breaseixo di:
Amig@s deste blog: A estas alturas unha gran parte da xente que nos está a seguir neste embarullado asunto do polígono na Brea ten un cacao mental que non dá aclarado, e agora mesmo vou intentar explicalo. Este venres, ó día seguinte da nosa concentración no Concello, o Sr. Ruibal falou no programa de radio “La opinión”, e dixo mais ou menos que a xente da Brea está enganando a todo o mundo cando di que o polígono vai ser industrial, pois en realidade, vai ser empresarial, para uso comercial etc.
E eu digo que os que enganan á poboación son eles e agora mesmo vouno demostrar.
Non me cabe duda que as intencións deste equipo de goberno son de facer unha cousiña de nada, coma o polígono do Vao, catro naves a cagar entre o millo e listo. Iso sabémolo todos. Pero o problema está nos documentos, e os documentos din que a denominación do polígono da Brea é INDUSTRIAL, esí, con todas as letras. E qué vai pasar ó cabo de dous ou tres ou catro anos?, pois que van empezar a chegar empresas industriais, esí, pouquiño a pouco, coma quen non quere a cousa. E como non van caber, o polígono vaise ir arrimando hacia o río, e vaise ir extendendo hacia Castro e logo hacia o Campo, que eses tampouco se libran, eles pensan que sí, pero non.
E os veciños imos empezar a poñer denuncias que non van servir para nada, porque estes empresarios presentarán papeles e os papeles vanlle dar a razón . Queredes velo?. Poi equi vos presento unha fotocopia que fixen cando o PXOM estaba exposto e empezamos coas primeiras alegacións (A propósito, quixera saber que fixeron con elas). Esta é unha das follas do estudio que Xestur fixo sobre os posibles parques industriais nesta zona.
Espero que poidades ver ben a parte subrallada na que dí que A Brea e o campo son Industriais. Os do concello din que foi un erro de imprenta e que na realidade non vai ser así.Claro que este estudo fíxose en decembro de 2005, e dende entón, e gracias á nosa loita, as cousas cambiaron un pouco, pero de momento non se sabe se existe outro estudio correxido. O que temos que facer agora é estar moi pendentes cando salga o PXOM e comprobar se ese erro foi correxido ou segue no mesmo sitio.
O que quero deixar ben clariño é que a xente da Brea non minte cando fala de “polígono industrial”

Amig@s de este blog: A estas alturas, una gran parte de la gente que nos sigue, tiene un cacao mental con este asunto tan embarullado de nuestro polígono, ¿es industrial, es empresarial, es pequeño, es grande etc?.
Al día siguiente de nuestra concentración en el ayuntamiento, el Sr. Ruibal, habló en un programa de radio llamado “La opinión” y dijo más o menos, que la gente de A Brea, estamos engañando a la población cuando llamamos polígono industrial a lo que no va a ser más que Empresarial y con uso comercial.
Lo que yo digo es que quienes engañan a la población son ellos y ahora mismo lo voi a demostrar. A mí no me cabe la menor duda que lo que esta corporación va a hacer es una minimierda muy parecida a la del Vao, o sea, cuatro naves de nada que no les comprometan mucho y les salga barato. Pero el problema no está ahí…el problema está en que en los documentos, A Brea consta como polígono INDUSTRIAL y dentro de dos, tres o cuatro años, aparecerá una nave industrial y luego otra, y como no van a caber, la siguiente se arrimará un poco más al río, y la otra hacia la zona de Castro, y las siguientes se extenderán hacia el Campo. Los vecinos pondremos denuncias, pero se desestimarán, porque los empresarios alegarán que tienen todo en regla y presentarán el documento que dice “Zona industrial”. Y los vecinos tendremos que aguantarnos nuestra rabia; en el ayuntamiento quizá para entonces haya otros gobernantes mejores, pero que no podrán hacer nada porque todo está atado desde antes. Esta hoja que está impresa más arriba, es parte del estudio que Xestur hizo en diciembre de 2005 sobre posibles polígonos industriales en la zona. Espero que podais apreciar la parte subrallada donde dice “Industrial”, tanto en la Brea como en el Campo. En el ayuntamiento dicen que es un error de imprenta, pero de momento aún no se ha “corregido”. Lo que tenemos que hacer es estar muy atentos cuando salga el PXOM a la luz pública y comprobarlo.