Pillado

marzo 31, 2010

Xa vos dixen o outro día que eu ó alcalde non lle creo nin unha sola palabra do que di,  porque minte casi sempre.
Para ser un bo mentireiro hai que ter moita memoria, cousa que Fran Veiga non ten.
Decíanos o alcalde e corroboraba Ruibal (outro que non dixo unha verdade na súa vida),  que o concello oponse a que se ubique unha nave industrial nunha parcela do porto que agora está valeira, porque esa é unha zona moi sensible e tanto o PSOE  coma o Bloque queren poñer alí unha cousa lúdica- cultural para disfrute dos cidadáns.  Algo así coma un acuario. Porque os marinenses temos dereito a facer uso do porto. E salían os dous na foto sinalando mapas.

Matrimonio de comenencia

Pero claro…iso foi o sábado…hai tres días… e en política tres días son unha eternidade caducable.
Agora, a golpe de mércores e opinando en solitario, Fran Veiga declara que o mellor uso que se lle pode facer a esa zona tan “sensible”, é poñer alí a “zona logística do porto”, para que os pontevedreses non a leven lonxe de Marín. E mais porque según el, ese é un terreno infrautilizado.
En resumo: O porto de Marín, nun plazo de catro días, pasou de ter un proxecto de acuario a ter un proxecto de zona logística.
A semana que ben podemos ter un circuito de fórmula 1 ou un Corte Inglés, según sople o vento.

A noticia é a seguinte:  Telmo Martín, principal representante da oposición en Pontevedra, propón un Parque logxístico a cabalo entre Pontevedra e Vilaboa, onde poida estar ubicado o porto seco que solucione as necesidades das empresas que están no porto de Marín:

Para ver isto con mais detalle podedes facer clic na seguinte entrada do blog de Monte Pituco:

A VOLTAS CO PORTO SECO (III)

Cando Fran Veiga se enterou dos proxectos de Telmo Martín, aproveitou, cómo non, para chamarlle tonto. E non sólo iso. De repente esquenceuse do seu soño de poñer o acuario ou o asunto “cultural e social”  na “zona sensible do canto da Area”.
Agora o que mola é usar esa parcela para zona logística porque non se pode permitir que as empresas se marchen para Vilaboa.
E que pensarán os empresarios que querían poñer unha nave de estructuras metálicas para barcos nesa parcela?
A eles Fran Veiga mandounos para o polígono de Bueu porque non se podían poñer empresas alí.

E logo que?
Parque loxístico, lugar de lecer, acuario…que é o que quere poñer  Veiga nesa parcela?


Matrimonio de comenencia

marzo 29, 2010

Que a política é un oficio moi rastreiro xa o sabemos todos.
E que algúns políticos son tan patéticos que dan risa, pois tamén, tamén

Aqui vos presento a estes dous: alcalde e tenente alcalde de Marín. PSOE e Bloque.
Non se dirixen a palabra dende hai meses, pero este fin de semana reuníronse para facer unha foto xuntos.
Ningún dos dous sabe o que é un mapa, pero teñen un extendido sobre a mesa e sinálano, coma quen sinala un campo de batalla.
Queren evitar a toda costa que unha empresa se ubique no porto.
Invitan a esa empresa a que se vaia para o polígono de Bueu ou que espere a que se faga o polígono no Pituco.
Que pretenden estes dous políticos?
Ninguén o sabe
A nivel económico están a facer un mal para Marín posto que envían a esa empresa para Bueu.
A nivel ecolóxico tamén están a facer un mal para Marín, posto que presumen de salvar o porto a costa de condenar o monte Pituco.
De que lado están estes dous políticos? Do lado económico ou do lado ecolóxico?
De ningún dos dous, evidentemente.

Contan Veiga e mais Ruibal, Ruibal e mais Veiga, que hai unha parcela no porto onde se quere ubicar unha industria pero eles queren ubicar un acuario ou algunha cousa de carácter lúdico-festeiro-cultural.
NADA…FUME…PROPAGANDA ELECTORAL para consumo de incautos. O mesmo que o Centro de Ocio, o Auditorio, o soterramento da avenida de Ourense, o Proxecto Arela…fumes…fotos…propaganda.
As empresas para Bueu.
O polígono no Pituco.
E eles no poder catro anos mais.

Que patético me parece que dúas persoas que non se poden ver nin en pintura, se reúnan para sair nunha foto. E non para solucionar un problema, senón para asegurarse o soldo dos próximos catro anos.
Mentras tanto os marinenses a discutir sobre ecoloxía e economía, empresa si, empresa non.
Patético.
Por que xa non lles creo nada?



Veciños desatendidos e Porto seco

marzo 15, 2010

Non vos vou falar do Polígono do Pituco porque a estas alturas todos  estades ben informados e porque ademais xa hai un blog  Defende o monte Pituco que vos pode aclarar o que queirades.

Sólo quero decir que estes veciños teñen todo o direito do mundo a ser recibidos polo alcalde e poder contarlle as súas queixas.
Ata agora  foron recibidos por todos os partidos da corporación menos polo PSOE.
Por que?
Será que o alcalde non ten tempo que perder en “tonterías”?
Andará demasiado ocupado coas peñas de futbol que nada teñen que ver con Marín?

Terán os do Pituco que ganar a Superchampion a  Intertoto e mais a Liga para ser recibidos pola súa maxestade Fran?

Éxtasis disque

E por outra banda quero insistir no tema do Porto Seco
Que non é o mesmo un porto seco ca un polígono industrial.
Que o porto seco precisa servizo ferroviario e ten que estar en sitio llano etc etc
Non sirve o Pituco
Mais lle valera ó equipo de goberno non andar confundindo á xente e non andar sembrando discordia entre os veciños.
E sobre todo, ter os pés na terra.
Suárez Costa leva meses decindo o mesmo, explicando por activa e por pasiva. Pero xa sabemos que hai políticos que necesitan mellorar.


Novas sobre os recheos do Porto

marzo 5, 2010




Julio Santos di

diciembre 8, 2009


Discrepancias

diciembre 1, 2009

Unha cousa debemos ter clara: Marín está a vivir un momento histórico moi importante no eido da nosa economía.
Eu voto de menos a reacción dos empresarios que, ata o de agora, nin aparecen nin opinan nin actúan. E ademais sinto indignación pola irresponsabilidade de Fran Veiga que non sabe rodearse dun equipo eficiente de expertos en asuntos económicos que o sepan aconsellar de maneira sensata. Porque sexamos claros, ¿que entende o Vilaboa de polígonos industriais? ¿Que saben estes o que é un porto seco?
Non se trata de ter ou non ter boas intencións. Trátase de saber o que se fai. E se non entenden destas cousas que pregunten a quen sabe.

Por unha banda está o tema do polígono industrial, que ainda non está claro. Mentras os dous grupos da oposición abogan por Pastoriza, unha superficie que Marín compartiría con Moaña e cuios gastos serían sufragados por o Estado e por as Consellerías corerespondentes, o equipo de goberno, incomprensiblemente, está a practicar unha política obstrucionista impedindo por todos os medios que ten ó seu alcance que este proxecto se leve a cabo. Ninguén sabe por que, posto que non hai estudios que xustifiquen a súa inviabilidade.
Por outra banda o retraso calculado que está a sofrir o PXOM sin motivo que o xustifique.
E por último a busca de solucións no monte Pituco para dous problemas distintos, posto que unha cousa é un polígono industrial e outra distinta un porto seco.
Decíame hoxe un economista que leva moitos anos facendo proxectos para polígonos, que un porto seco ten que ter necesariamente unha vía de tren, e se non hai acceso ó tren as capacidades veríanse tan reducidas que os empresarios do porto terían que marchar para Vilagarcía. Parece ser que nin o alcalde de Marín nin o de Pontevedra teñen demasiada idea de que vai o asunto.

Según din Fran Veiga e mais  Viloaboa, o Pituco vai ser a solución a todos os problemas empresariais, industriais e portuarios de Marín.
Con perto de 400.000m2 (que se quedarán en menos unha vez feito o proxecto), é a única alternativa coa que conta o noso equipo de goberno para dar cabida os empresarios do porto, os empresarios das industrias varias que hai en Marín, e os posibles empresarios que veñan de fora a levantar aquí os seu negocios.
O alcalde, que sempre amosou unha cortedade de miras preocupante, nunca quixo que se fixera o estudio de Pastoriza, sólo para fastidiar á oposición, e agora, puxando polo Pituco, busca o consenso apresuradamente, pretendendo que todos os grupos políticos apoien unha idea que non parece moi acertada, posto que é clarísimamente insuficiente, conta coa oposición de moita xente e, ainda porriba, aos empresarios do porto non lles gusta nada, según as declaracións que lemos hai uns días na prensa.
Así están as cousas e así volas conto

—————————————–

erasmo

Vie Nov 27, 2009 7:16 pm

PERDER EL TIEMPO
Me han leído en estas páginas que cuando los políticos lo hacen bien hay que alabarles, cuando lo hacen mal hay que criticarles y cuando abusan del poder hay que denunciarles. Pues bien, sin que sirva de precedente, tengo que reconocer que el alcalde de Marín, “Fran el Desdichado”, ha estado por una vez bien en la respuesta que le dio al alcalde de Pontevedra en el consejo del Puerto celebrado ayer, en el que éste remitió una propuesta al Puerto y al Ayuntamiento de Marín para crear un puerto seco…en terrenos de Pontevedra. Ya está bien con el alcalde y los concejales capitalinos que nunca les ha importado el Puerto de Marín un bledo y ahora, a río revuelto, quieren sacar tajada a costa de los intereses de nuestro pueblo. Y, por cierto, meto en este saco también al presidente de la Diputación, el señor Louzán, del PP, que ha hecho declaraciones estentóreas y fuera de lugar respecto a la sentencia del TC sobre la ampliación del Puerto cuando, con supina ignorancia, se ha puesto a hablar del puerto seco. Algún día, les prometo, escribiré sobre el papel de las Diputaciones en España y su anacronismo en la Administración del Estado. Para mí no son más que focos de caciquismo político que sobran en los tiempos actuales (espero que mis amigos del BNG estén satisfechos).

Pero, dicho esto, tengo que volver otra vez a criticar a nuestro alcalde porque su actitud entre bambalinas calentándose los cascos con el señor Louro y compañía mirando más al pasado que al presente y futuro, deja mucho que desear. En el Ministerio de Fomento, a través de la Dirección General de Puertos, ya le han mandado más de un mensaje, o sea le han llamado la atención, para que sea más prudente en sus declaraciones que no hacen más que enturbiar un proceso que no conviene a la imagen del Puerto y que actúa como una rémora de nuestra principal fuente generadora de riqueza.
Yo sé que tanto el alcalde como el concejal Vilaboa quieren hincarle el diente a la portavoz del PP, María Ramallo, en este asunto. Pero están errando el tiro. Lo que tenían que hacer es ponerse de acuerdo con ella para hacer un frente común, junto con el otro grupo opositor, Mar-In, para defender entre todos nuestros intereses. María Ramallo no es culpable de nada porque la presidencia del Puerto la desempeñó entre 2003-2005, años después de que se proyectaran las obras de ampliación. Aquí lo que se impone es cordura y sentido común, como he dicho tantas veces.

Ahora que la Xunta ha aprobado las directrices de un plan estratégico para el desarrollo de Galicia, Marín no puede quedar el margen de ser una zona logística de primer orden. El “lobbyng” es lo que impera hoy en día. Por eso todas las fuerzas políticas marinenses deberían remar en la misma dirección para conseguir lo mejor para nuestro pueblo y nuevas inversiones. Los socialistas y los nacionalistas que gobiernan en Marín tienen una oportunidad de oro para dar el “okey” al estudio de Sepes para crear un gran polígono industrial en Pastoriza –desde marzo no han dicho esta boca es mía, pese al acuerdo del Congreso de los Diputados- y también tienen una gran oportunidad para que gran parte del dinero que va a venir del plan para las administraciones locales en 2010 se destine a este fin. A ver si se enteran de una puñetera vez que el Pituco no es alternativa de nada.

Lo que nuestro alcalde debería hacer es apoyar la propuesta que María Ramallo va a presentar dentro de dos semanas en el Congreso para que se destinen 2 millones de euros del presupuesto del Estado a Pastoriza. Si tiene amigos en las altas instancias debería movilizarlos. Pero me temo que esto no va a ser así. Por de pronto, el lunes está convocada una reunión informativa sobre este asunto en el Ayuntamiento que, no se me asusten, presidirá el señor Muradas en la comisión de régimen interior, obras en el casco urbano y parques y jardines. Yo no sé qué pinta este asunto en esa comisión como tampoco sé por qué el alcalde no convoca la junta de portavoces para tratar sobre este tema. Pero, en fin, como tenemos a esta tropa tan mal preparada puede pasar de todo. Miedo me da porque se está perdiendo un tiempo precioso por hacer algo por Marín.

El alcalde ha reconocido –ya era hora- de que el PXOM está en “stand by”. No sé por qué no le da caña y apremio al equipo redactor. Hace más de un año todo eran prisas para sacarlo adelante y ahora todo son frenos para no sacarlo. A este paso tendremos PXOM con el humo de las velas. La Xunta no sabe nada desde hace dos años sobre el planeamiento de Marín y una vez que se le remita necesitará al menos cuatro meses para darle el visto bueno. Que se aclare de una vez nuestro equipo de gobierno porque desde hace un año están pendientes las alegaciones formuladas por los vecinos (el plazo para presentarlas expiró en diciembre de 2008) y le recuerdo a nuestro regidor que ésta es la única competencia que se ha arrogado para sí mismo en esta legislatura. Aunque también hay que añadir que más que el alcalde ha sido el señor Vilaboa el que ha manejado todos los hilos en el cocimiento del PXOM. Por apuntarse al carro, hasta el concejal nacionalista se ha apuntado a lo del Pituco como puerto seco. ¡Ver para creer! Dios los crea y ellos se juntan.

———————————————-

erasmo

Mar Dic 01, 2009 12:34 am

REUNION TENSA DE PORTAVOCES

La Junta de Portavoces de los grupos políticos que ayer, lunes, se celebró en el Ayuntamiento de Marín fue una sesión que podíamos calificar de tensa. En ella se abordó la iniciativa del alcalde de Marín de hacer un comunicado y una moción conjunta sobre la instalación de una zona industrial en el Pituco como respuesta al problema planteado por la sentencia del Tribunal Supremo sobre la ampliación del Puerto.

Con esta iniciativa, el alcalde pretende contrarrestar la ofensiva de su homólogo de Pontevedra que, por el mismo motivo, plantea su alternativa para dar solución a un supuesto traslado de las empresas a zonas industriales de la capital que podrían verse afectadas en el caso de que se cumpla la sentencia del TC.

La sesión fue tensa porque la oposición, PP y Mar-In, no están por aceptar un trágala del alcalde marinense -que además no sirve-, al que ahora la asaltan las prisas después de que durante los dos años largos que llevamos de legislatura ha estado mareando la perdiz con el PXOM sin que hasta el momento haya una solución de suelo industrial.

En la reunión, María Ramallo le echó en cara al alcalde su actitud crítica hacia su persona en las declaraciones que ha hecho a la prensa sobre este asunto, culpándola a ella y a su partido de todo el problema, si bien ahora venía pidiendo árnica para montar su estrategia frente al alcalde capitalino. Veiga le respondió que todo se debió a una “primera reacción” y admitió en cierta manera su culpabilidad y falta de tacto en sus declaraciones. Ramallo le contestó que la cosa no estaba nada clara porque hasta hace muy pocos días el nacionalista Vilaboa estaba saliendo en la prensa con unas declaraciones similares a las del alcalde.

La misma actitud crítica expresó también la portavoz de Marín, Isabel Martínez, quien inquirió al alcalde sobre la tardanza en convocar la Junta de Portavoces para abordar este asunto, mientras que ahora a éste le acucian las prisas. También preguntó Isabel Martínez si la iniciativa del alcalde contaba con el respaldo de sus socios de gobierno, a lo que el concejal y teniente de alcalde, Manuel Rubial, saltó como un resorte diciendo que, en efecto, esta era una iniciativa suscrita por PSOE y BNG.

Por otra parte, ayer también se reunió la comisión de régimen interior, obras en el casco urbano y parques y jardines donde se abordó la propuesta para que los Presupuestos Generales del Estado 2010 contemplen 2 millones de euros de inversión para la realización de un parque industrial en Pastoriza y que la portavoz del PP, María Ramallo, va a defender la próxima semana en el pleno del Congreso de los Diputados. El señor Muradas, responsable de la comisión, dijo tajantemente que no lo apoyaba sin dar, por cierto, ninguna explicación razonable ni ninguna argumentación sólida. Fue el no porque no.

Cada vez me reafirmo más en lo inconsistente que es nuestro equipo de gobierno ante una cuestión que es vital para Marín y que no me cansaré de repetir. Con su actitud está haciéndonos perder a todos un tiempo precioso y está suponiendo un tapón histórico para el desarrollo de nuestro pueblo. Socialistas y nacionalistas están actuando contra los intereses de Marín. El Pituco no es solución de nada, ni de futuro industrial ni solución para la sentencia del TC sobre la ampliación del Puerto. ¿O es que cree nuestro alcalde que Gonvarri se iría al Pituco? Nada más lejos de la realidad. Por dos razones, en primer lugar porque al Pituco no puede llegar una línea ferrovaria y porque el terreno es insuficiente para toda la demanda que hay en Marín en el presente y en la que supuestamente podría haber en el futuro, además de técnicamente desaconsejable por razones orográficas, medioambientales y de patrimonio histórico.

El mismo error que está cometiendo el alcalde “Fran el Desdichado”, lo está haciendo también el alcalde de Pontevedra, el nacionalista Lores –quien por cierto lleva 12 años sentado en el consejo del Puerto- y el presidente de la Diputación, el señor Louzán, que se ha sumado a este par de corifeos que en cuestión de polígonos industriales y puertos secos no tienen ni pajolera idea de lo que están hablando.

Una cosa es el problema del Puerto y otra cosa es la cuestión del Pituco. Ambas deben estar claras para saber a lo que nos enfrentamos. El alcalde de Marín no tiene una solución para el problema planteado por el TC, sencillamente porque no existe una solución. Ni hay 300.000 metros cuadrados disponibles en Marín ahora mismo ni llega el tren a ninguna parte de nuestro pueblo. Este alcalde no se entera de nada y mientras permanezca ciego seguirá dando palos de ciego. Si quiere defender el Pituco como única alternativa para crear suelo industrial que colme las necesidades actuales y de futuro de Marín, le tenemos que decir claramente que también la solución es equivocada y no es la más conveniente para los intereses de Marín. Yo ya no sé como hacerle entender que la solución es Pastoriza en donde podrían disponerse de más de un millón de metros cuadrados y donde no colisiona con intereses vecinales ni medioambientales. Le seguiremos recordando, al mismo tiempo, por qué no da el visto bueno para que la Sepes inicie los estudios correspondientes como lo pidió el Congreso de los Diputados hace ocho meses.

Debe quedar muy claro para todos los marinenses quiénes están por la labor de desarrollar un futuro económico e industrial que ofrezca ciertas garantías en Marín para las próximas décadas y quiénes se oponen a ello. En Marín, por culpa de PSOE y BNG, corremos el riesgo de quedarnos atrás, creánme porque sé de lo que estoy hablando. En un mundo globalizado, competitivo, en el que estamos, tomar una decisión errónea como puede ser la instalación para las industrias -no sólo de las que ya están sino de las que podrían venir de afuera- es perder el tren del futuro para muchos años habida cuenta que tenemos la gallina de los huevos de oro que es el Puerto. Matar la gallina de los huevos de oro es matar nuestras ilusiones legítimamente ambiciosas de llegar a más, a mucho más, además de garantizar que nuestros jóvenes de ahora y los que vengan después tengan empleo estable en su comarca y no tengan que desplazarse fuera de Marín.

La creación de riqueza económica, cultural, de empleo, social y de bienestar no se hace de otra manera que asumiendo riesgo empresarial, sentando las bases y condiciones necesarias y suficientes para que ese riesgo pueda ser asumido por los emprendedores con garantías y permitir un clima de estabilidad para los próximos decenios. Contamos en Marín con un equipo de gobierno que no está pertrechado para afrontar este importante tema. A los hechos me remito. Y no sólo eso. Contamos también con un alcalde cuya legitimidad democrática sólo es comparable a su incapacidad técnica y política para hacer frente a la situación. Las decisiones no son buenas o malas por sus efectos a corto sino por su consistencia a largo. Solo tendremos empleo si hay empresarios y la misión de todo buen gobernante es facilitar la labor de los que generan trabajo. El bipartito que gobierna en Marín es incapaz, por lo que se ve, de asumir esa responsabilidad. Poner palos en las ruedas del progreso por puro prejuicio ideológico –como están haciendo quienes nos gobiernan- a lo mejor es ser antimarinense. ¿No lo habían pensado? Yo no solamente lo pienso sino que además lo constato y certifico.

———————————–


Estamos na póla

noviembre 25, 2009

Estar na póla” é unha frase que se usa con moita frecuencia por estes lares. Decimos que alguén está na pola cando anda despistado e non se entera de nada, e tamén decimos que alguén está na pola cando, literalmente, anda a saltar polos poleiros como fan algúns animais felices.
Podemos decir con coñecemento de causa que ao noso concelleiro Ruibal se lle poden aplicar as dúas acepcións, xa que o seu despiste no cumplimento das súas funcións é de dominio público. E a súa afición de saltar de árbol en árbol queda manifesta nesta fotografía que nos amosa cómo o noso amigo parece que por fin encontrou o seu elemento.

Seica está tan obsesionado co ecoparque que non hai quen lle fale de outra cousa, e xa ningún tema lle interesa se non está relacionado co queixume dos pinos, as lianas, os culumpios ou as cordas de saltar de pola en pola..
Unha língua murmuradeira contoume o outro día que duas persoas acudiron ó concello para facer algún tipo de estudio sobre Marín e dirixíronse a Ruibal coma concelleiro de turismo.
A pregunta era “Cantos quilómetros cadrados ten o Concello de Marín?”
A resposta foi “Pois agora mismo non lembro”
E onde podemos buscar esa información?
Pois agora mismo non sei.
Pero estes despistes e este estar na pola non son exclusivos de Ruibal, hai outros ediles que están nas mesmas condicións intelectuais, xa que estas dúas persoas parece que pasaron toda a mañanciña nas dependencias do concello preguntando a uns e a outros, pero ninguén lles supo dar unha resposta.
Por suposto, a ninguén se lle ocurreu votar un vistazo no CD do PXOM nin en ningún outro tipo de documento.
Así é como funciona o organismo que nos representa.
A póla de vilaboa está nos polígonos industriais. Primeiro quería meternos un na Brea para poñer naves e almacéns do porto. Despois, ante a negativa veciñal, encargou un proxecto no que presentaban unha especie de parque temático con comercios, alamedas, paseos polo río e talleres de artesanía, e presentoullo a uns empresarios despistados que non entendían nada do que lles estaba a pasar. Mais tarde, deixou cair un globo sonda na prensa avisando de que non sei cantos grupos ecoloxistas están en contra de que se faga un polígono empresarial en Pastoriza porque é unha das poucas zonas de monte coas que conta Marín. Desta maneira pretendía concienciar á cidadanía de que o Bloque pensa no ecoloxismo e no medioambiente.
E agora, coma as galiñas que desfan co pico o que fixeron coas patas (ou viceversa), vai o Vilaboa e intenta meter con vaselina o polígono do Pituco, esquecendo o ecoloxismo, o mediambiente, as leis que din que este monte está protexido, e a opinión dos técnicos que sempre dixeron que o desnivel do terreo fai difícil e carísimo este proxecto.
Parece que Vilaboa aínda non se dou conta de que os mismos ecoloxistas que se puxeron en contra do PP polo porto, e eses outros que mandaron un escrito ós periódicos para que non se faga o polígono en Pastoriza, vánselle votar enriba ó Bloque se sigue insistindo no Pituco.
Porque o ecoloxismo é o ecoloxismo, señor Vilaboa. E o medioambiente é o medioambiente, e se alguén se compromete a coidalo, ten que cumplir sempre, tanto no porto coma no Pituco.
Que vai pasar cando a Asociación pola defensa da Ría gane o pleito e se declare ilegal o polígono no Pituco?
Tamén terá culpa o PP?
Seguramente si, xa que o PP (coma Marín-In) se opuxo a que se fixera o polígono da Brea, ese que primeiro era industrial, despois empresarial, mais tarde comercial-artesanal-terciario, e gora, de novo, volvería a ser industrial para meter as naves do porto seco, se os veciños deixaramos.

Vostede é outro dos que saltan de póla en póla sin encontrar acougo.
Cando será o día que alguén lle atope unha xaula adecuada ó seu tamaño?

—————————————–

Faro de Vigo. es

Los ecologistas alertan del impacto de un posible parque industrial en Monte Pituco

APDR considera que lesionaría intereses culturales y naturales

Julio santos pena. Marín

El Monte Pituco se ubica en la zona alta de Marín.  // J.S.

La anunciada intención del Ayuntamiento de Marín de ubicar en el Monte Pituco una zona industrial no es del agrado de la Asociación Pola Defensa da Ría, que en un comunicado ha mostrado su desacuerdo entendiendo que a elección desta zona para a construcción dese polígono é, sen dúbida, moi pouco afortunada xa que este lugar conxuga uns valores naturais, paisaxísticos e culturais que o convirten nun enclave digno de seren conservados e que resulta incompatible coa construcción dun polígono”.

Defensa da Ría basa su crítica en motivos de interés diverso asegurando que “nesta área natural, de monte, existen varios miradores naturais con espectaculares vistas sobre a ría, varias formacións xeolóxicas de interese, e destaca sobre todo pola súa riqueza arqueolóxica”.
Añade que “nun área relativamente reducida repartida entre as parroquias de Lourizán e San Xulián (os límites naturais e culturais non coinciden frecuentemente cos límites administrativos) atopamos sete xacementos arqueolóxicos: Complexo Rupestre de Pornedo, Complexo Rupestre de Pinal de Caeiro, Petroglifo de Sete Camiños (catalogado nos últimos anos), Mámoas de Chan da Lagoa número un e número dous; Mámoa de Louredo e Mámoa de Campana (catalogada tamén nos últimos anos)e tamén existe unha proposta de crear o Espazo Natural e Arqueolóxico de Pornedo, que poña en valor todos estes recursos, e asegurando ó mesmo tempo a súa conservación. Pero o certo é que nos últimos anos a construción da Variante de Marín e da Liña de Alta Tensión Lourizán-Cangas afectaron á maioría destes xacementos e provocaron a desaparición dun petroglifo. A construción deste polígono significaría estragar definitivamente os valores naturais e culturais do lugar”.
APDR considera que Marín necesita un suelo industrial ya que está dando a los terrenos portuarios ese uso indebidamente, pero reclama la responsabilidad de los políticos a la hora de respetar el parimonio cultural y natural “que está onde a natureza a a Historia decidiron e eles teñen a responsabilidade de conservar ese patrimonio que é de todos”.

—————————————————-

Dende Marinenses.com

Metropolitano

Vie Nov 20, 2009 12:32 am

ANDAR POR LAS RAMAS
No es que el Sr. Erasmo haya acertado en “hablar por hablar” por lo que dijo el Alcalde. Resume el sentir general de ver como el Sr. Alcalde parece haber encontrado el filón de la semana para continuar saliendo en la prensa con el tema del puerto, azotar a la oposición y lanzar la idea del Pituco, del que no sé si el Sr. Alcalde llegó a subir a él, pero tiene una bonita vista. Es acertado el artículo del Faro de Vigo sobre la posible ubicación en él de un poligono industrial y además de lo que sería destrozar una zona, meteria con calzador todas las infraestructuras necesarias e incrementaría el tráfico pesado hacia esa zona. No se trata de decir no, sino de criticar la poca reflexión de algunas decisiones que salen a prensa tan oportunistas como quien las pronuncia y que en los últimos tiempos se pasa de frenada continuamente. Es una culpa compartida con las idas y venidas de un organismo tan pomposo como inutil que parece: Xestur. Poligono del Campillo, poco utilizado y ubicado en un monte, parcelas libres y caras: Poligono de Ran (Cuntis), bien situado, bien comunicado y escasamente utilizado. Se suceden los distintos responsables y a estas alturas ese organismo debería mostrar la utilidad para lo que fué creado o disolverse y que asuma sus tareas otro organismo más competente.
Para ayudar más en la resolución del problema, tenemos una ayuda que nunca podremos agradecer tanto: El Sr. Mosquera proponiendo un PuertoSeco. Habló la eminencia urbanística personificada; el terror de los coches; el hombre que susurraba a las aceras; el hombre al que le pondrán una estatua en un baden, en conclusión: lo mejor que podía haber ocurrido. Hay demasiado mar y es necesario un PuertoSeco, pero no ha desvelado donde, pero puedo avanzar una idea muy adecuada: Podría ser aprovechando el Puente de la Barca como entrada y tapiando todo el resto hasta el nuevo puente de As Correntes, pero nada de coches para descargar el barco: a mano como se hacia en la Feira Franca.
Mientras tanto y volviendo a Marín sus colegas del BNG han dado a conocer la pronta innauguración del “Ecoparque” una vez solucionados los problemas de los chorizos que se dedicaban a robar las cuerdas y tirolinas que se habían montado. Esto según sus autores tendrá una gran repercusión turística dentro de un bonito entorno natural.
Tengo la pequeña duda si eso de montar aparatos en los árboles y pasar a la gente por los artefactos montados, es ecologico o respetuoso con el medio ambiente y también tengo la pequeña duda si del desgaste de las instalaciones o defectos de mantenimiento que puedan derivar en accidente será responsable el Ayuntamiento o otra duda si en las bonitas épocas invernales con sus lluvias y temporales está abierta la instalación como medio de fomentar el deporte de riesgo.
Si cunde el ejemplo pronto veremos cosas similares en la carballeira de San Xusto, en el parque de Caldas o en los jardines de Santiago.
Esto se merecería un artículo especial para ver esto y mientras tanto los promotores de esta actuación han mostrado sus verdaderas inquietudes de andar por las ramas casi siempre.
¿Lo innaugurará la Corporación en Pleno?. Seria muy bonito ver como se van tirando uno a uno los Concejales por la tirolina, pero después de repasar el material por si acaso.

———————————————–

O penúltimo caso de animal de poleiro é a concelleira Pilar Blanco, alias “la fiestas”.
Esta pensa que os que andamos na póla somos nós e día si, día tamén, regálanos estas primicias periodísticas nas que para tapar os asuntos do presuposto, nos amenaza cos discapacitados, e que non se nos ocurra criticar porque xa estamos acusados de insolidari@s

——————————————–

Dende Marinenses.com

Metropolitano

Mie Nov 25, 2009 12:32 am

UNA DE PITUCO Y OTRA DE LIMPIEZA

Se continua publicitando la enorme tarea municipal y después del azote que propinaron en prensa el Alcalde y el Sr. Muradas al Presidente de la Diputación sobre el tema del Puerto, en prensa del martes tenemos a otras dos grandes figuras municipales.
Tratando de igualar al ilustre señor Mosquera de Pontevedra en sus declaraciones del Puertoseco, tenemos a otra eminencia urbanística en prensa sobre el tema del puertoseco en el Pituco. Ahora en el Pituco, ayer en la Brea, mañana en Seixo, ahora en el Pituco, ahora me levanto, ahora me siento. Esto del Puertoseco está un poquito pasado de rosca porque parece que es un invento con el que se evitan los barcos, pero no, los barcos siguen siendo necesario que atraquen en un muelle y después que alguien traslade la mercancía al PuertoSeco, allí se clasifica, controles de aduana y demás. Nuestros ilustres Concejales y Alcalde incluido no tienen envergadura de sus propias palabras ni de sus consecuencias, pero llegan a aventurar gestiones maravillosas y paraisos industriales idilicos, como es el trasladar logisticamente al Pituco toda la mercancía, si hubiera una isla en mitad de la ría quizás se pudiera trasladar allí el puerto seco, por decir cosas, es una posibilidad. Entre tanto, en otros municipios, como Bueu y casi en la misma página del períodico se habla de realidades y no de fantasías del Concejal de turno metido a responsable urbanistico de algo que le queda muy grande.

Otra importante noticia donde la Concejal del Medio Ambiente dice que hay consignación presupuestaria para la privatización de la limpieza. Son apasionantes los descubrimientos que se hacen en el Ayuntamiento. Si el 2009 no tuvo presupuesto y se estaba manejando el de 2008 prorrogado, esto significa que en el de 2008 ya estaba prevista la consignación presupuestaria para la privatización, pero desde el Medio Ambiente nos informan que hay consignación. No me gusta que se salga con el tema de discapacitados por todo argumento para defender una privatización por parte de un grupo político que se erige en defensor del sector público. Huele todo esto a manipulación de los discapacitados y a jugar con los sentimientos y las expectativas laborales de la gente para gloria de una Concejala que solo busca protagonismo en cada cosa que hace como sucedió con el famoso “Extra Mogor”.


O porto e a sentencia 7

noviembre 22, 2009

Cuestión de calado

O meu home é marino mercante de carreira e con moitas millas enriba do lombo.
Eu de barcos sei moi pouco, pero lembro perfectamente que hai uns cuantos anos, o barco no que estaba embarcado o meu santiño sólo unha vez estivo atracado en Marín. Chamábase “Banda azul”, era un graneiro de 35.000 toneladas.
En Marín non había calado suficiente.
Aquela vez que estivo aquí viña coas bodegas libres e aínda así tivo que aproveitar a marea chea.
Cando estaba atracado no muelle ocupaba todo o espazo e parecía un xigante. A xente acudía ó porto para mirar e facerlle fotos.
Agora este tipo de barcos xa non chaman a atención porque o porto está moi mellorado. Veñen barcos o doble de grandes e ninguén se entera nin lle da importancia.
O artigo que Julio Santos publicou hoxe no Faro lembroume aqueles tempos.
Parece que a xente non quere darse conta do que significa que o porto de Marín volva os seus orixes unha vez se cumpla a sentencia.
A xente que vive da industria marítima terá que marcharse a outra parte.
Incluso o tontaina ese do alcalde de Pontevedra non se da conta das consecuencias.
Como di Julio Santos ¿Para que queremos un porto seco se os barcos non van poder atracar aquí.?
Reflexionemos.
E os que traballen no porto que vaian pensando noutra cousa porque non se ve moi clara a solución neste pobo.



O porto e a sentencia 6. Moinantes varios

noviembre 21, 2009

En épocas de crisis e problemas é cando realmente se pode apreciar a valía dos profesionais.
Un verdadeiro profesional aprende dos erros pasados e busca solucións futuras sin regodearse en culpar ós demais.
O que está mal hai que arranxalo ou hai que melloralo  ou hai que cambiar esto outro. E xa está. A partir dahí buscar bos asesores que lle indiquen cal é o mellor camiño a seguir.
Pola contra, os aficionados saen na prensa culpando a todo o mundo. Eu non fun, eu ainda non estaba, eu xa avisei de que isto estaba mal, a culpa é de fulano, o responsable é mengano.
E mentras tanto a pelota anda de man en man, de pé en pé, de boca en boca.
Os políticos de Marín e Pontevedra posan cada día nas fotos dos periódicos encantados da vida de ser famosos e de haberse coñecido, de ser populares e inxeniosos nas súas declaracións.
Este tema do porto, cada día mais, parece unha fochanca de lama onde acuden a bañarse unha piara de gorrinos que, canto mais queren lavar a súa imaxe, mais se emporcan.
Todos aproveitan para culpar a todos.
Nós, simplemente, centrémonos nestas pobres declaracións do inigualable Fran Veiga:

O alcalde de Marín con estas declaracións tenta convencer a todos de que no anterior PXOM estaban contempladas unhas áreas industriais que poderían satisfacer plenamente a demanda do porto.
Minte agora ou mentia antes, cando tentaba convencernos de que estas áres eliminadas do PXOM según el por razóns políticas, eran polígonos “empresariais de uso terciario-comercial e artesanal” onde non poderían ubicarse industrias portuarias nin industriais?
Que era o que realmente pensaban meternos na Brea?
Onda vai agora a palabra de honor de Fran Veiga, esa que nos daba ós veciños de que aquí se ían instalar comercios e talleres de artesanía?
Fran Veiga, véseche o plumero cada vez que abres a boca.

E por outra banda, a miopía deste home é inmensa.
A resposta está en Pastoriza, sempre estivo en Pastoriza. Sólo nos queda Pastoriza, posto que o Pituco non vale polas razóns que xa foron expresadas miles de veces: desnivel do terreno, monte protexido,i nsuficiente etc.
Por que non madura dunha vez e non se esquece dos seus caprichos infantiles?
Cando se vai dar por vencido e solicitar o polígono en Pastoriza tal e como todos lle demandamos?
Pensamos que xa é hora de que empece a traballar por Marín, que para iso está. Por iso mesmo lle agradezo a Marín-In que poña un pouco de cordura en todo este putiferio:

————————————————————

Cantemos todos a coro

Letra da canción
Porto porto numa numa yei, numa numa yei, numa numa numa yei
Moinante quién?
Moinante tú
moinante yo?
Moinante ha ha!

Moinante yo!

Moinante quién?

Moinante tú!

Moinante yo!

Moinante ha ha!

———————————————————-

Tres meses despois:


O porto e a sentencia 5

noviembre 18, 2009

O porto a sentencia e a Brea

O porto vai e ven
que meu amor ten

Os veciños da Brea seguimos tan desconfiados coma sempre.
Pensaredes que é iñorancia. Pensaredes que é incultura. Pensaredes que é mala leche. Pensade o que queirades que nós seguiremos recelosos.
A vida política está chea de misterios que nunca coñeceremos. Hai demasiadas ofertas a porta pechada, demasiadas cousas raras, demasiadas claudicacións.
Moita xente pregúntanos por que seguimos asistindo ós plenos e por que agora levamos uns carteis que poñen “PXOM SIN DEMORA” ” PXOM SIN BOICOT”.
E nós contestamos que lle pedimos ó equipo de goberno que rematen dunha vez a redacción do novo PXOM.
Ata agora o alcalde culpaba os veciños protestóns do retraso do PXOM. Tamén culpaba á oposición de boicotealo.
Agora todo o mundo sabe que xa non hai excusas.
Por que non rematan dunha vez con el? Por que tanto retraso agora? Se Vilaboa e Pilar Blanco e Fran Veiga e Ruibal  acusaban a todos os seus opositores de que Marín non pode avanzar por culpa deles, agora xa non teñen esa excusa.
Agora que, supostamente están limadas as asperezas dos micropolígonos. Agora que todo parece ir de cara, Por que non sale o PXOM dunha vez?.

As nosas preocupacións fixéronse mais fortes a raíz da sentencia do porto de Marín e a necesidade que teñen as empresas de buscar nova ubicación.
“A ver se estes carallos dos políticos van pensar outra vez na Brea para meter as naves”, decíame un veciño o outro día. E non parecía andar moi descamiñado, según as noticias que lin no Fro de Vigo de hoxe.

Vou ir paso a paso:

14/11/2009

Diario de Pontevedra

Mosquera propone crear un puerto seco para trasladar las empresas afectadas por la sentencia del Puerto de Marín

El concejal de Infraestructuras de Pontevedra, César Mosquera, propone que la Xunta elabore un plan sectorial para crear un puerto seco, al que se podrían trasladar las empresas afectadas por la sentencia del Tribunal Supremo que anula el Plan Especial del Puerto de Marín. Mosquera calcula que esta medida sería posible en el plazo de “un año, o antes, a ritmo normal”.

Por ello, el ayuntamiento de Pontevedra trasladará formalmente esta propuesta tanto a la Xunta como a las entidades implicadas en la gestión del puerto de Marín. Mosquera considera incluso que la ubicación de esa posible plataforma logística, en un radio de dos kilómetros, se podría plantear en los próximos días, argumentando que “en Marín hay terrenos, y en Pontevedra también, sin afectar a zonas pobladas”.

Ante la posibilidad de que haya que proceder a la ejecución de la sentencia, lo que implicaría derribar las naves construidas sobre los rellenos declarados ilegales, Mosquera explicó que habría que indemnizar a las empresas. Por ello, la puesta en marcha de un puerto seco permitiría “desarrollar la actividad en un nuevo sitio sin mayor quebranto”. Además, según el edil nacionalista, “sería más barato pagar las nuevas instalaciones que abonar el cese de la actividad” industrial.

En caso contrario, de declararse la inejecución del fallo judicial, “la existencia del puerto seco permitiría nuevas actividades y no seguir haciendo más rellenos”. En este sentido, Mosquera no se mostró partidario de acometer más obras que supongan ganar terreno al mar por la “agresión ambiental muy fuerte” que suponen. También criticó que el puerto de Marín se había convertido, por este procedimiento, en “un polígono industrial indiscriminado”.

Así, César Mosquera aseguró que la propuesta del ayuntamiento es “una solución razonable de futuro y de presente” para evitar un “posible desastre” a nivel ambiental y económico en términos de pérdida de puestos de trabajo. No obstante, dejó pendientes aspectos como la ubicación concreta del terreno, las conexiones viarias y las dotaciones de servicios necesarios, a expensas de conocer la “vocación” del puerto, según el tipo de empresas que pudiera albergar.

Con el argumento de que “tiempo hay, pero no se puede perder”, Mosquera apeló a “remar todos” y “adelantarse” para buscar una solución, en vez de derivar hacia “un debate que no lleva a ningún lado”.

———————————————–

Tres días despois  o alcalde de Marín propón a súa alternativa para o porto. Na prensa sale á luz o monte Pituco, pero os veciños da Brea desconfiabamos se nesta oferta non estaría tamén a Brea, posto que o Pituco xa fora descartado polos empresarios do porto no ano 2000. Teriamos que seguir agardando para saber algo mais.

—————————————-

Un día mais tarde:

Por que sale a relucir o nome da Brea?
Alguén falaría en algunha reunión da posibilidade de retomar este proxecto?
De todas maneiras, parece que o presidente da autoridade portuaria non quere mais líos dos que xa ten.
Os da Brea agradecidos e aliviados…. de momento.

———————————————————–

Dende a galería de cristal as cousas vense así:




Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.