
Atrapados, sin salida?…
Xoves, 27 de febreiro de 2009.
Mitin do BNG na Biblioteca de Marín.
Non estaba Anxo Quintana nin a Táboas.
Falaron Iria Aboi, Bieito Lobeira e algún mais que non sabemos porque non entramos.
Presentes: Papá Aboi, Mamá Aboi, Pilariña Blanco, Ruibal, Prado (o de Loira), Esther Crespo, Xaime (o xabarín de Santomé), Luciano Guimeráns e outras herbas do BNG de Marín das que non coñezo o nome. (Non vin a Vilaboa).
Asistentes ao mitin: Sete de Loira, unha daTorre que é veciña dos Aboi, un matrimonio de Ardán, e catorce ou quince de Marín.
Eramos mais fora ca dentro.
Os protestantes eramos: Os da Brea, os de Macenlle e os do plan de Vivenda que truxeron tres tamborileiros.
Cando chegaron os do Bloque xa estabamos nós á porta da Biblioteca. Berrabamos, pitabamos e tocabamos o tambor. Según os do Bloque, tamén tocabamos os collóns, pero eu asegúrobos que os collóns desta xente danme bastante asquito e non quero nin velos.
A porta da Biblioteca deixámola despexada para que os que quixeran asistir ó mitin non puderan decir que non os deixamos pasar.
Pasaron todos os que quixeron, tranquilamente, faltaría mais.
Poño a primeira foto, onde podedes ver a Xavi Aboi no medio de todos nós tan tranquilo:


Os do Bloque chamaron á poli porque disque lles iamos pegar unha tunda.
Viñeron os municipales mortos de risa.
Dalí a pouco apareceu un policía de paisano que pideu reforzos, pero non llos mandaron porque casi todos os efectivos estaban en Pontevedra, onde estaba Touriño no Pazo da Cultura. Nós insistiamos en que os delincuentes eran os que estaban dentro e non os que estabamos fora. A poli ríase e en ningún momento tiveron que chamarnos a atención. Limitáronse a estar na parte de dentro da porta da Biblioteca a mirar como tocabamos e pitabamos.
Cando entraba algún político escoitábase: Ladrón, chupón, palanquín.


Xavier Aboi, utilizou toda a súa experiencia de moitos anos na CIG e estivo moito tempo á porta da Biblioteca, mirando a esta xente con cara de burla, a provocalos. Quería que lle pegaran, que foran a por él. Quería saír mañá na prensa acusándonos de fascistas, de energúmenos.
Pero axente nin caso. Nós non somos os mariñeiros, a nós non nos manexa nin nos engana este indivíduo. A única ofensa que se oeu foi: “Mira que bultos ten na calva, eu penso que está a votar ollos , coma as patacas”.
Cando veu que non lle facían caso, entrou para escoitar as paroles da súa filla.
A policía tuvo pouco traballo.
Tardaron moito en saír, pero saíron.
Bieito Lobeira bateu o record de cen metros lisos e cruzou a carretera coma unha flecha. Os chistosos decían: “E un avión, é superman?…Noon é Bieito Lobeira!!”
O resto foron saíndo, escoltados pola policía. Finxían medo pero despois parábanse a dez metros de nós para provocar.
Coñecémolos ben. Xa non nos enganan coas súas artes.
Seguro que mañá ou pasado leremos en algún periódico as súas declaracións. Diran que somos un puñado de fascistas. Dirán que había destacados membros do PP no medio de nós para movilizarnos.
En fin… son do Bloque. Éche o que hai





O Ruibal pasou por nós cun sorriso de orella a orella, eu non sei se esnifa Tranquimacín ou se naceu así, coa boca aberta:

Como diría C. E. Ferreiro: ” Deus nos dea ira, que pacencia temos de abondo”