Ata sempre

mayo 21, 2011

NON
Se dixese que si,
que todo está moi ben,
que o mundo está moi bon,
que cada quen é quen…
Conformidá.
Ademiración.
Calar, calar, calar,
e moita precaución.
Se dixese que a caso as cousas son esí,
porque sí,
velehí,
e non lle demos voltas.
(Si aquíl esta enriba
i aquil outro debaixo
é por culpa da vida.
Si algúns van de porta en porta
cun saco de cinza ás costas
é porque son uns docas).
Se dixera que si…
Entón sería o intre
de falar seriamente
da batalla de froles
nas festas do padrón.

Pero non.

(Celso E. Ferreiro)
—————————————-

Xornada de reflexión:
Quero aproveitar este día de reflexión para decirvos que tamén eu soño con que algun día teñamos unha verdadeira democracia, na que os partidos non xoguen cos nosos votos nin se repartan as nosas ilusións.
Eu soño cunhas eleccións de listas abertas onde os clans familares nin a captación de candidatos ineptos para fins recaudatorios non exista.
Unhas eleccións nas que teñan mais votos os políticos que mellor representen os intereses dos votantes.
Unhas eleccións que nos garanticen que os políticos teñan verdadeira responsabilidade dos seus actos e teñan que pagar os seus erros, coma calquera outro traballador.
Cada noite soño cunha Democracia na que sean imposibles os abusos de poder.

Algún día será.
——————————-
Amig@s, despois de tres anos de compartir risas e noxos, aproveito esta xornada de reflexión para darvos as gracias e mandarvos moitas moitas apertas.
Continuaremos ó pé do canon, pero este blog xa dou de sí todo canto tiña que dar.
Querido e agarimado por vós, atacado e calumniado por outros.
Que arroupada me sentín coa vosa amizade!
Canto teño chorado e rido!
Se algo tiven, déstesmo vós. Se algo fun é porque vós me deixastes ser.
Breaseixo seguirá latente, mais o seu blog aquí se queda.
Á vosa disposición queda unha hemeroteca importante, fruto de moitas horas de traballo.
Nestes arquivos tendes recortes de prensa dos últimos catro anos da política marinense á vosa disposición por se queredes consultar algo. Todo está clasificado por categorías: Os métodos do Bloque, Ruibal e os deportes, PXOM. Aquí se queda a nosa pequena historia
Ata sempre


Fran Veiga? Non grazas

mayo 20, 2011


Sempre pensei que a diferencia entre votar ao PSOE e votar pola dereita estaba en que a política socialista baséase nos direitos sociais, no apoio á participación dos veciños na vida política do concello, na liberdade de expresión, na transparencia, na claridade da  información, na xustiza social, na vocación dos políticos pola loita a favor da democracia.
Que equivocada estaba!
Todas estas cousas foron traicioadas polo actual alcalde.

Ante o meu asombro, a primeira decisión dos socialistas e nacionalistas marinenses  en canto tomaron o poder foi aumentarse sustancialmente  o soldo. Non contentos con iso aumentaron o número de concellarías con dedicación esclusiva.
Pouco mais tarde o BNG, coa escusa de traballar en mellores condicións e atender mellor ós veciños, marchouse do concello a un piso alquilado na rúa Méndez Núñez, encarecendo desproporcionadamente o gasto por un servizo que non se veu reflectido na calidade de vida dos veciños.
Durante toda esta lexislatura tivemos que soportar un goberno con dous departamentos estancos. Os concelleiros nunca traballaron en equipo. Nacionalistas tiraban para un lado e socialistas para outro. Os do Bloque rozaron a ilegalidade en moitas ocasións e o alcalde, cabreado en privado, tragaba en público para manter o seu posto na alcaldía. Coma último exemplo temos a recepción dunha obra presuntamente ilegal na Porteliña, que foi firmada pola concelleira de medioambiente, suplantando as funcións do alcalde.
Facturas móviles con cantidades astronómicas, privatización da finca pública de Cadro para beneficio privado. Privatización de parte do servizo de limpeza. Facturas sin pagar a pequenos acreedores dende hai mais de dous anos. Amiguismo nas contratacións. Pésima política mediambiental coa inclusión dun minipolígono industrial no Monte Pituco.

Ante os veciños, a figura do alcalde amosouse coma a de unha marioneta que se deixa manexar por mans alleas, cumprindo sempre a vontade do Bloque e deixando que se fixeran cargo do goberno.
Fran Veiga, lonxe de colaborar cos veciños para resolver problemas, pechou reiteradas veces as portas do concello para impedirlles a entrada nos plenos, negouse a aceptar a proposta dos Marinenses Independentes para crear un Regulamento de participación cidadán nos plenos.
Fran Veiga foi un dos alcaldes de Galicia con mais queixas no Valedor do Pobo do ano 2010.
Esta lexislatura caracterizouse pola crispación, o descontento, a mala fe, a pésima educación do equipo de goberno hacia os dous grupos da oposición e o desprecio total  ós veciños.
A transparencia brilou pola súa ausencia moitas veces, sábeno ben as familias de Pardavila Miñán afectadas plo plan Vigo Integra, a punto de quedar sin casa porque o concello en vez de expoñer o proxecto ó público, gardouno nun caixón.
Incapaz de xestionar eficazmente con Xunta e Deputación, dedicouse a insultar públicamente e botarlle a culpa dos nosos males, porque os outros son de dereitas e nós somos de esquerdas, coma se non hubera ducias de concellos de esquerdas por toda Galicia que prosperan o doble que Marín, porque  superon  pedir e xestionar, e porque superon a tempo que porriba de todo están os veciños.

Despois dunha lexislatura chea de despilfarros cos cartos do Plan Zapatero, escándalos de facturas e irregularidades na contratación de funcionarios denunciadas varias veces polos sindicatos, atopámonos con que Marín, por falta de interés e por incapacidade, nin siquera veu cumprida a promesa mais importante do PSOE nas eleccións anteriores: O PXOM.
Por todo isto e por moito mais que non teño espacio de comentar:
Fran Veiga?… Non grazas.
Cando queira que goberne o Bloque votarei por eles directamente.

Breaseixo


Este blog non é o único que non se fía de Fran Veiga.  Mirade o que opina o de Monte Pituco

 http://montepituco.wordpress.com/2011/05/19/carta-a-vecinanza/

MIRA O QUE FAGO COA TÚA PAPELETA (BIS)


BNG non é liberdade

mayo 20, 2011

Despois de catro longos anos seguindo de perto a maneira de gobernar do BNG, nin se me pasa pola cabeza darlle o meu voto.
Diredes vós que isto se debe ó mal que o temos pasado os veciños e veciñas que no seu día estivemos afectados polos micropolígonos, e estades no certo.
Pero non foi sólo iso. O peor sufrimento para min foi decatarme polas malas de que estes non estaban no poder para defender os intereses dos veciños, senón polos seus propios intereses económicos.
Eu pensaba que os tempos da política rancia xa remataran ata que fun testigo presencial das maneiras desta xente.
-Sempre a culpa dos males é do PP. Se o PP non goberna agora, a culpa é do PP que gobernou antes.
-Reunións segredas con veciños (que non se entere ninguén).
-Documentos de vital importancia para os veciños que en vez de expoñelos ó público quedan esquecidos nun caixón.
-Falsas acusacións a todo aquel que lles leve a contraria
-Ameazas. Coaccións.
-As actividades da concellaría de Cultura estiveron baixo mínimos.
-A Concellaría de urbanismo, un desastre que non foi quen de sacar adiante o PXOM a pesar de contratar varias persoas expresamente.
-Nin se sabe os miles de Euros do concello que gastaronen propaganda.
-Para glorificar ó partido contrataron unha periodista que se meteu nas dependencias dos funcionarios e usou ordenadores, folios, e todo canto lle fixo falta do concello para os seus asuntos personais.
-Os funcionarios de clase A duraban tres días e marchaban escopetados porque non querían meterse en problemas.
-Nunca traballaron en equipo cos seus compañeiros de goberno.
-Levaron unha política medioambiental hipócrita, resaltando os petroglifos de Mogor e pasandolle as escavadoras porriba ós de cadro para facer o Ecoparque.
-Certificado EMAS pero polígono industrial no monte Pituco.
-Retiraron o micropolígono empresarial da Brea, pero deixaron no sitio unha subestación eléctrica por puro capricho, sólo para deixar constancia de quen manda aquí..
-Basureiro ilegal na Canteira.
-Mala xestión coa Xunta, peor coa Deputación.
-Privatizacións encubertas.
-Ilegalidades urbanísticas coma a pista de tenis ou o lecer da Porteliña

-Faltas de respecto hacia a oposición, hacia os veciños e hacia outras institucións.

Neste blog hai unha categoría titulada Os métodos do Bloque e outra Ruibal e os deportes, onde está recopiladas casi toda a vida política das concellarías do nacionalistas.

f

Por todo iso e por moito mais que xa estou farta de repetir

Os delirios do Bloque

Os misterios de eses dous

Puntualizando a Pilar Blanco

Montepituco está de acordo conmigo no esencial:

A PAPE-CUTRE-LETA


Eleccións municipais, recta final

mayo 19, 2011

Que facemos aquí que non estamos acampados na porta do Sol pedindo unha democracia de verdade?

Chegamos á recta final das eleccións. Estes últimos días os candidatos andan a pinchos polas parroquias dando mitins prometendo todo o que se pode prometer e mais aínda.
De novo volven a ilusionar ós veciños con proxectos de auditorios, aparcamentos, museos, centros culturais, garderías, centros de día, PXOM… Arrimar arrimeime funme arrimandooo, á criada do cura cominlle o caldooo…
ui, perdón, creo que hubo unha interferencia, debe ser que algún do bloque anda a usmear por aquí.
Decíavos que os políticos estan a poñerse tan pesados que todos desexamos que chegue dunha vez o día 22 de maio para rematar con este pesadelo… Y ahora que me quiten que me quiten lo bailaooo… outra vez interferencias, debe ser a emisora do PSOE.
Despois de anos de sequía cultural e ausencia de actos para potenciar o comercio e o turismo, que nin a caseta funcionaba ata mediado do verán, no último mes agarramos un empacho monumental de cultura e rutas turísticas.
Concertos e bailes no multiúsos, no conto dos sentidos de Briz, feiras, patinaxes, maxias, safaris polas rúas de Marín a ver quen atopaba o parásito, o alcalde ofrecendo café polas rúas…Marín foi unha festa multiúsos e multicultureta para nenos e maiores.
Non sei de onde saleu tanto carto, a verdade, se hai un par de meses hubo que pedir un crédito para pagar un monte de facturas do ano da polca, e o montaxe do Belén dos anos 2010 e 2011 aínda están sin pagar.
De onde saíron tantos miles de Euros para maquetas, proxectos, folletos, actividades?
O caso é que os dous partidos do equipo de goberno están a vixiarse de perto para que un non sobrepase un milímetro os límites do outro. Tal é así que, se a concelleira de medioambiente saca unha tirada de tres mil exemplares dun mapa turístico, o PSOE saca cinco mil planos da finca de Briz para repartir por toda Galicia. Se o Vilaboa vai ó mercado para estimular o sentido do gusto cunha boa pescada, o alcalde amósase coma un fanático das xoubas, se os do Bloque nos invitan a ver animais fósiles, os do PSOE convídannos a descubrir o maravilloso mundo da navegación por Internet. Se Pilar Blanco saca da manga un museo, Fran Veiga fai aparecer un aparcadoiro, se uns regalan leite, periódicos e calendarios, os outros reparten café, mandiles e condóns para todos.

As pulseiras da igualdade nin se sabe delas. Do super contenedor de “refujallos orjánicos”  que Ruibal lle encargara a unha empresa portuguesa, mellor nin falar. Que queredes, todos cometemos fallos de ves en cando.
A verdade amig@s é que xa estamos saturados.
Chegará o domingo, votaremos por uns ou por outros.
Pasará o de sempre:  gañará un pero asociaránse os outros dous, e a partir de luns continuaremos coa mesma tediosa rutina de sempre:
A voltas co PXOM, co Litoral, co centro de saúde, coa falta de auga ou as inundacións, a falta de cartos para actos culturais…en fin, que se acabou a festa.

Eu recoméndovos a tod@s que nos vaiamos preparando porque este mesmo luns o goberno de Zapatero ten previstos unha serie de recortes presupuestarios capaces de facer tremer as tesoiras da Marilús.
O goberno de Madrid vai deixar cunha man diante e outra detrás ás autonomías, e estas van deixar a velas vir ós concellos.
Pola súa parte, Europa xa non vai star para moitos dispendios
Así que, votade por quen vos vos pareza mellor, pero non vos fagades demasiadas ilusións

Iso que nos conta o Bloque “en Marín hai alternativa”, non me inspira moita confianza.
Iso outro que nos conta Fran Veiga “yo no me pongo límites, la crisis de Zapatero no llegará a Marín”, pois que queredes que vos diga, mais ben parecen palabras dun político bastante limitado.
Cando non hai límites tampouco hai escrúpulos.
Esta é a noticia que pon colofón á política marinense


http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2011/05/20/denuncia-tribunal-cuentas-investiga-nuevo-concello/546546.html

Que facemos aquí que non estamos acampados na porta do Sol pedindo unha democracia de verdade?


Aquí tendes a prensa coas  distintas opcións para elexir domingo. Nas vosas casas xa dispoñedes dos folletos coa propaganda electoral.





Pleno de maio de 2011

mayo 19, 2011

Último pleno ordinario da lexislatura.  Último pleno deste blog.
Tres longos anos na vosa amable compaña. Nunca pensei durar tanto.
Pero xa falaremos diso dentro de un par de días, no último post.

A corporación municipal despideuse o venres día 13 de maio ás doce e media da mañá, con mocións de puro trámite; pero nos rogos e preguntas, unha vez mais, saliron a relucir os detritus.
O equipo de goberno parece vivir de espaldas á realidade económica que nos afecta e lonxe de axustar a economía do concello ós malos tempos que corren, dedícanse a despilfarrar todo canto poden.
As facturas?… que as pague Rita la cantaora, eles teñen outras prioridades coma comprar ordenadores portátiles, canons de sonido, pantallas xigantes e tecnoloxías varias.
Por outra banda, o BNG remata a lexislatura tal e como a empezou, cunha ilegalidade bastante gorda: o lugar de lecer da Porteliña, onde abriron un vial e pecharon outro sin que esta obra estivera contemplada nas obras susidiarias nin no PXOM (pasado nin futuro).
Muros sin retranquear e unha mesa cuberta cun tellado totalmente ilegal, cando nun principio dixeran que a ían cubrir con plantas ornamentais.
Esta obra está na revista propagandística do Bloque, coma un logro mais. Un logro ilegal e denunciable.

A primeira moción presentouna a concellaría de Cultura. Tratábase de aprobar a colaboración entre Fegamp e a fundación manuel María para promocionar actividades culturais.
Foi aprobada por Unanimidade.
A segunda moción foi presentada por manuel lamoso e tratábase de arranchar a vía forestal entre a Cruz da maceira e o lago de castiñeiras para facer sendeirismo.
Aprobada por unanimidade
A terceira moción foi a aprobación dos novos modelos para a declaración dos bens patrimoniais dos políticos, que agora pasan a ser rexistros públicos.
Coa nova Lei créanse incompatibilidades.
Os políticos deben facer declaración de bens con carácter anual.
Aprobada por unanimidade.
Cuarta moción, presentada pola Concellaría da muller: solicitude dunha subvención para cofinanciación de Servizos Sociais polas corporacións locais, adaptándose a un plan concertado.
Aprobada por unanimidade.

Rogos e preguntas, último escándalo da lexislatura
Manuel Santos (PP) pideu explicacións de por que moitas facturas a proveedores aínda non se pagaron.
Tampouco recibiron nin un euro algúns clubes deportivos pola temporada 2008-2009.
Cando se lle vai pagar a clubes coma o de baloncesto e remo?
Non hai cartos para pagar as facturas pero hai miles de euros para gastar en folletos propagandísticos.
Respondeulle o alcalde que precisamente a día de onte procederon a facer as xestións para empezar a pagar algunhas facturas aprobadas no pleno de hai uns meses.
A segunda pregunta que fixo o do PP foi cómo é posible que os concelleiros do equipo de goberno gastara cantidades tan grandes en facturas de móviles ó cabo do mes: uns gastan mais de mil euros, outros catrocentos, trescentos, seiscentos, oitocentos…
Estes 58 móviles, repartidos entre concelleiros e funcionarios representan un gasto desorbitado, e cada un está rexistrado en compañías diferentes.
O alcalde non respondeu.
Preguntou de novo Manuel santos, se o concello comprou algún ordenador portátil, cañons proxectores e pantallas.
Respondeu o alcalde que non estaba moi seguro e que se quería, que fora comprobalo ó inventario.

Francisco stévez (PP) preguntou cantos cartos custou a campaña de medioambiente NON A CAGUES, e por que, se o proxecto desta campaña procede do ano 2008, cal era a razón de que se faga a estas alturas da lexislatura.
Respondeu a concelleira de Medioambiente:
A vostedes sólo lles preocupa o precio das campañas pero non o fondo.
Pode consultar cando queira os expedientes públicos.

Isabel Martinez Epifanio fixo un rogo:
De acordo coa lei electoral pido que se retiren dous carteis de Pilar Blanco que están colocados en situación ilegal. Un está no matadero e o outro no Ecoparque de cadro. Son edificios públicos municipais e alí non poden estar.
O alcalde respondulle que a ordenanza estase a cumplir e que tamén hai carteis de Mar-In pegados sobre os de obras públicas (coma os que anuncian o Plan E de zapatero).
Isabel volveu á carga decindo que eses carteis xa terían que estar retirados porquie caducaron e que serían moi públicos pero foron colocados por empresas privadas.

Por último preguntou Miguel Suárez Briones
Señor alcalde, no pleno do mes de marzo fixen unha pregunta sobre as obras que se fixeron na Porteliña con fondos do plan E, vostede  díxome que se me respondería por escrito. No pleno do mes de abril volveu pasar o mesmo. Espero que se me responda agora.
Por parte do concello foi solicitado o fin de obra.
Esta obra está declarada TERMINADA e a recepción foi firmada por Pilar Blanco pero non polo alcalde nin por ningún técnico do concello.
Señor alcalde, ten vostdede a súa sinatura delegada en Pilar Blanco?
Briones continuou falando que esta obra é ilegal e preguntou se o técnico do concello foi comprobar o que alí había porque xa consta unha denuncia.

Responde o o alcalde
A miña sinatura non está delegada.
A súa denuncia está en trámite e non se preocupe vostede que o técnico xa fará as súas comprobacións cando chegue o momento.

E rematou o alcalde cun deses discursos que forman parte da súa vocación cociñeira-pasteleira, agradecendollea todos os concelleiros a súa labor durante catro anos.
“Los discursos los cocino solo. Es algo que les doy vuelta y vuelta y salen rápidos porque son sentimientos y emociones” (La Voz de Galicia 11-5-2011)

        —————————————–

La Voz de Galicia.es

La campaña «Non a cagues» aboga por la limpieza del centro marinense

La campaña consta de 50 banderolas distribuidas por Marín.

La campaña «Non a cagues» aboga por la limpieza del centro marinense

Marín / La Voz 4/5/2011

La concejalía de Medio Ambiente acaba de colocar 50 banderolas en los lugares más céntricos de Marín dentro de la campaña Non a cagues y destinada a que los vecinos tengan un comportamiento más cívico con respecto a sus mascotas. La concejala de Medio Ambiente, la nacionalista Pilar Blanco, señaló que se trata de convencer a los vecinos que la necesidad de que recojan los excrementos que sus perros depositan en la calle cuando los sacan a pasear. Blanco recordó que no recogida de las deposiciones de estos animales está sancionado con multas de hasta 750 euros. La edila explicó que el lema Non a cagues «fai referencia a que é o dono do animal quen debe recoller os excrementos» y respetar el trabajo de la brigada de limpieza.

———————————————–

La Voz de Galicia.es

RAVACHOL

4/5/2011

Escatológico

Escatológico y poco apropiado es el lema de la campaña cívica que ha puesto en marcha el Concello de Marín para tratar de concienciar a la ciudadanía de la conveniencia de retirar de las calles los excrementos de sus mascotas. «Non a cagues» no parece ser una frase de lo más educativa, y menos acompañada de la imagen de un niño. En Pontevedra acaba de presentarse otra campaña similar, más simpática, llamativa y que no cae en el mal gusto
———————————————————————-

Foro marinenses.com

Rurales y urbanitas
Metropolitano
Publicado: Vie May 20, 2011 6:48 pm

“Francisco Estévez (PP) preguntou cantos cartos custou a campaña de medioambiente NON A CAGUES, e por que, se o proxecto desta campaña procede do ano 2008, cal era a razón de que se faga a estas alturas da lexislatura”.

Respondeu a concelleira de Medioambiente:
A vostedes sólo lles preocupa o precio das campañas pero non o fondo.
Pode consultar cando queira os expedientes públicos.

2.950,00 euros 

Empresa: La de siempre
El fondo: Publico. Dinero de todos.

———— Asi que el dia 22: ————–

NON A CAGUES


Fran colle a sartén polo mango II

mayo 12, 2011

Nestes días de campaña electoral a Voz de Galicia ten unha sección chamada
“El perejil de la campaña” na que Elena Larriba entrevista ós candidatos para alcaldía da provincia de Pontevedra. Onte saleu o alcalde de Marín e a miña amiga, a rata Socorrito Osea, pretendía que o seu mozo Hamsterporro, o Hamster mais famoso de Marín puxera un mandil e un gorro de cociñeiro e lle preparara unhas patatas bravas.
Parece ser que o outro se lle revelou e díxolle que se quería comer que fora á casa consistorial, que alí dan xoubas, e Socorrito para vingarse escribeu a este blog facendolle lobanzas a Fran Veiga. Despois respondeu o seu mozo.

http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2011/05/08/0003_201105P8C2991.htm

El mejor menú contra la crisis es crear puestos de trabajo

http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2011/05/10/0003_201105P10C4991.htm

Para telmo Martín non cociñaría, só invito ós amigos

http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2011/05/11/0003_201105P11C2991.htm

A mis rivales les haría una tarta para endulzarles la campaña

El plato preferido del alcalde marinense son las xoubas fritas, que define como «deliciosas». A Veiga le encanta el pescado y a la hora de sugerir una receta recomienda besugo al horno. Se sabe la preparación tradicional de memoria, aunque prefiere innovarla un poco sustituyendo el limón que se suele poner en las tajadas de pescado por tomate. Sostiene que «le da un sabor distinto» y también añade el romero como especia.

——————————————————

Osea Hello!

Queridos todos, osea, no me direis que no está monísimo mi Fran con su gorro de cocinero, osea, super ideal.
Y con su mandilito de la igualdad. Igualísimo al del alcalde de Pontevedra, solo que el de Lores hace referencia a la lengua galega. Se ve que los fabrican en el mismo sitio y para cada ayuntamiento ponen su eslogan, chahi piruli, me encanta. Mañana voy a Chinatown a por uno.
Telmo Martín es más esclusivo, no le gustan los mandiles de feitoría, osea, el se lo pone blanco, no hai nada mejor para que te tomen por un megacocinero como Dios manda, faltaría plus, se ve que es gente bien el tío, osea, y hai que ver cómo sabe poner los huevos en la sartén y lo estrelladitos que le quedan, ese si que sabe, osea, y no como el otro, el Lores, que se limita a dejar sobre la encimera unas simples tazas de café “sargagrelos”, eso si, pero que las llene Rita, que el no sabe ni meterle el filtro a la cafetera, os lo juro por Esnoopy. Nos dice que el no cocinaría para Telmo. Yo creo que no cocinaría para nadie porque no sabe, el buen señor, ejem ejem.
Pero mi Fran, hay mi Fran, es tan moníisimo… Y que bien corta las verduras en Juliana, y que bien maneja las especies que sisa en la finca de Briz, sobre todo el romero…
AAAy, quien fuera ramita de romero para ramerar en esa mano tan mona y morena de Fran! 
Y es que no puedo evitarlo, osea que fuerte saess, es que me pongo poética y mega sentimental, es que flipo en colores.
Haay quien fuera una pequeñina xouba deliciosa para ser mordida por los irregulares dientes de Fran.
Y luego la tarta, esa tarta que mais bien será una tarrtíssima, osea, de la que comerá toda la oposición cabreada. Y si se cabrean puess que se cabreen, saes.

Oh my God!!
Y aprovecho la ocasión para deciros Goodby para siempre. Ahora que cerramos el blog, ya no sabreis de mi…bueno, tal vez algun día, cuando consiga colarme en los Facebook y Twiter de mi Fran…quien sabe, Sniif.
Cariñosisimos kisses de vuestra Socorrito, osea. Osea yo

Para posible mensaje escribidme Socorritoosea@yuju.esss (osea)
———————————–

Bueeenoo, tiooos!
Este menda xa está farto de aturar parvadas.
Eu fajo a mochila e voume de Marín. Estou ata os cojonsios de tanta xouba,tanto besujo e de tanto “pollo al ayuntamiento”.
Dende lojo, as mozas de ajora namóranse de calquera pirata do caribe que faja o paripé cos mandilóns eses diante da vitriserámica e a campá estratora de sete estralos. Hai que foderse!
Eu paso de todo tíos!
Cada ves que vexo a eses políticos fasendo coma que saben, é que me escojorcio de risa.
O Lores disque é espesialista en carnes á brasa pero o único que sale na foto son tazas de café sin estrear. Será que se lle chamuscou a chuleta Jua Jua Jua.
E que me desides do Veija, que disque mangurciou as verduras na jranxa dos sentidos para facerlle o rustrido á xouba? Jua jua jua. E para a oposición, Tortas e mais tortasos, a poder ser nun ollo, jua jua jua.

 Socorrito xa pasa de min dende que mirou a foto de Fran na Vos de Jalisia. A ela non lle van os meus refráns, seica son demasiado ordinarios. O outro día díxenlle “El que madruga prepara el desayuno”, e sentoulle fatal. Disque ela non quere igualdades, o que lle gusta é que lle leven o almorzo á cama.
A Socorrito o que lle van son os políticos ricos porque teñen Termomix.
Pois ala, que lle dean mate!
Xa verá que lojo esquecen os políticos o camiño da cociña en canto remate a campaña. Jua Jua Jua.

Menú delisioso estilo Fran Veiga:

Coma injredientes imos usar os logros do PSOE nesta lexislatura:
Collemos un xardín cheo de herbas dos sentidos, tipo Briz.
Collemos unha barriada enteira, tipo San Pedro.
Collemos un parque infantil con premio e todo.
Collemos o de cantodarea.
Collemos unhas cantas tapas de sumidoiro pintadas de Manuel Torres
Collemos unha Danza das Espadas de interese turístico.
Metemos todos estes logros nunha ola a presión acompañados dunha xouba de Sanxurxo, deixamos cocer uns minutos e… Buala!
Sacamos a revista do BNG!
Jua Jua Jua, que me esmendrello!

Aproveito a ocasión para decirvos adeus, colegas, agora que vai pechar este blog dentro duns días.
Non sei en que outro lujar me vou colar para contar as miñas paranoias.
Jrasias a todos os letores e letoras con todo o meu corasón de melón.
Pasade de todo tíos, jua jua jua

Para mensaxes escribide a Hamsterporro@Getamais.cona

Aviso: Tanto Socorrito coma Hamsterporro insinúan que Fran “sisa” herbas e verduras na finca de Briz. Iso son fantasías destes dous ratos, e teñen pouco que ver coa realidade.

Fran colle a sartén polo mango

———————————————–

Opinión de Breaseixo publicada no Foro Marinenses.com ” VentanaDesde el ayuntamiento haciendo amigos

DESDE EL AYUNTAMIENTO, HACIENDO AMIGOS


Breaseixo

 Publicado: Mie May 11, 2011 9:23 am

Señor metropolitano, non se aflixa, aquí está Fran Veiga, que fixo un cursiño intensivo de pastelería, para endulzarnos a vida a todos e todas. 
Eu pensaba que o peixe que mais lle gustaba eran os xurelos, pero ante a miña sorpresa, descubro que lle encantan as Xoubiñas, canto mais pequenas mellor. Agora comprendo a política marinense. 

Estoume referindo á entrevista que dou para a Voz de Galicia de hoxe, onde poñen a foto do noso alcalde ataviado cun gorro de cociñeiro, deses que parecen cheminea para saída de fumes. 
Mentras corta pementos roxos e verdes, vainos contando o alcalde cousas da súa vida: 
É Fran un home que se fixo a sí mesmo, traballando na lonxa e mais tarde de viaxante. De todos estes viaxes por todo o longo e ancho deste mundo e mais da Cordilleira Carpetovetónica, sacou as ideas que despois foron decisivas na súa vida politica. Aprendeu a vender fume e outras cousas etéreas. 
Mais tarde, o ano pasado, fixo unha viaxe de dous ou tres días a Letonia, e alí sacou moitas ideas para a finca de Briz. Non menciona para nada que o Bloque lle roubou os merecementos e meteu na súa revista o parque dos sentidos. 

Tamén conta Fran que lle gustaría facer unha torta para endulzar a vida de 
algúns membros da oposición, que está moi crispada ultimamente. 

Ós veciños tamén nos gustaría que esas tortas tan doces as fixera durante toda a lexislatura. 
Que todos os marinenses pasaramos catro anos felices comendo pastelitos e merengues. 
Unha pena que ata agora sólo tivemos pemento picante para comer e a úlcera de estómago non nos deixe disfrutar como Deus manda das dozuras de Fran. 
Total, que coitelo en man xa temos preparado ó alcalde para cortar o próximo pastel. 
Quen levará esta vez a porción mais grande? 



Amorodos

abril 25, 2011

Que bonita é a primavera!
Regálovos un cambo dos primeiros amorodos da temporada
Que aproveite!

Agridoces, exquisitos…

Amorodos da Brea