Novas da actualidade. Primeira

  Que tal amigos/as!

Despois de casi dous anos, continuamos coa nosa loita, e agora sí que temos que ir a por todas.
O pasado día 9 de maio, tivemos unha xuntanza con todos os veciños, na Casa de Cultura de Seixo, para ver se nos espabilamos un pouco, e acordamos que o mellor era que a comisión de persoas afectadas polo Polígono foran falar coa comisión de seguemento do PXOM.
O venres 16 recibeunos o Sr alcalde e tres dos ediles do PSOE. Polo visto foi imposible reunir a comisión do PXOM porque todos andan “ocupadísimos” con eses asuntos tan importantes polos que cobran mais do que merecen.
Despois de un par de horas de moito discutir e rifi-rafe a conclusión é a seguinte:
Nosa postura
1)A Brea non é a solución para Marín porque a superficie aproveitable son 80.000m cadrados e aqui non caben tódolos empresarios de Marín, diversos talleres e outras empresas que precisan
2)É unha zona rodeada de poboación e nun entorno ecolóxico e etnográfico de moito valor,á beira do río Loira e un dos seus afluintes, con moitos muiños que merecen ser restaurados.
3)Limitaría a zona de crecementoe expansión da parroquia de Seixo, pois coas actuais leis, tan só pode medrar para ese entorno.
4) En base ó anterior consideramos que é unha zona mais apropiada para o desenvolvemento turístico e residencial, complementando o das praias.
5) Hai outras zonas no concello mais apropiadas, que reúnenos requisitos indispensables en canto a extensión, separación de zonas residenciales etc… Pastoriza
6)A gran maioría dos veciños rexeitan o polígono e prefiren traballar as súas veigas.
7) ¿Por qué a comisión de seguimento do PXOM decideu eliminar a zona do Campo e deixar a da Brea?

Postura do alcalde:
1) “Non vos preocupedes por nada, este polígono vai ser unha maravilla. A parte industrial vai estar no Pituco, e a parte empresarial e comercial estará na Brea. Ali ubicaranse Bricokings, supermercados, Iteuves de coches, concesionarios das mais diversas cousas etc” (Manda carallo, só nos falta o Corte Ingles).
2)A zona do Campo foi eliminada por motivos “agrolóxicos”, pero os da Brea tendes que apandar có que vos toque.
3)Polo río non hai problema porque vai ser respetado, a masa forestal vai ser respetada e as casas van ser respetadas. -(Eu penso que ó final aqui non caben nin os pitufos)

A nosa resposta foi:
Pois vostedes os do PSOE, respetarán moito as casas e o río, pero non respetaron nadiña a opinión dos seus votantes, que confiaron nas promesas electorais de non poñer o polígono na Brea, parece mentira que traicioaran desa maneira ós seus electores.
Punto e final

 Cando saímos do Concello, desencantados e tristes, decidimos facer a primeira concentración alí mesmo, ás portas do Concello ó cabo dunha semana. sabemos que non podemos confiar nun equipo de goberno que minte unha e outra vez, que manten os seus proxectos en segredo, sin avisar á vecindade, e que traiciona as promesas electorais. Da tropa do BNG podemos esperar calquera cousa porque eses xa fai tempo que perderon o Norte e son capaces de meter a zoca ata o cu, con tal de demostrar que agora mandan eles. Pero ós do PSOE, tan prometedores, tan “parches porosos” cando piden o voto, a eses non lles perdoamos na vida a súa traizón. Hai moita xente aqui na Brea que confiou neles, e agora, deixannos asi, a velas vir.

6 Responses to Novas da actualidade. Primeira

  1. Nel dice:

    Coincidindo contigo en que A Brea non é o mellor lugar para un polígono decente para Marín (xa non entro no tema de que estragaría esa zona porque iso cae de caixón) quixera comentarche, con todo o respeco dende a discrepancia, que son votante do BNG e como min outra xente que non formamos parte de ningunha tropa. Deberías ter máis coidado nos calificativos porque podes ferir sensibilidades e restar apoios: as críticas son necesarias e máis se están argumentadas pero de aí a dicir que o conxunto da xente que dun maneira ou outra nos sentimos identificados cunhas siglas somos unha tropa hai un bo trecho. Por que ao dicir sen máis que son unha tropa nótase o ton despectivo: poderías falar de malos xestores, de ocultar información neste tema, de que gobernan de tal ou cal forma… Ben se nota que no tratamento ao Psoe de Marín hai bastante compracencia. Si, chámalles traidores (cando Muradás podería ser tildado de moitas maneiras polo mala persoa que é mesmo cos traballadores do concello ou con militantes do seu propio partido) pola traizón aos votantes que teñen na zona, quizais ti tamén, pero non por ter máis votantes se xustifica que a eles lles reserves unha crítica de tipo político e aos outros unha que vai máis aló da política.

    Así o entendo eu, quizais estea equivocado.

    saúdos

  2. breaseixo dice:

    Graciñas Nel pola túa colaboración. Quero que sepas que entre nós hai moitos votantes do Bloque. Que cando falamos de “tropa”, non nos referimos ós electores nin ó partido en sí, senón ós que nos tocaron en sorte no Concello. Nun dos apartados deste blog, comentando unha noticia, dixen o seguinte:

    ” Queremos deixar ben clariño que a nosa agrupación de veciños non pertence a ningún partido político, nin se sinte manipulada por ninguén. Entre nós, hai votantes do PSOE, PP, BLOQUE e IN-Marín.

    Se nos sentimos desencantados, non é con ningún partido en sí mesmo, senon cós representantes que gobernan o Concello de Marín, ós que consideramos “incapaces” para levar a cabo o seu traballo.”
    De feito, moitos de nós escribimos Emais a Anxo Quintana para manifestarlle o noso descontento.

    tí pensas que tratamos mellor ós do PSOE, pero non é así, considerámolos uns cobardes, que primeiro dixeron unha cousa e despois fan outra, e todo porque quen manda en Marín é o Bloque a pesares de estar en minoría.

    A nosa rabia contra Ruibal, ven porque él é o promotor de todo isto. Nun principio, o PSOE decía non ó polígono, pero sabemos que Ruibal fíxoos recuar.
    A nosa opinión sigue sendo que o Bloque de Marín non é digno de representar ós nacionalistas. Pero por favor, non te sintas aludido, tí non eres Ruibal.
    Saúdos

  3. breaseixo dice:

    Ah! e tes razón no que falas de Muradás. Todos sabemos que é unha mala persona e aínda non me explico cómo non o teñen votado do partido.

  4. Noa dice:

    Desafortunadamente creo que o equipo de goberno de Marín, non son merecedores de representar as siglas do seu partido.

    Que fixo Anxo Quintana en Allariz? e Millán en Moaña? e Lores en Pontevedra? por que non pasa o mesmo en Marín? eles souberon respectar os seus ríos… e darlle un valor turístico (neste aspecto Marín está morto dende fai moito tempo).

    Teño 19 anos e foi a primeira vez que tiven dereito ó voto nunhas eleccións municipais e o meu voto (que foi tirado ó lixo) foi para o BNG. Pero iso non foi todo, ante a miña indignación escribinlle un correo electrónico ao vicepresidente da xunta, Anxo Quintana e cito agora mesmo palabras textuais deste: “Este polígono, se finalmente se ubica na Brea, terá un carácter comercial, sen industrias contaminantes, buscando o aloxamento de actividades económicas que se desenvolven hoxe no concello, primando o interese xeral por riba do particular. Este interese resulta tamén controvertido diante do interese particular, pero a nosa actuación busca
    sempre o beneficio máis amplo procurando moderar os efectos non desexados”

    Moi ben. O polígono industrial pasa a ser comercial, pero unha cousa non quita a outra. Que agora diga que as industrias non serán contaminantes (iso haberá que velo) non quita que sexa un micropolígono. Cando xa non teña remedio, despois xa nos lamentaremos da contaminación do noso río Loira…

    Moitos simpatizantes do bloque estamos indignados cos nosos representantes polo asunto do polígono da Brea e pregámoslles que rectifiquen.

    Saudos a Nel.

  5. Amalia dice:

    Tanta culpa ten ó BNG coma o PSOE por axeonllarse ante quen defende semellante barbarie .Esta claro que o que nos prometeron na campaña electoral eran só iso promesas .Hai que gobernar para servir ó pobo e non para servirse do pobo

  6. breaseixo dice:

    Graciñas por participar, afortunadamente aínda queda xente que se preocupa por as cousas que nos rodean. Cando vemos pola televisióan esas paixases de lugares lonxanos, decimos ¡que bonito é iso!, nembargantes, cando os temos na casa, non lle damos importancia, e deixamos que no los emporcallen.
    Breaseixo

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: