Novas da actualidade. Segunda

  E nisto chegou o venres día vintetrés, e alá nos fomos coas nosas pancartas.

Estabamos a tremer. Eran as once da mañá e a maioría da xente estaba a traballar e non podia acompañarnos.
¿E se ó final non eramos máis ca catro gatos?… E inda porriba chovía a baldes!.
Pero todo foi ben. Eramos unhas duascentas persoas e outros tantos paraguas.
Os que disque gobernan, non estaban, seica tiñan cusas mais importantes non sei onde.
Dos concelleiros, eu só vin a Isabel Martinez, que nos amosou o apoio do seu partido (graciñas!), non sei se había alguén máis.
Acudeu a prensa, o radio e a TVG; fixemos declaracións e amosamos as pancartas.
Aquela misma tarde, Radio Pontevedra intentou que o alcalde saíra en antena ao mesmo tempo ca un dos nosos portavoces, para contrastar as opinións, pero estaba ocupadísimo coas innumerables tarefas que teñen os alcaldes os venres ás oito da tarde.
Pero voltemos ás doce da mañá, cando se nos ocorreu coller un impreso de instancia, desas que hai que escribir para solicitar cousas, cubrímola e fíxemos trescentas fotocopias. Repartímolas entre toda a xente que estaba alí e todo o mundo firmou. Mais tarde, fixemos outras tantas copias e todo o mundo levou para a casa.
Hoxe xa hai entregadas mais de 500. A xente respondeu tan ben que estamos encantados!.
Os papeliños estes andan por todo Seixo e a xente firma encantada de participar neste proxecto.
Se ainda non firmache e queres facelo, só tes que ir ao concello e no mostrador de Información, coller unha destas solicitudes e cubrilas. Non sabes cómo se fai?, pois nesta páxina, no apartado que di INSTANCIAS, hai un par de modelos para que copies o que máis che guste. Só tes que poñer o teu nome, dirección,DNI, firmar e entregalo alí mesmo.
Graciñas e paravens a tod@s.

Manifesto que lemos nas escaleiras do Concello

Veciños:

Estamos hoxe aquí para manifestar o noso desacordo con que se poña no chan da Brea o Polígono “Industrial”, “Empresarial”, ou como queiran chamarlle esas persoas que nos complican a vida.

Viñemos para decirlle ós do Equipo de Goberno deste concello, que están equivocados cando insisten na sua teima de facer micropolígonos que non van solucionar nada.

Queremos facérllelo ver. O polígono na Brea sería unha aberración, por os motivos mil veces repetidos:

1) É unha zona rodeada de poboación e está nun entorno ecolóxico e etnográfico de moito valor, á beira do río Loira e un dos seus afluintes, con moitos muiños.
2) limitaría a zona de crecemento e expansión da parroquia de Seixo, pois coas actuales leis, tan só pode medrar para este entorno.
3) En base ao anterior consideramos que é unha zona máis apropiada para un desenvolvemento turístico e residencial, complementando o das praias e non só para o vran.
4)Non daría cabida ás industrias e moitos talleres de Marín que neste momento precisan chan Industrial.
5)Hai outras zonas máis idóneas no concello, que reúnen os requisitos de extensión e separación das áreas residenciais.

Por se estes argumentos non fosen suficientes, reseñamos o que dixo o Vicepresidente da Xunta o pasado 11 de maio en Cangas, na presentación de 1.526.000m cadrados de chan Industrial na zona de Bueu-Cangas:…”Había que superar a política caprichosa de sementar Galicia de pequenos parques sen ningunha utilidade”.

Polo que se ve, a Marín non lle chegou ainda a superación da política caprichosa, nin a política de grandes superficies industriais que o BNG pon en práctica noutros concellos, a pesar de que somos o concello da comarca do Morrazo que mais contribuimos a xerar chan industrial.

Nós pensamos que Marín merece que este proxecto se faga ben.
Marín espera que os seus gobernantes actúen con rigor, pensando no futuro, e que rectifiquen os seus erros caprichosos.

 Vñemos hoxe, e voltaremos todas as veces que sexan necesarias ata que rectifiquen.
Graciñas a todos
Marín, 23/4/ 2008

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: