http://www.goear.com/listen/d1179ff/veiga,-il-divo-fran-veiga
http://www.goear.com/listen/98c0d18/radio-
http://www.goear.com/listen/1d44808/radio-
http://www.goear.com/listen/faa65de/radio-
http://www.goear.com/listen/59b2418/radio-
O luns pasado, o noso alcalde foi entrevistado no programa “La opinión” de radio Pontevedra.
Todos sabemos que este tipo de entrevistas sólo sirven para lucemento persoal do político de turno. Aínda que os cidadáns teñamos oportunidade de chamar en directo para facer unha pregunta, non temos dereito a réplica. Ti podes preguntar o que queiras e o entrevistado vai contestar o que lle dea a gana e sempre quedará coma un señor.
Nembargantes hai unha cousa boa: sempre se pode chamar ó día seguinte ou calquera outro día e opinar sobre o asunto. Pode facerse de dúas maneiras, chamando ó contestador automático ou falar en directo.
A Democracia ten moitas vías e temos que saber aproveitalas.
Se queredes escoitar o que dixo Fran veiga, podedes facelo copiando esas cinco direccións que vos puxen no inicio.
Como o programa dura media hora, oubo que fraccionar a grabación en cinco partes para poder publicala.
Ide buscando unha por unha todas as direccións e poderedes escoitalo todo.
Despois xa opinaredes o que queirades.
A min fíxome moita gracia cando oín cómo conta o alcalde o seu encontronazo coa policía no caso dos manifestantes do metal, coma un rapaz que presume das súas heroicidades.
Ese día o teléfono de radio Pontevedra votaba fume, pero sólo uns poucos tiveron acceso a facer preguntas porque o tempo non daba para mais.
Lucimento total de Veiga, que falou coma un diplomático sin aportar solución a ningún problema.
Os que seguimos a traxectoria do noso alcalde dende que comenzou o seu mandato, escoitamos mitas promesas que nunca se verán cumpridas, vimos moitas fotos propagandísticas nos periódicos, asumimos cousas que xa se daban por feitas cando en realidade non eran mais ca fume.
Queredes exemplos?
Auditorio: Según o alcalde no mes de xaneiro de 2009 tiñen que chegar uns cartos da Unión Europea para empezar coas obras.
Centro de Ocio, este mesmo ano teñen que empezar as obras
Proxecto Arela: levan falando del dende o principio do mandato tripartito pero aínda non se sabe nada.
Problemas na PO313:: No pleno de marzo o alcalde falou deste asunto e contounos atodos que xa estaba solucionado porque él estaba en contacto coa Xunta e todos eran coñecedores deste problema.
Polígono Industrial-Empresarial : A Xunhta está a esperar que Veiga solicite que o SEPAS faga un estudio sobre a viabilidade de pstoriza dende marzo.
Aceras de San Xulián: Estas prometidas e seica “inminentes” aceras, que según Veiga aínda non puderon empezarse por culpa da Deputación, pero que o presidente Louzán non pode empezar porque o noso Concello aínda non cumpreu coa súa parte do trato, que consiste en ter os terreos preparados para iso.
Etc Etc Etc
Ata agora sólo temos unha realidade: a reforma do parque infantil.
Do resto nada de nada.
Iso sí, moitas fotos de Fran Veiga facendo isto e aquilo.
Fran machiño:
Fran aplaudíndose a sí mesmo nun tema que non lle compete mentras os da Po-313 se quedaron sin solución
Fran amante dos nenos:
Fran defensor da familia:
Pura propaganda mentras:
———————————————-
A casa segue sin barrer:








Escrito por breaseixo 