cunha jancha.”
O caso é que a maioría dos Concellos rexeitan tanto ben xunto, non queren saber nada das promesas destes dous e néganse a colaborar con eles. No Concello de Arteixo, por exemplo, a propia alcaldesa, Pilar Souto chamoulle Okupas ós da Xunta e non parou ata que retiraron o plan. En Pontevedra está a pasar algo parecido no Burgo e así nunha chea de pobos…
Menos en Marín, claro. Pero xa non nos extrañamos porque todos sabemos que Marín is diferent.
Mentras na maioria dos concellos de galicia, sexan do PSOE, do BNG ou do PP, os alcaldes ou alcaldesas apoian a decisión dos veciños, en Marín pasa todo o contrario:

veiga-e-a-vivenda

O noso alcalde non apoia ós veciños, iso si…“Afirma que el plan de vivienda se conjugará con los intereses vecinales”. Eu non entendo cómo se poden “conjugar” os intereses veciñais cando as propostas dos veciños son rechazadas.

Diario de Pontevedra

veiga-vivenda-2

A min o que me parece mais chistoso é que o PSOE non tiña nin idea deste plan sectorial e nunca se plantexou nada polo estilo. E agora resulta que Veiga di que este plan é “imprescindible” para Marín.
Pois debe ser que Julio Santos ten razón no que escribeu onte no Faro. Quen manda é o Bloque aínda que estean en minoría:

pisos-a-mogollon

plan-sectorial

——————————————-

La Voz de galicia

28 de diciembre de 2008

Autor: Carlos Punzón

Una iniciativa controvertida. Unas 15.000 alegaciones frenan el el plan de pisos protegidos de viviendas

El regidor vigués prevé acudir a la Justicia, e incluso discrepan concellos gobernados por el Bloque

Alcaldes, plataformas de vecinos y promotores muestran su oposición a las zonas elegidas y al precio de suelo.

var d = new Date(1230418800000);

Aproximadamente la mitad de los 57 municipios en los que la Consellería de Vivenda prevé llevar a cabo su plan sectorial de construcción de pisos protegidos han sido escenario del envío masivo de alegaciones por parte de plataformas vecinales, alcaldes, partidos de la oposición local, empresas, promotores y agentes inmobiliarios. Aunque el departamento que dirige Teresa Táboas indicó que será necesario esperar varios días para contabilizar dichos recursos tras cerrarse el viernes el plazo de presentación, la consellería habría recibido al menos 15.000 alegaciones, a tenor de los anuncios hechos desde diversos concellos en los que ha surgido una oposición más o menos contundente al plan.

Vigo, A Coruña, Cambre, Narón, Ferrol, Fene, Sanxenxo, Ribeira, Pontevedra, Marín, Monforte, Oleiros, Carballo, Cambados, Culleredo, Cangas, Salvaterra, Lugo, Bueu, Sada, Burela, Mugardos y especialmente Arteixo y Nigrán han visto crecer en los últimos días la contestación a un plan con el que Vivenda pretende construir 45.600 pisos en régimen de protección y a precio tasado entre el próximo año y el 2017. A dichas alegaciones se han sumado las planteadas desde Betanzos y Poio para, en su caso, entrar a formar parte de dicho programa.

Aunque han sido los vecinos propietarios de los terrenos elegidos por Vivenda para llevar a cabo sus promociones los que han canalizado la mayoría de las protestas, al asegurar no estar informados, perder sus casas en algunos casos o rechazar el precio ofrecido por su suelo -lo llegan a cifrar en hasta cinco veces inferior al de mercado-, alcaldes de los tres principales partidos también han mostrado su contrariedad ante los pasos dados desde la Xunta.

Variedad de argumentos

Desde el alcalde de Vigo, que tacha al plan de intromisión en la autonomía municipal y que anuncia que acudirá a la vía judicial; a los nacionalistas de Pontevedra, en desacuerdo con la edificación en dos zonas de su ciudad, o los de Cangas, que reclaman más dinero para los propietarios afectados; a los populares de Sanxenxo, Carballo, Ribeira o Bueu, que hablan incluso de «estafa» por el importe previsto a pagar por el suelo a utilizar, han aducido falta de información y coordinación por parte de la consellería.

La oposición generada al plan y que trata de frenarlo tal y como está planteado, se completa con las fuertes discrepancias de promotores y gestores inmobiliarios.


Papá Quin pide disculpas

diciembre 22, 2008

Unha vez mais, e xa van duas ou tres, Quin pide disculpas ós periodistas pola conduta do trasniño.
Parece ser que o rapaz non é malo, o que pasa é que se aburre.
Ata agora o castigo que lle poñían era buscar palabras raras no diccionario para que tivera en qué ocupar o tempo. Pero parece que o neno dou en usar esas palabras contra a prensa.
“Deturpar”, na linguaxe dos pedantes, significa desfigurar, deformar, estragar.

Claro, cando o rapaz chega a un mitin e lle dí ás vellas “Os eventos consuetudinarios que acontecen na rúa…”, as proviñas quedan abraiadas da listura e ben falar de Bieito, iso e mais o pícaro chiscar de ollo que usa nas ocasións deben ser o que o mantén onde está.
Unha vez, na saída dun mitin en Seixo, oinlle decir a unha vella
-Este rapas fala coma un libro aberto
E contestáballe outra
-E ten unha sinverjuensura que me encanta.

quintana-se-disculpa1

Pero se sempre é papá o que ten que dar a cara por él, nunca vai madurar este rapaz.
Ou será que é iso o que quere Quintana, que non madure nunca para que non se lle suba ás barbas?
Sexa como sexa, quen ten que pedir disculpas é Bieito, non Quintana.
Eu castigaríao a dar un mitin cun pedrullo na boca e unhas pestanas postizas nese ollo que chisca.



As travesuras de Bieito

diciembre 21, 2008

O que mal anda, mal acaba.
O noso veciño (cando hai mitin), Bieito, vai de trasnada en trasnada dende fai anos.
Os de Seixo pensamos que era demasiado xoven cando entrou no parlamento e non supo asimilar tanta gloria xunta.
Tamen pensamos (os de Seixo pensamos demasiado) que os xefazos do partido: Xosé Manuel Beiras primeiro e agora Anxo Quintana, nunca superon moi ben que facer con él, pero era o neno bonito. Hai persoas que nacen co don de embaucar e este home é unha delas. Sempre consigue saír de rositas despois de facer unha das súas.
Fai anos, varios membros do BNG de Seixo e Marín con traxectoria intachable, foron expulsados do partido por culpa do caprichoso Bieito.
Ultimamente vai de parvada en parvada porque parece que se aburre no Parlamento.
É tan monótono traballar nun despacho!!.
E coma un neno pequeno, adícase a chamar a atención e a meterse co primeiro que se atravesa no seu camiño.
O outro día disque o Valedor do Pobo era un antigaleguista e había que “tomar nota” contra él. Agora son os periodistas que “deturpan” a realidade e iso non se pode consentir.
Vexamos:
– Moitos afiliados do Bloque marcharon do partido por non aturalo mais.
– O valedor do pobo calou a boca e non lle fixo moito caso.
– Pero os periodistas non van deixar que o caprichoso Bieito se salga coa súa. Esta vez non. Agora Bieito teno mais difícil.
Conseguirá Bieito o travieso saír deste lío?
Permitirá papá Quintana que o neno bonito salga desta sin castigo?
A resposta amig@s ímola saber antes das eleccións.
breaseixo

bieito-y-sus-locuras

Non vos fai gracia que sexa precisamente un político o que fale de “deturpar” a realidade?


O Rei Mago

diciembre 21, 2008

Día de reyes
(Pablo Milanés)

Queriendo despertar pronto
y buscar bajo la cama
encuentras llorando a tu hermana
y a tus zapatos viejos y rotos.

Así, aún con esa edad,
no te permitas soñar
porque vas a despertar
con tu triste realidad.

Quiero que cantes y juegues
para lo que va a pasar,
es algo que hay que buscar
sin esperar a que llegue.

Sin magias y sin leyendas
y con lucha y con amor
vendrá la revolución
sin santos llenos de estrellas.

Guarda tu risa para mañana
y seca hoy tu llanto,
en tanto
llega la libertad, sí.

Esta canción de Pablo Milanés, que sempre me fai chorar, cóntanos que os reis magos non existen.

o-rei-do-manbo-reparte-caramelos2

Ás veces aparecen homes disfrazados que prometen cousas: Unha moneca, un coche descapotable, un piso de protección oficial, un hipermercado cheo de ofertas, un posto de traballo na Xunta de Galicia, a rebaixa dos impostos ou o auditorio mais moderno da Comunidade Europeda.
Pero cando imos mirar debaixo da cama solo atopamos os zapatos de cotío.
Rapaces: nunca vos fiedes  das promesas dun home disfrazado, porque o día menos pensado os zapatos de debaixo da cama, van a  darvos  unha patada en plena cara.
Mentes cantades villancicos, o Sr. alcalde síntese un rei e reparte caramelos, pero se algún día cantades as corenta, o regalo vai ser un portazo nos fuciños. Coma este que recibimos nós.
Rapaces…collede os caramelos e correde!
portazo-nas-narices

Alcalde: está vostede moi guapo vestido de rei mago. Por que non se dedica ó teatro?. Xa sabemos que se gañan mais cartos na política, pero sin lugar a dudas, o mundo da farándula é o seu.
Por certo, todos esperamos unha foto súa a patinar na modernísima pista de xeo que montaron en Marín. Ai!!, que guai vai quedar na prensa cando poña posturita inclinada hacia diante, coa bufanda ó vento, o brazo direito estendido cara ao futuro, o esquerdo teso hacia atrás.
Algo parecido a cando foi botar o trompo, que aínda resoa o eco dos aplausos na mente de todos e hasta eu me preocupei de inmortalizalo nesta mesma sección (“Cousas”).
E xa que estamos, permita que lle dea un último consello: Cando chegue o carnaval, nin se lle ocurra disfrazarse de sardiña, porque a concelleira de cultura pode aproveitar a ocasión para enterralo.

Breaseixo pide un bo Nadal para todos