Manifestación

noviembre 28, 2008

Amigos, veciños e simpatizantes:

Quedades todos invitados a unha manifestación que se vai celebrar en Marín o día 13 de decembro ás 17:00.

Convocan: Plataforma Po 313 (Íntegra), plataforma de Macenlle, a canteira da Revolta, A Brea e plataforma do rural. Esperamos contar co apoio de asociacións de veciños, asociacións culturais e colectivos de todo tipo e condición.  Adiante Marín!!.

ultima1

vavava1

Detrás de cada home
está oubeando un lobo.
Un lobo que te come
e ten comesto ó pobo.

Canto pode sofrirse
telo xa ben sofrido.
Pro non hai que abatirse
nin darse por vencido.

Canto pode chorarse
telo xa ben chorado.
Pro non hai que calarse
nin sentirse abafado.

Canto pode perderse
telo xa ben perdido.
Pro non hai que doerse
nin rosmar un laído.

Podes todo ganalo
se despertas e loitas.
Co corazón che falo
galego que me escoitas.

(C. E. Ferreiro)


Anuncios

A ver se nos comportamos hoo!!

noviembre 26, 2008

un-pleno-cualquiera

Parece ser que a xunta de portavoces vai tomar unha decisión sobre a asistencia dos veciños ós plenos. O bipartito quérenos votar fora pero a oposición non lle deixa.

Disque os berros, insultos e protestas do populacho non deixan ós ediles expresarse como Deus manda.
E que a xente é moi maleducada e o último pleno, según palabras de Julio Santos, foi un circo.
A ver, por favor, que levante a man o que insultaba…

-¿He sido yooo?

2-he-sido-yoooo-si1

Steve Urkel!!!… Tamen estabas alí?, isto é increible…

—————————————————–

asistencia-a-plenos-1

Faro de Vigo

26-11 de 2008

asistencia-a-los-plenos2



Os métodos do Bloque 2

noviembre 25, 2008

Faro de Vigo

Martes 25 de noviembreo-bloque

Un divorcio de ruina:

Levan demasiado tempo con este contencioso. O que pasou aquel ano foi unha vergonza, unha inxusticia e un escándalo. Varios militantes foron expulsados do partido por culpa dun intrigante. E resulta que un dos expulsados estaba a pagar a hipoteca pero non tiña dereito a entrar na casa da Veiguiña. O xuiz doulle a razón ó partido que é o que disfruta dunha casa que está a pagar esta persoa (sin poder entrar nela). En fin, un caso clarísimo de malos tratos psicolóxicos e xuices dudosos.
Unha vez mais miña nai ten toda a razón cando di que nunca hai que casarse cun “mal partido”, ó final quedas hipotecado, na ruina e na rúa.
Dende entón  O BNG perdeu o Norte e anda á deriva. A mala vida de tantos divorciados que deixan as esposas para liarse con xente mais nova.
Polo menos que pague o que debe. Pero nin iso.
Ó Bloque non lle chega con ser mentireiro, indecente e putero, ademais é pufeiro.

———————————————————

La Voz de Galicia

mércores 26 de novembro de 2008

Ex militantes del BNG de Marín y dirigentes actuales se cruzan demandas en el juzgado por obras en A Veiguiña.

Ex militantes del BNG de Marín y dirigentes locales del partido se volvieron a ver las caras ayer en el juzgado. El culebrón que desde hace años mantienen ambas partes vivió un nuevo capítulo con la vista por la demanda civil interpuesta por Xan Montenegro contra el Bloque, al que reclama 20.000 euros por varios conceptos -18.000 por el pago de las cuotas hipotecarias de la casa de A Veiguiña, 101 euros por los recibos del IBI y 2.000 euros por unas obras para solventar un problema de humedad-.

El juicio quedó visto para sentencia tras la declaración de Xosé María Vilaboa, actual concejal de Urbanismo de Marín, que actuó como representante legal del BNG, y tres testigos -José Boullosa, Perfecto Villanueva y Carlos Lemos- que hicieron trabajos en la casa. La anécdota fue que el letrado del Bloque habló en castellano por deferencia hacia el titular del juzgado número 2, al que le cuesta entender el gallego. También lo hizo el letrado de Xan Montenegro.

El abogado del BNG presentó una demanda reconvencional, esto es, una acción judicial que ejerce el demandado en el mismo proceso, reclamando los daños causados en A Veiguiña -baños rotos y chimenea con el dintel desplazado-, las rentas del local que tuvo que alquilar el partido para desempeñar sus funciones políticas y la imposición de las costas procesales a Montenegro.

Ambos letrados coincidieron en que este conflicto se tendría que haber zanjado cuando el juzgado resolvió el litigio sobre la titularidad de la casa de A Veiguiña, dando la razón al BNG. La no entrega del inmueble dio lugar al desahucio posterior. El Bloque basó su argumentación en que tras la sentencia hubo una «posesión ilegítima y de mala fe continuada en el tiempo» por parte de Montenegro.

Xosé María Vilaboa y Xan Montenegro se vieron ayer por la mañana las caras en el juzgado de Marín


PXOM – Polígono

noviembre 22, 2008

Luns 17 de novembro de 2008. Os planos do presunto futuro PXOM expóñense na casa de Cultura de  Seixo por primeira vez.
Hai pouca afluencia de xente porque a maioría xa foron os días pasados á Biblioteca de Marín, onde está á disposición do público dende o 30 de outubro.
Se vas a Marín podes adquirir unha fotocopia dos planos, en Seixo non hai impresora.
A maioría de vós xa coñecedes os detalles deste proxecto porque todo o mundo ten algo que alegar por alguhna veiga afectada e tamén pola propia casa. Pouco podo engadir eu.
Do blog do colectivo nacionalista de marín recollín este artículo que é ben claro:

Non ao PXOM!
Outubro 17, 2008

O PXOM de Marín vai ser accidentado. Un proxecto que contaba coa aprobación de todos os grupos da corporación, aínda que algúns fixeran o paripé de absterse, pasou pola presión veciñal a ter o rexeitamento da oposición. Un rexeitamento oportunista pois todos, goberno e oposición, coinciden e deseñaron un plan para transformar Marín no paraiso das segundas vivendas a pe de praia.
Hoxe os proxectados polígonos industriais sitúan a moitas familias nunha difícil situación pola afectación das súas casas. Mañá, de aprobarse este PXOM moitas máis van padecer as presións de especuladores sen escrúpulos que tentarán quedarse cos seus terreos ou as súas casas para “urbanizar”. E todo coa lei na man, pois a Lei do Solo de Galiza permite este tipo de abusos.
Van desaparecer, tal e como hoxe os coñecemos, os ríos Loira e Lameiriña que van ser canalizados para dar vía libre á construción nas súas beiras.
O polígonos industriais proxectados son un dos males, pero non os únicos. A filosofía especuladora está por todas partes, facendo gala os nosos gobernantes dunha miopía política sen límite

A PXOM de Marín vai permitir este tipo de abusos ao deixar en mans da “iniciativa privada” o desenrolo urbanístico de amplas zonas do noso concello, principalmente as próximas á costa.
Coa nova exposición pública temos unha nova oportunidade para amosar un masivo rexeitamento ao PXOM, e de decirlles aos políticos profesionais que nos des-gobernan que se vaian a casa.

————————————————————-

No capítulo do polígono da Brea, temos algúns cambios que xa non son novedade porque os coñecemos dende fai meses.:
1-O polígono da Brea, que antes se chamaba PIM-1, agora chámase P.E.T.-1.

2- A zona do campo xa non existe. Ninguén sabe qué criterios sigueu o equipo de seguemento do PXOM para quitalo do proxecto.
3-Antes tíña denominación INDUSTRIAL. Agora pasa a ser EMPRESARIAL con uso dominante TERCIARIO.
Terciario quere decír que, en teoría, vai ter un uso predominantemente comercial, e vai haber algunhas empresas de pouca monta coma talleres de artesanía, supermercados, talleres de coches, desguaces de coches, almacéns etc…iso en teoría…Logo farán o que lles dea a gaña aos políticos, coma sempre.
sabemos que os do Bloque reuníronse varias veces cós empresarios simpatizantes e supoñemos que lles prometeron un “sitiño” en algunha esquina deste polígono aínda que as súas empresas non figuren coma “terciarias”. Xa encontrarán algún truquiño para que a lei modifique eses “pequenos detalles”.
Por outra banda, non é ningún segredo que as empresas do Porto andan moi apuradas por encontrar un lugar onde asentar os seus almacéns.
Comprei o DVD e rebusqueino todo intentando saber cal vai seo aproveitamento real do polígono: que tipos de empresa van poder instalarse aquí legalmente, que condicións deben respetar etc pero ese tipo de información non está a disposición do público. Xa podedes supoñer a causa.

O 16 de maio de 2008, algúns veciños tivemos unha reunión có alcalde para transmitirlle unha vez mais o noso rechazo á instalación dun polígono empresarial na Brea.
O alcalde, profundamente abraiado pola nosa negativa, preguntounos que era o que queriamos. Nós respostámoslle que o noso desexo era que toda esta zona mantivera un carácter rural que se poideran aproveitar as posibilidades turísticas que ofrece esta paisaxe á beira do río; coa reabilitación dos muiños etc. E tamén que se poideran construir vivendas unifamiliares dentro dun orden que respetara a natureza do entorno, tendo en conta que Seixo, coa actual lei de costas, non vai poder poder medrar hacia a zona das praias.
A resposta do Sr. Veiga foi: “O que estades pedindo é imposible.Nunca se vai poderr urbanizar a Brea se non é cun polígono empresarial.”
Agora a novedade é que na redacción do PXOM falan de “aproveitar o turísmo”, “respetar as marxes do Río, as masas forestais, os muiños” e de poñer empresas de “carácter lúdico”. Coma por exemplo Puticlubs
. E sobre todo, vaise urbanizar, pero dunha maneira que favoreza ós constructores.

Na mesma reunión có alcalde, preguntámoslle cales eran os motivos polos que a zona do campo quedaba excluída do novo PXOM. A resposta foi que as veigas do campo estaban todas traballadas, mentras que as da Brea están a monte.
É certo que na Brea hai moitas veigas a monte, e mais aínda dende que a xente sabe que aqui van poñer un polígono. Parece que a desesperanza apoderouse de algúns veciños que perderon as ganas de plantar as patatas.Pero tamén é ben certo que hai outras moitas que sí están cultivadas e algún exemplo téndelo neste mesmo blog no apartado de Fotografías.
E no campo tampouco se traballa tanto como o alcalde pensa. Aqui van un par de exemplos de veigas do Campo que se libraron do polígono por estar “traballadas”:


100_0504

¿A cómo venderán na plaza estes fentos?

100_0512

Quén quere broza!

100_0506

Como podedes ver, estas viñas fai moito tempo que están secas.

——————————–

En cambio estas veigas está nunha parte do PET-1 (A Brea) denominada “zona baldía ao Sur”:

100_0515

A min non me parece moi baldia unha veiga onde se planta millo.

100_05141

Esta terra mírase traballada pero os expertos considérana baldía e polo tanto van ser “carne de polígono”

O criterio dos políticos, como podedes observar é bastante arbitrario e sospeitoso

—————————————————————————————————————

Antes:

sud-1-poligono-industrial

Agora:

sud-pic-1-poligono-empresarial

plano-pet-1

100_0321

Este home pousaba orgulloso no seu tractor o vran pasado. Aínda non sabiamos que precisamente esta veiga vai desaparecer porque  aqui van poñer unha rotonda e a carretera de baixada ata o polígono. Dende logo esa masa forestal que vemos ó fondo non parece que vaia ser moi respetada.


A miña maior sorpresa foi a maneira na que a memoria do PXOM está redactada. Non me parece propia dun documento público. Mais ben está escrita ó estilo da prensa “amarilla”, para impresionar ó populacho, como se demostra neste párrafo :
“Pese á contestación social existente, baseada en intereses moi
particulares nalgún caso, e, notros, a un medo infundado diante da rumoroloxía que certos intereses particulares
tentaron fomentar. Sobre a creación dun polígono industrial con actividades molestas, cabe indicar que a
proposta que se lanza recupera as marxes do río Loira, mantendo ou preservando as masas existentes na zona


Pgna 103 da memoria escrita:
“O resto de S.U.D. de carácter residencial concrétase maioritariamente na zona de Seixo, se ben,
dos catro comentados, tres deles se acollen ao estabelecido na Disposición Décimo terceira da LOUGA, ao ser
zonas edificadas na súa maioría. Porén, existe un S.U.D. en Seixo, no lugar de Prados, de carácter residencial,
que xorde como apoio ao S.U.D. da Brea, se temos en conta que o desenvolvemento cara á costa se encontra
condicionado e paralizado nestes momentos, dado o estipulado na Lei 6/2007 de medidas urxentes en materia
de ordenación do territorio e do litoral de Galicia. Esta zona que, no seu conxunto, se encontra no E.M.R.,
cualificada prioritariamente como unha paisaxe agraria, é considerada pola súa fácil conexión a través das
estradas EP-1201 e EP-1202 coa Vía Rápida VRG-44, así como o feito de dotar Seixo da posibilidade de contar
cun espazo dedicado a actividades empresariais e terciarias que o fagan nuclear, vinculado ao de Marín, mais
independente durante todo o ano, e non só focalizado durante a época estival por un turismo foráneo. Trátase,
así, de valorar se o uso agrario obtido da análise do territorio merecía mantelo, ou ben se podería condicionar tal
uso a un desenvolvemento de carácter urbano. Pese á contestación social existente, baseada en intereses moi
particulares nalgún caso, e, notros, a un medo infundado diante da rumoroloxía que certos intereses particulares

tentaron fomentar. Sobre a creación dun polígono industrial con actividades molestas, cabe indicar que a
proposta que se lanza recupera as marxes do río Loira, mantendo ou preservando as masas existentes na zona
Sur. Así mesmo, crea un vial que permite desconxestionar a circulación da estrada PO-551 polo centro de Seixo,
obrigando a crear un colchón de espazos libres de uso e dominio público que permite separar os usos
residenciais do resto de actividades. O uso residencial configura como fachada as traseiras das edificacións da
estrada a Castro (EP-1202).
Si se analiza o rendemento agrario da zona, pode observarse que existen algúns viñedos e alturas
na parte norte e media, con zona baldía ao sur. No entanto, presérvase na zona sueste e lindeiro co Solo Rústico
de Especial Protección a Ribeiras, Canles e Augas un espazo de carácter agrícola vinculado a unhas
edificacións e explotacións, ao ter os seus propietarios e propietarias a condición de agricultoras coa súa alta
correspondente.”

Comentario de texto:

Pouco a pouco vou comprendendo o que quere decir este texto: Cando fala de
Pese á contestación social existente, baseada en intereses moi
particulares nalgún caso, e, notros, a un medo infundado diante da rumoroloxía que certos intereses particulares
, sin duda refírese a os intereses particulares dos ediles do Bloque que teñen un grande interese nestas terras. E tamén á rumoroloxía que eles mesmos fomentan cando filtran na prensa “conversas secredas con Hipermercados de nivel nacional” (véxase Faro de Vigo dende 26 de outubro ata mediados de novembro)
Ou cando ás agachadas lle prometen alegacións ós veciños de Vista Alegre. (Véxase faro de Vigo destes días pasados)
Ou cando tratan dunha maneira ós empresarios afíns ao BNG e doutra distinta aos de simpatizantes doutros partidos.
Bueno e o que mais me intriga é cando din que hai unha “zona baldia ao Sur”. Aínda non sei se se refiren ó cú do alcalde ou ó cerebro dos promotores deste asunto.
Na “memoria escrita” do proxecto este, xustifican a ubicación do polígono alegando que os cultivos que temos nesta zona son de caracter “artesanal vencellado ás vivendas “. Por suposto home!!. ¿Algún de vós mirou unha casa rural galega na que non haixa repolos plantados?. Todos sabemos que a agricultura nesta zona sempre foi de carácter artesanal. Aquí non se vive de plantar a terra. Aquí disfrutamos do noso minifundio plantando por placer. ¿Acaso temos que renunciar ás nosas veigas sólo porque non cultivamos de maneira “empresarial”?
Poi parece que sí. Agora polo visto vai haber que pagar impostos ata por poñer macetas no balcón se non queremos que nos expropien o balcón por estar “baldío”.
breaseixo

———————————————————–

Continúa a memoria escrita:

CARACTERÍSTICAS NATURAIS DOS TERREOS
Da análise actual do territorio, a maioría dos S.U.N.C. e S.U.D. non teñen hoxe un valor agrario
que poida ofrecer dúbidas sobre a súa clasificación; polo tanto, si ben é certo que nalgún deles existen parcelas
que se seguen cultivando, o seu uso de horta está vencellado ás edificacións existentes ou están abandonadas.
Isto ocorre, prioritariamente, nos S.U.D. cuxo uso preferente foi declarado residencial; todo isto, ademais,
amparado polo indicado na LOUGA, no seu artigo 32.
Agora ben, o indicado anteriormente non se axusta plenamente ao sinalado para os S.U.D. de
carácter empresarial, terciario e industrial, pois no seu contorno si existen zonas ou áreas cun marcado carácter
agrario. Aínda que se valorou o feito de que Marín e Seixo adoecen de terreos onde desenvolver as actividades
ou usos mencionados con anterioridade, e tras analizar a configuración e cultivos das leiras que se situaron
dentro dos SUD, púidose observar que:
PIC-1 (searas) – Algunhas atópanse abandonadas ou sen cultivar; outras, vinculadas ás edificacións que
constitúen a fronte que linda coa PO-551. Na zona oeste do sector si existen parcelas cultivadas de marcado
carácter agrario. Fronte a isto, trátase de manter e ampliar unha actividade ligada a uns manantiais existentes,
complementándose con outras actividades existentes nos seus arredores e que deberán situarse
ordenadamente.
Enténdese que os beneficios para a zona e o contorno, coa protección e adecuación das marxes
do Loira, compensan o pequeno deterioramento que poida causarse na paisaxe agraria.

pet-1-zona-sur

PET-1 – A área central da zona norte do sector mantén un carácter agrario. A pesar de que
algunhas das leiras perderon ese carácter, a maioría atópanse cultivadas e ligadas ás edificacións existentes,
polo que se propuxo manter parte destes espazos como S.R.E.P. agropecuario. O resto do sector mestura o uso
de monte baixo con algúns terreos agropecuarios, mais que non constitúen un marco agrario, senón máis ben
forestal. No entanto, de analizarmos o mapa de caracterización da vexetación forestal ou evolución forestal do
Estudo do Medio Rural, a dita zona carece de valor. Por outra banda, o mapa de usos do solo do ano 2003
cualificaba a zona cun predominio do viñedo; como pode observarse, na actualidade esa actividade escasea. Do
mapa de usos agrícola do citado E.M.R. correspondente ao ano 2003, obsérvase que só se mantén a vexetación
forestal, mais de escasa entidade, nas marxes do afluente do río Loira, e trátase de mantela e acondicionala.
É por esta cuestión que a implantación en Seixo dun sector que lle dea cabida a actividades
empresariais, terciarias e lúdicas, respectando a vexetación e canle existente, e as edificacións catalogadas
(muíños, fontes, etc.) valórase máis positivamente que o mantemento do escaso terreo con actividade agraria.
Máxime ao termos en conta que, con motivo desta decisión, se propuxo completar a zona cun S.U.D. residencial
(RHT-2), cubrindo a demanda residencial de Seixo ao non expandirse cara á costa acatando a lexislación
vixente, así como a redacción do Plan de ordenación do litoral (POL).

———————————————————————

O que non entendo é este outro mapa que fala de alternativas de crecemento sostenido e resulta que figuran Pastoriza, a Brea e mais o Campo coma zonas industriais:

mapamapa-2

A ver… En que quedamos? Somos industriais, empresariais, comerciais ou que somos?
ó final o que vai pasar é que despois de que o concello poña o micro na Brea, a Xunta vai poñer o Macro en Pastoriza e vanse fastidiar dous sitios. E os do Campo tampouco poden estar moi tranquilos, por se acaso.

—————————————–

Outra cousa que me chamou a atención foi isto:

pagina-1111

Páxina 111:

Na parte direita do esquema di: “Protexer o val do río Loira como recurso ambiental estratéxico”.
Nunca vin que para protexer un val o mellor era poñerlle no medio un polígono empresarial.
A estas alturas xa non entendo nada.

————————————————————————–

Á parte das alegacións particulares que fagades ao PXOM, se queredes podedes presentar esta alegación xenérica para que quede constancia do voso rechazo ó Polígono da brea:

Dna/Dn…………………………………………………………………………………………………………………………..con DNI…………………………………………..e domicilio a efectos de notificación en………………………………………………………………………………………………………………………………….
Presento a seguinte alegación ao PXOM de Marín na segunda exposición pública que se está levando a cabo dende o 29 de outubro ao 30 de decembro.

Manifesto a miña disconformidade co  S.U.D. P.E.T. -1 ubicado na zona da Brea e solicito que sexa retirado do planeamento.

Marín, decembro de 2008

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE MARÍN.

——————————————————————————————–

O colectivo Nacionalista de marín fixo unha alegación ao PXOM en xeral, se alguén quere copiala aqui a tendes:

Dona Mariola González Fernández, con DNI nº 52491286L, en nome do Colectivo Nacionalista de Marín, e con domicilio a efectos de notificación en Marín, Bda. Maestranza D-1, cp 36900; ante este organismo

EXPÓN:

Que estando en segunda exposición pública o proxecto de Plan Xeral de Ordenación Municipal de Marín e a Avaliación Ambiental Estratéxica vimos a manifestar o seguinte:

A tramitación do PXOM de Marín careceu desde o principio dunha participación real da cidadanía xa que por vontade de todas as forzas políticas presentes na corporación non se realizou exposición previa á aprobación inicial. A primeira exposición pública fíxose sen ningún tipo de explicación ou argumentación ao pobo de Marín.

Este xeito de actuar furtou un debate social necesario para deseñar entre todos e todas o futuro de Marín. O resultado disto foi a crispación social pola imposición, arbitraria e caprichosa dos responsábeis municipais, de zonas industriais en localizacións pouco axeitadas.

Este proxecto está, igual que o exposto anteriormente, baseado nun modelo caduco de desenvolvemento urbanístico orientado a ofertar segundas vivendas ao mercado inmobiliario foráneo, fomentando a construción masiva sen un deseño de espazos verdes, parques e dotacións para lecer do pobo. As figuras de desenvolvemento escollidas van dar lugar a máis crispación social ao deixar en man da iniciativa privada a urbanización de grandes zonas do noso municipio.

Non se ten en conta a situación de crise económica que vai condicionar o desenvolvemento do PXOM e fai que as previsións económicas do mesmo non sexan reais, xa que aínda que hai unha redución do número de vivendas a construír seguen sendo excesivas.

Mantéñense as previstas canalizacións dos ríos Loira e Lameira, que van supoñer as principais agresións ecolóxicas a estes ríos xunto coa construción no seu percorrido de zonas industriais. Acrecéntase a posibilidade de inundacións nas zonas xa afectadas historicamente polas riadas, pois a proposta en vez de solucionar vai empeorar o problema.

Estamos ante un PXOM que non pensa no pobo de Marín ao carecer de proposta para crear novos espazos públicos e dotación de servizos que garantan a mellora do nivel de vida; centros de día, zonas deportivas, culturais, etc., non son unha prioridade para este goberno.

Por todo o anteriormente exposto vimos a presentar as seguintes alegacións:

  1. A Lei 29/1985, de 2 de agosto, de Augas, recolle no seu artigo 6º que as marxes dos ríos están suxeitas, en toda a súa extensión lonxitudinal a unha zona de servidume de cinco metros de anchura para uso público, que se será regulamentado; e a unha zona de policía de 100 metros de anchura na que se condicionará o uso do solo e as actividades que se desenvolvan.

Aínda que na nova exposición do PXOM aparecen con máis claridade nos planos as distintas canles e a súa zona de afectación, tamén é certo que continua a afectación aos tramos baixos dos ríos de Marín.

O río Loira e o Lameira ven afectadas as súas marxes nunha zona bastante grande no seu tramo máis baixo, incluíndose en zonas de Servizos Xerais e en polígonos de Solo Urbano Non Consolidado e mantendo a intención de actuar coa canalización destes tramos.

Estas actuacións contrarias á lexislación vixente non teñen xustificación e inciden nos erros que provocan cada certo tempo inundacións . O artigo 104, f) da Louga, di que nas áreas ameazadas por graves riscos naturais como inundacións, afundimentos, incendios, etc., non se permitirá ningunha construción, instalación ou calquera outro uso do solo que sexa susceptíbel de padecer estes riscos.

Máis perigosa é a pretensión de colocar dúas zonas industriais sobre a canle do río Loira, o que vai provocar como puidemos comprobar recentemente co incendio dunha nave en Vigo, que se converta nun vertedoiro de residuos, “escapes accidentais” das industrias ou empresas que se instalen alí.

Propoñemos:

Que se recollan en todas as marxes dos ríos Loira e Lameira, así como dos seus afluentes, as zonas de protección legalmente estabelecidas en 5 metros para uso público e 100 de policía.

Que en ningún caso se proceda á canalizacións dos ríos.

Que non se coloque ningunha zona industrial sobre as canles dos ríos Loira e Lameira.

  1. Na relación de edificios catalogados a protexer non aparece o edificio e xardín anexo situado nos números 19 e 21 da Avenida Jaime Janer. Construción de interese pola súa antigüidade e as súas características arquitectónicas.

Propoñemos:

A súa cualificación como edificio catalogado.

  1. Plano C-3

Aparecen relacionados os seguintes polígonos de SUD, o R-1, e SUNC, o P-1 até o P-12. Estas actuacións propostas, que cambian con respecto ao anterior proxecto exposto do PXOM, propoñen unha vez máis solucións distintas para zonas similares. Auméntanse os polígonos onde antes era solo urbano.

Con este deseño non se van mellorar as condicións de vida das persoas residentes nesta zona, pola contra van ter que facer desembolsos económicos para urbanizar e van desaparecer lugares dos máis característicos de Marín.

Propoñemos:

que se modifiquen os sectores SUNC e SUD deste plano e se cualifiquen como Solo Urbano e a zona SUD R-1 e o SUNC P-9 como SREP Agropecuaria.

  1. Plano C-4

Recóllense unha serie de polígonos que van transformar radicalmente esta zona converténdoa nun paraíso da urbanización intensiva e alterando a paisaxe de costa. O SUD DT-2 invade a zona de protección. A SUD RCHM-1 está dentro dunha zona de protección arqueolóxica, concretamente a do xacemento que se indica no mapa Y29 e está delimitado, como se recoñece por parte dos redactores, sobre unha zona de interese agropecuario.

Propoñemos:

Que o SUD RCHM-1 e o SUNC P-13 sexan cualificados como SREP Agropecuaria.

Que o SUD DT-2 sexa modificado cualificándose como SREP Costas.

  1. Plano C-5

As actuacións previstas nesta zona supoñen unha alteración grave e irreversíbel da canle do río Lameira incumprindo a Lei 29/1985, de 2 de agosto, de Augas nas distancias de protección. Concretamente o SUNC P-22, P-14a e P-14b, P-15.

O SUND-1 está delimitado, como se recoñece por parte dos redactores, sobre unha zona de interese agropecuario, como así o cualifica o Ministerio de Agricultura e a Consellaría de Política Territorial no seu informe previo ao PXOM. Nas fichas de impacto recoñecese que son terreos que se caracterizan por ser un “espazo de intensivo aproveitamento agrario”. Polo tanto, e como en casos anteriores, en base á aplicación do Art. 32.2 a), da Lei 9/2002, non cremos valida a xustificación da consecución dun espazo cohesionado que supla a perda de calidade ambiental transformando unha das paisaxes máis fermosas de Marín nun gran entramado urbanístico.

Hai que destacar, ademais, a contestación social que a actuación prevista nesta zona está provocando nas persoas afectadas, que se van ver privadas das súas propiedades por parte da Consellaría de Vivenda dun xeito inxusto.

Propoñemos:

Que se recollan en todas as marxes dos ríos Loira e Lameira, así como dos seus afluentes, as zonas de protección legalmente estabelecidas en 5 metros para uso público e 100 de policía.

Que o SUND-1 sexa cualificado como SREP Agropecuaria.

Que no SUD R-2 se contemple a creación dun gran parque que serva como zona de lecer para a zona urbana de Marín.

  1. Plano C-6

Nesta zona contemplase a creación dunha gran zona industrial, o SUND PI-1. E unha ubicación dun gran valor paisaxístico e de interese pera a rede hidrolóxica do municipio, está integrada no Espazo Natural Protexido Montes do Morrazo recollido na normativa urbanística provincial. Afectase, ademais, o contorno do Xacemento (GA36038039) e dos Y16, Y17, Y27 e Y51.

Aínda que neste novo proxecto si se recoñece que se está afectando ao espazo dos Montes do Morrazo, cousa que non se facía no anterior, argumentase dun xeito escaso e sen entrar en grandes xustificacións que se pode cualificar a zona como SUND e instalar unha área industrial.

Propoñemos:

Que se manteña a cualificación do SUND PI-1 como Espazo Natural Protexido.

  1. Plano C-8

Aparecen recollidas varias zonas, a SX-CP, a SX-61 e a SX-37, cualificadas como Sistemas Xerais – espazos libres de uso e dominio público- sendo as mesmas masas forestais. A cualificación que se lles da a estas zonas é simplemente para cumprir os obxectivos que marca a lexislación vixente en canto a espazos e zonas verdes no planeamento, por este motivo estamos ante un intento de sortear a lei e así aumentar a capacidade de edificación e construción noutras zonas do concello.

Propoñemos:

Que se modifique a cualificación das zonas de Sistemas Xerais pasando a ser cualificadas como SREP Forestal.

  1. Plano C-9

O SUNC P-27 e P-28a e P-28b afectan ao Río Lameira incumprindo a Lei 29/1985, de 2 de agosto, de Augas; non se respectan as distancias de protección.

O SUD PE- I1 afecta a zonas de interese agropecuario e polo tanto, e como en casos anteriores, en base á aplicación do Art. 32.2 a), da Lei 9/2002, non é aplicábel esta cualificación do solo. A isto hai que engadirlle a alarma social que esta proposta está provocando nos veciños da zona que ven afectadas as súas casas e fincas. Este, igual que outras propostas de chan industrial, faise sen o consenso e a participación do pobo de Marín; e para satisfacer intereses particulares e non da colectividade.

Propoñemos:

Que se recollan en todas as marxes do río Lameira as zonas de protección legalmente estabelecidas en 5 metros para uso público e 100 de policía.

Que o SUD PE- I1 sexa modificado e se cualifiquen os terreos como SREP Agropecuaria.

  1. Plano C-11

Recóllense diversas actuacións que van alterar dun xeito grave a desembocadura do río Loira, modificando unha zona que debe ter unha protección especial polo seu interese ecolóxico e paisaxístico.

O desenvolvemento urbanístico en Loira e Seixo é excesivo en número de edificacións e está orientado ao mercado da segunda vivenda para non residentes, incidindo nun modelo fracasado e que vai hipotecar o futuro da zona. Non se pode pretender transformar Seixo nunha nova “Marbella”, e moito menos nunha situación de crise e incerteza económica.

Propoñemos:

Que se modifiquen as zonas propostas PERI 2, SUD PIC-1 e SUND-2 , recollendo unha zona máis ampla de protección do Río Loira, e cualificándoas como SREP Agropecuaria.

Que as zonas SUND-4 e SUNC P-30, que afectan á zona de protección de costa, sexan cualificadas de xeito máis acaído á realidade como SREP Agropecuaria.

Que os SUNC P-31 e P34 sexan cualificados como Solo Urbano.

Que os SUNC P32, P33 sexan cualificados como SREP Agropecuaria.

Que o SUD RHT 1.2 e RHT 2 sexan cualificados como SREP Agropecuaria.

  1. Plano C-12.

Recollese unha zona empresarial no SUD PET 1 que afecta ao río Loira e está cualificada como zona de interese agropecuario, xunto co SUD RH T2. De levarse adiante suporía un novo atentado ao xa deteriorado curso do río e a transformación dunha das zonas mellor conservadas de Marín, modificando a paisaxe tradicional. Esta actuación non contempla a protección legalmente estabelecida que recolle a Lei de Augas .

Unha vez máis estamos ante unha actuación de gran contestación social debido á forma oscurantista en que se presentou a proposta e a falla de información.

Non é acertado colocar unha zona industrial ou comercial sobre un río polos efectos negativos que provocan os vertidos que sempre hai, accidentais ou non, e que neste caso van afectar a unha zona que no propio PXOM se define como de “interese turístico”, Loira e Seixo.

Propoñemos:

Que se cualifiquen ao SUD PET 1, RH T2 e DT-3 como SREP Agropecuaria, e se contemple na canle do río Loira a zona legal de protección especificada na Lei de Augas.

  1. Plano C-13

O SUD PE I.2 incumpre a Lei 29/1985, de 2 de agosto, de Augas; non se respectan as distancias de protección. É unha mostra máis da política de “parches industriais” no proxecto de PXOM que crean contestación social ao facerse de xeito oscurantista e sen consultar cos veciños da zona.

Propoñemos:

Que se cualifique o SUD PE I.2 como SREP Agropecuaria, e se contemple a zona de protección especificada na Lei de Augas.

  1. Plano C-15

O SUD P35 e o SUD PIC 4 afectan ao río Loira, e ademais, supón un anacronismo a colocación dun parque industrial nunha zona que é de interese turístico e que está destinada a unha expansión en base a segundas vivendas e a unha posta en valor de Loira-Seixo. A existencia dunha zona industrial entra en contradición coa proposta de cualificar a desembocadura do Loira como un Sistema Xeral para a súa protección.

Propoñemos:

Que se cualifique os SUD P35 e o SUD PIC 4 como SREP Agropecuaria, e se contemple a zona de protección especificada na Lei de Augas.

  1. Plano C-24

O SUD DT-1 xustificase en base ao sinalado na Disposición Transitoria Décimo Terceira da Lei 5/2004, do 29 de decembro, de modificación da Lei 9/2002. Como tamén aparece recollido na mesma Disposición Transitoria, “ o ámbito do sector deberá estar ocupado pola edificación, polo menos, en dúas terceiras partes dos espazos aptos para a mesma, de acordo coa ordenación que o plan estabeleza. En ningún caso poderá afectar a terreos que teñan que incluírse en solo rústico de protección de costas, de augas ou de espazos naturais, segundo a presente Lei.”

Como se pode comprobar no plano o SUD DT-1 está afectado pola zona de protección de augas, non podendo polo tanto xustificarse a cualificación proposta por ir contra a Disposición Transitoria empregada como argumento para a mesma. Ademais, o SUD proposto situase no medio dunha ampla zona de SREP Agropecuaria, tendo ambas zonas as mesmas características.

Propoñemos:

Que se cualifique o SUD DT-1 como SREP Agropecuaria, e se contemple a zona de protección especificada na Lei de Augas.

  1. Na Avaliación Ambiental Estratéxica, no apartado de medidas correctoras dos riscos de inundabilidade, proponse a canalización dos tramos finais dos ríos Loira e Lameira. Como xa manifestamos na alegación ao anterior proxecto, estas actuacións suporían a modificación sustancial do ecosistema dos ríos, causando un gran impacto nos mesmos e modificando no caso do Loira unha paisaxe de gran valor.

Son precisamente as canalizacións dos ríos as que provocan os seus desbordamentos e as conseguintes inundacións, que xunto coa invasión das canles pola presión urbanística fan desaparecer as zonas naturais de expansión.

Propoñemos:

Que se retiren estas dúas propostas de canalización dos ríos Loira e Lameira por consideralas un atentando ecolóxico que vai alterar dun xeito innecesario o medio e o curso destes ríos.

Que se poñan en valor as canles e regos de auga de Marín, e máis concretamente dos ríos Loira e Lameira mediante a recuperación das súas beiras para a práctica do sendeirismo e a restauración dos muíños como atractivo etnográfico

  1. Dadas as desorbitadas previsións de crecemento non son suficientes, cando non inexistentes, as previsións de dotacións para a poboación prevista. A non ser que este previsto un crecemento en base a segundas vivendas, ocupadas nos períodos vacacionais. Só desta forma se pode entender a falla de previsión para aumentar os centros de ensino e garderías, espazos culturais, de atención á terceira idade, etc. Tan só se contempla a substitución dun centro de saúde por outro, polo que non estariamos aumentando as dotacións sanitarias do concello.

Tampouco aparece ubicación para a canceira, prometida por todas as forzas políticas presentes na corporación nun acto público conxunto.

Propoñemos:

Que se incorpore un plano de equipamentos sanitarios, de atención á terceira idade, docentes, de servizos sociais, culturais, deportivos e de recollida de animais; todo isto co fin de garantir que non se produzan déficits nos dereitos sociais básicos.

  1. No proxecto de PXOM aparecen cualificadas como Sistemas Xerais – espazos libres de uso e dominio público- amplas zonas que son en realidade masas forestais. A cualificación que se lles da a estas zonas é simplemente para cumprir os obxectivos que marca a lexislación vixente en canto a espazos e zonas verdes no planeamento, por este motivo estamos ante un intento de sortear a lei e así aumentar a capacidade de edificación e construción noutras zonas do concello.

Esta forma de actuación vai contra un modelo de planificación moderno que teña en conta as necesidades da poboación, a súa calidade de vida, a dotación duns espazos de esparcemento que fagan do urbanismo unha mellora do nivel de habitabilidade.

Propoñemos:

Que se dote ás novas zonas a desenvolver de amplos espazos abertos, verdes e de uso público.

  1. Nas zonas de SUND , SUNC e SUD o sistema de actuación para a maior parte deles é o de Compensación. Este é o sistema máis inxusto para os cidadáns ante a execución de plans de urbanizacións, xa que nos colocan nunha situación de indefensión ante procesos especulativos que son os xerados por estas cualificacións urbanísticas.

Propoñemos:

Que de manterse finalmente as zonas cualificadas como SUD, SUND e SUNC o seu sistema de actuación sexa o de Cooperación.

  1. O PXOM carece dun plano de actuación sobre as comunicacións e a mobilidade no concello. No estudo de MOBILIDADE tan só se recollen propostas de ampliación de creación de novas estradas, o que non se pode considerar como unha mellora da mobilidade xa que tan só se nomea a posibilidade de implantación de carril bici nunha estrada, peonalización de máis rúas ou a ampliación do transporte público.

A Consellaría de Medio Ambiente recolle a necesidade de analizar e planear a mobilidade inter e intramunicipal, o deseño de itinerarios peonís, medidas de calmado do tráfico e o deseño de itinerarios para as bicicleta; actuacións que non veñen recollidas no proxecto de PXOM

Propoñemos:

Que se contemple nas vías de nova creación, e nas existentes que sexa posíbel, a implantación do carril bici en todas elas.

Que se amplíen as zonas peonís .

Que se recolla o estudo das necesidades de mobilidade inter e intramunicipal de transporte público.

  1. No apartado 10.1 Informe de Sustentabilidade Ambiental aparecen recollidos os impactos dos usos do solo e as medidas correctoras propostas. Estamos ante un incumprimento claro da normativa, pois o que deberían ser medidas correctoras transfórmanse en xustificacións dos impactos ambientais. Isto cando se propoñen medidas, que en gran parte das actuacións non aparecen por considerar que o impacto é mínimo.

No apartado 2.2 do ISA que fai referencia ao patrimonio cultural de Marín o equipo redactor inclue uns castros existentes na Illa de Tambo. Queremos recordar tanto ao equipo redactor como a comisión de goberno encargada do plano que a illa aínda que este moi preto de Marín non pertence a este concello senón ao veciño concello de Poio.

No apartado 4.1.2 que trata sobre a incidencia no PXOM do contexto económico, faise referencia ao plano director de portos deportivos e a posibilidade da ampliación do porto deportivo de Aguete cun novo dique cara o oeste, e incluso a creación dun novo no areal de Lapamán. O concello xunto a cidadanía mostro o seu rexeitamento a esta nova ampliación que tería unha repercusión negativa na zona.

Propoñemos:

Que se faga unha nova proposta de medidas correctoras para todas as actuacións descritas no apartado 10.1 e que se recolla unha maior protección mediambiental.

Reclamamos que se retire calquera actuación ou referencia a esta illa no conxunto do ISA, por non pertencer a Marín.

Polo cal pedimos a retirada da redacción do PXOM e do ISA desta posibilidade descartada xa polo goberno municipal e máis pola cidadanía de Marín de ampliación do Porto de Aguete.

Por todo o anteriormente exposto SOLICITAMOS:

Que tendo en consideración as graves repercusións que van supoñer para Marín e os seus habitantes esta proposta de PXOM solicitamos a súa retirada por ser insostíbel económica e ambientálmente.

Que se teñan por formuladas as presentes alegacións e se atendan as propostas feitas, e que en todo caso se de unha resposta razoada ao alegado en aplicación do artigo 86 da Lei 30/1992 de RXAP e PAC

En Marín, 17 de decembro de 2008.

Asdo.:

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MARÍN



Vilaboa, o amo do caixón

noviembre 21, 2008

É de todos coñecida a afición que ten o señor Vilaboa de gardar os papeis no caixón.
Esta é unha mostra mais de caciquismo, prevaricación e absolutismo que non precisa comentarios. A noticia fala por sí mesma.

vilaboa-o-amo-do-caixon


O respeto hai que gañalo

noviembre 21, 2008

maria-ramallo-exixe-faro-20-de-novembro

Faro de Vigo

jueves, 20 de noviembre de 2008


Mentireiros!!!

noviembre 20, 2008

muradas-minte

De paso que tomades medidas para normalizar os plenos, tamén poderiades tomalas para normalizar as nosas vidas.
Poñede os polígonos no seu sitio.  Non escondades os planos no caixón. Facede vivendas protexidas para uns sin desprotexer a outros. Velade por Marín e non fodades Marín. Mirade polos veciños e non fodades ós veciños.
A xente ten cousas mais importantes que facer ca ir ós plenos escoitar como facedes o ridículo e ver cómo chupades os cartos dos contribuintes sin dar golpe.
¿Cando vai ter Marín uns políticos como Deus manda?

Maese Muradas: Mintes coma un bellaco cando culpas ao público da decisión de responder por escrito ás preguntas da oposición.
O 12 de xullo, precisamente neste blog, hai un artículo que se titula “A imaxinación ao poder”, onde falo da mala costume que tendes de responder por escrito. Iso foi no pleno de xuño. O primeiro ó que asistiamos os da Brea. Os de Macenlle ainda non estaban. Daquela o público estaba caladiño ata o final e os plenos discurrian con certa normalidade.
Se non falades é porque non vos sae dos cataplíns, ou porque non estades á altura das circunstancias.
Ahí vai a entrada da que falo

A imaxinación ao poder

Julio 12, 2008

Dna Isabel Martínez Epifanio, concelleira do In-Marín, no Pleno do mes pasado, fixolle unhas preguntas ó equipo de goberno, e o alcalde accidental, Sr Ruibal, díxolle que llas contestaría por escrito.
Isabel foi tan amable de darme a folla onde están as contestacións, e eu publícoa para que poidades compartir esta información.
A miña opinión , e penso que Isabel pensa o mesmo, é que non facía falta gastar papel e tinta para responder dunha maneira tan “profusa, confusa e difusa”. A ver se aprenden a dar exemplo, e xa que non gastan moitas enerxías en pensar, que tamén aforren algo en papel e tinta, que non están os tempos para despilfarros.

Dña Isabel Martínez Epifanio, concejala de In-Marín, en el pleno del mes pasado, formuló unas preguntas al alcalde accidental, Sr. Ruibal. Este dijo que respondería por escrito.
Isabel fué tan amable de darme esas respuestas y las publico para compartir esta información con vosotros. Yo opino, y me atrevo a pensar que Isabel también, que no era necesario gastar papel y tinta para dar unas respuestas tan “profusas, confusas y difusas”. A ver si aprenden a dar ejemplo, y ya que no gastan muchas energías en pensar, que ahorren también algo en papel y tinta, que no están los tiempos para despilfarros.
breaseixo